"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
-
Profesional da Arquitectura. Combinando técnica e arte, ten ao seu cargo a concepción e proxecto da obra, o deseño dos planos, a elección dos materiais máis indicados, a supervisión da construción e o seguimento da mesma unha vez rematada. Para exercer a profesión esíxese o título académico da Escola Técnica Superior correspondente e a calidade de membro dun colexio oficial. Na Idade Media denominábase cos nomes de mestre de obras, mestre construtor ou mestre de mazonería. No Renacemento distínguese entre o mestre de obras como executor das mesmas e o arquitecto ou autor do deseño do edificio.
-
Profesional da rama da construción encargado de aparellar e de comprobar a correcta execución dunha obra. Tamén resolve problemas de execución e revisa a boa calidade dos materiais, as medidas, os prezos unitarios e as facturas do construtor para autorizar o seu cobramento. Pode actuar en calidade de perito para sinalar límites de posesión, aforar caudais de auga, valorar obras, terreos, etc.
-
-
-
Ciencia da Arquitectura, conxunto das regras da Arquitectura.
-
-
Segundo Aristóteles, ciencia principal con relación a outra que ten as finalidades subordinadas a esta.
-
Se-gundo Kant, arte de construír un sistema, é dicir, a teoría do que hai de científico no coñecemento humano en xeral.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á Arquitectura.
-
-
Acción e efecto de arquivar.
-
Resolución xudicial que pecha definitivamente unhas actuacións e ordena a súa conservación no arquivo do xulgado ou tribunal.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Arquivo fundado o 4 de agosto de 1934 baixo a presidencia de Enrique Fernández Villamil Alegre, que ten a función de recoller, organizar e difundir publicamente a documentación provincial de carácter público ou privado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Arquivo de carácter histórico e institucional ligado á Universidade de Santiago. As súas instalacións están dotadas de salas de depósito, laboratorio de restauración, microfilme e salas de conferencias e de consulta. O fondo máis importante é o que constitúe a documentación relativa á Universidade, desde a súa fundación en 1495 (documentos dos antigos colexios de Fonseca e San Xerome, expedientes académicos, de limpeza de sangue, etc). Desde 1946 incorporou fondos, relativos á cidade e ao seu contorno: fondos de carácter relixioso con documentos procedentes de mosteiros e conventos, cabido catedralicio, confrarías e outras institucións eclesiásticas, documentación do Hospital Real, protocolos notariais de Santiago e arquivos familiares e persoais, como o fondo Castroviejo Blanco-Cicerón que reúne documentación relativa ao goberno político de Galicia no século XIX. Desde 1994 tamén alberga o Arquivo Municipal de Santiago, con fondos desde o século XVI ata 1940.
-
-
Acción e efecto de arraigar ou arraigarse.
-
Relación profunda dunha persoa ou dun costume cun lugar, por tradición, propiedades ou lazos afectivos.
-
-
Acción que asegura as responsabilidades derivadas dun proceso xudicial.
-
fianza de arraigamento
Obriga de prestar fianza que teñen os demandantes estranxeiros para interpoñer calquera demanda, co obxecto de garantir o pagamento dos custos do xuízo en caso de non obter unha sentenza favorable.
-
-
-
PERSOEIRO
Poeta e novelista venezolano. Co libro de poemas Áspero (1925) introduciu no seu país as técnicas de vangarda. A súa novela Dámaso Velázquez (1943) ofrece unha visión amarga da vida dos pescadores no Caribe.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Acción ou efecto de arrasar.
-
-
Axitación repentina causada por unha emoción violenta, que provoca a perda de control sobre os propios actos.
-
Estado do que se sente atraído de forma irresistible por algo ou alguén.
-
-
Estado psicolóxico que produce un ofuscamento momentáneo da intelixencia e un debilitamento da vontade, inclinando a persoa ao delito; por esa razón, considérase, xunto coa obcecación, circunstancia atenuante da responsabilidade criminal no dereito penal.
-
arrebato e obcecación
Termo empregado para designar unha circunstancia atenuante da responsabilidade criminal.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Filme producido en España no 1979 e dirixido por Iván Zulueta e interpretado por Eusebio Poncela, Will More, Cecilia Roth e Marta Fernández-Muro. Explora as relacións persoais que se establecen entre José Sirgado (Eusebio Poncela), un realizador de películas de terror de ínfima categoría, a súa examante Ana Turner (Cecilia Roth), e Pedro, un individuo que se dedica a rodar constantemente a vida cotiá coa súa cámara. A obra amosa unhas curiosas interconexións entre o cine e o vampirismo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Argola que suxeita a vela ao pau e que permite que esta quede solta para que poida correr ao longo do pao, permitindo ademais embicalas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de arredar ou arredarse.
-
-
Acción e efecto de arredondar.
-
-
Fenómeno particular, da chamada labialización, que consiste nunha prominencia activa dos beizos na realización de certos fonemas, propiamente arredondados, ou doutros non arredondados por influencia inmediata dun que si o é.
-
arredondamento dos beizos
Proxección cara a fóra dos beizos que determina a formación dunha cavidade particular de resonancia diante dos incisivos e o peche do orificio de saída da emisión do aire, que modifica o efecto acústico de determinados fonemas.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Perda ou diminución da calor.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Herba anual ou perenne que pertence ao xénero Linaria, da familia das escrofulariáceas. Caracterízase por presentar follas enteiras, a corola das flores cunha prolongación tubular coa gorxa pechada por unha protuberancia bilobulada, e froitos en cápsula. Das quince especies presentes en Galicia cómpre salientar: L. triornithophora, de ata 130 cm de altura, flores púrpuras de ata 55 mm, propias das carballeiras; L. elegans, de ata 70 cm de altura, flores violáceas, propias de ambientes secos de certa altura; L. saxatilis, de ata 50 cm de altura, flores amarelas ou avermelladas, propias de ambientes secos; L. polygalifolia, de ata 40 cm de altura, flores amarelas, propias de areais costeiros. A subespecie L. polygalifolia aguillonensis constitúe un endemismo galego localizado en cantís e areais costeiros dende o cabo Vilán ata Estaca de Bares.
-
-
Acción e efecto de arrendar.
-
Contrato entre dúas partes, o arrendador ou propietario, e o arrendatario, polo cal o primeiro traspasa ao segundo unha propiedade a cambio dunha renda periódica mensual ou anual para que faga uso e obteña beneficio dela.
-
Arrendamentos dos pastos dun predio mediante a percepción dun canon en metálico ou dunha parte da produción.
-
Contrato de utilización dun barco por tempo determinado a cambio dunha retribución periódica. Caracterízase pola cesión do control ao fletador, que adquire a condición de navieiro e asume todos os riscos da navegación e da explotación económica do barco.
-
Contrato en que unha das partes se encarga de facer unha obra, poñendo ou non os materiais, por un prezo determinado.
-
Arrendamento de terras de cultivo.
-
Contrato de cesión do uso dunha vivenda ou local de negocio por un prezo e un tempo determinados.
-
Contrato polo que unha das partes obriga a prestar o seu traballo durante un tempo indefinido ou marcado para a realización dunha obra determinada a cambio dun prezo fixado.
-
Técnica de financiamento para o uso ou adquisición de maquinaria ou bens de equipo que resulta dunha combinación do arrendamento coa compra-venda. O arrendador comprométese a fornecer ao arrendatario o ben en cuestión por un tempo determinado e a cambio dun prezo. Finalizado o contrato, o arrendatario pode revocalo ou exercer a opción de compra que xeralmente o acompaña.
-
En Galicia os arrendamentos rústicos son os de maior repercusión histórica. A importancia do arrendamento vén dada pola estrutura minifundista do noso agro, que determinou a existencia dun gran número de pequenos propietarios, e polo maior arraigo do contrato de parcería, moi similar ao de arrendamento, pero no que hai unha aceptación íntegra dos riscos por ambas partes, aproximándose deste xeito a unha asociación de capital e traballo. Ambos contratantes sufrían polo tanto as oscilacións da produción e, no seu caso, dos prezos. O arrendamento rústico é un modo de explotación da terra mediante un contrato de curta duración no que o propietario ou arrendador cede a súa utilización ao arrendatario por un tempo e un canon determinados, sendo precisamente estes elementos os que marcan a evolución deste tipo de contrato. O canon a pagar varía xeográfica e cronoloxicamente en función da ratio (relación entre superficie e renda), que depende do tipo, cantidade e calidade da produción das colleitas....
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tumor benigno do ovario, de acción masculinizante, que provoca a aparición de virilismo secundario.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Partenoxénese que orixina exclusivamente machos, que ten lugar por exemplo nas abellas.
-
-
Acción e efecto de arrepentirse.
-
Sentimento de mágoa ou tristeza que experimenta unha persoa por ter feito ou deixar de facer algunha cousa.
-