"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

      1. Combate a cabalo, na Idade Media, entre cuadrillas de cabaleiros armados con lanzas, desenvolvido nun recinto circular, onde cada cabaleiro intentaba derribar ao seu contrario. Practicado en Europa desde o s XI ao s XVI, efectuábase no marco dunha festa pública con carácter de exhibición.

      2. Certame literario ou artístico.

    1. Competición individual ou por equipos que se disputa xeralmente por eliminatorias.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase á moeda cuñada en Tours, Francia, ata o s XIII.

    2. Moeda de prata ou combinada con cobre que se cuñou en varios países europeos a partir do s XIII, seguindo o modelo da moeda tornesa francesa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto, pintor e escultor. Coñecido como Indaco, foi colaborador de Miguel Anxo. En 1520 trasladouse a Granada, onde pintou unha parte do retablo da Santa Cruz (1521) na Capela Real e tallou o Enterramento de Cristo. En Murcia, interveu na construción da sancristía e da torre da catedral.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Peza composta por unha pequena barra roscada e unha extremidade que permite facela xirar para que penetre noutra peza (porca) ou nunha superficie. Utilízanse como elementos de unión entre dúas ou máis cousas, ou como un mecanismo que transforma o movemento de rotación en rectilíneo. Os parafusos de unión poden ser cilíndricos ou lixeiramente cónicos (para madeira) e caracterízanse polo seu diámetro e lonxitude, polo tipo de rosca e pola forma da cabeza. Esta pode ser cadrada, hexagonal, octogonal, cilíndrica ou semiesférica, ben con engaste de desparafusador ou con engaste en forma de cruz (parafuso Philips ou de cabeza de estrela); cilíndrico con engaste hexagonal (parafuso Allen); cilíndrico coa periferia grafilada e outros. Algúns parafusos teñen o extremo da barra lixeiramente cónico, e uns cortes laterais practicados na punta facilitan que o parafuso labre o seu aloxamento mentres se introduce (parafuso autoenroscante). Os parafusos utilizados como...

      2. parafuso de Arquímedes

        Máquina para elevar auga que consiste nun tubo provisto interiormente dunha chapa en forma de rosca ou de hélice, a que, ao virar cunha velocidade suficiente, permite pasar a auga dun nivel máis baixo a outro máis alto. OBS: Tamén se denomina rosca de Arquímedes.

      3. parafuso micrométrico

        Parafuso de precisión co que van provistos moitos instrumentos científicos ou de metroloxía para obter a medida precisa dun desprazamento lonxitudinal.

      4. parafuso sen fin

        Engrenaxe en que un parafuso cilíndrico fai xirar unha roda dentada.

    1. Trade para facer buracos formado por unha polea que fai xirar unha broca.

    2. Fuso grande ou torcedor para la ou liño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome finés do río Torne.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ferramenta empregada polos carpinteiros para suxeitar fortemente unha peza de madeira encolada ou para suxeitar ao banco a peza que han traballar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aparato en forma de cruz que xira arredor dun eixe vertical, que obriga a que as persoas pasen unha a unha.

      1. Instrumento que se emprega para comprimir a arteria principal dun membro interrompendo o curso do sangue e evitando a hemorraxia.

      2. torniquete de Esmarch

        Peza de goma resistente que se aplica na raíz dun membro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Máquina simple que consiste nun cilindro sobre o que se aplica tanxencialmente unha resistencia, especialmente mediante unha corda ou un cable que se enrola e que se move mediante unha roda de gran diámetro ou ben accionado por un motor. En ocasión recibe nomes como torno de tracción ou torno eléctrico, facendo referencia á finalidade para a que se emprega.

      1. Máquina empregada para arredondar pezas de madeira, metal, corno ou outro material duro, ou darlles un perfil ou calibre determinado, imprimíndolles un rápido movemento de rotación ao poñelos en contacto cunha ferramenta de corte.

      2. torno de bésta

        Torno primitivo en que a rotación da peza era causada pola peza chamada bésta.

      1. Nome dado a diversas máquinas ou aparatos que traballan mediante un rápido movemento de rotación.

      2. Aparato que consiste nun disco grande de madeira disposto horizontalmente na parte inferior dun eixe, que presenta no seu extremo superior un disco máis pequeno sobre o que o oleiro coloca a peza de barro que ten que formar.

      3. Ferramenta similar á prensa que empregan os toneleiros para estreitar e dobregar as doelas dos toneis.

      4. Maquinaria empregada para traballar un sólido indefinido facéndoo xirar arredor dun eixe e arrincándolle material perifericamente para transformalo nunha peza ben definida. O torno permite obter superficies cilíndricas, planas, cónicas, esféricas, perfiladas e con rosca, e é moi utilizado no traballo dos metais, para obter superficies de revolución a partir de barras cilíndricas, para rectificar e alisar pezas de fundición ou desbastadas, para facer roscas en pezas cilíndricas, e para fabricar porlóns, parafusos grandes e outras pezas. O torno paralelo, que é o máis común, consta dunhas guías polas que se desprazan o carro principal e o cabezal móbil, e que soporta, nun dos seus extremos, o cabezal fixo, o motor, o cambio de marchas e os elementos de control. A peza que hai que traballar tamén se pode suxeitar entre puntos, e entón cómpre realizar nos seus dous extremos dúas depresións cónicas en que entran os puntos dos cabezais, e o movemento transmítese mediante unha brida....

      5. torno de fiar TÉXT

        Aparato empregado para fiar ou para debandar o fío dunha madeixa, que consistía nunha roda motriz, montada nun plano vertical sobre un pé, que transmitía o movemento a un piñón, montada nun fuso que, así, xiraba a unha gran velocidade.

