"Nau" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 146.
-
PUNTA
Punta do litoral da parroquia de Deiro, Vilanova de Arousa, situada no extremo setentrional dun longo areal que chega ata a praia do Rego do Alcalde, ao S.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta. Coñecido como Nikolaus Lenau, difundiu a súa obra, cargada de dor, pesimismo e melancolía, en alemán, da que destacan Gedichte (Poemas, 1932), Polenlieder (Cantos polacos, 1835), Savonarola (1837) e Waldlieder (Cantos do bosque, 1843).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Método de control da natalidade, proposto case simultaneamente por K. Ogino e H. Knaus, que se basea na lei que leva o mesmo nome. Consiste en evitar as relacións sexuais durante os períodos fértiles da muller, que son os días comprendidos entre o décimo noveno e o duodécimo, ambos os dous incluídos, antes da regra. Dada a irregularidade que presenta o ciclo de moitas mulleres, resulta un método bastante azaroso. A porcentaxe de erro redúcese cando se complementa co control da temperatura basal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Reacción inversa á redución de Meerwein-Ponndorf-Verley, que permite a oxidación, en condicións suaves e cun rendemento moi bo, de alcohois primarios e secundarios a aldehidos e cetonas respectivamente.
-
PUNTA
Punta da ribeira dereita da ría de Arousa, situada entre as praias do Pico e da Sereira, na parroquia de Rianxo, no concello homónimo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Inventor. Precursor da aviación, estudou moitos principios empregados posteriormente en aeronáutica, entre eles cómpre destacar a á en frecha e o tren de aterraxe. En 1876 obtivo a patente de invención dunha aerodina provista de hélice, pero non conseguiu realizala ao non obter as axudas necesarias.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xurista. Profesor de dereito constitucional e da cátedra Jean Monnet na Universidade de Santiago de Compostela, especializouse na constitución europea e en teoría constitucional. Da súa produción destacan Against positive rights (1988), El Ejemplo constitucional de Inglaterra (1992), Invitación al estudo de la Constitución de los Estados Unidos (1998) e Doce tesis sobre la Política (2000). Foi membro da Political Studies Association.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor ruso, irmán de Anton Pevsner. Coñecido como Naum Gabo, experimentou o cubismo e en 1914 promoveu o construtivismo. En Moscova frecuentou o círculo de Tatlin. Estableceuse en Berlín con motivo da exposición de arte rusa na galería Van Diemen en 1922. Entre 1932 e 1936 residiu en París, onde participou no movemento Abstraction-Création. Tamén viviu en Reino Unido e en EEUU. Traballou a súa arte, consecuente co seu Manifesto Realista (1920), con pulcritude e cunha renovación constante de materiais.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto, neto de Joaquim Sorolla. Foi arquitecto conservador da Cidade Monumental de Santiago de Compostela. Proxectou o traslado da vila histórica de Portomarín (1963), deseñou uns planos da catedral de Lugo e encargouse do proxecto de remodelación do Museo Arqueolóxico e do Arquivo Provincial de Ourense (1959). Foi académico de honor da Real Academia de Nobles y Bellas Artes de San Luis de Zaragoza, correspondente da Real Academia de San Carlos de València e académico non numerario da Real Academia Galega.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta e dramaturgo. Cultivou todos os xéneros, como a comedia en Les rivales (1653), pero sobre todo a traxedia, como Agrippa (1662). A partir de 1672 dedicouse a escribir libretos de ópera para o compositor Lulli, como Alceste (1674).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Foi presidente da empresa familiar AEG. Fundou o Deutschen Demokratischen Partei (Partido Democrático Alemán, DDP), partidario da aplicación do Tratado de Versailles ao proclamarse a República de Weimar (1918). Foi ministro de Reconstrución (1921) e de Asuntos Exteriores (1922), e asinou o Tratado de Rapallo (1922). Morreu asasinado, probablemente por nazis.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Afección caracterizada pola aparición de crises vasomotoras nas mans e nos pés, desencadeadas habitualmente polo frío. Cómpre distinguir entre a síndrome de Raynaud, que pode aparecer no decurso de diversas enfermidades, e o fenómeno de Raynaud, que acompaña a outros trastornos.
