"MIT" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 424.

  • Carbonato de calcio e magnesio, de fórmula CaMg(CO3)2. Ten a mesma estrutura que a calcita, pero coa metade dos átomos de calcio substituídos polos de magnesio. Os cristais son normalmente romboédricos, aínda que tamén poden presentarse en masas granulares. Ten unha dureza de 3,5-4 e unha densidade de 2,8. Presenta varias coloracións dende a incolora e transparente ou ben branca, ata a gris ou verdosa. Ao aumentar o contido en ferro, vólvese dun amarelo amarronado ou marrón. É moi abundante nos terreos sedimentarios, formada seguramente por transformación da calcita baixo a acción de solucións magnésicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MACIZO

    Macizo dos Alpes orientais, ao NL de Italia, que se estenden entre os ríos Adige e Isarco ao O, Rienza ao N, Piave ao L e Brenta ao S. Crean unha paisaxe característica, chamada dolomítica, na que dominan os penedos e as torres, e os grandes contrastes entre a rocha núa das altas paredes verticais e o material detrítico dos pés de montaña.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á dolomita.

    2. Que contén dolomita.

    3. ladino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso de formación das dolomías por metasomatose a partir de rochas calcarias, que sofren o intercambio de magnesio con augas ou rochas ricas neste elemento do contorno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo derivado do sobrenome e nome latino Domitilla, procedente de Domitia, feminino de Domitius. Flavia Domitila (s I), santa e mártir romana, celebrábase o 12 de maio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Patricia romana da familia dos Flavios, sobriña do cónsul romano Flavio Clemente. No ano 96 foi deportada á illa de Ponza por se adherir á fe cristiá, onde sufriu un longo martirio. O cemiterio da familia, situado na Via delle sette Chiese, tomou o seu nome e é unha das catacumbas máis extensas de Roma; contén pinturas de estilo pompeiano e cristiás dos séculos II, III e IV. Na iconografía leva como atributos a coroa e a palma do martirio. A súa festividade celebrábase o 12 de maio, pero a reforma posterior ao Concilio Vaticano II eliminouna do calendario litúrxico universal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Expresión da literatura patrística para referirse á defunción da Virxe María, coa que se indica a imposibilidade de que, debido á súa virtude, o seu corpo experimentase a corrupción propia da morte e, simultaneamente, xustifícase a Ascensión en corpo e alma ao ceo. O principal impulsor desta teoría foi san Xoán Damasceno (650-749).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cuarto destinado para durmir.

    2. Mobles que constitúen o cuarto de durmir.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor ucraíno. A súa obra literaria afronta o burocratismo e critica o sistema do período stalinista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor romanés. Exiliado en Francia, é autor, entre outras obras, de Les Boyards (Os boiardos, 1958-1960), Incognito (1962) e Les initiés (Os iniciados, 1966).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Edom e aos seus habitantes.

    2. Individuo do pobo de Edom.

    3. Pobo que habitou Edom, no S de Palestina. Sometidos polo Rei David, que intentou exterminalos, no s VIII a C foron dominados por Asiria. O reino foi destruído no s III a C e Xoán Hircano impúxolles a xudaización no 129 a C.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao pobo de Efraín.

    2. Individuo pertencente ao pobo de Efraín.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Elam ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Elam.

    3. Individuo do pobo elamita.

    4. Pobo orixinario da rexión de Elam, situada ao N do Golfo Pérsico e ao L do baixo Tigris, no O do actual Irán. Entre o II milenio a C e o s VII a C desenvolveu un reino independente que foi sometido en diversos momentos polos estados veciños. O estado desapareceu trala conquista dos asirios, dirixidos por Asurbanipal ao redor do 646 a C, e o pobo integrouse no Imperio Asirio.

    5. Lingua dos habitantes de Elam. Aínda que está documentada dende o III milenio a C e foi unha das tres linguas oficiais do Imperio Persa, non se sabe moito da súa filiación lingüística. Segundo as últimas teorías, podería ser a lingua que deu orixe ás falas drávidas do subcontinente Índico. Estas dúbidas obedecen ao feito de que non se coñece moito a súa morfoloxía (segundo algúns investigadores, trátase dunha lingua aglutinante) a causa da escaseza das fontes históricas e da falta de textos literarios. A fase mellor documentada do elamita, que evolucionou pouco no decurso do tempo, é a das inscricións reais aqueménidas (a miúdo trilingües: persa aqueménida, babilónico e elamita). Do seu estudo dedúcese que era unha lingua de sufixos, que ao se uniren á raíz, esta parece que non cambiaba e que tanto o nome como o pronome se declinaban (nove casos). Durante o Imperio Persa, o elamita foi principalmente a lingua de Susa e posteriormente mantívose ata finais do s X en forma de khozi (lingua...

    6. Conxunto dos dous sistemas de escritura que empregaban os elamitas. O primeiro, denominado protoelamita (2900-2500 a C), deriva da escritura sumeria e, coma esta, posuía centenares de ideogramas e logogramas, a maioría deles aínda sen descifrar. O protoelamita evolucionou á chamada escritura lineal (2500-2230 a C), que, na súa fase máis recente, dispuña duns setenta signos. Cara ao 2230 a C, os elamitas abandonaron este sistema e comezaron a utilizar o sumerio-acadio, con algunhas modificacións que aparecen reflectidas en tres fases: o elamita antigo (2230-1300 a C), durante o que se produce unha primeira simplificación da escritura cuneiforme a base de eliminar numerosos ideogramas; este proceso proseguiu na etapa seguinte (1300-520 a C), o elamita medio, e rematou na terceira e derradeira, o neoelamita, en que o sistema constaba só de cento trinta signos, oitenta silábicos e o resto ideográficos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Abū-l-asan al-Muhtar ibn Bulan.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Desprender algo que se encontra no seu interior.

    2. Expresar de palabra ou por escrito unha opinión, xuízo ou sentencia.

    3. Poñer en circulación moedas, títulos, valores ou efectos públicos.

    4. Producir e transmitir dende un punto determinado materia ou radiacións ao espacio.

    5. Transmitir por medio de ondas electromagnéticas un programa desde unha emisora de radio ou de televisión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tubo analizador de televisión, moi semellante ao orticón, caracterizado por un poder resolutivo elevado, unha sensibilidade media e unha vida moi prolongada. O emitrón actual é un tubo de potencial de cátodo estabilizado, denominado emitrón CPS, que leva unha malla de estabilización co fin de limitar a tensión do mosaico a uns 15 V.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso de duplicación do número de cromosomas, sen formación do fuso, nin movementos cromosómicos, nin alteracións da membrana nuclear, de xeito que nin a célula nin o núcleo cheguen a dividirse. Ten lugar, de forma habitual, nas glándulas salivares das moscas do xénero Drosophila, e orixina os chamados cromosomas xigantes ou politénicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Inflamación da epéndima.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sulfato de magnesio hidratado, de fórmula MgSO4·7H2O. Cristaliza no sistema rómbico. Os cristais, escasos na natureza, preséntanse normalmente en cotras fibrosas, aciculares ou capilares. Ten unha dureza 2-2,5 e unha densidade 1,7. Os cristais son incoloros e transparentes, e os exemplares en masa son brancos.

    VER O DETALLE DO TERMO