"Lac" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 769.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de cancelar.
-
-
Relativo ou pertencente ás caneláceas.
-
Planta da familia das caneláceas.
-
Familia da orde das laurais constituída por árbores tropicais, sobre todo de América. A especie máis importante é a caneleira branca.
-
-
-
Acción e efecto de capitular.
-
-
Convenio militar que pon fin á resistencia dunha tropa sitiada nunha praza fortificada ou rodeada en campo aberto, polo que se establece, segundo as regras de honor militar, o trato que teñen que recibir oficiais e soldados. Posto que non concerne á constitución administrativa ou política do territorio, non precisa confirmación do xefe de estado e entra en vigor de forma inmediata.
-
capitulación incondicional
Capitulación na que as forzas gañadoras se consideran libres de calquera compromiso de tipo xurídico respecto aos vencidos. Foi aplicada durante a Segunda Guerra Mundial polas forzas aliadas a Alemaña e a Xapón.
-
-
Na Península Ibérica, durante o proceso de expansión territorial dos reinos cristiáns cara ao sur, era unha rendición pactada entre os reis cristiáns e os musulmáns, pola que estes conservaban determinados dereitos e propiedades. Era similar ao sulh musulmán. Tiña como finalidade evitar a despoboación do territorio conquistado. Afonso VI de Castela pactou a capitulación de Toledo (1085), Afonso I de Aragón a rendición de Zaragoza (1118) e Xaime I de Aragón a de València (1238).
-
Desde o s XV, contrato establecido entre a monarquía e uns particulares para levar a cabo unha empresa xeralmente político-militar. O custo da empresa achegábao a monarquía, aínda que en ocasións tiña que recorrer a empréstitos de mercadores ou á outra parte contratante. O obxectivo xeral era a exploración e conquista dun territorio, pero tamén se firmaban outras capitulacións nas que o estado confiaba a un particular a construción de obras públicas, a explotación dos recursos naturais ou a tramitación de relacións comerciais cos pobos indíxenas. Adoitábase conceder aos asinantes o goberno civil e militar e a impartición de xustiza con cargos como os de adiantado, gobernador ou capitán xeneral. As capitulacións asinadas para a conquista das Canarias foron un significativo precedente e, no caso do continente americano, estas inicíaronse coas capitulacións de Santa Fe (17.4.1492) entre os Reis Católicos e Colón.
-
Cada unha das disposicións que o emperador do Sacro Imperio xuraba, unha vez elixido, confirmando as soberanías dos príncipes electores.
-
Contrato ou condicións relativas ao matrimonio que se estipulan por escrito entre as partes. A súa función principal é a de lles permitir aos cónxuxes o pacto do réxime económico familiar que máis se adapte ás súas necesidades e conveniencias. Tamén poden servir para regular a sucesión mortis causa, pactando nelas a institución de herdeiro, crear unha comunidade familiar que obrige os seus membros a unir esforzos e achegar os seus ingresos para auxiliar as necesidades familiares e establecer beneficios de viuvez ao conxuxe sobrevivente. As capitulacións matrimoniais están admitidas no dereito español e tamén noutros países como Francia, Bélxica e Suíza co nome de contrat de mariage. Presentan moitas variantes, pero é fundamental en case todos a existencia da herdanza que os pais fan a favor dos fillos que casan (herencia); nelas figuran tamén moitos outros pactos, tales como a reserva de cantidades ou de propiedades para dotar os outros fillos, reserva do dereito...
-
Convenio polo que se establecía o estatuto xurídico dos súbditos dos estados occidentais nos países non cristiáns. Utilizouse no Imperio Otomano e, posteriormente, nos estados do norte de África e nos países baixo ocupación colonial, protectorados, etc. Iniciado no s XV por acordo entre o Sultán Muhammad II e Xénova e Venecia, xeneralizouse a partir do pacto entre Francisco I de Francia e Sulaymān II.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acordo asinado o 18 de setembro de 1509 entre Manuel I de Portugal e Xoana I de Castela coa intención de resolver as dúbidas existentes sobre os límites de navegación e conquista na costa africana, definidos no Tratado de Tordesillas (1494). Estableceuse que Portugal renunciase á conquista de Vélez de la Gomera, Cazaza e todas as poboacións costeiras, mentres Castela recoñecía a soberanía portuguesa dos territorios comprendidos desde Vélez ata o cabo Bojador.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acordo asinado entre os Reis Católicos e Cristovo Colón en Santa Fe (Granada), o 17 de abril de 1492, para a conquista das Indias. Nelas concedíanselle a Colón os títulos de almirante, vicerrei e gobernador xeral das terras descubertas, con carácter vitalicio e hereditario, e a décima parte das riquezas obtidas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lactama cíclica do ácido ε-caproico que se obtén industrialmente a partir do oxima da ciclohexanona por transposición de Beckmann. Emprégase como materia prima na fabricación de fibras sintéticas, de plastificantes e de coiro sintético e tamén como vehículo de pinturas.
-
-
Acción de capsular unha botella.
-
Acción de colocar os medicamentos en cápsulas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
+ ación)
-
VER O DETALLE DO TERMO
Introdución dun ou máis grupos carboxilo nunha molécula orgánica.
