"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • GALICIA

    Diplomático. En 1916 trasladouse a Santiago de Compostela onde se licenciou en Dereito (1927). Participou en 1923 na fundación do Seminario de Estudos Galegos do que foi secretario de actas ata 1928. Ingresou co traballo “Algunhas moedas castelás atopadas no Valadouro”. En 1936 converteuse en conselleiro permanente do Seminario en calidade de director da sección de Ciencias Sociais, Xurídicas e Económicas. Durante este tempo realizou investigacións históricas que publicou no Boletín da Real Academia Galega, Nós e Arquivos do Seminario, ademais do “Vocabulario popular galego-castelán” que publicou en Faro de Vigo. En 1929 trasladouse a Berlín onde iniciou estudos de ciencia política e entrou en contacto co marxismo. No curso 1930-1931 converteuse en profesor de dereito da Universidade de Santiago de Compostela, en que incluíu un pequeno curso da historia do dereito galego, e en 1931 trasladouse a Madrid para realizar o doutoramento. Ese mesmo ano participou...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista e escritor. Foi profesor axudante de dereito político na Universidad Complutense de Madrid, facultativo do Instituto Bibliográfico Hispánico ou integrante da Dirección General del Libro y Bibliotecas. Como xornalista colaborou en El Compostelano, El Correo Gallego, La Noche, “As nosas páxinas galegas” do ABC e en Mundo Gallego, foi redactor xefe da revista Chan (1963-1985) e redactor da axencia EFE. Colaborou en diversas revistas especializadas como Revista Internacional de Sociología, Revista de Estudios Políticos ou Boletín da Real Academia Galega e tamén en Bibliografía de traduciones españolas de obras sociológicas y sociales publicadas de 1870 a 1915. Escribiu, entre outras obras, La idea de progreso social en Concepción Arenal (1957). Como tradutor recibiu o Premio Nacional de Tradución Fray Luis de León en 1966 por Felipe II, de C. Petrie. Foi correspondente da Real...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lei sintáctica que elaboraron os romanistas A. Mussafia (Split, Croacia 15.2.1835-Florencia 7.6.1905) e A. Tobler (Hirzel, Suíza 23.5.1835-Berlín 18.3.1910), relativa á obrigatoriedade da énclise do pronome átono en frases que comezan por unha forma verbal ou cando o verbo se atopa despois das conxuncións e e ma, no francés e no italiano antigos, e extensible tamén a outras linguas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Rampla inclinada para que os nenos esvaren por ela.

    2. Rampla lisa e en pendente que serve para transportar cousas ou esvarar por ela desde un punto superior a outro inferior.

      1. Zorra longa, tirada normalmente por cans, que empregan os pobos do N de Canadá.

      2. Zorra similar á anterior, pero de dimensións máis reducidas, que se emprega en deportes de inverno para descender por pistas de pendente pronunciada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de Asia de 1.591 km de lonxitude, que nace en Kazakhstán, no altiplano de Siberia Occidental, atravesa os oblasti rusos de Kurgan e T’umen’ e desemboca no Irtyš.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Toledo, Castela-A Mancha, situado ao NL de Alcázar de San Juan (2.069 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘parto’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da verba dos arxinas que corresponde á voz ‘taberna’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Peza de tea que cobre a cabeza. É de forma rectangular feita de liño fino, tule ou encaixe e que se suxeita á cabeza mediante un fío de liño ou unha fita de seda. Tiña un uso máis estendido durante a Idade Media e o Renacemento, aínda que tamén forma parte do traxe feminino de gala de certas zonas. É moi semellante á cofia e a principal diferenza está na forma de saco que ten esta última.

    2. Peza de tea coa que as monxas e as freiras cobren a cabeza e os ombreiros.

    3. Peza, polo xeral de punto de la, que empregan as mulleres para abrigar as costas.

    4. Especie de rede de graxa que suxeita o intestino á parede do abdome.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de tocar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparato que se emprega para reproducir o son gravado nos discos fonográficos. Está constituído por un xiradiscos, un brazo fonocaptor e unha cápsula fonocaptora. Hai tocadiscos manuais e automáticos. OBS: Tamén se denomina pick-up.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de tocar.

    2. Que está algo danado.

    3. Aplícase ao deportista que está levemente lesionado.

    4. Que está tolo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen toca, especialmente un instrumento musical.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de tocar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Con relación a algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de Brasil de 2.640 km de lonxitude. Nace no estado de Goiás, preto de Pirenópolis, na vertente N dun sector tabular, segue unha dirección xeral de S-O, e desemboca, augas abaixo de Belém, nun antigo esteiro (río Pará) do Amazonas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer que unha parte do corpo entre en contacto con alguén.

    2. Estar unha cousa a carón doutra.

    3. Facer referencia a un tema determinado sen facer del o tema principal.

    4. Realizar modificacións ou variacións en algo.

    5. Facer soar un instrumento musical.

    6. Executar unha peza de música.

    7. Aproximarse moito a algo.

    8. Facer escala un barco ou un avión.

    9. Avisar algo mediante sinais acústicos.

    10. Corresponder algo a alguén por sorte ou nunha repartición.

    11. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao pobo tocario.

    2. Individuo do pobo tocario.

    3. Antigo pobo de orixe indoeuropea, que residiu entre os ss V e X no Turkestán chinés.

    4. Lingua do phylum indoeuropeo, do tipo centum, que se coñeceu ao comezo do s XX a través de numerosos textos no Turkestán chinés, escritos en brahmi e moi influídos polo sánscrito. Pódense distinguir dous dialectos: o tocario A ou agni e o tocario B ou kucheano. Desapareceu na Idade Media.

    VER O DETALLE DO TERMO