"PLA" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 722.

  • CAPITAIS

    Capital do Imperio Bizantino construída por Constantino I sobre a antiga Bizancio e consagrada o 11 de maio do 330. Organizouse segundo a administración e as leis de Roma e axiña se converteu na capital política do Imperio de Oriente, trala división do Imperio Romano (395), e no centro relixioso e intelectual do mundo romano oriental. Viviu o momento de máximo esplendor baixo o Emperador Xustiniano (527-565), quen fixo da cidade o centro do comercio entre Europa e Asia. O pazo imperial, o hipódromo, o Senado, a igrexa patriarcal de Santa Sofía e o foro de Constantino constituían o centro da vida urbana. Os contactos entre o pobo e o emperador producíanse unicamente durante as manifestacións que, con motivos lúdicos, se realizaban no hipódromo. Había catro faccións distintas: branca, vermella, verde e azul, pero só as dúas últimas tiveron importancia. Os verdes (prasinoi), representantes tradicionais do monofisismo e orixinarios dos barrios pobres, recibiron o favor do Emperador Anastasio,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Denominación que recibiron os oito concilios celebrados pola Igrexa cristiá en Constantinopla entre os anos 381 e 1341. A Igrexa só considera como ecuménicos catro, os tres primeiros e o sexto, denominado IV Concilio.
    Concilio I (381)
    Segundo concilio ecuménico da Igrexa católica, convocado polo Emperador Teodosio I, ao que asistiron 150 bispos orientais, que condenaron o arianismo e o macedonianismo, definiron o Espírito Santo como parte integrante da Santísima Trindade e reafirmaron as resolucións adoptadas no Concilio de Nicea (325).
    Concilio II (553)
    Quinto concilio ecuménico convocado polo Emperador Xustiniano coa intención de atraer á fe ortodoxa os monofisitas. Condenou os Tres Capítulos, escritos de Teodoro de Mopsuestia, Teodoreto de Ciro e Ibas de Edesa, acusados de nestorianismo, un movemento enfrontado aos monofisitas.
    Concilio III (680)
    Sexto concilio ecuménico convocado polo Emperador Constantino...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Imperio fundado trala conquista de Constantinopla polas forzas da Cuarta Cruzada (1204) e gobernado por príncipes francos ata que foi conquistado por Miguel VIII Paleólogo no 1261. O conde de Flandres e de Hainaut foi elixido o seu emperador, co nome de Balduíno I, e recibiu un territorio que se estendía por ambas as beiras do mar do Mármara e dos estreitos que incluía a parte NO de Anatolia, o territorio de Tracia e as illas de Samos, Quíos e Lesbos. O seu imperio, que incluía ademais unha parte da cidade de Constantinopla, organizouse segundo o sistema feudal e tiña como estados vasalos o reino de Tesalónica, o ducado de Atenas e o principado de Morea. A República de Venecia, que acadou unha posición dominante no Mediterráneo oriental, fíxose co control económico e non prestou vasalaxe a ningún dos emperadores francos de Oriente. O Imperio, sen embargo, non puido consolidar o seu territorio, pois dispuña de escasos recursos económicos propios e contaba coa oposición da poboación autóctona....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dignidade e xurisdición do xefe espiritual da Igrexa ortodoxa, con sé en Constantinopla. O Concilio I de Constantinopla (381) recoñeceulle o primeiro lugar despois da sé romana. O Concilio de Calcedonia (451) atribuíulle a xurisdición sobre Tracia, Asia e O Ponto. As disensións con Roma, que culminaron coa mutua separación, en tempos do Patriarca Miguel Cerulario (1054), confirmaron a Constantinopla como cabeza de todo o mundo ortodoxo fronte á sociedade latina de Occidente. Aínda que conservou a primacía de honra de toda a Igrexa ortodoxa, o patriarca de Constantinopla, que reside en Fanar, barrio de Istambul, ten xurisdición sobre os ortodoxos de Turquía, algunhas illas gregas, o monte Athos, as dioceses do N de Grecia e moitas comunidades ortodoxas de Europa, América e Australia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa bizantina situada na antiga Constantinopla. A construción primitiva incendiouse durante a revolta suscitada polo exilio de Xoán Crisóstomo. Reconstruída por Teodosio II (415), foi novamente devastada no 532. Nese mesmo ano, Xustiniano comezou a edificar o novo templo dedicado á divina sabedoría. Construído por Antemio de Tralles e Isidoro de Mileto, consagrouse no 537. No 577, a cúpula tivo que refacerse e, tralos terremotos dos ss IX e X, renovouse a igrexa. No 1204 saqueárona os latinos e trala conquista de Istambul polos turcos (1453), converteuse en mesquita. En 1934 transformouse en museo de arte bizantina. Trátase dunha construción de plano central en forma de rectángulo, precedido dun nártex interior e doutro exterior. O interior divídese en catro grandes piares enlazados entre si e co resto do edificio por un conxunto de arcadas e bóvedas. O corpo central cóbrese cunha cúpula de grandes dimensións (65 m de altura e 31 m de diámetro) levantada sobre catro pendentes. O máis...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se pode contemplar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de contemplar.