-
-
Relativo ou pertencente ás cariofiláceas.
-
Herba da familia das cariofiláceas.
-
Familia integrada por arredor de dúas mil especies de plantas herbáceas ou sufrutescentes de talos nodosos, follas opostas e flores actinomorfas, de catro ou cinco pétalos libres, características principalmente dos países de clima morno. En Galicia están presentes os xéneros Agrostemma, Arenaria, Cerastium, Corrigiola, Cucubalus, Dianthus, Herniaria, Honkenya, Illecebrum, Lychnis, Moehringia, Moenchia, Paronychia, Petrorhagia, Polycarpon, Sagina, Saponaria, Scleranthus, Silene, Spergula, Spergularia e Stellaria.
-
-
PERSOEIRO
Tradutor e xornalista. Formado en Glasgow e Londres, foi locutor da BBC, nas seccións española e galego-portuguesa, e profesor de inglés de ensino medio. Foi correspondente en Londres dos xornais Jornal de Noticias, El Pueblo Gallego e Informaciones e colaborador de Céltiga, La Noche, Faro de Vigo, A Nosa Terra e Ser. En 1931 participou na asemblea de constitución do Partido Galeguista e foi membro do Consello Permanente. Participou activamente na campaña a prol do Estatuto de Autonomía; ademais promoveu, xunto con Álvaro de Las Casas, a fundación da Asociación de Escritores Galegos (1936). Da súa produción destaca La saudade y el arte en los pueblos célticos (1928), a tradución dos folk-dramas, en colaboración cos irmáns Villar Ponte, Catuxa de Houlihan e O país da saudade (1935), de William Butler Yeats, o estudo “Un tema de Galicia: la saudade y la poesía” (1950) e o libro de traducións...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de cavilar.
-
CONDADOS
Condado da provincia de Leinster, Irlanda, ao SL da illa (896 km2; 40.616 h [1996]). A súa capital é Ceatharlach, na beira do río Barrow (11.502 h [1986]).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos celacantiformes.
-
Peixe da orde dos celacantiformes.
-
Orde de peixes crosopterixios mariños, bentónicos, grandes e cubertos de escamas cicloides. Durante algún tempo, os investigadores pensaron que este tipo de animal desaparecera no Triásico, ata que en 1938 se descubriu unha especie viva, o celacanto. A partir dese momento atopáronse máis exemplares pertencentes, aparentemente, ao mesmo xénero, polo que se consideran fósiles viventes.
-
-
-
Peixe do xénero Latimeria, da subclase dos sarcopterixios. Este grupo animal abundou durante o Devónico; críase que se extinguira totalmente hai 70 millóns de anos, pero en 1938 foi descuberto para a ciencia no Índico africano. Estes peixes son descendentes dun tronco propio de augas doces do Devónico. Acadan os 2 m de lonxitude, presentan ollos grandes, mandíbulas con gran capacidade de apertura, aleta caudal dificerca, unha liña lateral moi desenvolvida e un órgano sensorial no fociño que lles serve tanto para moverse na escuridade dos seus refuxios coma para capturar presas. Os machos son máis pequenos ca as femias. Pasan as horas de luz en covas e gretas de orixe volcánica situadas a uns 180 m de profundidade.
-
Peixe de cor castaña, recoñecido pola ciencia en 1997 nun mercado de Manao e coñecido polos indonesios como raja laut ou ‘rei do mar’.
-
Peixe de cor azul metálica, con manchas brancas que constitúen un deseño críptico na escuridade das covas onde están presentes esponxas e cunchas de ostras de cor branca. O primeiro animal foi recoñecido pola ciencia de forma casual en 1938 durante unha dragaxe na costa de Sudáfrica. Tras este achado fortuíto fixéronse pescudas entre os pescadores das Illas Comores, que xa o pescaban de xeito ocasional con anzol.
-
-
-
Relativo ou pertencente á familia das ceratofiláceas.
-
Herbácea da familia das ceratofiláceas.
-
Familia de herbáceas subacuáticas, da orde das ninfeais, á que pertence o xénero Ceratophyllum.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ave de 60 cm de lonxitude de pescozo, patas e cola longos, cunha plumaxe apagada e escura. Vive en pequenos grupos no chan ou na matogueira dos bosques e aliméntase de froitos, gromos e follas. As aves novas dormen baixo a protección da á dun proxenitor. Distribúese dende o sueste de Texas ata Nicaragua.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de peixes condritios da familia dos clamidoseláquidos ao que pertence a quenlla anguía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pierre Ambroise François Choderlos de Laclos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Formación dun composto cíclico, orgánico ou inorgánico, a partir dunha ou máis cadeas de átomos por creación dun ou máis enlaces novos. Como a formación de enlaces é xeralmente sucesiva, a ciclación propiamente dita é sempre intramolecular; á intermolecular chámaselle máis correntemente condensación. A formación dun complexo metálico cíclico cun ligante bidentado ou polidentado denomínase quelación. En química orgánica, a formación de compostos carbocíclicos e heterocíclicos resulta de reaccións moi variadas. En xeral, a facilidade de formación dos ciclos depende do número de átomos no anel.