"Galicia" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 405.
-
ENTRADA LARGA
Especialidade do dereito civil propio do ordenamento xurídico de Galicia. Integrada no dereito civil, que se aplica no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia por razóns de índole social e histórica, constitúe unha compilación de institucións xurídicas de orixe maioritariamente consuetudinaria que se teñen desenvolvido en Galicia ao longo da historia.
VER O DETALLE DO TERMO
Institucións peculiares do Dereito Civil Especial de Galicia
As principais institucións xurídicas propias do dereito civil galego son a casa familiar, patrimonio indivisible base do sistema de propiedade; a veciña, reunión das casas dunha parroquia co obxecto de administrar os bens en man común; os dereitos reais, constituídos polas comunidades veciñais de montes en man común, as comunidades de augas, os muíños de herdeiros (que son unha propiedade común indivisible), o cómaro (linde da propiedade), a servidume (dereito de paso por un dominio) e a serventía (paso que se efectúa por un... -
VER O DETALLE DO TERMO
Obra impresa cara ao 1535 (ou cara ao 1550, segundo outras fontes) en Mondoñedo, da autoría do licenciado Molina. Editada na imprenta de Agustín de Paz, está considerada como unha das primeiras publicacións que viron a luz neste obradoiro tipográfico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Obra realizada, por encargo do Real Consulado da Coruña, polo ilustrado ferrolán Lucas Xosé Labrada Romero (1762-1842), secretario do Consulado, e publicada en 1804. Reflite o seu pensamento económico e a súa preocupación polos principais problemas do país no s XVIII. Inspirábase nas ideas fisiocráticas francesas e defendía o sector agrario, convencido da primacía da agricultura como actividade xeradora de riqueza, ao tempo que criticaba a estrutura social do Antigo Réxime por considerala incompatible co desenvolvemento económico do Estado moderno. Denunciou o atraso económico, a inxustiza social e o parasitismo administrativo reinantes en Galicia, ao tempo que propuña reformas concretas, das que cómpre salientar as relacionadas co sector agrícola: converter en propietario o campesiñado arrendatario, enaxenar os terreos baldíos respectando as peculiaridades comarcais, suprimir as vinculacións, incrementar a plantación de árbores e substituír os dereitos de alcabala e millóns por outros...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xornada de exaltación de Galicia que se celebra o 25 de xullo. A institucionalización desta data como símbolo do ente colectivo galego tivo a súa orixe no ano 1920 cando a propiciaron as Irmandades da Fala como medio de difusión dos seus ideais nacionalistas. A data escollida para a celebración civil do Día de Galicia (festividade relixiosa de Santiago Apóstolo) foi ben aceptada pola maioría dos sectores do galeguismo, tanto polos que pretendían secularizar esta festa, como polos que pretendían primar o carácter simbólico e espiritual da mesma, aínda que non faltaron as voces discrepantes, como a Federación de Sociedades Galegas ou a Sociedade Pondal que, para fuxir do paralelismo simbólico que tiña esa data, optaron por fixar o 17 de decembro (aniversario da morte do mariscal Pardo de Cela) como data alternativa. Impúxose definitivamente a data do 25 de xullo e o Día de Galicia continuou a celebrarse durante os tres primeiros anos da década de 1920, con liberdade de exhibición de símbolos...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Folleto en galego de tendencia nacionalista editado pola Irmandade Galeguista de Ourense en 1930. Cun total de dezaseis páxinas, nel recóllense diversos textos literarios de Manuel Murguía, Rosalía de Castro, Eduardo Pondal, Curros Enríquez, Ramón Cabanillas, Lamas Carvajal e Amado Carballo, co que se pretendía conmemorar a festa do Día de Galicia dese ano.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xornal de información xeral que apareceu en Vigo o 24 de xuño de 1989, editado polo Grupo 16. Deixou de publicarse en 1994. Dirixido por Segundo Mariño, nas súas páxinas de opinión incluíronse algúns textos en galego de diversos escritores e intelectuais galegos. Acompañando o xornal editou os suplementos Biosfera, Coñecementos, Cuadernos, Culturas, Dossier 16, As Economías, El Figaro Magazine, Galicia mariñeira, Gente, Libros, Náutica y Golf, Saúde, Terra e Toda unha vida. No apartado cultural inseriu os suplementos semanais Artistas e Galicia literaria. Este último estaba dirixido por Manuel Forcadela e Xosé R. Pena. Contou coa colaboración de numerosos investigadores das letras galegas, que trataban aspectos relacionados coa crítica literaria, a literatura de viaxes, o ensino da literatura, os clásicos, o vangardismo, os premios literarios, etc. Incluíronse ademais algunhas entrevistas a persoeiros da cultura e das letras de Galicia e, á parte, unha...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xornal que apareceu en 1862 na Coruña co subtítulo de “Periódico de intereses materiales”. Cesou ao chegar á trintena de números publicados. Impreso por Cánovas, contaba no seu equipo de redactores con Federico Alejo Pita e Domingo Camino.