"ISM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1586.

    1. Propensión a ver e a xulgar as cousas no aspecto máis desfavorable.

    2. Doutrina ou convicción filosófica segundo a que o mundo non é susceptible de perfeccionamento substancial de ningún tipo e a existencia humana carece de sentido fundamental. O pesimismo propiamente dito está presente, en maior ou menor grao, na base do nihilismo e en actitudes como a do escepticismo. Adóitase empregar o termo en referencia á corrente filosófica que conseguiu un particular auxe no s XIX con manifestacións cosmovisionais, como a de A. Schopenhauer, ou poéticas, presentes en G. Leopardi e Lord Byron.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • otación popular que se realizaba en Siracusa, coa que se determinaba o exilio de determinados cidadáns por consideralos perigosos para a permanencia das institucións democráticas. O termo procede da folla de oliveira que os votantes empregaban para escribir a súa decisión. Foi un proceso característico do s V e moi semellante ao ostracismo ateniense.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento poético que se basea na imitación da lírica de Petrarca, practicamente reducida ao seu Canzoniere, no mundo occidental, especialmente románico, dos ss XIV-XVIII. É un manierismo que bebe das frases, imaxes e versos amorosos de Petrarca, esaxerando o seu preciosismo, as reiteracións e as sutilezas. En Italia ten tres momentos: un primeiro petrarquismo (ss XIV-XV) en que destacou, sobre todo, Serafino Aquilano; un segundo petrarquismo (s XVI), que volveu ao verdadeiro Petrarca e, por obra de Bembo, elevouno á categoría de modelo de poesía (bembismo); e un terceiro petrarquismo da Arcadia, difundido a través dos quiñentistas, especialmente Di Costanzo, que persistiu ata o s XIX, e que se manifestou na obra de Foscolo, Leopardi e Carduci. Fóra de Italia o petrarquismo baseouse en plaxios e paráfrases dos poetas do s XV.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento artístico de repercusión internacional que xurdiu a finais do s XIX como unha corrente reivindicadora da importancia da fotografía e a súa equiparación co resto das formas de arte, en especial coa pintura. Caracterizouse polo uso da fotografía como recurso expresivo e experimentou con novas materias, técnicas de representación e de manipulación da fotografía, desde o desenfoque ao distanciamento. Desde 1902 Nova York converteuse no centro do pictorialismo internacional, especialmente tras a creación do grupo Photo-Secession. Aínda que se estableceu a década de 1920 como a da fin deste movemento, o interese polo mesmo rexurdiu ao redor de 1970 e continuou a ter influencia na obra de fotógrafos posteriores.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de movementos iniciado no seo das igrexas reformadas e característico do luteranismo alemán, que puxo o acento sobre a experiencia relixiosa persoal fronte á excesiva fixación dogmática. Entre os seus precursores estaba J. Labadie, J. J. Gichtel e J. Böhme, pero foron sobre todo Phillip Jacob Spencer e August Herman Francke os que lle deron forma, mentres que Nikolaus Ludwig Zinzendorf e a súa comunidade de irmáns bohemios contribuíron á súa expansión. Naceu das reunións organizadas por Spencer a partir de 1670, dedicadas ao estudo bíblico e aos autores místicos da tradición xermánica. A oposición do luteranismo ortodoxo e o Aufklärung, como tamén o progresivo rigorismo do pietismo, influíron na súa desaparición.

