"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

      1. Condición peculiar que adquiren no dereito os feitos xurídicos e as cousas polo feito de estar nun territorio sometidas a un determinado ordenamento xurídico.

      2. territorialidade das leis

        Principio segundo o cal a lei obriga a todos os que se atopan no territorio da institución que a ditou. Aplícase, sobre todo, en relación ás leis penais e de orde pública. Só están eximidas persoas, edificios e barcos afectados pola extraterritorialidade.

    1. Mecanismo de defensa do ámbito doméstico en que se desenvolven os organismos, que tende a arredar os individuos ou grupos uns dos outros. Todos os grupos taxonómicos teñen formas de loita de defensa do territorio, desde os organismos inferiores, nos que se desenvolven sistemas pasivos que tenden a facer incompatible a vida doutros organismos, ata os organismos superiores, que se serven de comportamentos complexos. Este proceso limita a competencia intraespecífica e preserva as poboacións do esgotamento de reservas de alimentos, auga ou luz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • territoria­lidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Superficie de terra que comprende unha xurisdición.

      2. Espazo xeográfico, en sentido amplo, atribuído a un ser individual ou a unha entidade colectiva. É dicir, é unha porción de espazo ocupado por unha persoa, grupo ou estado. Cando se asocia co estado adquire dúas connotacións específicas, unha que ten que ver coa soberanía territorial, cando un estado reclama o seu control lexítimo exclusivo sobre un área determinada, con límites definidos; e outra que se refire á área que non está totalmente integrada na vida política dun estado, como un territorio colonial. En relación aos feitos humanos, o termo acada, referido a un individuo ou grupo, o sentido de ámbito de expansión ou posible localización, ou de espazo marcado para ser empregado de forma exclusiva como hábitat, ámbito de vida cotiá ou caza, entre outras posibles funcións relacionadas coa noción de dominio. A acción deste grupo xera inmediatamente a delimitación, como acontece nos estados onde as fronteiras son as que determinan a súa área territorial. O territorio é xerado a partir...

      3. Porción da superficie terrestre suxeita a apropiación por parte de individuos para levar a cabo calquera actividade, especialmente de produción e reprodución ou consumo, que se consideran como demarcación do exercicio dunha serie de competencias (políticas ou administrativas).

      4. ordenación do territorio /

        Política que se ocupa da presenza, distribución e disposición no espazo daqueles feitos aos que se confire a capacidade de condicionar ou influír no desenvolvemento e benestar dos seus habitantes. A Carta Europea de Ordenación do Territorio, subscrita en 1984, defínea como a expresión espacial da política económica, social e cultural de toda sociedade. Aborda tanto os problemas relativos ás rexións como os que afectan a todo o territorio dun estado, e son aplicadas polas diversas administracións. No caso galego, nun territorio dado poden interactuar políticas de ordenación da UE, da administración central, da Xunta de Galicia, da Deputación Provincial e do concello, ademais de plans coordinados entre varias ou todas estas administracións e outros organismos competentes. A ordenación do territorio comparte elementos comúns con outras prácticas como o urbanismo e a planificación ambiental. É á vez unha disciplina científica, unha técnica administrativa e unha política concibida como un enfoque...

      1. Extensión de terra que forma unha circunscrición política.

      2. Entidade político-administrativa, nalgúns estados federais de Arxentina, Brasil, Canadá, India ou Venezuela, inferior ás provincias, ás rexións ou aos estados autónomos, que non goza de autonomía interior.

    1. Área que un organismo defende fronte a outros membros da sua propia especie ou de especies diferentes. As dimensións do territorio son características de cada especie e dependen da cantidade e da natureza da alimentacion e da produtividade do territorio. A súa estrutura é variable, e os seus límites establécense primeiramente por un combate, e posteriormente mantéñense mediante actitudes ameazadoras ou sinais, que poden ser olfactivos, ópticos ou acústicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Colonia británica constituída en novembro de 1965. Ten unha superficie de 46 km2 e comprende o arquipélago de Chagos, onde destaca a illa Diego García, que ten unha base militar británica e estadounidense. Outras illas menores son Pero Banhos, Salomon e Three Brothers. Non existe unha poboación estable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • TERRITORIOS

