"GR" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3341.
-
GALICIA
Concello cabeceira da comarca homónima, situado na provincia de Lugo no extremo oriental da Comunidade Autónoma de Galicia. Limita ao N cos concellos da Pontenova (A Mariña Oriental) e Taramundi (Principado de Asturias), ao L con Santa Eulalia de Oscos (Principado de Asturias) e Negueira de Muñiz (A Fonsagrada), ao S con Navia de Suarna (Os Ancares) e Baleira (A Fonsagrada), e ao O con Ribeira de Piquín (Meira) e Baleira. É o concello máis extenso de Galicia, pois abrangue unha superficie de 438,4 km 2 , cunha poboación de 4.748 h (2007), distribuídos nas parroquias da Allonca, A Bastida, Bruicedo, Carballido, Cereixido, Cuíñas, Fonfría, A Fonsagrada, Freixo, Lamas de Campos, Lamas de Moreira, Maderne, Monteseiro, Pacios, O Padrón, Paradavella, Piñeira, A Proba de Burón, San Martín de Arroxo, San Martín de Suarna, San Pedro de Neiro, San Pedro de Río, Santo André de Logares, A Trapa, O Trobo, A Veiga de Logares, Vieiro, Vilabol de Suarna e O Vilar da Cuíña. A capital municipal...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Comarca do extremo oriental da Comunidade Autónoma de Galicia. Limita ao N coa comarca da Mariña Oriental e o Principado de Asturias, ao S coa comarca dos Ancares, ao L co Principado de Asturias e ao O coas comarcas de Meira e Lugo. Abrangue unha superficie de 679,5 km2nos que acolle unha poboación de 7.175 h (2001), distribuídos nos concellos de Baleira (168,8 km2; 1.834 h), A Fonsagrada (438,4 km2; 5.082 h) e Negueira de Muñiz (72,3 km2; 259 h). O núcleo reitor indiscutible é a vila de A Fonsagrada, importante centro comercial e de servicios xa dende o s XVII, que ademais é cabeza de partido xudicial, do que dependen xunto cos tres concellos que forman a comarca, os de Ribeira de Piquín e Meira. A Fonsagrada e Negueira de Muñiz presenta unha cohesión moi forte e un total grao de integración funcional. En cambio, Baleira, malia que mantén vinculacións administrativas e comerciais coa cabeceira comarcal, depende funcionalmente en boa medida de...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente á Fonsagrada ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante da Fonsagrada.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Periódico editado na Fonsagrada a partir de maio de 1989. Subtitulouse “Revista do concello da Fonsagrada”. Dirixido por José Gabriel Pacín López, a subdirección, edición gráfica e fotografía estaba coordinada por Manuel Fernández. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de El Progreso de Lugo e tiña unha tiraxe media de 3.000 exemplares. En xuño de 1990 (nº 3) modificou a súa estrutura. Incluíu información de carácter local referida á economía da zona, á historia, á situación dos grupos escolares e do ensino, ás infraestruturas coas que conta o concello, novas agrícolas, entrevistas e referencias á xeografía do concello.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada na Rúa. Fundouna no s XVIII Bernaldo de Quiroga, pero tivo que ser reconstruída trala destrución que sufriu durante a Guerra da Independencia. Ten planta cadrada e patio interior. As fachadas caracterízanse por ter todas elas balcóns. A finca está amurallada e ten a entrada polo O.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista aparecida no verán de 1992 no concello de Nigrán. Na súa edición participaron a Asociación de afectados do Ceán, a Asociación de veciños O Outeiro de Parada, a Asociación de afectados de Parada, a Asociación de veciños de Panxón e Aprodeval. Trátase dunha publicación reivindicativa e crítica coas administracións públicas. Serviu como medio para a denuncia da situación da comarca, tanto no que se refire a aspectos económicos, como a vertidos e contaminación, dereitos e deberes dos veciños, etc, acompañados de referencias á prensa galega.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Método que permite a representación de obxectos emisores de luz ultravioleta mediante a utilización dunha pantalla fosforescente.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Reacción nuclear que provoca unha radiación γ cando incide nun núcleo atómico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que pode ser fotografado.
-
-
Obter a imaxe de algo por medio da fotografía.
-
Describir algo ou alguén con gran precisión e exactitude.
