Real Club Náutico de La Coruña
Real Club Náutico de La Coruña
Asociación de carácter privado fundada o 5 de setembro de 1926 na Coruña. Pertencente á Federación Española de Vela, ten como obxectivos a promoción, o fomento e a práctica dos deportes acuáticos, con especial atención á vela. O seu primeiro presidente foi Ambrosio Feijó Pardiñas. Conta con dous peiraos principais, o Muelle de las Ánimas, en que se sitúa o complexo deportivo, e o Muelle de la Dársena, que conta co edificio social. Encárgase da realización de diferentes regatas, principalmente das clases Optimist, Europa, Láser, Táboas e Cruceiros, en diversos campionatos galegos, de España ou de Europa, ademais da regata Cutty Sark.