    2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Lobios baixo a advocación de san Salvador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte da serra Segundeira situado entre a parroquia da Ponte, concello da Veiga, e o municipio de Porto, na provincia de Zamora. O seu cumio acada os 1.944 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada sobre o río Lobios ao seu paso por Torno (Lobios). Trátase dunha ponte de cantaría do s XVIII con tres arcos lixeiramente apuntados e cun desaugadoiro arquitrabado. Atópase no camiño de Lobios a Grou e Lobeira.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Parte que está entre a raíz e as pólas dunha árbore.

    2. Anaco circular que resulta de cortar o tronco dunha árbore.

    3. Anaco circular dunha peza de froita, carne ou peixe.

    4. Moldura grande convexa e semicircular que hai nas bases das columnas.

    5. Superficie xerada pola rotación no espazo dun círculo arredor dun eixe do seu plano que non corta o círculo.

    6. Peza en forma de toro, de material ferromagnético, que está destinada a facer de núcleo magnético nalgúns tipos especiais de transformadores e bobinas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Laza baixo a advocación de san Lourenzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Zamora, Castela e León, situado na beira dereita do Duero (9.282 h [2001]). É un centro agrícola e gandeiro. A cidade fundouna en tempos de Afonso III de Castela o seu fillo García, e foi repoboada por un importante número de mozárabes. Á morte de Fernando I (1065), Toro e a súa comarca pasou en herdanza á infanta Elvira, quen conservou a señoría ata a súa morte (1101). Afonso VII estableceu os límites do termo (1153) e Afonso IX deulle un forte pulo repoboador (1222) outorgando foros á cidade. Afonso XI dotouna dunha feira franca anual (1326) e Enrique IV concedeu o privilexio de celebrar feira por Coresma (1467). En 1520 adheriuse ao movemento das Comunidades de Castela contra Carlos I; pero despois do período medieval, de expansión, entrou nunha fase de decadencia. Do seu patrimonio cultural destacan os restos das murallas medievais, a colexiata de Santa María la Mayor (BIC, 1892), as igrexas mudéxares de San Lorenzo (BIC, 1929), El Salvador (BIC, 1929), Santa...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Coñecido como Suso de Toro, está considerado como un dos escritores máis destacados da literatura galega contemporánea. Formado en historia da arte moderna e contemporánea, e militante do Movimiento Comunista de España (1973) e do Partido Obreiro Galego (1977), participou en actividades de diversas organizacións sindicais estudantís e de traballadores. Colaborador de diversos medios de comunicación, como Diario de Galicia e La Voz de Galicia, a súa obra, traducida e publicada en varios idiomas, e adaptada en parte á cinematografía, caracterízase polo seu afán crítico cara á sociedade galega actual. Cunha mestura de elementos rurais e urbanos, xunto á utilización dunha linguaxe popular, o autor pretende poñer en evidencia e ridiculizar todo aquilo que representa unha mera copia nos diversos ámbitos da sociedade, especialmente no político, cultural e social. A súa produción, que abrangue os campos da novela, o ensaio e a obra dramática, iniciouse co seu...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Coñecido como Xelís de Toro, licenciouse en Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela. Lector de galego na University of Oxford e codirector de Edicións Positivas desde 1990, publicou, no apartado de narrativa para adultos, Seis cordas e un corazón (1989, I Premio Semana Negra do Concello de Santiago), que asinou co pseudónimo de Roque Morteiro; Non hai misericordia (1990, I Premio de Narrativa Cidade de Lugo), que se centra no mundo radiofónico e na violencia; e Terminal (1994), pensada como un xogo lingüístico co que pretende superar diversas barreiras artísticas. No eido da narrativa infantil e xuvenil destacan Paco Peco Pequeneiro e o lagarteiro miope (1997), Os saltimbanquis no paraíso (1999), O neno perdido (1998), A porta dourada (1998), O Trompetista e a Lúa (1999), Paco Peco Pequeneiro e o mundo do revés (2001), A máquina contacontos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enfrontamento bélico entre as forzas de Isabel I de Castela e Fernando II de Aragón, dunha banda, e a coalición integrada por Afonso V de Portugal e unha parte da nobreza castelá, da outra, que tivo lugar o 1 de marzo de 1476. Episodio da loita sucesoria entre Isabel I e Xoana a Beltranexa, o rei portugués, axudado por Luís XI de Francia, tomou partido por Xoana e invadiu Castela. Asediados os portugueses e os partidarios de Xoana na vila de Toro, tivo lugar a batalla en Campo Peláez, que concluíu de maneira favorable para o bando isabelino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor e realizador cinematográfico. Ademais de dirixir diversos filmes, como Submission (1995), da súa filmografía como actor destacan Big Top Pee-wee (1988), The Funeral (1996), Traffic (2000, Oscar ao mellor actor) e Sin City (2005).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de disposicións aprobadas polas Cortes de Toro en 1505 a raíz da morte de Isabel I de Castela, que tiveron como finalidade primordial dar cumprimento ao testamento da raíña. Os representantes das cidades castelás, reunidos en Toro por instigación de Fernando II de Aragón o Católico, proclamaron reis de Castela a Xoana a Tola e ao seu marido Filipe o Fermoso e, en ausencia destes, recoñeceron a Fernando como rexente e administrador dos reinos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tratado de paz asinado en Toro o 26 de agosto de 1218 entre Afonso IX de León, a súa muller Berenguela e o seu fillo Fernando III o Santo. Co recoñecemento de Fernando como rei de Castela, púxose fin a unha guerra entre casteláns e leoneses pola sucesión de Enrique III, que deixou a coroa á súa irmá Berenguela I de Castela, quen abdicou no seu fillo.

    VER O DETALLE DO TERMO