"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que está á mesma distancia de algo en comparación con outra ou outras cousas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Coalición electoral de forzas demócrata cristiáns galegas que se presentaron ás eleccións xerais de 1977, formada por Alianza Galega Social Demócrata (AGSD), nome que adoptou o Partido Social Demócrata Galego ao ser legalizado; o partido de Lasuén, representado en Galicia por Pérez Barxa; o Partido Galego Social Demócrata (PGSD) e o Partido Popular Galego (PPG). O seu ideario electoral estivo constituído polos puntos en común dos catro grupos asentados nunha base humanista e comunitaria, no federalismo non independentista e no proxecto demócrata cristián de contido galeguista. A coalición, que soamente se presentou nas provincias da Coruña, Ourense e Pontevedra, obtivo unicamente 23.075 votos en conxunto, feito que significou a súa disolución.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Formación política demócrata cristiá que se presentou ás eleccións xerais de 1977. Nos inicios da transición política española, a democracia cristiá estivo dividida entre os partidarios de José María Gil Robles, membros da Federación Popular Democrática, e os de Joaquín Ruiz Giménez, vinculados á Izquierda Democrática. En xaneiro de 1976 celebrouse a primeira asemblea da formación en Madrid, xuntanza á que, xunto a estes dous partidos, acudiron representantes da Unión Democrática Galega, do Partido Nacionalista Vasco, da Unió Democrática do País Valencià e da Unió Democrática de Catalunya. O grupo contou co recoñecemento da Unión Europea Demócrata Cristiana. En marzo de 1977 produciuse a fusión definitiva dos grupos de Gil Robles e Ruiz Giménez e a consolidación do Equipo en todo o territorio estatal. En outubro dese mesmo ano incorporouse ao Partido Popular Galego (PPG). Posteriormente, a evolución do Equipo estivo caracterizada pola súa incapacidade para aceptar ás nacionalidades periféricas,...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Igualdade de peso.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Igual a outra cousa en peso.
-
VER O DETALLE DO TERMO
De igual son.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Coincidencia absoluta entre dous sons que o oído percibe como idénticos. Son equisonantes as oitavas simples, dobres, triples, etc, dunha nota. Tamén se inclúen os inharmónicos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á folla dobrada ao longo do seu nervio central, que envolve as follas do gromo máis novas ca ela.
-
MUNICIPIOS
Municipio do territorio de Bizkaia, Euskadi (23.613 h [1996]). Pertence á aglomeración de Bilbao e a súa economía baséase principalmente na industria, sobre todo a metalurxia e a química. Do seu patrimonio cultural destacan a igrexa gótica de Santa María, a torre renacentista dos Martiartu, os casaríos e as casas-torres dos ss XVII e XVIII.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Sociedade de amigos característica da Atenas da época clásica. Reuníanse ciclicamente para realizar festas e comidas co diñeiro que recollían mediante cotas. Perviviron durante o helenismo e o Imperio Romano pero evolucionaron e transformáronse en asociacións de axuda mutua.
-
-
Relativo ou pertencente a Erasmo de Rotterdam.
-
Forma de pronuncia do grego clásico (etacismo), defendida por Erasmo de Rotterdam fronte ao itacismo, promovido por Johannes Reuchlin, que coincide substancialmente coa pronuncia bizantina ou neogrega. Erasmo de Rotterdam, nun opúsculo titulado Dialogus de recta latini graecique sermonis pronuntiatione (1510), defendeu a pronuncia que aínda se emprega no ensino do grego clásico, fóra de Grecia: a pronuncia da letra η como [e] e a pronuncia, sen crase, dos ditongos.
