"Marc" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 524.
-
-
Sinalar os límites dun territorio ou dun terreo.
-
Delimitar os dereitos, responsabilidades e atribucións de alguén.
-
Fixar unha liña divisoria imaxinaria, nun texto científico, entre o discurso sancionado da ciencia e o discurso ideolóxico.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Apelido de orixe toponímica ou patronímica. Está formado sobre a base léxica marco e mais a preposición de, indicadora de lugar de procedencia, residencia ou nacemento do individuo a quen se lle aplicou na súa orixe. Tamén é posible que se formase a partir do antropónimo Marcos, mais a a preposición de, indicadora da función patronímica. Na Idade Media atéstanse casos que remiten ao patronímico: “Lopo de Marco” (doc ano 1473 en J. García Oro, Galicia en la Baja Edad Media, 1977, p 252).
-
PERSOEIRO
Escritor. Dentro do realismo ofrece unha visión irónica da explotación da clase media e marxinal das vilas arxentinas. Da súa produción destacan, entre outras obras, as novelas Rosaura a las diez (Premio Kraft, 1955), Un pequeño café (1961) e Los asesinos de los días de fiesta (1972), a colección de contos Hierba del cielo (1972) e as pezas de teatro Los expedientes (1957), El emperador de la China (1959) e El cuarto de la noche (1962).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poetisa francesa. Na súa xuventude foi actriz de teatro na Opéra-Comique e no Odéon. Publicou: Élégies et romances (Elexías e romances, 1819), Élégies et poésies nouvelles (Elexías e poesías novas, 1825), Les pleurs (Os choros, 1833) e Bouquets et prières (Ramos e súplicas, 1843).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
de desmarcar ou desmarcarse.
-
-
Quitar a marca dun obxecto marcado.
-
Sacar os marcos a algo.
-
Evitar un xogador, no fútbol e noutros deportes de oposición, ser marcado polos xogadores contrarios.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de desmarcarse.
-
PERSOEIRO
Pintor e teórico da arte. Estudiou filosofía en París. Nos seus estudios teóricos introduciu conceptos procedentes da psicanálise e da socioloxía. Colaborou na revista Tel Quel e foi un dos fundadores do grupo Support-Surface e da revista Peinture cahiers-théoriques. Entre os seus escritos destaca Histoire-critique d’une peinture (Historia-crítica dunha pintura, 1975).
VER O DETALLE DO TERMO -
ENTRADA LARGA
Comarca natural e administrativa do centro da Comunidade Autónoma de Galicia, que comprende as concas do río homónimo e a do Arnego, delimitadas por un conxunto de pequenos sistemas montañosos que a rodean polo L (serras do Farelo e do Faro), S (montes do Testeiro) e O (serra do Candán), e polo río Ulla, colector deses dous ríos, ao N. Abrangue unha superficie de 1.026,06 km2, nos que acolle 49.697 h (1996) distribuídos entre os concellos de Agolada (147,5 km2; 4.915 h), Dozón (74,18 km2; 2.538 h), Lalín (326,62 km2; 20.515 h), Rodeiro (154,8 km2; 4.578 h), Silleda (167,84 km2; 9.572 h) e Vila de Cruces (154,87 km2; 7.624 h). Limita ao N coas comarcas de Arzúa e de Terra de Melide, ao L coa Ulloa e Chantada, ao S co Carballiño e ao O con Tabeirós-Terra de Montes e con Santiago. A cabeceira comarcal é a vila de Lalín, favorecida polo seu emprazamento central no conxunto da comarca e por ser nó das comunicacións...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arqueólogo e historiador da arte francés. Dirixiu unha misión arqueolóxica en Persia (1881) e en Susa (1888), onde escavou os palacios de Darío I e Artaxerxes II. Entre as súas obras destacan Histoire générale de l’art: Espagne et Portugal (Historia xeral da arte: España e Portugal, 1913), L’architecture romane (A arquitectura romana, 1913), L’Art antique de la Perre, Achéménides, Parthes, Sassanides (A arte antiga Persia, Aqueménidas, Partos, Sasánidas, 1884-1885) e La statuaire polychrome en Espagne du XIIe au XVe siècle, Aragon et Castille (A escultura policromada en España do s XII ao s XV, Aragón e Castela, 1904).
VER O DETALLE DO TERMO -
ENTRADA LARGA
Estado de Europa setentrional, situado entre o mar do Norte, ao O, e o Mar Báltico, ao L, e entre o continente europeo, ao S, e a Península Escandinava, ao N. Limita ao S con Alemaña, concretamente co land de Schleswig-Holstein; polo NO, o estreito de Skagerrak sepárao de Noruega; ao NL o Kattegat sepárao das costas de Suecia. O país está formado pola península de Xutlandia e un total de 406 illas do Mar Báltico, das que só 79 están habitadas; entre elas destacan Sjælland, Lolland, Fyn e Bornholm. A illa de Groelandia e o arquipélago das Feroe pertencen á coroa danesa, aínda que manteñen plena autonomía. O territorio metropolitano (43.095 km2; 5.313.577 h [estim 1999]) esténdese entre os 58° e 55° de latitude N e os 8° e 15° de lonxitude O. A capital é Copenhaguen, situada na beira oriental da illa de Sjælland.