-
PERSOEIRO
Médico. Profesor en París, experimentou sobre as transfusións de sangue, estudou a circulación das extremidades e describiu a enfermidade que leva o seu nome.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Asociación de carácter privado fundada o 5 de setembro de 1926 na Coruña. Pertencente á Federación Española de Vela, ten como obxectivos a promoción, o fomento e a práctica dos deportes acuáticos, con especial atención á vela. O seu primeiro presidente foi Ambrosio Feijó Pardiñas. Conta con dous peiraos principais, o Muelle de las Ánimas, en que se sitúa o complexo deportivo, e o Muelle de la Dársena, que conta co edificio social. Encárgase da realización de diferentes regatas, principalmente das clases Optimist, Europa, Láser, Táboas e Cruceiros, en diversos campionatos galegos, de España ou de Europa, ademais da regata Cutty Sark.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sociedade deportiva constituída o 17 de abril de 1906 por iniciativa do comandante de mariña José Ruiz Rivera, que tivo como primeiro presidente a Antonio Conde e como presidente de honra ao Rei Afonso XIII. Conta con seccións deportivas federais de remo, vela, natación, pesca, subacuáticas e de tenis de mesa. Organiza, desde 1972, o Campeonato de España de Pesca a la Cacea e, desde 1975, o Concurso Internacional de Pesca del Tiburón. Ademais das súas instalacións deportivas para o amarre de embarcacións e o seu edificio social, inaugurado en 1945, conta cunha piscina climatizada (1967) en que se adestra un equipo propio de natación, co que conseguiu diferentes medallas en campionatos galegos e nacionais, e o Club Los Abetos, adquirido en 1987.
-
PERSOEIRO
Físico, químico e fotógrafo francés. Profesor na École Polytechnique de París como sucesor de Gay-Lussac (1840), estudou os fluídos e os vapores e ideou un tipo de higrómetro. Descubriu o tetracloruro de carbono e investigou os halóxenos e os hidrocarburos. Membro fundador da Société Héliographique (1851) e da Société Française de Photographie (1854), descubriu o uso do ácido pirogálico como axente para positivar e publicou First Elements of Chemistry (1850). Os seus calotipos publicáronse baixo o título Etudes et Paysages (1853).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar alemán. Capitán da cabalaría durante a Primeira Guerra Mundial, favoreceu o ascenso de Hitler e destacou durante a Segunda Guerra Mundial nas campañas de Polonia e Francia. Ascendido a mariscal en 1940, substituíu a Von Rundstedt no mando do exército do sur na fronte do Leste.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta alemán. Coñecido como Reinmar o Vello destacou como representante dos minnesänger, viviu en Viena e cantou ao amor, cunha lírica elegante e sutil.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa francesa de automóbiles. A súa orixe atópase no vehículo bautizado como Voiturette creado por Louis Renault en 1898 e na sociedade Renault Fréres, fundada en 1899 en Billancort cos seus irmáns Marcel e Fernand Renault. Pouco despois a sociedade converteuse no primeiro construtor francés do sector automobilístico. En 1909 Louis Renault quedou a cargo da empresa, que tomou o seu nome. Durante a Primeira Guerra Mundial converteuse nunha industria de guerra e despois da Segunda Guerra Mundial constituíuse a Societé Anonyme des Usines Renault e en 1945 converteuse nunha empresa do estado francés co nome de Régie Nationale des Usines Renault. Convertida en sociedade anónima en 1990, privatizouse en 1996. En 1999 constituíu a alianza Renault Nissan pola que a empresa francesa adquiriu o 36,8% de Nissan Motor, o 22,5% de Nissan Diesel e as sociedades financeiras europeas do grupo xaponés. En 1999 adquiriu máis da metade do capital do construtor rumano Dacia, que en 2001 ampliou ao 92,72%....
-
PERSOEIRO
Xurista francés. Especializado en dereito internacional, escribiu La Conférence navale de Londres: Déclaration relative au droit de la guerre maritime (1909) e Introdution à l’étude du droit international (1879). Recibiu, xunto con Ernesto Teodoro Moneta, o Premio Nobel da Paz (1907).
VER O DETALLE DO TERMO