    2. Atención con respecto a unha persoa ou a unha cousa por mor da súa importancia. OBS: Normalmente, emprégase en plural.

    3. Estado espiritual que comporta unha experiencia peculiar de sensacións, que ordinariamente quedan fóra do alcance da consciencia, e unha unión inmediata con elas que fai que sigan parecendo como eminentemente reais. As condicións que posibilitan a contemplación son a reflexión, a meditación e un certo esforzo ascético. É unha práctica presente nas grandes relixións dende épocas antigas: no brahmanismo, a ascética física e mental (ioga) e a contemplación mística (bhakti) son dous camiños para acadar a liberación (moksa); no budismo, a contemplación serve para acadar o nirvana; e no taoísmo, o obxecto da contemplación é configurar imaxinativamente as realidades divinas que habitan o propio corpo, que se prepara así para acadar a supervivencia. Na Biblia, a contemplación cara a cara con Deus é o anhelo máis radical do crente, que non pode cumprirse sen que este morra. O achegamento do home a Deus prodúcese, polo tanto, en virtude da iniciativa divina, mediante...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen contempla.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Mirar detendo a vista fixamente en algo ou en alguén.

    2. Tomar en consideración algo, como un asunto ou unha posibilidade.

    3. Meditar sobre Deus.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á contemplación.

    2. Que ou quen se entrega á contemplación relixiosa.

    3. Que adopta unha actitude pasiva ante algo e observa máis que actúa.

    4. Estilo de vida que se basea principalmente na contemplación, propio dalgunhas formas da vida relixiosa. Xeralmente, oponse á chamada vida activa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Situar unha peza de madeira enriba doutra de xeito que queden cruzadas as súas fibras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Procedemento cinematográfico que consiste en mostrar un plano de dimensións iguais e simetricamente oposto ao anterior.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Composición breve que, ben illada, ben en serie, serve de letra a unha cantiga popular ou outra que a remeda. Nun sentido métrico estricto, corresponde por antonomasia a unha combinación de catro versos octosílabos, con rima asonante nos versos pares e sen rima nos impares. De xeito máis xeral, designa igualmente un tipo de composición poética pertencente á tradición popular, que se cultivou tamén na poesía culta medieval, na do Século de Ouro e na vertente popularista da literatura contemporánea. Admite un amplo abano de temas (amor, relixión, filosofía, moral, valores ou actitudes patrióticas, etc) e presenta diferentes formas segundo a distribución das rimas e as súas diferencias métricas ao longo da historia. Na Idade Media, as Leis de Amores catalogaron máis de setenta coplas diferentes; a obra de Juan de Mena Laberinto de Fortuna, ten tamén por título Las Trescientas [coplas] e Jorge Manrique escribiu as Coplas a la muerte de su padre. A mediados...

    2. Composición de oito versos octosílabos distribuídos en dúas semiestrofas de catro versos, con catro rimas consonantes diferentes cruzadas ou abrazadas. Emprega varios esquemas métricos (abbacddc, abbacdcd, etc). A inclusión dunha cuarta rima faina máis sinxela ca a de arte menor e dálle un ton arcaico. Procede, posiblemente, da lírica galego-portuguesa.