    2. Afectación de piedade ou devoción.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Teoría que parte das ideas de Ramón Piñeiro, especialmente a estratexia en que se prescindía da opción política cara á intervención cultural, na procura dunha vía legal que levase á afirmación de Galicia como pobo, e que tiña como fin acadar a galeguización xeral da sociedade. Froito deste posicionamento xurdiu a editorial Galaxia (1950).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Deporte que consiste en navegar con piragua, canoa ou kaiak. Introduciuse nas olimpíadas como deporte de exhibición en París 1924, para converterse en deporte olímpico en Berlín 1936, na categoría masculina, e en Londres 1948 na feminina. Practícase en kaiaks dunha, dúas ou catro prazas (K-1, K-2 e K-4), ou en canoas dunha ou de dúas prazas (C-1 e C-2). Componse de 12 disciplinas; nove son masculinas (C-1 500 e 1.000 m, C-2 500 e 1.000 m, K-1 500 e 1.000 m, K-2 500 e 1.000 m e K-4 1.000 m) e tres femininas (K-1 500 m, K-2 500 m e K-4 500 m). Tamén teñen categoría olímpica as competicións de slalom con K-1 (masculino e feminino), C-1 e C-2 (masculino), nas que se fai un percorrido sinuoso marcado sobre augas vivas, sobre 25 portas, ou ben só descenso. Entre os medallistas españois, cómpre destacar a medalla de ouro   en C-1 1.000 m e a de prata C-1 500 m, conseguidas polo piragüista galego David Cal Figueroa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Capacidade que presentan algunhas plantas para sobrevivir aos incendios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fenómeno que consiste na alteración das propiedades magnéticas (especialmente a permeabilidade) de certos corpos por efecto do aumento da temperatura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo de metamorfismo que fai referencia ás transformacións mineralóxicas que se producen a causa das elevadas temperaturas, polo feito de poñerse en contacto unha rocha calquera con rochas volcánicas en fusión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina filosófica defendida por Pirrón e os seus discípulos. A miúdo identificada, impropiamente, co escepticismo antigo, tivo un forte impulso durante os ss XVI, XVII, e XVIII, e influíu a filósofos como Montaigne, Gassendi, Pascal ou Malebranche. Considérase eminentemente pirrónico a Hume.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de doutrinas atribuídas indistintamente a Pitágoras e aos seus discípulos (s IV a C). No seu desenvolvemento hai que diferenciar entre a época anterior e a posterior ás propostas eleatas de Parménides e Zenón, como tamén a etapa máis tardía, que se coñece como neopitagorismo. Destacaron no s V a C, Filolao de Crotona, o primeiro en expoñer por escrito sistematicamente esta doutrina, e no s IV a C, Arquitas e Alcmeon de Crotona.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Nome xenérico de calquera manifestación funcional orixinada por un mecanismo suxestivo.

    2. Manifestación, consciente ou inconsciente, en que se produce unha simulación de orixe histérica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina de Platón ou da súa escola e aspectos dela que influíron no pensamento doutros filósofos e escolas. A influencia da filosofía de Platón foi tan considerable que se pode dicir que o platonismo alzanza toda a historia do pensamento occidental e incluso unha parte do oriental, as tradicións bizantina e árabe. Por exemplo, apréciase a súa marca en Aristóteles e no estoicismo, é inseparable do neoplatonismo, co que se acaba confundindo, ten ascendencia na tradición filosófico-teolóxica latina dos ss IV e V e exerce un dominio case universal sobre a Idade Media, do que é típico expoñente a escola de Chartres. Por medio de santo Agostiño a influencia platónica artella, en competencia co aristotelismo, a gran tradición escolástica, e incluso chega a perdurar durante a Idade Moderna (escola platónica de Cambridge, Spinoza, Leibniz e Kant) e na filosofía dos dous últimos séculos (aspectos de Fichte, Schopenhauer, a escola de Marburg, a neoescolástica). Na súa difusión e transmisión pódense...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tropismo en que a planta ou o órgano vexetal se orientan perpendicularmente ou oblicuamente á dirección do estímulo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de plebeo.

    2. Maneiras de plebeo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cambio de cor que se observa nun mineral examinado a través dun microscopio polarizador, cando se fai xirar a platina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Diversidade morfolóxica que presentan diversos organismos con relación ás condicións ambientais ás que están sometidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • homeomorfismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparato que mide os cambios de volume dos órganos e dos membros, debidos á repleción sanguínea das arterias e dos capilares.

    VER O DETALLE DO TERMO