"Ava" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 621.

  • Obra contida nos Sutta ou segunda parte do canon pali, onde se narran as vidas de vinte e catro budas que precederon a Siddhārta Gautama, fundador do budismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome francés co que se coñece internacionalmente a Oficina Internacional do Traballo, organismo que garante a secretaría da conferencia e o consello da Organización Internacional do Traballo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Queixo italiano de leite de vaca e ovella, é o máis antigo que existe do tipo pasta filata, documentado desde o século I. Para a súa elaboración o leite callado córtase en tiras que se introducen, primeiro en auga quente, e despois no propio soro do queixo, antes de amasalo á man e volvelo bañar. Dáselle forma de pera, cunha corda na parte aguda, para poder colgalo a madurar durante un tempo mínimo de tres meses; logo enfríase con auga, única diferenza respecto á elaboración do mozzarella. Conta con Denominación de Orixe. Existen outros queixos similares, italianos, coma o cacciotte e o provolone, e centroeuropeos, coma o kashkaval.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Anaco de monte que, despois de incendiarse, aínda conserva en pé os talos chamuscados ou medio carbonizados das plantas, especialmente dos toxos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Apelido que ten a súa orixe no topónimo Cadaval que remite á abundancia de cádavos. Documéntase no s XV: “Alvaro de Cadabal” (doc ano 1459 en X. Ferro Couselo A vida e a fala dos devanceiros. Escolma de documentos en galego dos séculos XIII ao XVI, II, 1967, p 359). Unha variante gráfica deste é Cadabal, e outro que ten o mesmo significado é Cadaveiro.

    2. Liñaxe natural dos arredores de Tui, que emparentou con ilustres familias de Galicia como os Soutomaior, Goyanes, Ozores, etc. As súas armas levan, en campo de ouro, dous piñeiros de sinople sobre unha terraza da mesma cor, dúas cabras de sable empinadas, unha a cada tronco, e entre os piñeiros unha flor de lis de azul; no xefe as ás e a cola dun voitre da súa cor natural. Algúns traen en campo de ouro, dúas árbores de sinople e dous lobos da súa cor, empinados un a cada tronco, e entre as árbores unha flor de lis de azul; no xefe dúas ás de sable. Outra variante ostenta, en campo de ouro, unha árbore de sinople e dous lobos da cor empinados ao tronco, e superando a árbore dúas flores de lis de azul, postas en pao; no xefe dúas ás de sable. Algúns heraldistas aínda reseñan outro escudo que leva, en campo de azul, dúas follas de parra de sinople con cadanseu acio da súa cor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Actor, director e autor teatral. Coñecido artisticamente como Quico Cadaval, foi o impulsor do movemento de contacontos xurdido en Galicia a mediados da década dos noventa. Comezou a súa andaina no teatro da man do Pequeno Obradoiro, para participar posteriormente en montaxes de O Moucho Clerc (Da Vinci levaba razón, de Roland Topor no ano 1987) e do Centro Dramático Galego (Agasallo de sombras, de R. Vidal Bolaño en 1984). Como director puxo en escena: Días sen gloria, de Vidal Bolaño para Teatro do Aquí (1993), Squash, de Ernesto Caballero (1995) ou A voda dos moinantes, de Synge (1996) para a Compañía de María, Como en Irlanda, espectáculo baseado en dous textos de Synge e Antón Villar Ponte para o Centro Dramático Galego (1996) ou Un lunar vermello (con pintiñas azuis), de Pilar Pereira para a Compañía de Pilar Pereira. Tamén é importante o seu papel de adaptador teatral, destacando a versión Memoria...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Humanista. Foi catedrático de Gramática na Universidade de Santiago de Compostela e, probablemente, abriu un estudo en Ourense onde tivo como discípulos os poetas Arrojo, Cuquejo e Rojo. En 1565 trasladouse a Lisboa onde puido impartir clases na Universidade de Coimbra. Publicou varias obras en prosa e en verso escritas en latín e asinadas co pseudónimo de Cadalvalus Gravius Calydonis Tydensis. En 1568 publicouse en Lisboa un tomo que incluía catro cadernos con varias das súas obras: Caderno I que recolle Triumphalis tumulus, Epitaphium, dous Encomiasticon carmen e De platano extempore carmen; Caderno II que recolle Branchyologia, Monocolon encomiasticonque carmen e dous Distrophon carmen; Caderno III que recolle Monocolon encomiasticonque carmen e Poeticae comendatio; e Caderno IV que recolle o poema Pithyografia. Ademais escribiu: De obitu et apotheosi invitis. Joan III Lusitaniae et Algarbiorum regis...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DUCADOS

