"ISM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1586.

  • Doutrina política e económica que se opón a calquera forma de imperialismo. As primeiras análises económicas que denuncian o imperialismo aparecen trala guerra hispano-norteamericana (1898) e a anglo-bóer (1899-1902), son O imperialismo (1902), do economista inglés Hobson, O capital financeiro: fase contemporánea do desenvolvemento do capitalismo (1910), do marxista austríaco Hilferding, O imperialismo: fase superior do capitalismo (1916), do revolucionario ruso Lenin, e Nationalstaat, imperialistischer Staat und Staatenbund (1915), do reformista alemán Kautski. Malia as diferencias teóricas entre estas catro obras, todas coindicen nunha crítica expresa aos fundamentos económicos do imperialismo e ás súas consecuencias políticas e sociais. Non obstante , só na obra de Lenin existe unha exposición doutrinal na que o antiimperialismo é unha doutrina revolucionaria orientada cara á transformación da sociedade; tanto Hobson ou Kautski coma outros autores...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Concepción predominante na lingüística norteamericana de comezos do s XX. Segundo esta tendencia, a aprendizaxe da linguaxe é froito dun proceso de hábito e de condicionamento por repetición. O seu principal representante é L. Bloomfield, que segue as tendencias da psicoloxía condutista. Interésase só polos feitos lingüísticos que poden ser medidos de maneira obxectiva e deixa fóra o significado léxico, por considerar que é imposible de rexistrar. Por iso mesmo o lingüista non pode tomarse a si mesmo como obxecto de estudo nin fiarse das súas intuicións, xa que isto entraría no terreo da conciencia e do meramente subxectivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento social contrario ao espírito ou ás institucións militares. Pretende demostrar a preponderancia do exército dentro da administración do estado en tres niveis: socialmente, pola existencia duns deberes de defensa (Servicicio Militar Obrigatorio), mentres os dereitos (toma de decisións en política de defensa) están limitados á xerarquía militar; economicamente, outorgando grandes sumas a gastos militares ou comerciando con armamento; e a nivel xeopolítico, animando políticas baseadas na desconfianza e na confrontación e formando parte de bloques militares. A loita antimilitarista maniféstase a través de diferentes vías: a obxección de conciencia, ou negación a cumprir co servizo en filas; a obxección fiscal, consistente en absterse de sufragar os gastos militares a través dos impostos directos; a educación para a paz, que ensina uns valores favorecedores dunha sociedade e cultura pacíficas; e a investigación para a paz, que pretende clarificar as condicións baixo as que se desencadean...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Denominación aplicada a diversas doutrinas partidarias da restrición da natalidade ao considerar que o exceso de reprodución é responsable da miseria e da fame. A máis notable destas doutrinas é o maltusianismo. O antinatalismo é un sentimento propio das clases medias e, polo tanto, máis forte nos medios urbanos e nos países industrializados, onde provoca un avellentamento demográfico. A política antinatalista limita os nacementos mediante o aborto, os métodos anticonceptivos ou a esterilización, co obxectivo de reducir a miseria e aumentar o benestar material dos cidadáns. Nos países asiáticos, con elevadas taxas de natalidade e problemas de superpoboación, os gobernos son abertamente antinatalistas e adoptan medidas para evitar os nacementos: retraso da idade legal para contraer matrimonio, campañas de esterilización (India), penalizacións fiscais ás familias numerosas (política do fillo único na China). Polo xeral as campañas antinatalistas baseadas na difusión e o emprego...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina que ensina que pola graza de Xesucristo un ser humano queda liberado da obriga de seguimento de calquera lei moral. Baseada nos textos de Paulo referentes á abolición da lei antiga e á xustificación pola fe, afectou a algunhas sectas agnósticas como os nicolaítas e os ofitas, e reapareceu coa reforma protestante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relación de equivalencia entre dúas liñas antiparalelas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aversión aos usos, institucións, etc, propios do sistema parlamentario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Exercicio no que un acróbata, apoiado sobre un soporte chamado trinka, move cos pés toda clase de obxectos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Actitude ou doutrina que lle nega á razón a posibilidade de comprender o real.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Animadversión aos xudeus como grupo étnico. A historia do antisemitismo é complexa e está chea de paradoxos. As primeiras manifestacións antisemitas partían do principio relixioso do antixudaísmo, que atribuía aos xudeus a culpabilidade criminal da morte de Cristo; esta actitude correspondíase cun momento do discurso racista en que o xudeu era considerado como deicida e infiel. A segunda manifestación antisemita resulta de engadir consideracións económicas ao antisemitismo relixioso, momento no que xurdiu a imaxe do xudeu usureiro e rico, do capital negro internacional xudeu, etc, que alimentou o antisemitismo moderno. O termo apareceu por primeira vez en 1880 en publicacións alemanas para designar un movemento diferente de anteriores persecucións contra os xudeus e tiña como base o factor racial e non o relixioso. A finais do s XVIII, A. von Schlözer e J. G. Eichhorn foron os primeiros en falar de nacións semíticas. Fronte a estas, F. Bopp falou a principios do s XIX de linguas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento social contrario aos privilexios e abusos dos señores. O réxime señorial, instalado en Europa a partir do Baixo Imperio Romano e especialmente durante a Idade Media, é un dos eixes fundamentais dos conflitos sociais que sacudiron o período baixomedieval. Varios factores combináronse para provocar a crise dos señoríos feudais: o fortalecemento das monarquías centralizadoras, co conseguinte debilitamento das responsabilidades políticas dos señores, o auxe das cidades, as novas actividades mercantís, unido todo iso a un momento de crise xeneralizada a nivel político (Guerra dos Cen Anos), espiritual (Cisma de Occidente) e socioeconómica (peste, fames, desequilibrio entre poboación e recursos). Isto trouxo como consecuencia un aumento da presión señorial que provocou a resposta xeneralizada dos sectores máis oprimidos da poboación, tanto rurais como urbanos. As revoltas antiseñoriais sucedéronse por toda Europa. En Flandres, as revoltas provocaron, entre 1301 e 1302, un sanguento...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Actitude de oposición á existencia do Estado de Israel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • antisemitismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Doutrina ou teoría que supón o ser humano como o centro do universo e como fin absoluto da natureza, polo que o ben da humanidade é a causa derradeira de todas as cousas.

