"Fer" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2007.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ferroproteína de alto contido en ferro, que regula a absorción de ferro da dieta e o almacena para cando a biosíntese da molécula de hemoglobina o requira. Sintetízase nas células epiteliais da mucosa gastrointestinal e localízase predominantemente no fígado e no bazo, e en case todas as células do corpo. Pódese empregar na marcaxe de antíxenos e anticorpos debido á súa gran densidade electrónica.
-
-
-
Elemento de transición do bloque d, situado entre os elementos dos bloques c e p na táboa periódica, de peso atómico 55,84 e número atómico 26. O elemento natural é unha mestura de catro núclidos: 54 (5,8%), 56 (91,7%), 57 (2,2%) e 58 (0,3%); coñécense cinco núclidos artificiais: 52, 53, 55, 59 e 60.
Química
A estrutura electrónica do ferro imponlle o grao de oxidación +2 (compostos ferrosos); a tensión normal que corresponde ao equilibrio FeSFe2++2e (-0,44 V a pH=0) mostra que se trata dun metal bastante electropositivo que desprazará, en particular, o cobre dos seus sales; forma tamén derivados férricos (grao de oxidación +3) e ferratos (+4 e +6). A existencia dos graos +1 e +5 é menos segura. O ferro combínase con todos os elementos non metálicos, pero non co hidróxeno. O ferro candente descompón a auga, que desprende hidróxeno, e é atacado facilmente polos ácidos diluídos; a auga pura e o aire seco non o atacan a temperatura ordinaria,... -
cloruro de ferro(II) [FeCl 2 ]
Substancia de cor verde que se obtén pola acción do ácido clorhídrico sobre o ferro. Tamén se coñece como cloruro ferroso.
-
cloruro de ferro(III) [FeCl 3 ]
Sólido vermello que se obtén pola acción do cloro enriba do ferro e que se emprega para coagular o sangue. Tamén se coñece como cloruro férrico.
-
óxido de ferro(II) [FeO]
Protóxido de cor negra, que se obtén a alta temperatura por redución do óxido férrico; o hidróxido correspondente é un precipitado verde. Tamén se coñece como óxido ferroso.
-
óxido de ferro(III) [Fe 2 O 3 ]
Sesquióxido moi abundante na natureza, do que a ferruxe é un hidrato. Obtense por calcinación do sulfato ferroso, e neste caso utilízase, con diferentes nomes (colcótar, vermello de Inglaterra ou vermello de Venecia), para puír o vidro ou as armas; o hidróxido correspondente é un precipitado avermellado. Tamén se coñece como óxido férrico.
-
óxido salino de ferro [Fe 3 O 4 ]
Óxido que constitúe a pedra de imán natural; obtense artificialmente por combustión do ferro ou por acción do vapor de auga, baixo a forma dun po negro. Considérase como unha combinación dos outros dous óxidos. O óxido férrico tamén se pode combinar con outros óxidos, ademais do óxido ferroso, e pode dar ferritas, pertencentes ao grupo das espinelas, que permiten obter os ferratos por oxidación. Tamén se coñece como óxido magnético ou magnetita.
-
sulfato de ferro(II) hidratado [Fe(SO 4 )·7H 2 O]
Sal que se presenta en forma de cristais verdes e que se obtén por acción do ácido sulfúrico sobre o ferro. Emprégase como redutor. Tamén se denomina sulfato ferroso hidratado ou vitriolo verde.
-
sulfato de ferro(III) [Fe 2 (SO 4 ) 3 ]
Sal que se obtén por acción do ácido sulfúrico sobre o óxido férrico; as súas solucións son de cor laranxa. Combínase coas materias orgánicas e dá compostos imputrescibles, razón pola que se emprega para depurar as augas industriais e as redes de sumidoiros.Tamén se denomina sulfato férrico.
-
sulfuro de ferro(III) [FeS]
Composto que se obtén sinteticamente e que serve para preparar o ácido sulfhídrico. O bisulfuro (FeS2) é a pirita natural que se emprega para a fabricación do ácido sulfúrico.
-
-
...
