"Az" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2426.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Ardaña (Carballo). A súa orixe está na fundación de 1596 de Rodrigo Breijo. Ten planta rectangular alongada e dúas plantas, con portas alinteladas na inferior e ventás con tornachuvias na superior. Conserva un escudo do s XVIII coas armas dos Aldao, Leis e Castro, entre outras, e un reloxo de sol no portal de acceso. Conserva un hórreo da época fundacional.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada nas Encrobas (Cerceda). A torre, que pertenceu a Martiño Becerra, da casa de Nebra, e pola que preiteou o concello da Coruña en 1395, non se conserva. O pazo localízase nun terreo pechado e nel destaca a escaleira de acceso ao primeiro piso, o patín da fachada e o escudo coas armas dos Becerra.
-
PERSOEIRO
Xornalista e economista. Director xeral do grupo Radio Vigo (Cadena SER), realizou estudios de publicidade e graduouse en dirección de empresas polo ICADE.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arcebispo de Sevilla (1884-1885 e 1886-1889) e Toledo (1885), bispo de Córdoba (1875-1883) e patriarca das Indias. Consagrouse como dominicano no convento de Ocaña (1844) e permaneceu en Manila, onde terminou os seus estudios. Regresou a España en 1866. Promovido por León XIII como cardeal da Igrexa de Roma, ocupou a Sé primada de España (1885). Destacou pola súa faceta de filósofo e foi un gran defensor da filosofía tomista. Participou na polémica evolucionista-creacionista elaborando unha hipótese pola que Adán era en parte produto da evolución e en parte obra directa de Deus. Foi autor de Historia de la Filosofía (1878-1879) e Filosofía Elemental (1868). En 1873 foi elixido membro da Real Academia de Ciencias Morales y Políticas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Promotor, guionista e director cinematográfico. Aos 15 anos entrou no mundo da industria cinematográfica como axudante publicitario na compañía distribuidora Salvador Cárcel S A, de Caracas, da que chegou a ser vicepresidente. Tamén colaborou con numerosos medios de comunicación, tanto na prensa escrita coma na radio. En 1962 regresou a España e fundou as empresas Cocines S L, Ars Films S A e Kalekia S A, así como Ismael González P C, desde as que importou, exportou, distribuíu, produciu e exhibiu películas, e foi o pioneiro na distribución do cine de Arte e Ensaio en asociación con Barcino Films S A, con títulos tan emblemáticos como El ángel exterminador (L. Buñuel, 1962) ou El imperio de los sentidos (N. Oshima, 1976). Produciu numerosas películas, dirixidas tanto por el como por outros cineastas, entre outros os primeiros traballos de Fernando Trueba ou as curtametraxes de Diego Galán e, xunto con este último, foi membro fundador da Joven Crítica. En 1981 organizou...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Historiador e arqueólogo. Doutor en Filosofía e Letras (1930). Trala Guerra Civil, e como consecuencia da súa pertenza ás Irmandades da Fala e ao Partido Galeguista, trasladouse a Puerto Rico, onde foi decano da Universidad de Puerto Rico, posto desde o que fomentou a fundación do Coro Universitario, do Museo da Universidade, do Seminario de Estudios de Puerto Rico e dun centro de Escavacións Arqueolóxicas. Membro do Seminario de Estudios Gallegos, participou xunto a F. López Cuevillas no proxecto de catalogación dos castros galegos e escavou, entre outros, os castros de Domaio, Santa Tegra, Taboexa e San Cibrán de Las. Colaborou de forma asidua con distintas publicacións O tesouro de Foxados (1933), La Población de Nueva España en el siglo XVI e El colegio de San Clemente de Pasasantes.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Gaiteiro. Coñecido como Moxenas, foi profesor de gaita e percusión e compositor de pezas para gaita. Formou parte de grupos como Os chavales de Sárdoma, Vento das Cíes, Lembranzas Galegas e Muxicas. Das súas obras destacan Pasodoble de Sárdoma, Cereixas de beade, Foliada para Andrea. Foi nomeado Vigués Distinguido.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Da súa produción destacan as pezas de teatro Refuxio, ou por que as volvoretas non podían pousar (II premio no Concurso de Teatro Infantil e Xuvenil do Concello de Xove 1984) e Festa no xardín (I premio no Concurso de Teatro Infantil e Xuvenil do Concello de Xove 1987).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Debuxante. Xefe provincial de telecomunicacións do ministerio de Ciencia e Tecnoloxía e presidente da Agrupación Cultural Auriense, foi o creador do personaxe de cómic O Carrabouxo, colaborou en diversas publicacións como La Región, Atlántico Diario e A Nosa Terra. Publicou Ano e pico de carrabouxos, 400 carrabouxos máis, Carrabouxos a esgalla I, Carrabouxos a esgalla II e A Sabeliña. Recibiu o Premio Galicia de Xornalismo, o Premio José Aurelio Carracedo de xornalismo e o Populares de COPE en Ourense.