-
-
-
-
Arte e técnica de obter, por medio da luz ou doutras radiacións electromagnéticas, e de substancias químicas, imaxes permanentes dun obxecto, sobre superficies convenientemente preparadas. Estas imaxes permanentes, chámanse, por extensión, fotografías. Os elementos imprescindibles para realizar unha fotografía son, esencialmente, o material sensible, a cámara fotográfica e o laboratorio fotográfico, que presentan características bastante variables. Segundo que o material sensible empregado permita a obtención de imaxes en cor ou simplemente en branco e negro, pódese falar de fotografía en cor e de fotografía en branco e negro, respectivamente. Unha toma de vista correcta, que ofrece unha imaxe clara e nítida, esixe unha serie de requisitos. Primeiramente, a elección dun material sensible adecuado aos resultados desexados; pódese escoller a presentación do material sensible (película, placa, disco, etc), o tipo de emulsión (película de branco e negro, de cor, instantánea), o tipo de película...
-
Artigos fotográficos.
-
-
Reprodución dunha imaxe mediante o procedemento da fotografía, especialmente a copia ou positivo. OBS: Nesta acepción adóitase empregar a forma foto.
-
Representación ou descrición de algo ou alguén que semella unha fotografía.
-
Fotografía vertical ou oblicua da superficie terrestre que se obtén dende un avión ou nave espacial. Tómase en bandas ou pasadas paralelas que se sobrepoñen para crear despois un mosaico.
-
-
-
Relativo ou pertencente á fotografía.
-
Que se obtén mediante a fotografía.
-
Que serve para a fotografía.
-
Aplícase á memoria que lembra unha imaxe coa precisión propia dunha fotografía.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que se dedica á fotografía, ben como afección, ben como profesión.
-
-
Cada unha das exposicións dunha película.
-
Cada unha das imaxes que compoñen unha película cinematográfica.
-
Imaxe que se obtén colocando un obxecto directamente sobre papel sensible e expoñéndoo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista de información cinematográfica fundada en Barcelona en 1946. Inicialmente dedicouse a ofrecer datos sobre estreas e personaxes do cine español e internacional. A mediados dos anos oitenta engadiu aos seus contidos habituais información sobre vídeo, e alquiler e venda de películas. Incluíronse tamén reportaxes sobre novidades técnicas, monográficos de actores, estilos ou xéneros, e artigos de crítica de destacadas personalidades do mundo cinematográfico. Anualmente concede os premios Fotogramas aos actores e profesionais máis salientables do cine, teatro e televisión en España.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de técnicas que permiten, mediante a cámara fotográfica, deducir dunha proxección cónica do obxecto, as súas dimensións e a súa situación. O fundamento xeométrico da fotogrametría foi establecida por J. H. Lambert en 1759, pero foi Aimé Laussedat quen conseguiu en 1851 planos exactos partindo de fotografías. En 1856 Gaspar Felix Tournachou, Nadar, realizou as primeiras fotografías aéreas, unhas vistas de París. En 1886 Torres Quevedo realizou o primeiro levantamento fotogramétrico español do barranco de Vista Hermosa (Madrid). En 1903 Carl Pulfrich aplicou o principio de medición estereoscópica ao método fotogramétrico, procedemento perfeccionado en 1909 por Eduard von Orel. Os aparellos inventados de acordo con este novo sistema eran, sen embargo, dunha aplicación exclusiva aos alzamentos topográficos efectuados por medio de fotografías tomadas dende terra (fotogrametría terrestre). A partir da Primeira Guerra Mundial, o progreso da aviación permitiu o desenvolvemento...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á fotogrametría.
-
-
de fotogravar.
-
Conxunto de procedementos fotográficos empregados para reproducir ilustracións, sexan de trazo negro ben marcado (pluma) ou ben de fotografías (directo). A técnica utilizada en tipografía consiste en obter un negativo do orixinal, o cal é aplicado a unha prancha metálica sensibilizada. Ambos os dous son expostos (insolación) á acción dunha luz moi forte (arco voltaico, xenon, de mercurio, etc) que a impresiona. Unha vez impresionada a prancha ponse dentro duns ácidos que atacan as partes que non estiveron resgardadas. Se a reprodución ten que ser dunha fotografía, pode interpoñerse entre a placa sensible e o obxectivo unha trama, que descompón a imaxe en pequenos puntos de luz, feito que permite a obtención dos tons medianos.
-
Reprodución obtida por ese procedemento.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Operario especializado en fotogravado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Gravar pranchas mediante o sistema do fotogravado.