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xornal de tendencia católico-monárquica que apareceu en Santiago de Compostela o 28 de novembro de 1908. Subtitulado “Periódico de la mañana. Telegráfico, noticiero y de información general”e contaba co apoio do cardeal Martín de Herrera. Cesou o 21 de setembro de 1930 (nº 6.886) e definíase como o de maior circulación da cidade. Con constantes referencias a outras publicacións como Vida Gallega, Noroeste ou La Región, contou coa colaboración de Antonio G. Queipo, Romero Blanco e Antonio López. Na edición do 24 de maio de 1910 (nº 443) inseriu un “Esbozo biográfico” en homenaxe a Antonio López Ferreiro. Ofreceu tamén información sobre a Festa da Lingua Galega que se celebrou en 1924 no Teatro Principal, na que se premiou a Eladio Rodríguez, Vicente Risco, Otero Pedrayo, Filgueira Valverde e Uxío Carré Aldao. Ademais, reproduciu o poema de Rosalía de Castro “O meu secreto” e un poema de Manuel Pose.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xornal de información xeral publicado en Vigo a partir do 12 de marzo de 1988. Editado por Publicaciones de Galicia S A, empresa presidida por Camilo Prado Freire, cesou a súa edición o 4 de febreiro de 1989 por mor de problemas económicos. Dirixiuno nos primeiros meses Xosé A. Gaciño Barral e traballou como subdirector Manuel Rivas Barros. A partir do mes de outubro de 1988 produciuse a dimisión de Gaciño Barral e Rivas, e incorporáronse ao equipo directivo Antonio Ojea e Segundo Mariño, o primeiro como director e o segundo como editor. Cómpre salientar que foi un dos primeiros xornais en introducir a fotografía en cor en Galicia. Tiraba do prelo 48 páxinas distribuídas en cinco caderniños. Informaba de cuestións relacionadas coa economía, os deportes, a cultura e o ocio, cunha especial atención a Galicia. Trátase dun diario pioneiro na introdución da lingua galega na redacción dalgúns dos artigos e seccións, das que destaca “Episodios galegos”, unha crónica política, social e cultural...
-
PUBLICACIÓNS
Publicación editada na Coruña a partir de 1856. Fundouna e dirixiuna Francisco Mª de la Iglesia González.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Periódico católico e independente que apareceu na Coruña en 1891. Ocupaba o cargo de censor eclesiástico da publicación o cóengo da colexiata da Coruña Manuel León.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación oficial da Xunta de Galicia que apareceu o 22 de xaneiro de 1982 en Santiago de Compostela. Editada inicialmente pola secretaría xeral da Xunta, co tempo pasou a ser responsabilidade da consellería da Presidencia e Administración Pública. Sae diariamente agás sábados e domingos, e inclúe información referida ás distintas administracións de Galicia. Consta das seccións “Disposicións Xerais”, “Autoridades e Persoal”, onde se inclúen os capítulos de Cesamentos, Nomeamentos e Substitucións, “Outras Disposicións”, “Oposicións e Concursos”, “Administración de Xustiza” e “Anuncios”, dividida nos apartados Da Administración Autonómica, Da Administración Local e Outros Anuncios. En cada unha destas seccións e apartados, as diferentes ordes, correccións, decretos e resolucións van agrupadas segundo a consellería ou organismo ao que se refiran.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación bilingüe aparecida a partir de decembro de 1978 en Santiago de Compostela. Editada pola secretaría xeral da Xunta, tiña unha periodicidade mensual. Constaba das seccións “Disposiciones generales”, “Autoridades y personal” e “Otras disposiciones y acuerdos”. O texto organizábase en dúas columnas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Dicionario elaborado por Pablo Pérez Constanti e publicado en 1930 polo Seminario de Santiago de Compostela. Recolle noticias sobre máis de 650 artistas, galegos ou non, que traballaron en Galicia, a partir dun traballo de investigación realizado nos principais arquivos galegos. Fonte para o estudo da arte galega durante os ss XVI e XVII, tivo a súa continuación na obra Galicia artística en el siglo XVIII y primer terzo del siglo XIX (1932), de Xosé Couselo Bouzas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proxecto do ilustrado Xosé Andrés Cornide Saavedra Folgueira do que se conservan preto dun milleiro de folios inéditos no Arquivo Histórico de Galicia, en Betanzos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución establecida en aplicación da Constitución promulgada en Cádiz o 19 de marzo de 1812 para o goberno do Reino de Galicia, constituído en provincia. Integrábana un presidente e un vicepresidente (designados polo goberno), sete vocais en representación de cada unha das antigas provincias (Betanzos, A Coruña, Lugo, Mondoñedo, Ourense, Santiago e Tui), ademais dun secretario e dun vicesecretario. Constituíuse o 19 de marzo de 1813 en Santiago de Compostela, cidade que xa fora sede da Xunta Xeral do Reino de Galicia, á que a nova deputación substituía. Asumiu competencias na creación de concellos consonte o novo sistema municipalista de ordenación territorial, cálculo e recadación de tributos, e elaboración do catastro. Converteuse na instancia intermedia entre o poder central e as administracións municipais, xa que as sete provincias tradicionais perderon calquera entidade orgánica que puideran ter con anterioridade á proclamación da Constitución, e no seu período de vixencia unicamente...
