"Az" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2426.

  • Que causa ou provoca unha ameaza.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dar a entender a alguén a intención de lle facer mal.

    2. Poñer en perigo algo ou alguén.

    3. Anunciar a alguén un perigo, un castigo, etc, se fai isto ou aquilo.

    4. Dar mostras de estar a piques de suceder unha cousa negativa, desagradable, perigosa.

      1. Iniciar un xogador un movemento de ataque coa finalidade de desorientar o adversario.

      2. No xogo do xadrez, situar unha peza ou peón en posición de matar a unha peza ou peón do contrincante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tratado de paz asinado o día 25 de marzo de 1802 entre España, Francia, Gran Bretaña e Holanda. Representou unha tregua na política expansionista de Napoleón. Gran Bretaña devolveu os territorios conquistados, entre eles Menorca, que no 1802 pasou definitivamente a formar parte de España, pero remanecían Trindade e Ceilán en poder inglés. Francia abandonou Roma, Nápoles e Portugal, garantindo a independencia das illas Xónicas e de Portugal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación fundada en 1972 baixo a presidencia de Felipe Bárcena Varela de Lima. Dende 1973 está presidida por Juan Manuel López-Chaves Meléndez. O seu obxectivo é a difusión e defensa do patrimonio artístico, rural e urbano de Galicia e o camiño de peregrinación a Santiago, especialmente os camiños portugueses. Entre as súas publicacións cómpre citar: Inventario de pazos y torres, Los canteros gallegos, Restos visigóticos de la villa de Panxón, La catedral raíz de Europa, Guía del horreo gallego e Caminos portugueses a Santiago. Amais dos premios acadados na súa andaina a prol do Camiño de Santiago e do turismo rural, merece especial atención a súa contribución no Consello de Europa a prol da declaración do Camiño de Santiago como Primeiro Itinerario Cultural Europeo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo a un composto azoico que resulta da cópula dun sal de diazonio cunha amina aromática. Os compostos aminoazoicos comprenden numerosos colorantes azoicos importantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Composto derivado da antipirina (fenazona). Tamén é coñecida como aminopirina e amidopirina ou polo antigo nome comercial de Piramidón. Moi utilizada como antipirético, suspendeuse a súa utilización por causa da súa toxicidade sobre a médula ósea, xa que provoca agranulocitose.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sólido cristalino branco, do grupo dos triazois, bastante soluble en auga, e que funde a 156-159°C. Coñécese tamén co nome de amitrol. Utilízase como herbicida contra algunhas monocotiledóneas; actúa interferindo a fotosíntese.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Composto químico que actúa como acaricida de aplicación foliar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  •  Profesor emérito de estudos hispánicos na Brown University e doutor en Leis. Foi director de estudos graduados no Departament of Hispanic Estudies (Brown University), director do Centro de Estudios Latinoamericanos (Brown University), presidente da Asociación internacional de Valleinclanistas, vicepresidente da Asociación Internacional de Hispanistas, directivo do Instituto Internacional de Literatura Iberoamericana e directivo da Asociación Internacional de Estudos Galegos. Obtivo a Orde de don Quijote da Sociedad Nacional Hispánica. Escribiu numerosos traballos e varias edicións sobre aspectos da literatura colonial e da literatura moderna hispánica, desde o s XVI ao XX, entre eles Gabriel Lobo Lasso de la Vega. Mexicana (1970), Estudios sobre el teatro antiguo hispánico y otros ensayos (1971), Homenaje a Juan López-Morillas. De Cadalso a Unamuno: ensayos sobre literatura e historia intelectual...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción ou efecto de amordazar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Colocar unha mordaza a alguén.

    2. Evitar que se poida expresar ou falar libremente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cultura do sudoeste dos Estados Unidos que se desenvolveu dende o s I a C ata os nosos días. Cómpre salientar as seguintes fases na historia deste pobo: fase pueblo formativo (ss VII-XI) e fase pueblo clásico (ss XI-XIV), momento de apoxeo no que se edificou o complexo arquitectónico de Pueblo Bonito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga cidade da Cilicia (Asia Menor), coñecida dende os tempos de Augusto co nome de Caesaria. Durante o s XII converteuse na capital dun principado cristián da Armenia ciliciana.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Epidemia de pouca importancia que se espalla nunha localidade como, por exemplo, a gripe.

    2. Costume ou vicio social que se pon de moda nunha época determinada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción pacega levantada por D. Fernán Pérez de Andrade o Boo no ano 1371 e da que só se conserva a torre de homenaxe. Esta torre de planta cuadrangular e vans oxivais, sufriu a destrución das guerras irmandiñas para ser reconstruída por Diego de Andrade no século XV. Declarada Monumento Nacional Histórico Artístico no ano 1924, foi restaurada no 1974 e agora é sede da oficina municipal de Turismo de Pontedeume.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Aínda que de orixe non galega, desenvolveu en Galicia a maior parte da súa actividade profesional no eido da zootecnia dende a primeira década do s XX ata os anos corenta. Publicou a memoria La mejora de la ganadería (1920), presentada polo Servicio Agronómico Provincial de Pontevedra ao Comité de mellora pecuaria constituído pola Deputación de Pontevedra, coa que colaborou en programas de mellora gandeira. Realizou un traballo máis completo sobre a mellora xenética na obra Sobre la mejora del ganado bovino (1927). Centrou a súa atención en programas de mellora de gando porcino, pondo en práctica unha nova fórmula levada a cabo pola Misión Biolóxica de Galicia, coa que colaborou mentres estivo en Pontevedra e á que apoiou dende o Ministerio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Traballar co angazo, ben limpando herbas e follas ou achanzando un terreo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Utensilio agrícola formado por un mango longo e delgado, cruzado nun dos seus extremos por unha travesa, en forma de peite, armada de dentes de madeira ou ferro, que serve para xuntar ou recoller palla, herba, estrume e broza.

    2. Aparello de marisqueo que consiste nun mango cilíndrico de madeira, dunha lonxitude aproximada de 1 metro, rematado nunha peza rectangular de madeira, chamada cota, e cunha lonxitude de 30 centímetros; da cota saen os dentes de ferro, dunha lonxitude aproximada de 12 centímetros. Actualmente, os angazos máis comúns son os que teñen a cota e os dentes feitos nunha soa peza de ferro. A forma de traballar con este tipo de angazo é a pé, en zonas de praia de escasa profundidade e fondos areosos; rastréxase tirando cara a atrás polo mango, para provocar a saída á superficie do marisco. Aínda que fundamentalmente se emprega para capturar berberechos, tamén se utiliza para limpar as praias e viveiros dos restos de cunchas e algas. Os angazos de dentes máis longos empréganse para a captura da ameixa. O angazo foi considerado no século XIX como un dos aparellos de arrastre máis...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poeta e xornalista. Membro do grupo coñecido como Os Precursores. Figura destacada do Rexurdimento cultural galego do s XIX, deixou unha obra moi popular. Cursou estudios no Seminario de Santiago e posteriormente licenciouse en Xurisprudencia na Universidade Compostelá. O final tráxico do Alzamento Provincialista do 1846, no que toma parte, obrígano a marchar a Lisboa. Na capital lusa compón o poema titulado Hymno dos povos, o que lle vale a expulsión de Portugal. Viaxou por Francia e Italia, transcorrendo a maior parte da súa vida fóra de Galicia, afastamento que fai da súa terra un tema recorrente na súa produción en galego. Co seu poema “A Galicia”, composición exaltadora da identidade nacional galega, acada un accésit nos Xogos Florais da Coruña do 1861, sendo logo publicado en El Álbum de la Caridad, volume compilatorio de todos os poemas premiados. Coa súa composición “Recordos da infancia” forma parte do grupo escollido de voces presentes no Mosaico de vates...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poetisa. Irmá do poeta Francisco Añón, foi un bo exemplo da simbiose entre a muller rural galega do s XIX e a literatura popular. Carente de formación académica, estaba especialmente dotada para a versificación. Consérvanse só dous poemas da súa certa autoría recollidos por Lisardo R. Barreiro na súa obra titulada Esbozos y siluetas de un viaje por Galicia (1889), concretamente unha composición inspirada na visita de Afonso XII a Compostela titulada “Al Rey don Alfonso XII” e unha elexía á morte do seu irmán.

    VER O DETALLE DO TERMO