"RC" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2791.

    1. Realizar ou facer actuar algo, como unha acción, unha influencia, un poder ou unha forza, sobre unha persoa ou cousa.

    2. Realizar os deberes a as accións propias dunha profesión, oficio ou cargo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de exercer.

      1. Traballo ou práctica que ten por obxectivo a adquisición, o desenvolvemento ou a conservación dunha determinada facultade ou actitude.

      2. Cada unha das probas que se fan en certos exames.

      3. Traballo intelectual que serve de práctica das regras ou dos coñecementos dados nunha lección ou nunha clase.

    2. Conxunto organizado de movementos corporais racionalmente concibidos e dispostos para conseguir un desenvolvemento muscular ou un bo estado físico.

      1. Período legal dun presuposto de ingresos e gastos.

      2. Período de tempo, que xeralmente coincide cun ano natural, en que se fracciona a actividade económica dunha empresa coa intención de valorala a efectos económicos e contables e de medir os resultados.

    3. Conxunto de actividades relixiosas encamiñadas a obter unha mellora espiritual. O nome procede do libro de santo Ignacio de Loiola, Ejercicios Espirituales (1548). A sexta Congregación Xeral da Compañía de Xesús (1608) fíxoos obrigatorios para todos os xesuítas. Os exercicios ignacianos prolónganse durante un mes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de exercitar ou exercitarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen exercita, especialmente aplicado a quen fai exercicios espirituais.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Poñer en práctica algo.

      2. Desempeñar un cargo ou oficio.

      3. Facer uso dun dereito.

      1. Facer que alguén aprenda algo por medio de ensinanzas prácticas e teóricas.

      2. Someter algo de forma reiterada a exercicios para estimular a súa actividade.

    1. Adquirir práctica ou destreza en algo a través da reiteración de exercicios.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Conxunto das forzas armadas dun Estado. Pódese enfocar a historia do exército dende un punto de vista técnico, referido ao armamento, á arte da guerra (estratexia, táctica, batallas), ás relacións entre a organización militar e a organización social, á influencia do exército no Estado (militarismo, pretorianismo, servizo militar, guerra), ou ben dende a súa influencia na historia xeral. De feito, a historia dun exército confúndese normalmente coa do Estado correspondente. En xeral, non hai exército que non dependa dun Estado ou soberano, nin Estado ou soberano que non posúa un exército, porque a existencia das forzas armadas é condición de toda soberanía; o grao de cohesión dun Estado ofréceo a idea do grao de control que ten sobre as propias forzas armadas. Na historia institucional dos exércitos non hai unha evolución lineal continua (agás en materia de armamento), senón flutuacións entre tendencias que se suceden ao longo dos séculos. Dende as épocas que os exércitos se pagaron con terras...

      2. Cada unha das dúas ou tres organizacións que compoñen as forzas armadas dun Estado. A división máis empregada é a que comprende o exército de terra, o exército do aire e a armada, que é como se denominan as forzas navais.

      3. Exército de terra.

      4. Unidade superior do exército de terra, a máis completa táctica e loxisticamente, e que se compón de distintos corpos do exército como divisións, brigadas intendentes e diversas unidades de armas e de servicios.

    1. Conxunto das tropas reunidas para o combate.

    2. Gran multitude de persoas animais ou cousas, especialmente cando están reunidos para lograr un fin determinado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome que lle outorgaron á institución militar galega os republicanos federalistas que se sublevaron en Ferrol o 11 de outubro de 1872. Na sublevación participaron arredor de 1.500 soldados e oficiais da mariña xunto a outras 1.000 persoas, fundamentalmente traballadores e gardas do estaleiro, obreiros doutras fábricas e os profesionais liberais republicanos da cidade, liderados polo brigadier Pozas, autoproclamado comandante xeneral, e polo capitán de fragata retirado, Montojo. O seu obxectivo era proclamar a república federal. Oito días despois, o levantamento foi sufocado e perseguidos e condenados os seus líderes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización revolucionaria nacionalista que defendía unha Galicia libre da explotación dos seus recursos por parte de monopolios e multinacionais, con especial énfase na defensa dos recursos ecolóxicos (augas, montes) e que utilizou a loita armada para a consecución dos seus fins. Integrada por persoas próximas a organizacións independentistas galegas, como Galiza Ceibe, UPG, PCLN e APU, protagonizou diferentes atentados ata que foi desarticulado pola policía a finais de 1990. O EGPGC, que tivo como precedentes aos grupos Loita Armada Revolucionaria (LAR) e Liga Armada Galega (LAG) e ao que se lle atribuíron conexións con outros grupos extremistas non galegos, iniciou a súa actividade en febreiro de 1986. Dende entón cometeu unha serie de actos violentos, como roubos e atentados contra entidades bancarias, delegacións do goberno central, empresas privadas e bens particulares ao longo de toda a xeografía galega, entre os que cómpre destacar os realizados en Pontevedra (CELULOSAS, ELNOSA),...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome dado ás forzas militares soviéticas. Creado en xaneiro de 1918 polo Consello dos Comisarios do Pobo, foi organizado por Trockij. Ata a desintegración da Unión Soviética en 1991 e a súa propia fragmentación nos distintos exércitos dos novos estados, tomou parte en importantes conflitos bélicos, como a Guerra Civil rusa (1918-1920), a Segunda Guerra Mundial (1939-1945) e a Guerra de Afganistán (1979-1989).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xefe babilónico das comunidades xudías en Babilonia despois do exilio (s VI a C). Representaba os xudeus ante o goberno e recadaba os impostos. O cargo desapareceu no s XI. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Crego que recibiu a orde do exorcistado.

