"RL" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1468.

  • PERSOEIRO

    Bispo e teólogo italiano, coñecido co pseudónimo de o Calabrés. Foi monxe en Galatro, de onde pasou a Constantinopla, onde foi abade do mosteiro de San Salvador. Por mor da súa amizade con Petrarca, a quen lle aprendeu o grego, obtivo a sé italo-bizantina de Gerace (1342). É autor de diversos escritos teolóxicos e matemáticos, entre outros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tema literario que exemplifica a intercomunicación cultural entre Oriente e Occidente. Co título de Salita Vistava existiu unha lenda india, escrita en sánscrito, que trataba sobre a vida de Buda; este, nun determinado episodio, tiña catro encontros (cun ancián, cun doente, cun morto e cun asceta) e deducía as consecuencias morais. A lenda, a través dunhas traducións xeorxianas, chegou á literatura grega. O protagonista é agora Josafat, fillo do Rei Abenner, que, educado no luxo e no pracer, a través destes encontros coñece a realidade do sufrimento e da morte, e grazas ás explicacións do asceta, personaxe do último encontro, convértese ao Cristianismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor, ilustrador e escritor alemán. Estableceuse en Güstrow en 1910. A súa escultura inspirouse en tipos populares e na imaxinería medieval, especialmente a románica. Para a valoración das formas relacionouse coas investigacións cubistas. Participou da corrente e da concepción plástica e ideolóxica do Expresionismo alemán. As súas imaxes son sempre tensas e dramáticas. Na súa produción escrita, novela e sobre todo teatro, revelou a súa preocupación pola soidade e as miserias humanas fronte ao absoluto e a contraposición dos valores espirituais con respecto aos materiais. Durante a República de Weimar realizou monumentos conmemorativos da Primeira Guerra Mundial; o realizado para a catedral de Güstrow foi destruído polo réxime nazi ao ser considerada a súa arte como dexenerada. Á súa morte, o seu taller de Güstrow converteuse en museo. En Hamburgo existe outro museo dedicado á súa obra. Publicou en 1928 a súa autobiografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da provincia de Bari, na Puglia (Italia), á beira do Adriático (91.236 h [1997]). Posúe fábricas de produtos químicos e de cemento. Entre os seus monumentos artísticos sobresaen a catedral (ss XII-XV) e unha inxente estatua de bronce, do s IV, probable representación dun emperador romano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor arxentino. Foi o fundador e director de El teatro del pueblo, e director das revistas Metrópolis e Conduta. Cultivou diversos xéneros. Destaca a novela realista La ciudad de un hombre (1945), na que describe a vida das clases humildes e propugna unha solución revolucionaria. Publicou tamén Royal Circo (1930), La edad del trapo (1956), De espaldas a la luna (1964) e Aunque llueva (1970).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Abolicionista, tamén coñecido co nome de Frederick Douglass. Foi un escravo fuxitivo que dedicou a súa vida á loita pola emancipación dos escravos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cable co que se suxeitan, tanto pola proa como pola popa, os buques abarloados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Embarcación de vela e temón, típica da costa cantábrica galega xa desaparecida. A súa eslora abranguía unha lonxitude aproximada de entre sete e dez metros. Saían a pescar con palangres e rascos cos que se collía raia, linguado ou centolas. Levaba unha tripulación composta por catro homes que, por norma xeral, eran familiares ou veciños próximos. O barlote adoitaba ser da exclusiva propiedade do patrón ou dunha soa casa, atendendo á característica familiar desta pesca. A repartición das ganancias facíase por cestas, respectando a xerarquía laboral existente no barco: máis cestas para o patrón e menos para o mariñeiro. O barlote desapareceu cara aos anos vinte e trinta do século XX, ao perder a súa utilidade práctica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Embarcación que barloventa ben, gañándolle camiño ao vento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Navegar manobrando de xeito tal que, dando bordadas sucesivas en zig-zag, se consiga seguir o rumbo dirixido cara ao fío do vento, na amura, ofrecendo deste xeito unha menor resistencia á forza do vento. O éxito desta manobra depende unicamente das liñas do casco e da habilidade do patrón. Unha regra xeral, e que convén ter presente en todo momento, é que barloventando a distancia dóbrase, o tempo triplícase e o abatemento multiplícase por catro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Municipio da provincia de Santa Cruz de Tenerife, Islas Canarias, situado ao N da illa de La Palma (2.488 h [1996]). Esténdese polos límites do antigo reino guanche de Fagaragre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lado da embarcación de onde sopra o vento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Santa Cruz de Tenerife, Islas Canarias, situado ao N da illa de La Palma (2.488 h [1996]). Esténdese polos límites do antigo reino guanche de Fagaragre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor británico. Realizou estudios en Cambridge, no Royal College of Music e posteriormente foi profesor na Universidade de Newcastle. Partiu dun romanticismo inicial cara a un serialismo lírico. Entre a súa produción destaca o Cuarteto de Corda (1969).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor francés de orixe inglesa. En París realizou estudios con Charles Koechlin. Entre a súa produción destacan ballets, operetas e pezas de cámara.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e diplomático norteamericano. Foi embaixador norteamericano en Francia. Autor de The Vision of Columbus (A visión de Colón, 1877), epopea en nove libros de carácter patriótico, do ensaio Advice to the Privileged Orders (Asesoramento para ordes privilexiadas, 1792) e das poesías satíricas The Hasty Pudding (O precipitado pudin, 1796).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Científico inglés. Profesor da Royal Military Academy de Woolwich, obtivo métodos para rectificar erros nos compases, perfeccionou moitos instrumentos ópticos e inventou a roda de Barlow.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparello ideado no 1828 por Peter Barlow que demostrou o principio do funcionamento das máquinas eléctricas e constituíu un dos primeiros tipos elementais de motor eléctrico. Consta dun disco condutor que pode xirar libremente ao redor do seu eixe horizontal e que se mergulla parcialmente nun depósito de mercurio. Aplícaselle un campo magnético e un xerador de corrente continuo, cun polo no mercurio e o outro no eixe da roda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pianista e compositor norteamericano. Realizou estudios en Harvard, París, New York e Roma. Compuxo a primeira ópera de autor norteamericano representada na Opera-Comique de París, titulada Mon ami Pierrot (O meu amigo Pierrot, 1935).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico británico. Autor de importantes estudios sobre o déficit da vitamina C nos nenos, o escorbuto infantil, coñecido tamén co nome de enfermidade de Barlow.

    VER O DETALLE DO TERMO