"Alicia" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 418.

  • Revista bilingüe publicada por Ediciós do Castro a partir de 1970 e da que se editaron sete números. No primeiro deles recolleu traballos de Luís Seoane e Isaac Díaz Pardo sobre as creacións elaboradas polo Laboratorio de Formas, pertencente a Cerámicas do Castro. Os seguintes números foron monográficos; o segundo, titulado “O libro galego a discusión”, de novembro de 1974, incluíu as conclusións do I Seminario encol do Libro Galego con textos de Ramón Piñeiro, Luís Seoane, Fernández del Riego e Ricardo García Suárez; no terceiro, de abril de 1975, titulado “Presencia de Galicia”, aparecen diversas fotografías da fachada de Praterías da catedral e das gárgolas do antigo hospital de peregrinos de Santiago de Compostela; o cuarto reproduce conferencias de Ramón Piñeiro, García-Sabell, Rof Carballo e Rafael Dieste sobre a cultura galega na inauguración da Galería Sargadelos en Madrid. En maio de 1978 lanzou o quinto número titulado “Testemuñas e perspectivas en homenaxe ao Seminario de Estudos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista bilingüe editada a partir de marzo de 1986 na Coruña co apoio da Fundación Pedro Barrié de la Maza, da que saíron unicamente tres números. Colaboraron nela J. Manuel Otero Lastres, Luis Caramés Viéitez, Alfonso Pascual Pérez e Fernando González Laxe, entre outros. Incluía información sobre temas económicos relacionados coa UE, como o IVE, a política agraria e pesqueira da Unión, etc.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación periódica de carácter rexionalista que apareceu en Ourense en 1893. Fundada e dirixida polo poeta Alberto García Ferreiro, serviu como medio de ataque contra Lamas Carvajal e os seus artigos publicados en El Eco de Orense.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de periodicidade trisemanal que apareceu na Coruña o 2 de outubro de 1856, e que cesou o 9 de decembro do mesmo ano. Dirixida por Ricardo Puente Brañas, contaba coa colaboración de Leandro Saralegui, Manuel Murguía, Antonio e Francisco de la Iglesia, Xosé López de la Vega, Aurelio Aguirre e Antonio de San Martín. Nun principio contou con imprenta propia e nos últimos números editouse nos obradoiros de Timoteo Pombo. Dividiuse nas seccións “Revista comercial de La Coruña”, “Correspondencia de Galicia”, “Sección doctrinal”, “Parte oficial”, “Noticias nacionales y extranjeras”, “Sección poética”, “Variedades”, “Gacetilla”, “Folletín” e “Anuncios”. Combinou as novidades sociais e políticas coa literatura, como demostra a aparición de poemas en castelán e galego, diversas entregas de narracións e lendas, e recensións de libros en galego de Vicetto ou do Ensayo de una historia literaria de Galicia, de Murguía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista bilingüe aparecida na Coruña o 2 de xuño de 1990, editada polo Centro de Publicaciones do ministerio do Interior. Subtitulouse “Revista de la Administración General del Estado en la Comunidad Autónoma Gallega” e contou coa colaboración de José María Álvarez, Perfecto Hermida e Begoña Cristeto, entre outros. Dividiuse nas seccións: “Sumario”, “Informes”, “Consejo de Ministros”, “Datos”, “Inversiones” e “Documentos”. Incluíu artigos referentes á economía e aos orzamentos, á xustiza, á alimentación, á educación e á ciencia e outros casos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario deportivo aparecido en Vigo a partir de setembro de 1977. Dirixido por Bernardo M. Vázquez Xil, contaba coa colaboración de Antonio Bermúdez, Luis Fernández, Maloca, R. Louro e Ramón Pérez. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Artes Gráficas Galicia. Ilustrado con fotografías de Ángel Llanos e Alver, entre outros, analizaba a traxectoria dos equipos galegos de fútbol nas diferentes categorías, realizaba reportaxes sobre adestradores, árbitros e xogadores, e publicaba táboas estatísticas dos equipos e dos máximos goleadores. As últimas páxinas dedicábaas a outras actividades deportivas como o baloncesto, a natación, o motocrós, a caza e a pesca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Especialidade do dereito civil propio do ordenamento xurídico de Galicia. Integrada no dereito civil, que se aplica no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia por razóns de índole social e histórica, constitúe unha compilación de institucións xurídicas de orixe maioritariamente consuetudinaria que se teñen desenvolvido en Galicia ao longo da historia.