-
-
PERSOEIRO
Arquitecto. Formouse con Fernando de Casas, a quen substituíu como mestre de obras da catedral en 1749. Traballou co seu mestre na capela de Nosa Señora dos Ollos Grandes na catedral de Lugo (1727), onde tamén fixo a capela de San Roque (1730), que reedificou en 1734. En Lugo realizou a casa dos Sangro (1730) e a casa do concello (1735), na que destaca a fachada cun corpo de soportais ao xeito das loxas e con dúas torres nas esquinas. A primeira obra que trazou en Santiago de Compostela foi o colexio de Exercitantes (sede do Instituto de Ciencias de Educación). Nos anos seguintes encargouse da ponte Ulla en Vedra (1741) e reedificou o arco de ingreso á capela do colexio de Fonseca (1744). En San Paio de Antealtares traballou na galería situada sobre a Porta dos Carros (1749). Na catedral compostelá traballou na reconstrución da á occidental do claustro tralo incendio de 1751 e en 1757 deu as trazas á fachada da Acibechería que comezou a construírse en 1759 coa colaboración de Clemente Fernández...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Arquitecto, fillo de Lucas Antonio Ferro Caaveiro. Renunciou as formas barrocas que aprendera co seu pai e realizou unha obra plenamente neoclásica. Desempeñou o cargo de mestre de obras da catedral dende 1770 e asumiuno plenamente en 1772. En 1774 nomeárono director das obras hidraúlicas da Coruña para a construción de diques e dende 1780 foi arquitecto privativo das obras públicas e particulares de Santiago. En 1787 nomeárono profesor de arquitectura na Real Sociedad Económica de Amigos del País. Desenvolveu un amplo programa educativo e en 1792 publicou Divertimentos de Geometría Mixta. Inventou o Prontuario Crononólico, aparello que servía para saber o mes, o día e a hora de todas as partes do mundo, e en 1798 o Taboeiro das Máquinas Armónicas, aparello músico-matemático. En 1804 abandonou a arquitectura por mor da enfermidade. Traballou na capela da Comuñón, antiga capela de don Lope, da catedral compostelá, de planta circular e con planos, probablemente, de Domingos Lois...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Filósofo, teólogo e cóengo. Ingresou en 1924 no Seminario Conciliar de Santiago de Compostela e acadou dous anos máis tarde unha bolsa para estudar na Universidad Pontificia de Comillas, onde se doutorou en Filosofía e se licenciou en Teoloxía. En 1941 ordenouse presbítero en Comillas e converteuse en profesor do Seminario Conciliar de Santiago. Durante o curso 1958-1959 foi bolseiro en Roma, onde se integrou no grupo de investigadores Monserrat. Os seus estudios centráronse nas relacións entre a fe, a teoloxía e a filosofía. Da súas obras destacan “El virtual revelado” (1956), “La figura de Amor Ruibal” (1956), “La analogía y la relatividad en el ser natural y sobrenatural” (1960), “La Iglesia y la evolución de la cultura” (1967) e “Fórmulas dogmáticas e sistemas filosóficos” (1971).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Antropólogo, arqueólogo, arquiveiro, historiador e profesor. Ingresou no Seminario Conciliar de Santiago de Compostela en 1918, onde se doutorou en 1930, e licenciouse en 1931 en Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela. No inicio da década dos trinta, exerceu a docencia nos colexios vigueses Apóstol Santiago e Lábor, e no Instituto de Ensino Medio de Tui, onde fundou a revista TVDE. En 1930 ingresou no Seminario de Estudos Galegos, cun traballo sobre a Batalla de Cabo Sicié e en 1931 no Partido Galeguista, polo que participou como presidente da primeira mesa na terceira Asemblea das Mocidades Galeguistas. Durante a Guerra Civil (1936-1939) integrouse nas Milicias Populares Galegas e no Sindicato Único de la Enseñanza, adscrito á CNT, converténdose desde 1938 no secretario da delegación de Instrución Pública de Madrid e a zona S. Sometido a expediente de depuración entre 1939 e 1940, ingresou en xuño de 1941 no Corpo Facultativo de Arquiveiros, Bibliotecarios...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político. De tendencia liberal, foi detido pola Inquisición e encarcerado en 1816, cando estudiaba leis na Universidade de Santiago de Compostela. Trasladouse a Madrid e foi elixido deputado pola provincia da Coruña nas lexislaturas 1836-1837, 1837-1838, 1839-1840 e 1841-1842, nas que participou no proxecto da lei de imprenta.
VER O DETALLE DO TERMO -
ENTRADA LARGA
Período da Prehistoria no que a metalurxia do ferro substituíu a do bronce na fabricación de instrumentos de uso cotiá e armas. O ferro empregouse por vez primeira en Oriente Próximo no ámbito do Imperio Hitita, entre o 2000 a C e o 1500 a C, e desde alí estendeuse cara a Europa, África do N e o S de Asia. O seu uso, ao ser un metal máis abundante ca o cobre e máis duro ca o bronce, permitiu mellorar as ferramentas de traballo e contribuíu ao maior desenvolvemento da agricultura e a conseguinte complexidade e xerarquización das sociedades.
