"Loxia" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 396.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte da fisioloxía que estudia as propiedades e a actividade eléctrica das células, dos tecidos e dos órganos, e a súa relación coas funcións fisiolóxicas do organismo. Investiga os fenómenos eléctricos da membrana celular, as respostas aos estímulos eléctricos, o efecto do campo eléctrico sobre grupos de células e a actividade eléctrica do corazón, do cerebro, dos músculos e dos nervios.
-
-
Parte da física que trata dos fenómenos eléctricos, magnéticos e electromagnéticos e da relación con outros fenómenos.
-
Aplicación da electricidade para o diagnóstico e o tratamento de enfermidades.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de aplicacións da electricidade e da radioloxía na diagnose e no tratamento médico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que é digno de eloxio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen eloxia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rama da bioloxía que estudia os embrións en todos os seus aspectos. Segundo o método que segue no seu desenvolvemento, é descritiva se estudia morfoloxicamente as distintas fases do desenvolvemento; comparada se estudia o embrión establecendo as similitudes entre os diferentes grupos taxonómicos; e fisiolóxica se ten por obxecto o estudo funcional dos procesos morfoxenéticos, sendo entón a experimental a base empírica. Xa Aristóteles tentou solucionar o problema da ontoxenia e propuxo que a substancia do fillo procedía da nai, mentres que a forma ou principio creador viña do pai. Esta foi a orixe da tese preformacionista, que postula que as diversas partes do adulto xa se fixaran no embrión ou nos gametos. Antigamente pensábase que a base material do homúnculo era o ovo; deste xeito, W. Harvey na súa De generatione animalium (Xeración dos animais, 1651) asentou as bases do ovismo dicindo que todos os seres proveñen dun ovo (“ex ovo omnia”). En...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ciencia que estudia a estrutura, normal e patolóxica, e as funcións das glándulas de secreción interna, así como as propiedades químicas e os mecanismos de acción das hormonas que producen. A súa orixe é tan antiga coma a humanidade, pero non se aceptou como ciencia ata finais do s XIX. Anatomicamente, a maioría das glándulas endócrinas xa eran coñecidas polos gregos e os romanos. As últimas en ser descubertas foron as glándulas suprarrenais (1563) e as paratiroides (1879), pero a función de todas era aínda descoñecida. No s XVIII, Albrecht von Haller describiu a tiroide, o bazo e o timo como glándulas que non tiñan condutos excretores, senón que vertían as súas substancias ao sangue. O impulso da endocrinoloxía moderna débese a Claude Bernard que, en 1855, formulou claramente o concepto de secrecións internas, definíndoas como uns produtos específicos de certos órganos que se difunden por todo o corpo e son indispensables para o mantemento das funcións vitais. Schafer sinalou que as secrecións...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Técnica que trata do viño, do seu melloramento, preparación e conservación, e tamén da análise e estudo de cada un dos seus compoñentes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte da bioloxía que estudia os insectos e outros grupos de artrópodos. A orixe desta ciencia débese a Aristóteles, que empregou por primeira vez o termo ἕ ντομον para referirse aos hexápodos -insectos en sentido estricto-, miriápodos e arácnidos. Durante moitos séculos, na Idade Antiga e Media, os seus textos constituíron a base fundamental do coñecemento destes invertebrados e a entomoloxía viuse reducida á reprodución e comentario dos textos do filósofo grego. Por outra parte, no s I, Plinio escribiu Etymologiarum libri XX, obra na que trata algunhas especies de insectos e Eliano, no s II, fai o propio na súa obra De Natura animalium. A entomoloxía moderna comezou coa edición de Insectorum sive minimorum animalium Theatrum, publicada en Londres en 1634, levada a termo por Thomas Moffett, pero que principiara na metade do s XVI Thomas Penny a partir do material inédito de Konrad Gesner e os esquemas de clasificación realizados por Edward Wotton; este...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rama da bioquímica que estudia os enzimas, concretamente a cinética enzimática, os mecanismos de regulación, a compartimentación celular e, no organismo, a súa composición, identificación e purificación química, a especificidade polo substrato e pola reacción, e a súa clasificación. Como todas as reaccións bioquímicas están catalizadas por enzimas, a enzimoloxía converteuse nunha ciencia auxiliar moi dinámica, con múltiples aplicacións tanto médicas como industriais. Tamén se emprega a análise enzimolóxica para estudar a evolución bioquímica dentro dos filos e a diferenciación das poboacións de seres vivos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rama da medicina que agrupa o conxunto de actividades interdisciplinarias que se empregan no estudo dos factores medioambientais, individuais ou doutro tipo que ameazan a saúde humana, e a súa aplicación ao control dos problemas sanitarios. A epidemioloxía permite determinar os factores de risco e predicir o curso dunha enfermidade, mediante o estudo do cómo, cándo e por qué unha enfermidade se desenvolve nunha comunidade. Na Antigüidade coñecíanse co nome de peste as enfermidades epidémicas que presentaban un elevado índice de mortalidade. No ano 1546, G. Fracastoro afirmou que a peste se podía transmitir por xermes e Ambrose Paré empregou o termo contaxio. Ata mediados do s XIX supúxose que a orixe das enfermidades infecciosas se debía aos miasmas, humores ou fermentacións. Co nacemento da era pasteuriana, descubriuse o papel dos axentes patóxenos vivos, e así xurdiu a epidemioloxía como ciencia. Isto permitiu dar unha base obxectiva de estudo para a epidemioloxía...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte da bioxeografía que estudia a xénese e o desenvolvemento das áreas de distribución das especies.
