"llo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1518.
-
VER O DETALLE DO TERMO
úvula.
-
-
-
Insecto de moi pequeno tamaño, pertencente ás ordes dos homópteros, anopluros, psocópteros e malófagos. Na tradición oral recóllense ditos como: “Cando o piollo salta, que farán as pulgas? Piollo resucitado e enfachendado, morre coma un condenado”.
-
piollo branco [cast: piojo blanco; ingl: oleander scale] [Aspidiotus nerii, Fam dos diaspídidos]
Insecto homóptero de cor branca e de aproximadamente 3 mm de lonxitude, moi prolífico e de desenvolvemento rápido, cuxas femias poñen os ovos envoltos nunha cuberta protectora baixo a que ten lugar o desenvolvemento embrionario. Habita nas rexións mediterráneas sobre plantas ornamentais e de cultivo, ocasionando estragos.
-
piollo común [port: piolho; cast: piojo; ingl: louse] [Pediculus humanus, Fam dos pedicúlidos]
Anopluro duns 2 mm de lonxitude, co corpo deprimido, de cor amarela escura e cuberto cunha cutícula resistente, aparello bucal perforador-chuchador e patas con moitos pelos acabados nunha unlla. Son animais cosmopolitas e viven parasitos sobre o corpo do home, alimentándose do seu sangue. Distínguense dúas subespecies: P. humanus capitis, que vive na cabeza do home, adherido aos pelos; e P. humanus humanus, piollo do corpo humano que vive nos vestidos do home, especialmente nas zonas das costuras, e que pasa á pel cando quere chuchar sangue. Son moi perigosos, posto que poden transmitir diversas enfermidades. Ademais, o piollo provoca proído e ás veces engrosamento da pel. O mellor remedio é a hixiene, xa que o contaxio se produce por contacto con outra persoa ou con roupa infestada.
-
piollo dos libros [cast: piojo de los libros; ingl: common booklouse] [Trogium pulsatorium, Fam dos tróxidos]
Insecto psocóptero duns 3-4 mm de lonxitude, con antenas filiformes moi desenvolvidas, tórax pequeno e sen ás, e abdome grande, que vive entre os libros, herbarios, etc, nutríndose dos fungos que alí viven e da goma con que están enganchadas as follas. Destrúen superficialmente a folla de papel, facendo desaparecer o texto, aínda que se a tinta non é comestible deixan intactas esas zonas.
-
piollo dos polos [cast: piojo de los pollos; ingl: chiken louse] [Menopon gallinae, Fam dos menopónidos]
Insecto da orde dos malófagos, duns 4-5 mm de lonxitude, con antenas curtas, aparello bucal mastigador e abdome elíptico. Parasita as galiñas e nútrese de plumas e escamaduras da pel.
-
piollo negro [cast: piojo negro] [Parlatoria zizyphi, Fam dos diaspídidos]
Insecto parasito específico das auranáceas, especialmente dos cítricos. O escudo que posúe, adherido con forza ao vexetal, protexe os ovos e dificulta o tratamento con insecticidas.
-
piollo pato [port: chato, piolho-ladro; cast: ladilla; ingl: crab louse] [Phthirus pubis, Fam dos pedicúlidos]
Insecto anopluro parasito do home que mide 1,5 mm de lonxitude. Aseméllase ao piollo, pero co corpo máis curto e amplo, cos tres pares de patas provistas de unllas para fixarse ben ao pelo do hospedador. Vive sobre todo na pube e en zonas pilosas, onde se alimenta do sangue do hospedador ao que parasita, aínda que existen casos en que se traslada a outras zonas do corpo. Contáxiase por contacto.
-
piollo vermello [port: cochonilha cabeça-de-prego; cast: piojo rojo, cochinilla roja; ingl: spanish red scale] [Chrysomphalus dictyospermi, Fam dos diaspídidos]
Insecto homóptero polífago parasito dos cítricos e dalgunhas plantas ornamentais. É moi sensible aos insecticidas e está considerado como moi prexudicial dado que a súa presenza provoca grandes perdas económicas. As femias presentan un escudo de 2 mm, circular, mentres que no macho é alongado. As larvas instálanse preferentemente no froito.
-
-
Especie de bóchegas ou verrugas que lles saen ás vacas na lingua. OBS: Tamén se denominan piollos da lingua.
-
...
-
-
-
Que ou quen ten piollos.
-
Que é propicio a criar piollos.
-
Que ou quen é miserable ou mesquiño.
-
-
PERSOEIRO
Mordomo de palacio de Austrasia. Durante os reinados de Clotario II (613-629) e de Dagoberto I (623-639), repartiu o poder con Arnulfo, bispo de Metz (615-640). Exiliado temporalmente a Neustria, asumiu de novo o cargo, á morte de Dagoberto I (639).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Dramaturgo e escritor italiano. Formado nas universidades de Palermo, Roma e Bonn, ensinou estilística e literatura na Università di Roma (1897-1922) e formou a compañía Teatro d’Arte (1925-1928), coa que percorreu diversos países de América e Europa. Da súa obra, que analiza a psicoloxía e os conflitos da personalidade humana, cómpre destacar o ensaio L’umorismo (1908), as novelas L’esclusa (1894), Il fu Mattia Pascal (1904), I vecchi e i giovani (1913), Si gira... (1916), Uno, nessuno e centomila (1927), e as narracións breves recollidas en Novelle per un anno (1922). No apartado dramático -a súa achega máis importante-, mestura elementos da psicoloxía e da filosofía, xoga cos planos da ilusión e da realidade, e emprega o simbolismo e as paranoias. Destacan Pensaci Giacomino! (1916), Liolà (1916), Così è, se vi pare (1917), Il giuoco delle parti (1918), L’uomo, la bestia e la virtù...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antonio Pisano.