    2. Principio básico que consiste en buscar unha interpretación das cousas á medida do ser humano, partindo das súas experiencias e valores, e sen procurar explicacións divinas ou ultraterrenas. No Renacemento, esta actitude opúxose ao teocentrismo característico do Medievo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Atribución de forma e características humanas a calquera obxecto ou animal.

    2. Doutrina que utiliza nocións propias da natureza ou da conduta do home para explicar entidades diferentes deste, sexan as cousas do mundo natural ou de Deus. A cualificación de antropomorfo ten un senso pexorativo e aplícase fundamentalmente ás doutrinas da física antiga.

    3. Tendencia e doutrina que concibe a divindade atribuída con características humanas. Dáse cun maior ou menor grao en todas as relixións, na medida en que as representacións que o home fai da divindade parten da forma de ser do propio home, a miúdo rematando por determinalas. É a forma propia das relixións politeístas e das mitoloxías, entre as que cómpre salientar a grecorromana.

    4. Recurso literario que consiste en atribuír calidades e propiedades humanas a animais, vexetais ou entes inanimados e abstractos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación anual aparecida en Vigo no ano 1959 con referencias, datos e informes referidos a esta actividade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Concepción, aparecida a miúdo na espiritualidade cristiá e nas correntes puritanas, que tende a considerar ao home semellante a un anxo, é dicir, a sobreestimar a súa parte espiritual menosprezando os seus aspectos corporais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Falta de acción peristáltica nunha parte ou en todo o intestino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ontade de mudar unha determinada situación política, social, relixiosa, etc, para facela menos restritiva.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Propiedade dos sistemas aplanéticos.

    2. Relación que debe cumprir un sistema óptico para que sexa aplanético. Chámaselle tamén condición do seno.

    VER O DETALLE DO TERMO