"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Peixe de diversas especies de selacios, da orde dos escualiformes (Galeus galeus, Mustelus airas, Mustelus mustelus), que poden chegar a medir dous metros e son moi voraces.
-
AFLUENTES
Afluente pola dereita do río Miño que nace e desemboca na parroquia de Goián (Tomiño).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete que corresponde á voz ‘peido’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete que corresponde á voz ‘peidear’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete que corresponde á voz ‘peideiro’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Megye de Hungría (3.703 km2; 249.683 h [2001]). A súa capital é Szekszárd (35.000 h [2000]).
-
PERSOEIRO
Escritor húngaro. De nome Lajos Hagymássy, na súa obra poética e narrativa recolle unha visión tráxica dun mundo corrupto, cheo de violencia e hipocresía. Publicou Poesías líricas (1865) e a novela A polgármester úr (1885).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que ou quen perdeu a razón ou ten perturbadas as súas facultades mentais.
-
Que ou quen se comporta con pouco xuízo ou irreflexivamente.
-
Que padece un estado de excitación que lle impide controlarse.
-
Que sente moito cariño ou entusiasmo por algo ou por alguén.
-
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Gipuzkoa, Euskadi (17.642 h [2001]). Núcleo industrial, destaca a industria papeleira e a fabricación tradicional de boinas. É un nó de comunicación.
VER O DETALLE DO TERMO -
FAMILIAS
Familia de mestres canteiros renacentistas, activos durante os ss XVI e XVII. Pedro de Tolosa (activo entre 1549-1583) difundiu o clasicismo herreriano en obras como o Convento Jerónimo de Guisando (Madrid, 1562), no Real Monasterio de El Escorial, na Colegiata de San Luis (Villagarcía de Campos) e nos conventos de Uclés e Moya, en Cuenca. Seu irmán, Juan de Tolosa (1548-1600), interveu con el na Colegiata de San Luis e con Andrés Ruíz no colexio de Nosa Señora da Antiga de Monforte de Lemos. Estilisticamente continuou coa austeridade propia da escola herreriana, como demostrou na fachada do mosteiro de Santa María de Montederramo (1598-1607). Alonso de Tolosa (Madrid 1549-1588), fillo de Pedro, foi aparellador (1582) da cuarta Colegiata de Valladolid, traballou como mestre de cantaría no Alcázar de Segovia e foi vedor das obras do bispado en Palencia. Tamén rematou a igrexa de Santiago de Medina de Rioseco, para a que se lle encargara...
VER O DETALLE DO TERMO -
REINOS
Entidade política fundada como resultado do segundo pacto entre o Rei Valia e o xeneral romano Constancio (despois Emperador Constancio III), en 418. Abranguía desde Tolosa ata o Atlántico e comprendía as cidades de Tolosa e Bordeos, -capitais alternantes-, Agen, Angulema, Santes, Poitiers e Périgueux, e desde 462 as da Narbonesa ou Septimania. No novo reino de Tolosa establecéronse os visigodos retornados de Hispania, cuxa expansión foi rápida e pasou aos Pireneos ata a Batalla de Vouillé (507), que puxo fin ao reino.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente a Tolosa ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Tolosa.
-
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Málaga, Andalucía, situado na Serranía de Ronda (2.239 h [2001]). A economía é agrícola e gandeira. Posúe augas termais.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de plantas herbáceas, da familia das asteráceas, con capítulos con flores provistas de lígulas de cor amarela e froito en aquenio con lanuxe. En Galicia florece, entre maio e xullo, en lugares areosos a especie T. barbata.
-
PERSOEIRO
Escritor ruso. De familia nobre, a súa primeira novela foi Detstvo (A infancia, 1852), á que seguiron Otročestvo (A adolescencia, 1854) e Junost’ (A primeira xuventude, 1857). Analizou e denunciou a realidade da guerra en Sevastopol’skije rasskazy’ (Relatos de Sebastopol, 1855-1856), influenciado pola súa experiencia no Cáucaso e a Guerra de Crimea. A primeira viaxe a Europa (1857) levouno a formular graves problemas morais e filosóficos e a atacar a inxustiza social. Durante a década de 1870, moitos críticos e escritores menosprezaron a perfección formal e as investigacións literarias, e Tolstoj, que non se mostraba de acordo con esta postura extrema, tamén participou na literatura desde un punto de vista moralista. Esta época representa o momento culminante da súa arte. De novo en Jasnaja Pol’ana, dedicouse á educación dos nenos e dos campesiños, fundou unha escola na súa propiedade e outras ao redor do distrito, editou a revista Jasnaja...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ao pobo tolteca.
-
Individuo do pobo tolteca.
-
Pobo amerindio precolombino pertencente probablemente ao grupo nahua, que desenvolveu unha das culturas posclásicas máis importantes de México entre os ss IX e XII. O seu carácter guerreiro reflectiuse na organización de castas e, sobre todo, na relixión. De feito, Texcatlipoca -deus guerreiro-, obrigaba a unha guerra constante para satisfacer a súa necesidade de vítimas, aínda que na capital, Tula, foi imposto temporalmente o culto ao pacífico Quetzalcóatl. Os seus devotos foron expulsados ao Yucatán, onde deron novo esplendor a Chichén Itzá. Derrotados (1168) polos chichimecas, refuxiáronse en Cholula e en Calhuacan.
-
-
CAPITAIS
Capital do estado de México, México (666.596 h [2000]). Situada a 2.680 m de altitude, a 63 km ao SO da cidade de México, preto do Nevado de Toluca, ten industrias químicas e alimentarias.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Hidrocarburo aromático que está presente nos aceites lixeiros do alcatrán de carbón. Obtense de fontes naturais e por reforming catalítico do petróleo. Emprégase na preparación de gasolinas de índice de octanos elevado, como produto de partida na preparación de benceno, fenol, trinitrotolueno e diversas materias intermedias na industria de colorantes, medicamentos e perfumes e tamén ten unha grande aplicación como disolvente, especialmente para pinturas e resinas.
-
PERSOEIRO
Gran khan mongol, fillo de Xenguis Khan. Estirpe da dinastía Yuan de China, a través do seu fillo Khublai Khan e dos il-khan de Persia, a través de Hülegü. O seu fillo primoxénito, Möngke, foi gran khan mongol, dentro da liña de Ögödei.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Cada unha das tres aminas aromáticas isoméricas que derivan do tolueno por substitución dun dos átomos de hidróxeno do anel por un grupo amino. Empréganse na preparación de colorantes.