    Institucións peculiares do Dereito Civil Especial de Galicia
    As principais institucións xurídicas propias do dereito civil galego son a casa familiar, patrimonio indivisible base do sistema de propiedade; a veciña, reunión das casas dunha parroquia co obxecto de administrar os bens en man común; os dereitos reais, constituídos polas comunidades veciñais de montes en man común, as comunidades de augas, os muíños de herdeiros (que son unha propiedade común indivisible), o cómaro (linde da propiedade), a servidume (dereito de paso por un dominio) e a serventía (paso que se efectúa por un...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Obra impresa cara ao 1535 (ou cara ao 1550, segundo outras fontes) en Mondoñedo, da autoría do licenciado Molina. Editada na imprenta de Agustín de Paz, está considerada como unha das primeiras publicacións que viron a luz neste obradoiro tipográfico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Obra realizada, por encargo do Real Consulado da Coruña, polo ilustrado ferrolán Lucas Xosé Labrada Romero (1762-1842), secretario do Consulado, e publicada en 1804. Reflite o seu pensamento económico e a súa preocupación polos principais problemas do país no s XVIII. Inspirábase nas ideas fisiocráticas francesas e defendía o sector agrario, convencido da primacía da agricultura como actividade xeradora de riqueza, ao tempo que criticaba a estrutura social do Antigo Réxime por considerala incompatible co desenvolvemento económico do Estado moderno. Denunciou o atraso económico, a inxustiza social e o parasitismo administrativo reinantes en Galicia, ao tempo que propuña reformas concretas, das que cómpre salientar as relacionadas co sector agrícola: converter en propietario o campesiñado arrendatario, enaxenar os terreos baldíos respectando as peculiaridades comarcais, suprimir as vinculacións, incrementar a plantación de árbores e substituír os dereitos de alcabala e millóns por outros...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornada de exaltación de Galicia que se celebra o 25 de xullo. A institucionalización desta data como símbolo do ente colectivo galego tivo a súa orixe no ano 1920 cando a propiciaron as Irmandades da Fala como medio de difusión dos seus ideais nacionalistas. A data escollida para a celebración civil do Día de Galicia (festividade relixiosa de Santiago Apóstolo) foi ben aceptada pola maioría dos sectores do galeguismo, tanto polos que pretendían secularizar esta festa, como polos que pretendían primar o carácter simbólico e espiritual da mesma, aínda que non faltaron as voces discrepantes, como a Federación de Sociedades Galegas ou a Sociedade Pondal que, para fuxir do paralelismo simbólico que tiña esa data, optaron por fixar o 17 de decembro (aniversario da morte do mariscal Pardo de Cela) como data alternativa. Impúxose definitivamente a data do 25 de xullo e o Día de Galicia continuou a celebrarse durante os tres primeiros anos da década de 1920, con liberdade de exhibición de símbolos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Folleto en galego de tendencia nacionalista editado pola Irmandade Galeguista de Ourense en 1930. Cun total de dezaseis páxinas, nel recóllense diversos textos literarios de Manuel Murguía, Rosalía de Castro, Eduardo Pondal, Curros Enríquez, Ramón Cabanillas, Lamas Carvajal e Amado Carballo, co que se pretendía conmemorar a festa do Día de Galicia dese ano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal de información xeral que apareceu en Vigo o 24 de xuño de 1989, editado polo Grupo 16. Deixou de publicarse en 1994. Dirixido por Segundo Mariño, nas súas páxinas de opinión incluíronse algúns textos en galego de diversos escritores e intelectuais galegos. Acompañando o xornal editou os suplementos Biosfera, Coñecementos, Cuadernos, Culturas, Dossier 16, As Economías, El Figaro Magazine, Galicia mariñeira, Gente, Libros, Náutica y Golf, Saúde, Terra e Toda unha vida. No apartado cultural inseriu os suplementos semanais Artistas e Galicia literaria. Este último estaba dirixido por Manuel Forcadela e Xosé R. Pena. Contou coa colaboración de numerosos investigadores das letras galegas, que trataban aspectos relacionados coa crítica literaria, a literatura de viaxes, o ensino da literatura, os clásicos, o vangardismo, os premios literarios, etc. Incluíronse ademais algunhas entrevistas a persoeiros da cultura e das letras de Galicia e, á parte, unha...