"qu" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4475.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Realizar unha coquización.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Doce de follado en forma de gravata, cuberto cun baño de azucre e améndoa moída. A súa orixe data de principios do s XX, aínda que os follados de Cantabria, onde se localiza Unquera, gozan de recoñecemento desde o s XV.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mesquita omeia situada en Córdoba. Iniciou a súa construción ‘Abd al-Ra ḥ mān I cara ao ano 785 da era cristiá, sobre o lugar que ocupara un templo visigodo dedicado a san Vicente. Na primeira etapa construtiva empregáronse materiais romanos e visigodos, principalmente nas columnas. A planta da mesquita, practicamente cadrada, está dividida en dous sectores: o do N é o patio ou sahn e o do S é a sala de oración ou haram, formada por once naves aliñadas de N a S e perpendiculares ao muro da quibla co mihrab no seu centro. As naves teñen doce tramos que se abren cara ao patio. No interior destaca a ampliación do espazo vertical mediante a superposición de arcos; estes son de ferradura e alternan a cor branca e vermella nas doelas. Ten cuberta plana de madeira e tellado de dobre vertente no exterior. Hixem I construíu o primitivo alminar ou minarete. En tempos de ‘Abd al-Ra ḥ mān II derrubouse a quibla e alongáronse as naves...
-
VER O DETALLE DO TERMO
corisquento.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao tempo caracterizado polas coriscadas.
-
-
Relativo ou pertencente a Coristanco ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Coristanco.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Charles Mann.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Novela publicada por Gabriel García Márquez en 1961. Trátase, ante todo, dunha novela política que reflicte a realidade colombiana do momento: a violencia, a inxustiza e a opresión cotiás a través de alusións e detalles puntuais, nunca mediante a denuncia explícita. Presenta a existencia difícil dun coronel retirado, sumido na pobreza, marxinado por unha atmosfera política opresora e contraria á súa ideoloxía, e agoniado pola enfermidade da súa muller, coa que vive a última etapa do amor. Ex-combatente da Guerra dos Mil Días (1899-1902) no bando liberal, a súa vida redúcese desde entón á espera da carta, que non chegará nunca, que confirme a pensión prometida aos veteranos de guerra. A acción transcorre nunha vila tropical no norte de Colombia, ao longo de tres meses, aproximadamente entre outubro a decembro de 1956. Céntrase na tentativa do coronel de superar as dificultades económicas, gastando o escaso diñeiro que lle queda en adestrar un galo de pelexa propiedade do seu defunto fillo...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Programa radiofónico humorístico que se emitiu en Radio Voz Galicia os domingos ao mediodía, formado por dous presentadores, un cantante e cinco actores que imitaban máis de setenta voces de coñecidos persoeiros. Tivo dúas etapas: na primeira (1993-1995) participaron Xacobo Pérez, Moisés Morales, Carlos Jiménez, Paco Lodeiro, J. A. López de Alba, Siro López e o cantautor Santiago Rouco; na segunda (1996-1998) integráronse Leo Toral (Paco Vázquez), Alexandre Rodríguez Pipo (Arsenio Iglesias), Fernando Acebal (Felipe González) e o cantautor O Parga, xunto con Siro López, López de Alba, Xacobo Pérez (Fraga e Xoán Paulo II) e Moisés Morales (Aznar). Combinaban o seu traballo no estudo con actuacións en directo en diversos auditorios de Galicia e Madrid. Obtivo o Premio de Comunicación da Xunta de Galicia ao mellor programa radiofónico (1994), o Premio Curuxa do Museo do Humor de Fene (1994) e o Premio da Asociación Profesional Española de Informadores de Prensa, Radio e Televisión...
-
PERSOEIRO
Escultor portugués. Membro dunha familia de vidreiros, estudou belas artes en Porto e Lisboa. Foi profesor e director da Escola Superior de Belas-Artes de Lisboa. Realizou diversas estatuas e relevos que están repartidos por lugares públicos e privados. Pertenceu á Academia Nacional de Belas-Artes, á Sociedade Nacional de Belas-Artes, á Associação dos Arqueólogos Portugueses e á Sociedade de Geografia de Lisboa.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Profesor de ensino medio, colaborou en distintas revistas (Agália, Ferroanálisis e A Nosa Terra). Publicou relatos na revista Ólisbos co pseudónimo de Alberte Sueiro, e no volume colectivo Muralla de crescórnio (1989), ademais da novela Mar para todo o sempre (Premio Carballo Calero do concello de Ferrol, 1992) e o libro de narracións breves Sobre comboios, janelas e outras pequenas histórias (Premio Carballo Calero, 1994).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xurista, escritor e político. Licenciado en Dereito e Filosofía e Letras, doutorouse en Xurisprudencia (1875). Foi profesor de lexislación comparada na Universidad Central (1874), pero renunciou ao seu cargo xunto con Francisco Giner. Foi un dos membros fundadores da Institución Libre de Enseñanza (1876), na que deu clases de leis e de historia, ademais de dirixir o BILE. Influído polo krausismo e polo historicismo alemán, e politicamente autodeclarado como republicano federalista, mantivo unha vida política moi activa, caracterizada pola súa oposición ao sistema da Restauración. Considérase como o principal pensador do rexeneracionismo, que propuña reformas socioeconómicas e políticas, entre as que destacan a reforma agraria e a loita contra o caciquismo. Entre as súas obras cómpre salientar Colectivismo agrario en España (1898), Reconstitución y europeización de España (1900), Crisis política de España (1901), El problema de la ignorancia del derecho...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Musicólogo. Licenciado en Xeografía e Historia, acadou a especialidade de musicoloxía (Universidad de Oviedo, 1992) e a de historia (UNED, 1999), e doutorouse en 1999 na Universidade de Santiago de Compostela coa tese La formación del pensamiento musical nacionalista en Galicia hasta 1936 (edición electrónica, 1999). Iniciou os seus estudios musicais na academia da banda de música de Castrelo de Cambados da man de Ángel Padín. Dende os dez anos foi clarinetista nesa agrupación e exerceu como director da mesma en varias ocasións. Continuou a súa formación en varios conservatorios de Galicia e nos superiores de Santiago de Compostela e Oviedo. Exerceu a docencia en centros de ensino secundario, no Conservatorio Profesional de Música de Pontevedra e na facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Vigo como profesor asociado de historia da música e do folclore. Membro de varias sociedades científicas e da Ponencia de Antropoloxía do Consello da Cultura Galega, colaborou na...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Piragüista. Participou nos Xogos Olímpicos de Barcelona 1992 en K-4 e K-2. En K-2 chegou, xunto con Belén Sánchez, á final olímpica.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente a Costa Rica ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Costa Rica.