VER O DETALLE DO TERMO -
FAMILIAS
Familia de artistas casteláns. Pablo González Velázquez (Andújar 1664-Madrid 1727), escultor, traballou para as igrexas madrileñas e fixo o retablo da igrexa das Calatravas. Dos seus fillos, Luis González Velázquez (Madrid 1715-1765), pintor, traballou nas Salesas e nas Descalzas Reales de Madrid; Alejandro González Velázquez (Madrid 1719-1772), pintor, escultor e arquitecto, fixo o altar maior de San Francisco de Borja e traballou nos palacios reais de Aranjuez, Madrid e La Granja de San Ildefonso; e Antonio González Velázquez (Madrid 1729-1793), pintor, decorou a cúpula da capela Angélica do Pilar de Zaragoza (1753) e en 1757 foi nomeado pintor de cámara. Os fillos deste último tamén foron artistas. Zacarías González Velázquez (Madrid 1763-1834), pintor de cámara (1801), traballou na Real Fábrica de Tapices e na decoración do Palacio Real e na Casita del Labrador de Aranjuez; esta...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bispo de Ourense (1311-1319). Deán da catedral de Ourense, foi elixido bispo polo cabido catedralicio. Durante o seu bispado, concedéuselle o señorío da cidade de Ourense e aprobáronse unha serie de privilexios para os eclesiásticos, como o de quedaren exentos de pagar os xantares do rei.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Museo situado en San Petersburgo. Creado para gardar as coleccións de Catarina II, o seu nome procede dun pequeno pavillón construído no Palacio de Inverno, o pequeno Èrmitaž, e en 1787 incorporouse a un novo edificio, o vello Èrmitaž. Tralo incendio de 1837 do Palacio de Inverno, reconstruíuse e abriuse ao público en 1852. En 2000 levou a cabo un proceso de expansión que propiciou a instalación de salas permanentes na Somerset House de Londres e a creación do Museo Guggenheim- Èrmitaž en Las Vegas. Os fondos divídense nas seccións de cultura primitiva, cultura dos países do Próximo e Extremo Oriente, cultura grecorromana, cultura eslava, arte occidental e numismática.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘labazada’.
-
PERSOEIRO
Político e sindicalista. Enxeñeiro técnico industrial e diplomado en Relacións Laborais e Empresariais, foi cofundador da UGT-Galicia e primeiro presidente democrático do comité de empresa de Citroën. Foi deputado do grupo Socialista do Congreso pola provincia de Pontevedra desde a I á IV lexislaturas (1979-1993). É patrón das Fundacións Celso Emilio Ferreiro e Luís Tilve.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en San Xoán de Poio (Poio). Construída na segunda metade do s XIX, a súa planta achégase á forma dun L. Ten torre cuadrangular e está rematada con ameas. O edificio está percorrido por terrazas con balaústres.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Santa Cruz do Valadouro (O Valadouro). Consta de dous corpos principais, con capela pegada, e outros dous auxiliares anexos, nos que destaca a cheminea. Está rodeado dun muro agás na fachada NO. No lintel da porta destaca un escudo cuartelado con varios brasóns que alude, entre outros, aos Bolaño e aos Saavedra. Conserva outros escudos no muro e nas fachadas.
-
PERSOEIRO
Médico e naturista. Foi conservador do Museo de Ciencias de Madrid e catedrático de Anatomía Comparada. Encargouse de elaborar un plan de acción para a defensa dos viñedos españois fronte á invasión da filoxera.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Covas (Viveiro). Foi construído por Juan Dutton e Aguiar en 1597. Ten planta rectangular con dúas alturas: na parte baixa hai dúas portas, de arco de medio punto e arco rebaixado respectivamente, e na superior consérvanse dous escudos. Ten solaina e unha gran cheminea. En 1666 construíuse unha capela dedicada a Nosa Señora da Concepción no lado N, que se reconstruíu en 1867.
-
CAPITAIS
Capital do land de Estiria, Austria, a 180 km ao SO de Viena, (240.967 h [1996]). Está situada á beira do Mur. Un contraforte dos Alpes, o Schlossberg (471 m), domina a cidade. Posúe talleres ferroviarios, fábricas de vehículos e industria téxtil de la, coiro e cervexa. É un centro universitario: Karl-Franzens Universität Graz, fundado en 1586. Construída ao redor do castelo, converteuse no s XII nun importante centro comercial. Do seu patrimonio cultural destacan, entre outros, a catedral gótica, as casas do Burg, o castelo de Eggenberg (s XVIII) e o edificio da Opera (s XIX). Foi declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1999 e ostentou en 2003 a capitalidade europea da Cultura.
VER O DETALLE DO TERMO -
SERRAS
Sistema montañoso da Península Ibérica que constitúe o extremo occidental das Cordilleiras Béticas, ao NL da provincia de Cádiz. Culmina a 1.654 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO