"BS" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 258.
-
PERSOEIRO
Arquitecto danés. Deuse a coñecer coa Casa do Futuro (1929). Foi o introdutor da arquitectura contemporánea en Dinamarca. Das súas obras destacan a casa do concello de Århus (1939-1942) e a escola Munkegård en Copenhaguen (1955-1959).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Órgano situado na cabeza das serpes que lles permite procesar e recoñer olores.
-
PERSOEIRO
Lingüista. En 1928 redactou, en colaboración con N. S. Trubeckoj e S. Karcevski, as célebres teses do Primeiro Congreso Internacional de Lingüistas, básicas para o estruturalismo. Foi un dos principais representantes do Círculo Lingüístico de Praga e un dos iniciadores do formalismo ruso. As súas investigacións centráronse principalmente na fonoloxía e en diversos aspectos da lingüística. A partir de 1941 trasladouse a EE UU, onde ensinou nas universidades de Harvard e de Columbia, no Instituto Tecnolóxico de Massachusetts e na Escola de Altos Estudios de Nova York. Fundou a revista Word (1945) e escribiu, entre outras, as obras Aphasie und allgemeine Lautgesetze (Afasia e leis fonéticas xerais, 1944), Preliminaires to Speech Analysis (1952), Fundamentals of Language (1956) e Essais de linguistique générale (1963).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(Kaliningrad 1834 - Berna 1913) Médico alemán. Formulou claramente unha concepción etiopatolóxica da medicina na súa obra Allgemeine Pathologie (1887-1889), onde presentou as enfermidades infecciosas como o resultado dunha loita entre dous seres vivos: o microbio e a célula. Descubridor do bacilo da difteria, foi considerado un dos fundadores da bacterioloxía médica, xunto con Pasteur e Koch.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de bacterias Gram-negativas, sen motilidade, da familia das enterobacteriáceas, con cepas que viven sobre o solo e a auga, aínda que se atopan tamén como parasitos e patóxenos de animais e do home. Son capsuladas e teñen forma de bastóns convexos. Destaca pneumoiae, que produce pneumonía e infeccións do tracto urinario humano.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de reaccións que se producen de maneira cíclica e que teñen como finalidade a degradación de elementos dicarbonados (acetilcoenzima A) que transforman en CO2, con aproveitamento da súa enerxía redutora mediante cadeas respiratorias para levar a cabo a fosforilación oxidativa. A constitución especial deste ciclo permite a interconversión de glícidos, de lípidos e de restos de prótidos, segundo sexan as necesidades do organismo en cada momento. O rendemento enerxético do ciclo pode ser resumido (por mol de acetilcoenzima A) en tres NADH2, unha flavoproteína H2 e un GTP. En total, fórmanse uns 12 moles de ATP por cada mol de acetil-CoA. As outras saídas e entradas do ciclo son, fundamentalmente, o papel do ácido α-cetoglutárico e o ácido succínico como punto final do metabolismo de aminoácidos, o sucinil-CoA como orixe da síntese de porfirinas, a vía do ácido glioxílico e a carboxilación do ácido pirúvico para o enzima málico, que produce ácido...
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Lansing, Iowa 1918) Bioquímico estadounidense. Desenvolveu o seu labor investigador na Universidade de Seattle. En 1992, xunto con E. H. Fischer, recibiu o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina polos seus traballos sobre a fosforilación como mecanismo regulador da actividade celular.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Hildesheim, Baixa Saxonia 1900 - Oxford 1981) Bioquímico. Estudiou medicina, bioloxía e química nas universidades de Göttingen, Friburgo, Múnic e Berlín, onde traballou con Otto Wasburg. Tamén descubriu a importancia dos ácidos tricarboxílicos (cítrico, isocítrico, aconítico) na respiración aeróbica. Profesor en Cambridge, Sheffield e Oxford, os seus estudios sobre o metabolismo intermediario (ciclo do ácido cítrico ou ciclo de Krebs) valéronlle o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina en 1953, compartido con F. A. Lipmann.
-
FILOSOFOS
Filósofo alemán. Coñecido como Nicolao de Cusa, foi clérigo desde 1416. Estudiou gramática, filosofía, dereito canónico e matemáticas e doutorouse en Padua. En Colonia, estudiou teoloxía e coñeceu o cardeal Orsini, co que colaborou en diferentes bibliotecas; entrou tamén en relación cos humanistas italianos. No Concilio de Basilea (1431) propuxo a plena primacía pontificia. En De concordantia catholica (1432-1433) presentou unha concepción medieval dos poderes (imperio e papado), pero defendeu a súa mutua independencia. A súa obra capital é De docta ignorantia (1440). Nesta e noutras posteriores, como De coniecturis (1442) e Apologia doctae ignorantiae (1462-1463), sostivo que, máis ca a razón dedutiva é a intuición da intelixencia o que permite coñecer a Deus, o universo e o home. Nomeado cardeal en 1448 por Nicolao V, foi bispo de Bressanone e vicario do Papa Pío II en Roma, onde viviu pobremente e formulou unha reforma do clericato romano...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(Leoben, Estiria 1876 - Berlín 1947) Xeógrafo e cartógrafo austríaco. Publicou Die nördlichen Alpen zwischen Enns, Traisen und Mürz (Os Alpes suízos setentrionais de Enns, Traisen e Mürz, 1900), Ländderkunde von Deutschland (Xeografía de Alemaña, 1931) e Vergleichende Länderkunde (Xeografía comparada, 1951).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Observatorio da Universidade de Berkeley (California), situado en Mount Hamilton, a 1.238 m de altura. Inicialmente dispuxo dun telescopio refractor de 36 pulgadas, financiado por J. Lick, en 1895 construíuse outro reflector, das mesmas dimensións e, en 1959, instalouse o terceiro de 120 pulgadas, tamén reflector.
-
-
Absorción intestinal alterada.
-
Estado clínico que resulta dunha absorción alterada dos nutrientes no tramo do intestino delgado. Pode deberse a catro causas principais: por unha dixestión inadecuada (pancreatite crónica, síndrome de Zollinger-Ellison); por unha alteración do metabolismo dos sales biliares; por defectos xerais e específicos da mucosa do estómago que dificultan o transporte de nutrientes, e por unha obstrución das vías linfáticas intestinais. Os síntomas e signos máis comúns son: diarrea con esteatorrea, debilidade, anorexia, anemia (por falta de ferro, ácido fólico e vitamina B 12 ), hemorraxias (por falta de vitamina K) ou hipoglicemia.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Bruxelas 10.1.1480 - Malines 1.12.1530) Duquesa de Savoia, filla do Emperador Maximiliano I e de María I de Borgoña. A política de alianza castelá e antifrancesa do seu pai levouna a casar co príncipe Xoán, fillo dos Reis Católicos, o 3 de abril de 1497. Enviuvou ese mesmo ano e en 1501 casou co duque Filiberto II de Savoia. Foi rexente dos Países Baixos durante a minoría de idade do seu sobriño, o Emperador Carlos V (1506-1515), e despois gobernadora (1518-1530). Desenvolveu unha política anglófila ao defender a burguesía vencellada á industria téxtil inglesa. Cando, trala Batalla de Pavia, os ingleses e os franceses se reconciliaron, quixo salvar a súa política anglófila buscando un entendemento entre Carlos V e os franceses mediante a Paz de Cambrai (1529).
-
VER O DETALLE DO TERMO
María Cristina de Austria.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Observatorio astronómico situado preto de París. Foi fundado en 1876 como unha sección do observatorio de París especializada en astrofísica. Os seus campos de traballo son a detección de cometas e a observación dos planetas e do Sol.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Museo de arte abstracta fundado polos pintores Fernando Zóbel, Gerardo Rueda e Gustavo Torner en 1966, con sede nas casas colgadas de Cuenca. Os fondos iniciais, propiedade de Fernando Zóbel, constituían o mellor exemplo de arte abstracta española das décadas de 1950 e 1960. Desde 1980, converteuse en propiedade e responsabilidade da Fundación Juan March de Madrid, que contribuíu coa incorporación de novas obras. En 1987 recibiron as obras da colección Amos Cahan. Conta cunha biblioteca e coa edición de obra gráfica.
-
CIDADES
Cidade da provincia de Sind, Paquistán, situada á dereita de río Sind, ao N de Hyderābād (102.139 h [1981]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
National Bureau of Standards.
-
PERSOEIRO
Poeta. Coñecido como Nikolaus Lenau, difundiu a súa obra, cargada de dor, pesimismo e melancolía, en alemán, da que destacan Gedichte (Poemas, 1932), Polenlieder (Cantos polacos, 1835), Savonarola (1837) e Waldlieder (Cantos do bosque, 1843).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Fórmula latina que se escribe de acordo co dereito canónico, nos libros e noutras publicacións que requiren licenza da autoría eclesiástica. A expresión completa é nihil obstat quominus imprimatur, ‘non hai impedimento para que sexa impreso’.