-
PERSOEIRO
Político e estadista, I barón de Chatham, pai de William Pitt o Novo. Vicetesoureiro de Irlanda e tesoureiro xeral do exército (1746). Nomeado primeiro ministro (1756), o rei destituíuno ao ano seguinte, pero foi nomeado semanas máis tarde para formar un goberno baixo a presidencia nominal do duque de Newcastle. Dirixiu, con éxito, a Guerra dos Sete Anos (1756-1763). Despois de dimitir en 1761, presidiu un novo goberno en 1766.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor e diplomático. Estudou con Óscar Esplà e formou parte do Xeración da república. En 1930 estreou o ballet La romería de los cornudos, cunha estética moi persoal; ademais dun Concierto militar para violín e orquestra, a zarzuela El coro (1931), música de cámara e cancións. En homenaxe aos poetas da Xeración do 27 compuxo Llanto por Federico García Lorca (1944).
VER O DETALLE DO TERMO -
PUNTA
Punta do litoral cantábrico situada entre as praias de Lagoa e Sarrido, na parroquia de Fazouro (Foz).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Instrumento de planificación, de carácter indicativo, vixente en España entre 1964 e 1976.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Caio Plinio Segundo.
-
PARROQUIA
Parroquia baixo a advocación de san Pedro que dá nome ao concello da Pobra do Brollón, onde se atopa á capital municipal.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Concello da comarca de Terra de Lemos, situado na provincia de Lugo no L da Comunidade Autónoma de Galicia, a 42° 32’ 10” de latitude N e 7° 23’ 10” de lonxitude O. Limita ao N co Incio e Samos (ambos os dous na comarca de Sarria), ao L con Folgoso do Courel e Quiroga (ambos os dous na comarca de Quiroga), ao S con Ribas de Sil (comarca de Quiroga), e ao O con Bóveda e Monforte de Lemos (ambos os dous na comarca de Terra de Lemos). Abrangue unha superficie de 176,7 km2, nos que acolle unha poboación de 2.201 h (2007), distribuída nas parroquias de Abrence, Barxa de Lor, Canedo, Castroncelos, Castrosante, Cereixa, Eixón, Ferreiros, A Ferreirúa, Fornelas, Lamaigrexa, Liñares, Óutara, Parada dos Montes, Pinel, Piño, A Pobra do Brollón, Saa, Salcedo, Santalla de Rei, Veiga e Vilachá. A súa capital está no lugar da Pobra do Brollón, na parroquia do mesmo nome, a 141 km de Santiago de Compostela e a 65 km de Lugo. Está adscrito á diocese de Lugo e ao partido xudicial de Monforte...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
piollo.
-
PERSOEIRO
Pintor estadounidense. Instalouse en Nova York, onde realizou a súa obra. Influído pola pintura de Benton partiu do rexionalismo, pero desde 1936 desenvolveu a figuración, inspirada na obra dos muralistas mexicanos, de Picasso (The Moon-Woman, 1942) e dos surrealistas europeos (Blue, 1943). En 1939 descubriu as formas de expresión aborixes e desde a década de 1940 cultivou o expresionismo abstracto, con teas de gran formato, dominadas pola cor e a inmediatez da execución (automatismo expresivo), de gran tensión e dramatismo (Number 8, 1949). Foi o membro máis importante da action paiting e produciu obras coa técnica do dripping. Traballou directamente sobre a tea sen tratar e estendida no chan, sen unha composición predeterminada, na que cada elemento perdía a súa individualidade para confundirse co todo nun espazo completo, sen zonas neutras nin baleiras. Desde 1953 retornou á figuración expresionista, influído polas temáticas totémicas (Easter...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico italiano, irmán de Bruno e Guido Pontecorvo. Dirixiu La grande strada azzurra (1957), Kapó (1959) e La battaglia d’Algeri (1966), filme gañador do Festival de Venecia. Grazas a este éxito puido rodar Queimada (1969), en que critica o colonialismo, e Ogro (1979), sobre o atentado contra o almirante Carrero Blanco. Na liña de testemuña política dirixiu The Devil’s Bishop (1987). Outros filmes destacados son Nostalgia di protezione (1997) e Firenze, il nostro domani (2003).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada na praza de España, en Pontevedra. Realizada sobre os restos das antigas casas do concello dos ss XV e XVI, é obra de A. Rodríguez Sesmero. Construída en estilo ecléctico, está composta por dous corpos rematados nunha balaustrada con xarróns. Na parte central combináronse as ordes xónica e corintia e conta cun balcón no piso superior.
-
VER O DETALLE DO TERMO
pontella.
-
AFLUENTES
Afluente pola dereita do río Ulla que nace na parroquia de Sergude e desemboca na de Donas, ambas as dúas no concello de Boqueixón.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Soprano estadounidense. Coñecida como Rosa Ponselle e de ascendencia napolitana, iniciou a súa carreira en pequenos cafés de New Haven xunto á súa irmá Carmela, coa que formou o dúo Ponzillo Sisters. Debutou da man de Enrico Caruso (1918) no Metropolitan de Nova York en La forza del destino, de Verdi, e triunfou nos principais escenarios do mundo, como o Covent Garden. Retirouse en 1937, despois de gravar diversos discos.
VER O DETALLE DO TERMO