-
Arte producida en Costa Rica. As manifestacións que se deron durante a época precolombina son algunhas das máis estudiadas do territorio centroamericano. A situación xeográfica do país condicionou o desenvolvemento dos pobos precolombinos que recibiron a influencia dos pobos do norte e do sur do continente. O xacemento arqueolóxico máis importante, onde aparecen os restos das culturas mesoamericanas e sudamericanas, coñécese como Monumento Nacional Guayab, ocupado dende o ano 1000 a C aproximadamente, pero que tivo o seu maior desenvolvemento entre os anos 300 e 700 da nosa era. Diferéncianse tres zonas de desenvolvemento artístico: o altiplano e a vertente atlántica, a zona de Nicoya e a de Diquís. A zona atlántica e o altiplano caracterízanse pola creación de obxectos en pedra: laxas decoradas con relevos; pedras de moer ou metates, de forma oval ou rectangular e con tres ou catro patas, a maior parte deles coa forma dun xaguar; e figuras antropomórficas. A cerámica decorábase...
-
As letras costarriqueñas viviron un período de romanticismo tardío, un modernismo epigonal e o vangardismo durante a primeira metade do s XX. Poetas, novelistas e dramaturgos movéronse entre o costumismo e un cosmopolitismo exacerbado. No panorama romántico poético destacou a figura de Aquileo J. Echevarría (1866-1909), autor de Concherías (1905); baixo o modernismo, Juan Diego Braun (1859-1886), José Mª Alfaro Cooper (1861-1939) e Roberto Brenes Mesén (1874-1947), autor de Hacia nuevos umbrales (1913) e Los dioses vuelven (1928), que significaron o final do movemento iniciado por Rubén Darío. No s XIX sobresaíron os prosistas Pío Víquez (1848-1899), fundador de El Heraldo de Costa Rica e autor de Miscelánea (1903); e Manuel Argüello Mora (1845-1902), autor de Costa Rica pintoresca (1899) e Un drama en el presidio de San Lucas (1900). No panorama literario do s XX destaca a obra de, entre outros, Carmen Lyra (1888-1949), autora...
-
-
GALICIA
Lingüista. Doutorouse en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela (1995) coa tese Aproximación diacrónica e sincrónica ao estudo das sibilantes en galego. Profesor de lingua galega na facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo (desde 1995), foi bolseiro investigador do Instituto da Lingua Galega (1984-1985), da Escola de Tradutors i d’Intèrprets da Universitat Autónoma de Barcelona (1991) e da Comisión Europea para as linguas menos estendidas. Foi coordinador do proxecto de investigación Estudio lingüístico, etnográfico y antropológico del Val do Río Ellas (Cáceres), que obtivo o I Premio do Certamen de Jóvenes Investigadores (1993). Especialista na fala do val do río Eljas (Cáceres), publicou, entre outros, os artigos “Os subsistemas sibilantes no galego do Val do Río Ellas” (1998), “Valverdeiro, lagarteiro e mañego: o ‘galego’ do Val do Río Ellas (Cáceres)” (1999), “Toponimia galega no Val do Río Ellas” (1999), “Tipoloxía...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Avogado e xornalista. Mantivo varios preitos contra as xerarquías eclesiásticas, tanto no caso das oblatas parroquiais coma en cuestións de matrimonios e dereito canónico. Ademais de colaborar con El Pensamiento Galaico en 1894, publicou Oblatas parroquiales (1900) e En un pleito canónico (1914).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Cóengo de Mondoñedo e xornalista. Foi catedrático de Metafísica e Ética no Seminario de Santiago de Compostela, onde defendeu posturas tradicionalistas e integristas. En Mondoñedo fundou e dirixiu o xornal carlista La Defensa, que se publicou entre 1906 e 1909. Publicou Existe en el hombre un principio de vida distinto de la materia de su cuerpo (1892).
-
GALICIA
Xornalista. Comezou a súa andaina profesional na emisora Radio Coruña. En 1956 dirixiu a Estación Escuela de Juventudes coruñesas. Exerceu como subdirector xeral da cadea de emisoras CAR e como director de Radio Juventud na Coruña. Á parte dos seus traballos radiofónicos, escribiu numerosos artigos para a revista Atlántida. Publicou os libros La produción radiofónica. Arte y sistema (1967) e Hombres que decidieron (1969).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar. Desenvolveu a súa carreira militar en Moçambique e Angola, onde foi gobernador xeral (1907-1909). Defensor da monarquía, proclamou en 1919 a Monarquia do Norte. Foi galardoado coa Torre e Espada.
VER O DETALLE DO TERMO