"URA" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1529.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen fai unha reaseguranza.
-
VER O DETALLE DO TERMO
reaseguro.
-
-
Volver asegurar.
-
Facer unha reaseguro.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cultura precolombina que se desenvolveu (300 a C - 500 d C) no val do río Recuay, na rexión do Callejón de Huaylas, nas terras altas do norte de Perú. Nas tumbas atopouse cerámica de formas complicadas, decorada coa técnica do negativo, que consiste en recubrir con cera os debuxos que se querían preservar e en somerxer en pintura a peza así preparada.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rede ecolóxica europea constituída a partir dos lugares declarados como zonas de especial conservación (ZEC) e zonas de especial conservación para as aves silvestres (ZEPAs). Xurdiu a partir da Directiva Hábitat coa intención de aplicar os criterios de sostemento ao mantemento e conservación do medio natural. Baséase no progresivo incremento de especies animais e vexetais en desaparición e de espazos naturais do territorio europeo en grave deterioro, causados polo progresivo abandono das actividades agrícolas tradicionais, a contaminación ou a destrución física pola súa urbanización ou industrialización. En Galicia está constituída por 14 ZEPAs e por 59 espazos incluídos na proposta de Lugares de Importancia Comunitaria (LIC), dos que 55 están incluídos na lista de LICs da rexión bioxeográfica atlántica aprobada en 2004.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Espazo natural situado no centro oriental da Cordilleira Cantábrica asturiana, de 376,2 km2 de superficie, que foi declarado Parque Natural (1996) e Reserva de la Biosfera (2001). Presenta unha orografía de media e alta montaña caliza, formacións de orixe glaciaria e formas kársticas nas que predomina o bosque atlántico, pradarías e pastos e fauna característica do N peninsular.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Operación ou regra de substitución (rewriting) que, en gramática xenerativa, converte un elemento gramatical noutro ou ben nun conxunto doutros. Por exemplo, F → SN + SV, SN → D + S, SV → V + C, é unha regra que indica que a frase (F) ha de ser convertida nunha cadea de sintagma nominal (SN) e sintagma verbal (SV); o SN, nunha cadea de determinante (D) e substantivo (S); o SV, nunha cadea de verbo (V) e complemento (C), etc, ata chegar a uns símbolos terminais non susceptibles xa de máis reescritura.
-
-
Acción e efecto de reestruturar.
-
Proceso de adecuación dun sector produtivo, mediante unha nova combinación de factores, para obter máis produtividade.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Modificar ou crear unha nova estrutura.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rega que se realiza dunha soa vez.
-
VER O DETALLE DO TERMO
olver instaurar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Distensión ou escordadura do pulso.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de remexer ou remexerse.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de remoer.
-
VER O DETALLE DO TERMO
restaurable.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que pode ser restaurado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Período da historia de Portugal comprendido entre 1640 e 1668. Iniciouse en Lisboa en 1640 coa aclamación, por parte dun grupo de fidalgos, de Xoán IV como rei de Portugal e supuxo o enfrontamento con España. Asinada a paz en 1668, supuxo a fin do dominio castelán en Portugal e a entronización da dinastía de Bragança
-
-
-
Acción de restaurar.
-
Restablecemento nun país do réxime político que existira con anterioridade.
-
Reposición no trono dun rei destronado ou do representante dunha dinastía expulsada.
-
Proceso ou conxunto de intervencións progresivas que, de forma simple ou combinadamente, teñen por obxectivo prolongar a existencia dos bens culturais, mediante a mellora das súas condicións físicas. Os procesos máis habituais neste labor son a documentación, a consolidación do soporte, a limpeza de superficies, a reintegración pitórica e o envernizado ou protección final da superficie da obra. Malia que a necesidade de restaurar sempre existiu, foi importante na evolución do concepto a acción da Igrexa ao recomendar que se restaurasen as imaxes do culto e os descubrimentos de Pompeia e Herculano, coa conseguinte necesidade de conservar as pezas. No s XVIII xa destacaron algúns restauradores como Picault, Edwards e Hacquin, e os talleres de restauración de Venecia, Nápoles, Boloña e París. En Madrid, apareceu en 1853 a obra de V. Poleró Arte de la Restauración e, en 1880, un tratado de pintura cun capítulo dedicado á restauración, obra de M. de la Roca . O International...
-
Período histórico que comeza coa reposición dunha dinastía. Entre as principais restauracións monárquicas europeas destacan a inglesa (1660-1702), que repuxo aos Stuart, a española, que restableceu a monarquía borbónica, e as dúas de Francia, a primeira (1814-1815) co regreso de Luís XVIII de Borbón, e a segunda (1815-1830), coa entronización do seu irmán Carlos X.
-
-
Oficio ou actividade de restaurador.
-
Conxunto de debuxos e planos que representan un edificio na súa forma orixinal.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Período da historia de España que comprende desde o 29 de decembro de 1874, en que se proclamou a Afonso XII como rei de España, ata o 14 de abril de 1931, data da proclamación da Segunda República. Correspóndese co reinado de Afonso XII (1874-1885), a rexencia de María Cristina de Austria (1885-1902) e o reinado de Afonso XIII (1902-1931). Distínguense tres etapas. A primeira (1874-1876) é a de instalación e consolidación do novo sistema. Comeza co pronunciamento do xeneral Arsenio Martínez de Campos en Sagunt (29.12.1874) e a formación do ministerio rexencia presidido por Antonio Cánovas del Castillo. Tentábase desprazar aos militares da vida política e converter a coroa en fonte de poder mediante un goberno no que os partidos conservadores e libeais alternasen por quendas e no que a manipulación do sufraxio fose algo corrente para que as forzas políticas tivesen representación parlamentaria. Neste sistema o control da demarcación territorial era básico, feito que provocou que se desenvolvese...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Período da historia de Europa que comprende desde a celebración do Congreso de Viena de 1815 ata a Revolución de 1848. Supuxo o retorno ao Antigo Réxime coa restauración da monarquía absoluta e a reorganización do mapa europeo despois da época napoleónica.