"CIA" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3047.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Actitude ou corrente filosófica caracterizada por unha común insistencia no factor esencial da realidade, na primacía, polo menos lóxica, da esencia sobre a existencia, da realidade e existencialidade das esencias e da pura accidentalidade da existencia respecto da esencia.
-
-
Relativo ou pertencente ao esencialismo.
-
Seguidor do esencialismo.
-
-
-
Acción ou actitude de esixir algo. OBS: Emprégase maioritariamente en plural.
-
Cousa que se esixe. OBS: Emprégase maioritariamente en plural.
-
-
-
de espaciar.
-
Conxunto de espacios que se deixan nun texto, por exemplo entre liña e liña ou entre palabra e palabra.
-
-
-
Que serve para espaciar.
-
Tecla das máquinas de escribir e dos ordenadores que se pulsa para deixar espacios en branco.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao espazo situado fóra dos límites da atmosfera terrestre.
-
Relativo ou pertencente ao espazo no que se desenvolve unha acción en oposición ao tempo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento artístico fundado por Lucio Fontana en Milán (1947). As súas ideas anticipáronse no Manifesto branco (1946) publicado en Bos Aires. Ademais teorizouse, entre outros, no Manifesto da arte espacial (1951) e no Manifesto do movemento espacial pola televisión (1952). Tomou como ideas básicas algúns aspectos do futurismo para propoñer unha renovación da linguaxe artística que estivese en consonancia co progreso tecnolóxico. Empregou, entre outras técnicas, as luces de neon e a televisión na busca dunha arte que transcendese o lenzo nunha pintura, ou o volume, nunha escultura. Entorno espacial negro (1947) de L. Fontana considerouse como o precedente dos environment art.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de espaciar.
-
-
Poñer espazo físico entre dúas ou máis cousas.
-
Deixar un intervalo de tempo entre dúas ou máis accións.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Substancia aromática e estimulante do gusto, de orixe vexetal, utilizada para condimentar os alimentos. As especias caracterízanse polos seus compoñentes aromáticos, que poden conter aceites esenciais, alcaloides, resinas, terpenos, ácidos orgánicos, compostos sulfurados, etc. As especias tamén conteñen proteínas, graxas e hidratos de carbono. A maioría son de orixe asiática ou americana. Os gregos e os romanos xa coñecían o comercio de especias orientais. Na época de Alexandre transportábanse en caravanas a través de Asia pola ruta da seda. Cando este itinerario caeu baixo o control dos pobos iranoscitas, adoptouse o itinerario fluvial e marítimo polo Nilo, o Mar Vermello e o Océano Índico. A partir do s XII a pementa negra de Malabar e Ceilán, o xenxibre da India e de Arabia, a noz moscada e o cravo das illas das especias (Illas Molucas) e a canela de China e Ceilán acadaron unha inmensa sona en Europa. O comercio das especias pasou a ser sinónimo de comercio con Oriente e as...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proceso de formación de novas especies. Prodúcese cando se interrompe o fluxo xenético dentro dun pool común debido a algún mecanismo de illamento.
-
-
Que é propio ou está disposto particularmente para unha determinada cousa ou persoa concreta.
-
Que se distingue por algunha calidade particular, non común.
-
-
-
Calidade de especial.
-
Rama específica dunha ciencia, dunha profesión, etc, á que alguén se consagra dunha maneira exclusiva.
-
Actividade específica á que alguén se dedica.
-
Produto fabricado ou preparado por un establecemento de forma particularmente destacada.
-
Arte ou cousa que é característica dun determinado lugar.
-
Medicamento presentado de forma uniforme, precintado e con nome rexistrado, cunha fórmula medicamentosa que tamén está rexistrada e declarada no prospecto adxunto.
-
-
-
-
Que ou quen ten coñecementos profundos sobre unha determinada materia.
-
Aplícase ao médico que se dedica a unha determinada especialidade.
-
-
Persoa que, nas rodaxes de películas, substitúe os actores e actrices nas escenas perigosas ou nas que requiren certa habilidade.
-
-
-
Acción e efecto de especializar ou especializarse.
-
Fenómeno semántico que consiste en restrinxir ou especializar o sentido xeral dunha palabra. É unha das causas fundamentais do cambio semántico. É moi frecuente nos dobretes patrimonial/culto existentes na lingua, xa que as formas populares supoñen sempre unha limitación do contido semántico dos vocábulos latinos: comungar/comunicar. Independentemente deste proceso, tamén existe especialización, por exemplo, en SĔCĀRE ‘cortar’ > segar. Afecta en moito menor medida aos cultismos: consorte ‘esposo’ procede do latín CONSŎRTE ‘compañeiro con outro na súa sorte, copropietario’. OBS: Tamén se denomina restrición de significado.
-
-
-
Facer que algo ou alguén restrinxa a súa actividade a unha determinada área ou especialidade.
-
Dedicarse de maneira especial a unha determinada rama da arte, da ciencia, etc.
-
-
Adaptarse un órgano ou unha parte dun organismo ao cumprimento dunha función especial.
-
Adaptarse un organismo a un medio, unha alimentación ou un réxime de vida particular.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente aos esponsais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo político que xurdiu en 1997 coa escisión de Esquerda Unida dun grupo, liderado por Anxo Guerreiro, desconforme coa dirección do partido, que non aceptaba presentarse en coalición co PSdG nos comicios autonómicos dese ano, aos que EdG se presentou finalmente en coalición co PSdG-PSOE e Os Verdes. Obtivo dous representantes no Parlamento, que lle permitiron constituír un grupo parlamentario propio. Definiuse como un partido socialista, democrático e republicano e as súas propostas estiveron vinculadas á defensa dos postulados da esquerda nacionalista. Nas eleccións de 2001 ofreceulle ao PSdG-PSOE un pacto para concorrer de novo xuntos aos comicios. A negativa dos socialistas, que só estaban dispostos a admitir a EdG se se integraba totalmente no partido, levounos a acudir en solitario aos comicios nos que non acadaron representación parlamentaria. Disolveuse en maio de 2002.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Inflamación das amígdalas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Base espacial formada por tres módulos (Unity, Zaria e Zvezdá) que suman 81 tm de masa e 43 m de lonxitude, ademais dunha base para paneis solares (ITS-Z1) e un porto de enlace (PMA-3). A ela poden acoplarse tanto os transbordadores espaciais norteamericanos como a nave rusa Sojuz. Dá a volta á Terra cada hora e media, a unha altura en órbita de 390 km. O lanzamento do primeiro segmento tivo lugar en novembro de 1998 e a construción en órbita chega ata o ano 2006. Cun custo que supera os 72.000 millóns de euros, na súa elaboración participan 17 países, entre eles os socios principais, EE UU e Rusia; España colabora a través da Axencia Europea do Espacio (ESA). A tripulación máxima da estación pode chegar ata as 7 persoas.