    Título portugués concedido en 1648 a Nuno Álvares Pereira de Melo, considerado o máis importante de Portugal despois dos títulos da casa real; leva engadido o tratamento de sobriño do rei.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Francisco Cadaval Ayaso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto, enxeñeiro e escultor. Cursou diversos estudios artísticos e arquitectónicos en València e Zúric, cidade onde se estableceu en 1981. Nas súas esculturas predominan as formas xeométricas puras. Realizou obras en diversos países europeos, como a Stadelhofen Railway Station (Zúric, 1984), a estación do TGV en Lyon (1994) ou a estación de Spandau (Berlín, 1991); en España, a ponte do Alamillo (Sevilla, 1991), a torre de telecomunicacións de Montjuïc (Barcelona, 1992), a ponte da Alameda (València, 1995), a sala municipal de Alcoi (1995), o recinto feiral de Tenerife (1996) ou a ponte de Campo Volantin (Bilbao, 1997). En 1993 foi nomeado doutor honoris causa pola Universitat Politécnica de València. Participou na construción da Ciudad de las Artes y las Ciencias de València. En outubro do ano 2000 celebrouse en Florencia a exposición “Calatrava, scultore, ingegnere, architectto”, mostra retrospectiva da súa obra. Foi galardoado no ano 1999 co Premio Príncipe de Asturias das...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e xurisconsulto liberal. Deputado liberal por Extremadura nas Cortes de Cádiz, co retorno de Fernando VII pasou oito anos de cárcere en Melilla, ata o inicio do réxime constitucional en 1820. Presidiu as primeiras Cortes, redactou o código criminal de 1822 e foi ministro de Gracia e Xustiza no 1823. Á caída do réxime constitucional tivo que saír do país, ao que volveu en 1833. Tralo alzamento de La Granja, que obrigou a rexente María Cristina a restablecer a Constitución de 1812, foi nomeado presidente do goberno. Estaba considerado como un dos membros da “trindade” do partido liberal, xunto con Argüelles e Mendizábal. Foi presidente do Tribunal Supremo, cargo do que dimitiu en 1843 para retirarse da vida política.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Orde relixiosa e militar que tivo a súa orixe na doazón feita en 1158 por Sancho III de Castela da fortaleza de Calatrava, anteriormente defendida polos templarios, preto de Carrión de Calatrava, en Castela-A Mancha. Entregouna a un grupo de cabaleiros e monxes dirixido polo abade cisterciense de Fitero, Ramón Serrat e Diego de Velázquez, que aceptaron defender a vila contra os almohades. Despois do enfrontamento e tralo asentamento de novos monxes e campesiños, a nova orde organizouse segundo a regra de san Bieito e as constitucións do Císter, que o Papa Alexandre III aprobou en 1164 e que, sucesivamente, confirmaron Gregorio VIII e Inocencio III. Coa morte dos fundadores da orde no 1163, producíronse os primeiros enfrontamentos entre monxes e cabaleiros, para decidir quén os dirixiría no futuro. A elección dun cabaleiro, García, como primeiro mestre supuxo a división da orde en dúas faccións; volveron os monxes á abadía de Fitero e pasaron os cabaleiros a depender da abadía francesa de...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Ciudad Real, Castela-A Mancha, situado na comarca do Campo de Calatrava (4.934 h [1996]). Situado ao N de Sierra Morena, está drenado polo río Jabalón. As principais actividades económicas son a agricultura de cereais e a vide, e a industria química de colas. Pertenceu á orde militar de Calatrava. Entre o seu patrimonio monumental destacan os castelos de Salvatierra e de Calatrava la Nueva.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Comarca de Ciudad Real, Castela-A Mancha, situada entre os montes de Toledo ao N, e Sierra Morena ao S, no val do río Jabalón. Ocupa parte dos territorios que pertenceron á orde de Calatrava. No relevo destacan os afloramentos de lousas e cuarcitas como resultado da erosión, así como os depósitos de lavas e tobas. O clima é árido cunha precipitación inferior aos 500 mm anuais. As principais actividades económicas son a produción agrícola de oliveiras, centeo e avea, a produción mineira de lousa e hulla, e a elaboración de encaixes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Terreo no que nacen as canas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENSEADAS

    Enseada da beira oriental da ría da Coruña, situada no límite entre as parroquias de Dexo e Serantes, do concello de Oleiros, ao S do Seixo Branco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PRAIAS

    Praia da beira setentrional da ría de Vigo, que fai de límite entre as parroquias de Coiro, no concello de Cangas, e Tirán, no concello de Moaña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Apelido de orixe toponímica. O topónimo Canaval é un abundancial formado sobre cana, pero a través dun derivado que resultou dun cruce entre cana e cannabu ‘cánabo’. Este apelido documéntase no s XIII: “Pero Iohanis de Canaval” (doc ano 1289 en J. I. Fernández de Viana y Vieites Colección diplomática del monasterio de Santa María de Ferreira de Pantón, 1994, p 38), “Johan Canaval” (doc ano 1292 en J. I. Fernández de Viana y Vieites Colección diplomática del monasterio de Santa María de Ferreira de Pantón, 1994, p 40). Actualmente adoita aparecer grafado con -b-: Canabal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Parroquia do concello de Sober. baixo a advocación de San pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da Comunidad Autónoma de la Región de Murcia, drenado polos ríos Argos e Quipar, e atravesado polo canal do Taibilla (21.824 h [1996]). O seu cumio máis elevado é Sierra de Mojantes, a 1.612 m de altitude. O clima é seco pero non moi continentalizado. A economía sufriu un cambio nos últimos anos, xa que, de ser eminentemente agrícola e gandeira, transformouse nunha cidade industrial onde o sector terciario é cada vez máis importante, sobre todo a hostalería e o turismo. A súa situación xeográfica converteuna na cabeza natural e económica da comarca do NO murciano. Na agricultura potenciáronse as novas tecnoloxías polo que melloraron as explotacións. Na industria destaca o calzado, o mármore, o cánabo, o esparto, a pel, a confección e a construción. A cidade esténdese pola aba dun outeiro coroado por un castelo do s XV que pertenceu á orde de Santiago, onde se atopa a igrexa da Santa Cruz. No núcleo antigo destacan numerosos casais e pazos, barrocos na súa maioría. Representa o...

    VER O DETALLE DO TERMO