-
-
PERSOEIRO
Político. Foi secretario de Carlos I e, como notario maior, autorizou a súa renuncia en Flandres en favor de Filipe II (1555). Foi secretario dos consellos de Indias e da Inquisición con Filipe II.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político turco. Enxeñeiro e profesor universitario, entrou na vida pública en 1971, cando fundou o Partido da Orde Nacional, ilegalizado en 1971. Despois do exilio en Suíza, creou o Partido Islámico de Salvación Nacional e formou parte do goberno de coalición de Demirel en 1979, deposto polo golpe militar de 1980. En 1982 fundou o Refah Partisi (Partido do Benestar), de tendencia islamista, co que gañou as eleccións de 1996, e converteuse en xefe do goberno de coalición co Doğru Yol Partisi de Tansu Çiller. En xuño de 1997 dimitiu como primeiro ministro. En xaneiro de 1998, o Tribunal Constitucional de Turquía inhabilitouno por un período de cinco anos, acusado de atentar contra a laicidade do Estado turco. Perdeu o seu escano de deputado e a súa formación, o Refah, foi ilegalizada. No ano 2000, foi condenado a un ano de prisión por un discurso político que o Tribunal Constitucional considerou incitador ao odio relixioso e étnico.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nomes asociados dos dous novelistas franceses Émile Erckmann (1822-1899) e Alexandre Chatrian (1826-1890), que asinaron en común numerosas obras dende 1847. Da súa produción destaca L’illustre docteur Mathéus (O ilustre doutor Mateo, 1859), Contes des bords du Rhin (Contos das beiras do Rin, 1862), L’ami Fritz (O amigo Fritz, 1864), Madame Thérèse (A señora Tareixa, 1863) e Le juif polonais (O xudeu polaco, 1869).
-
FILOSOFOS
Filósofo alemán. Centrou as súas investigacións nas relacións entre a lóxica e a psicoloxía. Considérase como un dos primeiros neokantianos. Entre as súas obras destacan Über Inhalt und Geltung des Kausalgesetzes (Sobre o coñecido e o valor da lei causal, 1905) e Erkennen und Verstehen (Coñecer e comprender, 1921).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Dramaturgo. Escribiu escenas breves para pequenos teatros e colaborou como dramaturgo co Teatro de Arte de Moscova, con Eugeni Vajtangov e con Vsevolod Meyerhold. Da súa produción destaca Mandat (O mandato, 1925), Samonbicja (O suicidio, 1928), prohibida pola censura pero representada en Europa e América nos anos sesenta e setenta, e Zasedanie o smeche (Sesión sobre o río, 1938). Entre 1933 e 1940 estivo deportado en Siberia, e a partir de entón orientou a súa carreira á adaptación de clásicos, á elaboración de guións para cine e á escrita de textos para rapaces.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto alemán. Viaxou por Italia, onde coñeceu a Winckelmann e Clérisseau, Países Baixos e Inglaterra. As súas obras son clasicistas e mostran a influencia do palladianismo inglés. Destacan, entre outras, o castelo de Wörlitz (1769-1783) e os destruídos Schlosstheatre (1777) e Schloss Georgium (1780?) de Dessau. Foi membro honorario da Academia de Berlín dende 1786.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital de Armenia, na marxe esquerda do río Razdan (1.248.700 h [1995]). É un importante centro agrícola (horta e viña) e cultural. Tamén é un destacado núcleo industrial, principalmente na fabricación de produtos químicos, maquinaria, caucho e o sector téxtil. Fundada no s I, foi residencia dos reis persas desde o s XVI. En 1582 ocupárona os turcos e en 1603 os persas recuperárona. Cedida a Rusia polo Tratado de Turmançay (1828), recoñeceuse como capital da República Soviética de Armenia en 1920. Do seu patrimonio cultural destacan a igrexa Katoghike do s XIII, a fortaleza de Erebouni e o centro da cidade, reconstruído nas décadas dos anos vinte e trinta seguindo os modelos da arquitectura comunista e coa utilización de pedra de orixe volcánica.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político e economista. Doutor en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi profesor de economía aplicada na Universidade de Santiago (1987-1991) e na Universidade da Coruña, da que foi catedrático (1992-1999) e decano (1993-1999); e profesor na Escola de Traballo Social de Galicia (1976-1994). Doutorouse coa tese La coordinación de la política monetaria española ante la integración (económica) de la Europa Occidental. Levou a cabo outras actividades académicas como coordinador da UNED no Centro Asociado de Pontevedra, director do curso de posgrao de Dirección e Xestión de Cooperativas e Pequenas e Medianas Empresas na Universidade da Coruña, presidente do Comité Científico da Asociación Científica de Economía e Dirección da Empresa da Coruña e coordinador científico do Instituto de Estudios Económicos de Galicia Pedro Barrié de la Maza. Pertenceu á Asociación para a Integración en Europa, ao consello asesor da revista do Consello Galego de Economistas,...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Constelación austral situada entre a zodiacal Tauro e a austral Hidra Macho. As estrelas desta agrupación debuxan no firmamento unha liña estreita e sinuosa que empeza ao L da estrela β de Orión. As estrelas máis brillantes son α Eridani, de magnitude 0,6, e ο Eridani, estrela triple, que é unha das de máis grande movemento propio.