    Territorio de Canadá, situado entre a baía de Hudson, ao L, e o territorio do Yukon, ao O, que comprende máis de 1/3 da superficie total do país (1.224.920 km2; 37.360 h [2001]). A súa capital é Yellowknife (16.541 h [2001]). Esténdese ao N ata máis alá do Círculo Polar Ártico, e comprende numerosas illas, entre as que está a de Baffin. Un grande altiplano interior cobre unha boa parte dos distritos de Franklin e Keewatin, mentres que na parte occidental se abre o val do Mackenzie, entre as montañas de Horn e Franklin, prolongada pola gran depresión entre o Gran Lago dos Osos e do Escravo. Preto destes lagos e do Athabaska están as principais minas de uranio e de radio do mundo. A poboación esquimó, que vive nos distritos de Keewatin e Franklin, dedícase sobre todo á caza e á pesca, mentres que os indios practican a caza e o comercio de peletaría, sometidos por outra banda a regulación gobernamental.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado de Australia (1.346.200 km2; 210.664 h [2001]). A súa capital é Darwin. A rexión do N está formada por chairas costeiras que alternan con altiplanos (Terra de Arnhem) e as illas que rodean a costa, con clima húmido e cálido. A rexion central ten unha vexetación de estepa e sabana (Barkly Tableland). Ao O atópase o deserto de Tanami. Na rexión meridional, seca e árida, alternan as cordilleiras (Macdonnell Ranges) e as depresións (Simpson Desert). A vexetación está formada basicamente polo scrub. A economía está baseada principalmente na explotación de cobre, ouro, uranio, estaño, mica, tungsteno, bauxita, manganeso, chumbo, cinc, ferro, e na gandaría bovina. O desenvolvemento do territorio é lento a causa das escasas comunicacións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista mensual editada en 1997 en Santiago de Compostela. Dirixida por Eduardo Ramonde e promovida pola Federación Galega de Municipios e Provincias, nos seus artigos analizaba a situación dos concellos en Galicia, a relación destes coa Xunta de Galicia e co Estado, lexislación e acordos das administracións locais.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Negocio xurídico formal en virtude do que o causante regula a súa sucesión por causa de morte, mediante a institución de un ou máis herdeiros e o ordenamento doutras disposicións. É unilateral, se se basea na exclusiva declaración de vontade do causante; persoal, se procede do mesmo causante; e revogable, se mantén a vixencia da última vontade. Ademais, pode ser aberto, cando se fai de palabra ante o notario ou ben escrito e lido diante del e de varias testemuñas; pechado, cando se fai por escrito e se pecha nun sobre cuñado diante de notario e de testemuñas; ou hológrafo, cando foi escrito e firmado da propia man do testante e protocolizado despois da súa morte.

      2. Documento de carácter legal en que se fai constar a vontade do testador.

      3. testamento en país estranxeiro

        Testamento que se formaliza ante as autoridades consulares ou diplomáticas do estado testador. É tramitado polo Ministerio de Asuntos Exteriores, coa certificación de defunción do testador, para que sexa publicado no boletín oficial do estado en cuestión e as persoas que teñan que herdar procedan á súa protocolización.

      4. testamento marítimo

        Testamento feito sobre un barco que conta cunha validez de catro meses desde o desembarco do testador. Nos barcos de guerra ten que outorgarse diante do contador, dúas testemuñas e o comandante, que dá o visto e prace. Nos barcos mercantes, é autorizado polo capitán, en presenza tamén de dúas testemuñas.

      5. testamento militar

        Testamento outorgado en tempos de guerra polos militares en campaña, voluntarios, prisioneiros e calquera outra persoa do exército, cando se atopan en perigo de morte. Ten que outorgarse en presenza dun oficial, que teña polo menos categoría de capitán, e dúas testemuñas.

    1. Escrito en que unha persoa expresa os puntos fundamentais do seu pensamento ou as principais características da súa arte, en forma que se considera definitiva.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Documento notarial escrito en portugués considerado, xunto coa Noticia de Torto, como un dos primeiros textos romances non literarios escritos no Reino de Portugal que se conserva. Data de 1214 e foi escrito na chancelaría real. Consérvanse dúas copias (Braga e Toledo) con cadansúa norma gráfica, pero manteñen unha gran regularidade interna. Ambos os dous diplomas diferéncianse polas distintas scriptae que materializan.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Documento notarial, datado en 1259, que probablemente teña a súa orixe en Ribadavia. É un dos primeiros textos non literarios escritos en romance galego dentro das fronteiras actuais de Galicia. É posible que se trate dun rascuño anterior a unha versión definitiva (en latín ou xa en romance) ou, quizais, un traslado parcial dun orixinal que talvez solicitou o mosteiro de Oseira. O documento evidencia a falta de fixación gráfica e a carencia dunha scripta consolidada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • orquiectomía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tapa de olas, potas ou de calquera outro recipiente similar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que está duro e compacto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada unha das moedas europeas en que figura a cabeza dun soberano. Xurdiron en Milán, Nápoles e Estados Pontificios no s XV e estendéronse por Francia, Inglaterra, Borgoña e Castela. O seu valor equivale máis ou menos ao tostón do que procede.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor italiano. Neorrealista, escribiu contos, como Il dio di Reoserio (1954) e novelas, como La catedrale (1974). Cultivou tamén a poesía, en L’amore (1968), e teatro, SdisOré (1991), ademais de versións actualizadas de traxedias clásicas, como Macbetto (1974) e Edipo (1977).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Hormona sexual masculina, sintetizada principalmente nos testículos e en menor cantidade na cortiza suprarrenal e no ovario, que é a responsable dos caracteres sexuais secundarios. É un esteroide producido, a través da vía metabólica común das hormonas sexuais, a partir do colesterol. Metabolízase no fígado e minimamente na pel e na próstata, e elimínase polos ouriños. Un dos seus derivados é a androsterona.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao sistema cristalino que ten unha estrutura reducida, así, a forma xeral ten a cuarta parte das caras da forma correspondente na clase holoédrica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cada unha das mamas do ubre de certos mamíferos.

    2. Cada un dos anacos que forman os froitos cítricos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estación de gravados rupestres situada en Santa María de Tebra (Tomiño). Na vertente sur destaca, entre os diferentes motivos, unha gran figura composta por case 20 círculos concéntricos, sendo o de maior diámetro de máis de 2 m e o menor de 15 cm con coviña central. Pola técnica da gravación dos sucos e motivos asociados dátanse na Idade do Bronce (2000 a de C).

    VER O DETALLE DO TERMO