Xeografía físicaRelevo e xeoloxía
VER O DETALLE DO TERMO
No territorio danés, a altitude media é de 35 m. A parte peninsular carece... -
VER O DETALLE DO TERMO
Estreito que separa Groenlandia de Islandia e que comunica o mar de Noruega co Océano Atlántico.
-
PERSOEIRO
Político, mestre e escritor. Xornalista político, defendeu o republicanismo federal e a xustiza social. Deputado a Cortes por Tortosa (1914), fundou, xunto con Layret, o Bloc Republicà Autonomista e presidiu o novo Partit Republicà Català (1917). Encarcerado pola súa participación nas folgas de Barcelona (1917), dende outubro do 1918 colaborou na campaña a favor da autonomía iniciada en Catalunya. Fundou o Partido Radical-Socialista, xunto con Álvaro de Albornoz e Ángel Galarza (1929). Interveu no Pacto de San Sebastián (1930) e, detido e procesado, exiliouse a Portugal e Francia. Participou na fundación de Esquerra Republicana de Catalunya (1931) e durante a Segunda República foi ministro de Instrución Pública do goberno provisional (1931), ministro de Agricultura, Industria e Comercio (1931), ministro de Agricultura (1933) e ministro de Instrución Pública (1936). Fundou, con Azaña, Izquierda Republicana e presidiu o Partit Catalá d’Esquerra (1933). Ao remate da Guerra Civil, exiliouse...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político romano. Foi nomeado tribuno da plebe no 122 a C para contrarrestar a popularidade de Caio Graco. Presentou unha serie de reformas, entre as que destaca a rogatio livia que concedía aos itálicos a cidadanía romana. Estas reformas provocaron unha serie de tumultos en Roma. Nomeado cónsul no 112 a C, gobernou Macedonia, onde derrotou o pobo dos escordiscos. Morreu exercendo o cargo de censor.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político romano, fillo de Marco Livio Druso. Foi tribuno da plebe no 91 a C. Impulsou a reforma agraria e defendeu a concesión da cidadanía aos itálicos. Morreu asasinado.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor francés, irmán de Gaston, Raymond e Suzanne Duchamp. En 1904 trasladouse a París, onde traballou como tipógrafo e fixo caricaturas para xornais. Dende 1908 dedicouse á pintura e nun primeiro momento estivo influenciado polo impresionismo. Participou no Salon d’Automne e no Salon des Indépendants, e dende 1911 interesouse polo cubismo. En 1912 realizou Nu descendant un escalier nº 2 (Nu baixando unha escaleira nº 2) que causou rexeitamento entre os seus compañeiros da Section d’Or e na Armory Show de 1913, pois nela combinou os principios do cubismo e do futurismo. Instalouse en Nova York e, xunto con Picabia, foi o representante do movemento dadaísta. Con Roue de bicyclette (Roda de bicicleta, 1913), creou os ready-made. A obra Fontaine (Fonte,1917), urinario que comprara en París e que asinou como R. Mutt, rexeitárona no salón da Society of Independent Artists. Entre 1915 e 1923 traballou na súa obra máis representativa,...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor e organista francés. Estudiou no Conservatorio de París e foi organista de Saint-Sulpice. Discípulo de Ch. Widor, A. Guilmant e L. Vierne, foi profesor de órgano. Especializouse no repertorio organístico de J. S. Bach e compuxo pezas para este instrumento. En 1914 recibiu o Gran Prix de Roma.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador da arte. Doutor en letras (1962), catedrático de Historia da Arte na Universidade de Languedoc e profesor emérito na Universidade de Toulouse-Le Mirail. Entre as súas obras destaca La Sculpture romane en Roussillon (A escultura románica no Roussillon, 1948), L’art roman en Espagne (A arte románica en España, 1964), L’Architecture espagnole (A arquitectura española, 1966) e La sculpture romane de la Route de Saint-Jacques (A escultura románica do Camiño de Santiago, 1990). Foi membro, entre outras institucións, da Commission Supérieure de Monuments Historiques e do Institut d’Estudis Catalans.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e gravador. Coñecido como o Mestre de Luxembourg-Martigues, viaxou a Italia onde traballou na decoración do palacio Sachetti (1553). Entre os seus retratos destacan Catarina de Medici e Carlos IX.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperador romano (252-254). Gobernador de Mesia, despois de vencer os godos, as súas lexións nomeárono emperador a cambio dunha indemnización (252). En febreiro de 254 derrotou a Treboniano Galo en Terni e o Senado recoñeceuno, pero os seus soldados asasinárono ao non cumprir o acordo.
VER O DETALLE DO TERMO