    2. Persoa que exorciza. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Na Igrexa latina, terceira das ordes menores, procedente do baixo-diaconado, que faculta para practicar exorcismos. Recíbese despois das do ostiariado e do lectorado; co tempo converteuse en simple grao para chegar ao presbiterado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeneral e político romano. Cónsul no 360 a C e no 356 a C, foi derrotado na Primeira Guerra Etrusca (359 a C-351 a C). Elixido de novo cónsul no 354 a C, conseguiu o triunfo sobre os hérnicos, os faliscos, os tarquinios e os tiburcios. Ditador no 351 a C, opúxose á elección dos plebeos para o consulado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeneral e político romano. Elixido cónsul no 245 a C, foi nomeado ditador no 216 a C coa misión de cubrir as vacantes que se produciran entre os senadores despois da derrota de Cannas. Introduciu no Senado os maxistrados curuis, os edís e os tribunos da plebe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Prehistoriador e arqueólogo. Catedrático de Prehistoria da Universidade de Santiago de Compostela (2000), especializouse no estudo do fenómeno megalítico desde que defendeu en 1990 a súa tese de doutoramento sobre Estudio de los ajuares líticos de las sepulturas megalíticas del NO: Galicia y el N de Portugal (1991). Colaborou, entre outras publicacións, en Brigantium, Gallaecia, Arqueohistórica e BAR International Series. Das súas obras destacan Megalitismo de la Península Ibérica. Tipología y secuencia de los materiales líticos (1992) e Arqueoloxía da morte na Península Ibérica, desde as orixes ata o medievo (1995).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e xornalista. Membro fundador das Irmandades da Fala da Coruña, colaborou en La Voz de Galicia e A Nosa Terra. É autor de numerosos poemas (“A un poeta enxebre”) e da Guía-Indicador de La Coruña y de Galicia para 1890-91 (1890).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización guerrilleira colombiana xurdida en 1964 a partir de grupos de resistencia campesiña, vinculados orixinalmente ao Partido Comunista de Colombia. O goberno de Belisario Betancur iniciou os primeiros diálogos coas FARC, asinando os representantes de ambos (Betancur e Manuel Marulanda) os Acuerdos de la Uribe, que establecían bilateral un cesamento das hostilidades. As conversas de paz continuaron, dificultadas polas forzas paramilitares e o problema do narcotráfico. Co goberno de Pastrana retomáronse as negociacións e acordouse a creación de comisións de seguimento e de mecanismos que impedisen o bloqueo do novo proceso de paz. Malia todo, en febreiro de 2002 Pastrana determinou de forma unilateral a ruptura das conversacións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización constituída en 1932 por 26 sociedades campesiñas dos concellos de Cambre, Culleredo, Oleiros e Carral. Foi a única federación comarcal integramente campesiña con que contou a Confederación Regional Galaica. O seu principal alicerce foi a Unión Campesina Republicana de San Pedro de Nós (Oleiros, 1931), composta por veciños retornados de América. En 1933 agrupaba a 1.600 afiliados. Foi reorganizada durante a Fronte Popular debido á represión posterior á folga xeral convocada pola CNT en nadal de 1933 e ao fracaso da revolución de Asturias.

    VER O DETALLE DO TERMO