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal que apareceu en 1862 na Coruña co subtítulo de “Periódico de intereses materiales”. Cesou ao chegar á trintena de números publicados. Impreso por Cánovas, contaba no seu equipo de redactores con Federico Alejo Pita e Domingo Camino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal de tendencia católico-monárquica que apareceu en Santiago de Compostela o 28 de novembro de 1908. Subtitulado “Periódico de la mañana. Telegráfico, noticiero y de información general”e contaba co apoio do cardeal Martín de Herrera. Cesou o 21 de setembro de 1930 (nº 6.886) e definíase como o de maior circulación da cidade. Con constantes referencias a outras publicacións como Vida Gallega, Noroeste ou La Región, contou coa colaboración de Antonio G. Queipo, Romero Blanco e Antonio López. Na edición do 24 de maio de 1910 (nº 443) inseriu un “Esbozo biográfico” en homenaxe a Antonio López Ferreiro. Ofreceu tamén información sobre a Festa da Lingua Galega que se celebrou en 1924 no Teatro Principal, na que se premiou a Eladio Rodríguez, Vicente Risco, Otero Pedrayo, Filgueira Valverde e Uxío Carré Aldao. Ademais, reproduciu o poema de Rosalía de Castro “O meu secreto” e un poema de Manuel Pose.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal de información xeral publicado en Vigo a partir do 12 de marzo de 1988. Editado por Publicaciones de Galicia S A, empresa presidida por Camilo Prado Freire, cesou a súa edición o 4 de febreiro de 1989 por mor de problemas económicos. Dirixiuno nos primeiros meses Xosé A. Gaciño Barral e traballou como subdirector Manuel Rivas Barros. A partir do mes de outubro de 1988 produciuse a dimisión de Gaciño Barral e Rivas, e incorporáronse ao equipo directivo Antonio Ojea e Segundo Mariño, o primeiro como director e o segundo como editor. Cómpre salientar que foi un dos primeiros xornais en introducir a fotografía en cor en Galicia. Tiraba do prelo 48 páxinas distribuídas en cinco caderniños. Informaba de cuestións relacionadas coa economía, os deportes, a cultura e o ocio, cunha especial atención a Galicia. Trátase dun diario pioneiro na introdución da lingua galega na redacción dalgúns dos artigos e seccións, das que destaca “Episodios galegos”, unha crónica política, social e cultural...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada na Coruña a partir de 1856. Fundouna e dirixiuna Francisco Mª de la Iglesia González.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Periódico católico e independente que apareceu na Coruña en 1891. Ocupaba o cargo de censor eclesiástico da publicación o cóengo da colexiata da Coruña Manuel León.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación oficial da Xunta de Galicia que apareceu o 22 de xaneiro de 1982 en Santiago de Compostela. Editada inicialmente pola secretaría xeral da Xunta, co tempo pasou a ser responsabilidade da consellería da Presidencia e Administración Pública. Sae diariamente agás sábados e domingos, e inclúe información referida ás distintas administracións de Galicia. Consta das seccións “Disposicións Xerais”, “Autoridades e Persoal”, onde se inclúen os capítulos de Cesamentos, Nomeamentos e Substitucións, “Outras Disposicións”, “Oposicións e Concursos”, “Administración de Xustiza” e “Anuncios”, dividida nos apartados Da Administración Autonómica, Da Administración Local e Outros Anuncios. En cada unha destas seccións e apartados, as diferentes ordes, correccións, decretos e resolucións van agrupadas segundo a consellería ou organismo ao que se refiran.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación bilingüe aparecida a partir de decembro de 1978 en Santiago de Compostela. Editada pola secretaría xeral da Xunta, tiña unha periodicidade mensual. Constaba das seccións “Disposiciones generales”, “Autoridades y personal” e “Otras disposiciones y acuerdos”. O texto organizábase en dúas columnas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dicionario elaborado por Pablo Pérez Constanti e publicado en 1930 polo Seminario de Santiago de Compostela. Recolle noticias sobre máis de 650 artistas, galegos ou non, que traballaron en Galicia, a partir dun traballo de investigación realizado nos principais arquivos galegos. Fonte para o estudo da arte galega durante os ss XVI e XVII, tivo a súa continuación na obra Galicia artística en el siglo XVIII y primer terzo del siglo XIX (1932), de Xosé Couselo Bouzas.

    VER O DETALLE DO TERMO