VER O DETALLE DO TERMO
Orixe e expansión
A xeneralización do emprego do ferro a través das rutas comerciais do Mediterráneo ou a través do Danubio, deu lugar en Europa continental e mediterránea, entre finais da Idade do Bronce e inicios da conquista romana, ao desenvolvemento dunha serie de culturas. A cultura vilanoviana, desenvolvida no val do Po, na Toscana e no N do Lacio entre o 1000 a C e o 700 a C, caracterizouse polo ritos funerarios nos que se incineraba... -
GALICIA
Pintor. En 1749 ingresou como alumno na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando, onde foi discípulo de Filipe de Castro, Corrado Guiaquinto e Antón Rafael Mengs. Durante a súa estancia académica recibiu numerosos galardóns: en 1760 o segundo premio de terceira clase, en 1763 o primeiro premio de segunda clase, e en 1766 o terceiro premio de primeira clase. Comezou tamén o seu enfrontamento con Francisco de Goya que culminou en 1804 cando obtivo o posto de director xeral da Academia. Previamente, foi nomeado académico de mérito (1781) e tenente director de pintura (1788) e pintor de cámara. Cultivou a temática relixiosa e o retrato. A súa obra evolucionou dende os postulados rococós aos neoclásicos, derivados das ensinanzas de Mengs e que introduciu na pintura galega, aínda que a maioría das súas obras as produciu na Corte. En Galicia consérvanse A declaración de guerra a Inglaterra, a copia do Cristo de San Plácido de Velázquez; os retratos de Frei Mauro Villaroel,...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Profesor e investigador. Estudou filosofía e teoloxía en Santiago de Compostela (ata 1965) e filoloxía clásica en Roma (1969). Catedrático de Latín no ensino medio, foi cotradutor de O Novo Testamento (1978) e A Biblia (1989), obra que recibiu o Premio Nacional de Tradución en 1990. No eido da filoloxía clásica publicou De varia Christianorum habitudine erga cultum et rem classicam (1982), Dido e Eneas. Xénese nacemento e vida de dous personaxes polémicos da Eneida (1983), “Tres escritores latinos na Galicia do século XX” (1999) e unha tradución ao latín dun conto galego de Rafael Dieste: “Cum Benedictus vita functus est” (1987). Foi coautor dun libro de texto para o estudo do latín dende a lingua e cultura galegas: De onte a hoxe (1984), e de Novos textos para a introdución no latín. 3778 refráns latinos (1990). En relación á fraseoloxía galega, publicou o Refraneiro Galego Básico (1987), Refraneiro...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xornalista e político. Foi un dos principais impulsores do modernismo en Portugal, labor que realizou como editor da revista Orpheu (1915).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador. Especializado en historia rusa e soviética, foi director da École de Hautes Études en Sciences Sociales (EHESS), codirector da revista Annales (1970) e director do Institut du Monde Soviétique et de l’Europe Centrale et Orientale. Foi pioneiro na utilización do cine como medio de estudar a historia. Das súas numerosas obras destacan La Grande Guerre (A gran guerra, 1969), Cinéma et Histoire (Cine e historia, 1977) e Histoire des colonisations (Historia das descolonizacións, 1994).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Gorxas formadas pola erosión antecedente do Danubio sobre materiais calcários dos Alpes de Transilvania, que se estenden ao longo duns 130 km servindo de fronteira entre Romanía e Iugoslavia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Situada no centro histórico de Ourense, foi coñecida como a Cruz dos Ferreiros e nela existiu un mercado de ferro. De forma triangular, a ela conflúen seis rúas. Está formada por soportais e casas nobres, entre outras, a casa oxival dos Yáñez Novoa, coñecida como a casa da Misa de Alba e a casa dos Fernández Boán (s XVII). No centro consérvase unha fonte renacentista do s XVI que pertenceu ao mosteiro de Oseira.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ferr(o)-.
-
SEMANARIOS
Semanario aparecido en Pontevedra a partir do 7 de xullo de 1861. Cesou a súa edición en febreiro de 1862. Subtitulouse “Periódico de intereses morales, intelectuales, materiales y satírico”. Dirixido por Manuel A. Couto, imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Pazos e Antúnez. Como substituto de El Ferro-Carril, incluíu informacións semellantes.
VER O DETALLE DO TERMO -
SEMANARIOS
Semanario aparecido en Pontevedra a partir do 9 de outubro de 1853. Cesou a súa edición en xullo de 1854. Subtitulouse “Periódico de intereses materiales” e imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Pazos e Antúnez. Fundado e dirixido por Manuel A. Couto, naceu co propósito de debater o proxecto da liña férrea que ía unir Galicia con Madrid. Substituíuno El Ferro-Carril Gallego.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
ES-TRAD;mso-fareast-language: ferretada.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cada unha das aliaxes de ferro con certos elementos, metálicos ou non metálicos, agás o carbono, que se empregan para a introdución do elemento na fabricación de aceiros especiais e na obtención doutras aliaxes ás que se lles quere conferir unhas propiedades determinadas. Algunhas empréganse tamén como desoxidantes pola súa capacidade de fixación do osíxeno. Os elementos de aliaxe máis comúns son o cromo, o manganeso, o molibdeno, o silicio, o titanio, o vanadio e o tungsteno. Frecuentemente, o ferro é o elemento minoritario. O uso das ferroaliaxes na siderurxia remóntase ao ano 1856. O ferromanganeso descubriuse no 1866, e no 1869 o ferrocromo.