-
PUBLICACIÓNS
Publicación gratuíta editada a partir do 1 de decembro de 1925 na Coruña e subtitulada “Revista mensual”. Dirixida por Horacio Rodríguez, contou coa colaboración de Alberto Insua, Félix Estrada, Xesús Carro García, Anxo do Castillo, Xoán Rof Codina, Ramón Fernández Mato, Luís L. Riobóo, Manuel Ortiz e Antón Villar Ponte, entre outros. Nos seus artigos incluíu información propagandística da casa patrocinadora, pasatempos e novas referidas a temas de Galicia e Hispanoamérica. Na súa sección “Figuras del Parnaso gallego”, inseríronse biobibliografías de Aurelio Aguirre e Manuel Lugrís Freire, así como diversos poemas. Xunto coas edicións normais publicou números extraordinarios, como o aparecido en xullo de 1926, referido de forma íntegra a Galicia e subtitulado “Fiestas de verano en Galicia”, no que contaba coa colaboración de Ramón Otero Pedrayo, Enrique Hervada e Narciso Correal.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación semanal aparecida en La Habana en 1917 e que cesou a súa edición en 1936. Dirixírona, sucesivamente, Manuel Gondell Linares, Manuel Fernández Doallo e Mercedes Bieito Bouza. Definiuse como “Revista gráfica y de información de la colonia gallega en Cuba”. Dedicou espacios á historia, á situación da muller na sociedade, á economía, e incluíu artigos sobre Galicia e América, xeografía, arte e literatura. Situada politicamente no ámbito das Irmandades da Fala, contou coa colaboración de Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo, Filgueira Valverde, Lois Peña Novo, Manuel Banet Fontenla, Xoán Vicente Viqueira e Basilio Álvarez na súa “Páxina nazonalista”. No eido literario destacan os poemas de Curros Enríquez, Lamas Carvajal, Ramón Cabanillas, Modesto Moure, Gonzalo López Abente e Eladio R. González. Entre os narradores cómpre salientar a Avelino R. Elías, E. Correa Calderón, Roxelio Rivero e Domingo Quiroga. Inseríronse tamén artigos de Concepción Arenal, Xoán Barcia Caballero, Xulio...
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación en castelán aparecida en Montevideo a partir de 1941. Subtitulouse “Casa de Galicia de Montevideo”. Contou coa colaboración de J. Martínez Garda e contiña información sobre as actividades ou proxectos da sociedade. Incluíu ilustracións, entre elas unha de Rosalía de Castro. Entre xullo de 1925 e maio de 1933 apareceu unha publicación co título de El Eco de Galicia, que pode corresponder á súa primeira etapa.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación fundada en Santiago de Compostela por Antonio Neira Mosquera, que apareceu dúas veces por semana desde o 30 de febreiro de 1851 ata o 10 de marzo de 1852. Tiña como principal obxectivo a mellora da industria e do comercio da provincia, para o que presentaba a defensa dun liberalismo moderado e un rexionalismo insurxente. Unha das súas pretensións era defender a capitalidade de Galicia para Santiago de Compostela mediante un debuxo esquemático que aparecía na cabeceira do periódico, no que reflectía a súa localización xeográfica no centro de Galicia.
VER O DETALLE DO TERMO