-
-
Disciplina que estudia o coñecemento, as súas clases, os seus condicionamentos, a súa posibilidade e a súa realidade. Ademais, estudia os contidos do pensamento, a súa natureza e o seu significado, polo que algúns autores prefiren falar dunha teoría do coñecemento científico. O termo introduciuno o filósofo escocés J. F. Ferrier para designar a doutrina sobre a validez do coñecemento. Obxecto fundamental na historia da filosofía, os principais enfoques do seu estudo foron o racionalista, o empirista, o transcendentalista, o idealista, o positivista, o irracionalista vitalista e o da análise da linguaxe filosófica. Para moitos autores, é parte da metafísica e o seu obxecto de estudo é o coñecemento do ser; para outros, é unha disciplina autónoma. No ámbito da filosofía hispana utilizouse como sinónimo de gnoseoloxía, sen embargo, a utilización deste termo pola filosofía de orientación escolástica levou a facer a distinción entre gnoseoloxía, como teoría do coñecemento, e epistemoloxía,...
-
Disciplina, de carácter filosófico, que se ocupa dos tipos de coñecemento que se poden obter da lingüística. Dun xeito máis específico, constitúe unha teoría verbo da metodoloxía, os procedementos e os obxectivos da lingüística en tanto que campo do saber. Estudia, así mesmo, a evolución histórica das ideas lingüísticas e mais a súa contribución ao coñecemento humano. Unha das discusións básicas ten sido o carácter científico da disciplina, aspecto tan condicionado polos estándares científicos herdados da tradición grecolatina e occidental. Así, os saberes asociados ás ciencias experimentais teñen dominado as concepcións do científico durante os séculos precedentes. Mesmo no s XX, a lingüística estivo en certa medida relegada como ciencia, xa que os datos que manexaba se consideraban “procedentes da mente” e non de fontes abertamente observables. A análise lingüística en tanto que conduta directamente observable contribuíu a modificar esta concepción. Non obstante , os estudiosos vinculados...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo, en desuso, co que se fai referencia ás enfermidades que afectan aos animais, e que se confrontaba coa epidemioloxía que facía referencia ás enfermidades da especie humana. Na actualidade considérase artificiosa esta división e denomínanse ambas como epidemioloxía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rama da etnoloxía que se ocupa do estudo da cultura laboral das sociedades e dos seus elementos materiais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Doutrina sobre a renovada existencia do mundo e do home no final da historia e máis alá da morte. No Antigo Testamento a escatoloxía refírese aos últimos acontecementos que Deus lle anunciou ao pobo de Israel para a fin dos tempos, centrados na persoa do Mesías e na instauración do seu reino. Os desastres nacionais de Israel motivaron a aparición dunha literatura apocalíptica que explica os feitos escatolóxicos como unha destrución do mundo presente, que será substituído por un mundo futuro. A comunidade dos discípulos de Xesús, convocada polos acontecementos pascuais, definiuse diante do pobo como a comunidade escatolóxica: Deus, pola resurrección de Xesucristo de entre os mortos, inaugurou os últimos tempos, abertos a xudeus e non xudeus. O xuízo de Deus xa se realizou, pero aínda non se ten manifestado: os crentes esperan a parusía ou manifestación gloriosa de Xesucristo no derradeiro día, en que se fará realidade a resurrección dos mortos. Nesta liña, a teoloxía cristiá...
-
-
Tratado sobre os excrementos.
-
Carácter das cousas relacionadas cos excrementos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Teoría escénica que se ocupa da escenificación e dos procesos de representación que interveñen na creación, a comunicación e a recepción teatral. OBS: Tamén se denomina teoría da posta en escena.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de estudios filolóxicos e lingüísticos realizados, sobre todo nos dominios lingüísticos francés e alemán, sobre as linguas vernáculas escritas antes da invención da imprenta. Esta disciplina trata de achegarse ao feito xeneralizado das variantes gráficas tan frecuentes nas scripta medievais. Naceu cos estudios de Louis Remacle sobre o antigo valón (1948) e continuou con Carl Theodor Gossen e Hans Goebl, entre outros. Un dos temas máis importantes destes estudios é a elaboración de mapas escriptolóxicos que permitan situar no espazo e no tempo un documento dado, grazas aos seus trazos ou características gráficas. Así, poderase aplicar esta metodoloxía aos distintos textos galegos de finais do s XX que documentan distintas heterografías. Unha aproximación para o s XV galego pode localizarse na tese doutoral Para unha escriptoloxía da lingua galega, de Xulián Maure.