    3. Estrofa de rima consonante que na Idade Media substituíu a caderna vía e que posteriormente foi relegada polo auxe dos hendecasílabos, da oitava real e do soneto. Consta de oito versos de arte maior, polo común dodecasílabos, con dúas ou tres rimas consonantes diferentes, cruzadas ou abrazadas e organizadas de catro en catro. Os versos cuarto e quinto adoitan rimar entre eles. Pode seguir distintos esquemas métricos (ABBA-ACCA; ABABBCCB, etc). Nalgúns casos presenta leves oscilacións na medida dos versos, posto que o que a define é ante todo a colocación de dous acentos separados por dúas sílabas átonas en cada hemistiquio. Algúns teóricos afirman que a súa orixe está na poesía medieval galego-portuguesa. Empregouse con asiduidade na lírica culta castelá do s XV.

    4. Estrofa formada, polo común, por oito versos octosílabos, con tres rimas consonantes diferentes cruzadas ou abrazadas. Adopta esquemas métricos diversos (abbacca; ababacca, etc). Foi habitual na poesía popular ata a segunda metade do s XV, momento no que se impuxo a copla castelá.

    5. Estrofa que consta de seis versos, catro octosílabos e dous pés crebados tetrasílabos, isto é, que se organiza en dous tercetos octosílabos simétricos rematados cada un deles nun cuarto verso tetrasílabo. Ten rima consonante con esquemas como 8a8b4c8a8b4c. No caso de existir versos de pé crebado que midan cinco sílabas, haberá que considerar a incidencia de fenómenos métricos como a compensación ou a sinalefa. Denomínase tamén dobre sextilla, copla manriqueña ou copla de Jorge Manrique, xa que a difundiu Jorge Manrique no poema Coplas a la muerte de don Rodrigo Manrique.

    6. Molde métrico que pode ter de sete a doce octosílabos e un número variable de rimas, con ou sen enlace entre as dúas semiestrofas. Procede da poesía occitana medieval e seguiu empregándose ata o Século de Ouro español.

    7. Estrofa de dez versos octosílabos consonantes distribuídos en dúas semiestrofas de cinco versos con rimas diferentes (abaab cdccd). Divulgada por Juan de Mena, proliferou nos cancioneiros casteláns dos ss XV e XVI; posteriormente, constituíu unha das formas máis frecuentes do epigrama. Denomínase tamén décima falsa, estancia real ou quintilla dobre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao punto, á recta ou á figura situada no mesmo plano que outra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor, director de orquestra, pianista e musicólogo. Comezou os estudios musicais con Rubin Goldmark en Nova York e, posteriormente, con Nadia Boulanger en París. En 1924 regresou a Nova York e dedicouse á docencia e á composición, ademais de escribir artigos e libros sobre música. Entre as súas obras destacan os ballets Rodeo (1942) e Appalachian Spring (Primavera apalachense, 1944); as obras orquestrais Music for the Theatre (Música para o teatro, 1925), El salón México (1936), Concerto para clarinete (1948) e Tercera Sinfonía (1946); as pezas para piano Danzón cubano (1942), Down a Country Lane (Cara a abaixo polo camiño, 1962) e Danza de Jalisco (1963); as bandas sonoras das películas The City (A cidade, 1939), Of Mice and Men (De ratos e homes, 1939) e The Heiress (A herdeira, 1948), entre outras; as obras de música de cámara Noneto para corda (1960) e Dúo para...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arte e técnica de modelaxe da terracota. Empregouse, especialmente, na fabricación dos vasos gregos antigos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cirurxía plástica do cranio para a corrección dunha deficiencia ósea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fenómeno de degradación e aplanamento progresivo do relevo orixinado pola acción dos procesos característicos dos medios fríos, como a xelifración ou a solifluxión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Plancto que vive na neve e no xeo constituído por especies de algas microscópicas especialmente adaptadas, entre as que hai que destacar a clorofícea Chlamydomonas nivalis, que tingue a neve de cor rosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte periférica do citoplasma das cianobacterias onde se localizan os pigmentos asimiladores.

    VER O DETALLE DO TERMO