"car" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3676.
-
-
Aplícase ao animal que se alimenta de grandes presas.
-
Persoa que corta e vende carne. Na Idade Media o gremio dos carniceiros foi un dos máis influentes nas grandes cidades, pero xeralmente estaban excluídos dos gobernos municipais. Eran monopolios que dispuñan de lugares de venda fixos e privilexiados e que conservaron a pesar dos ataques das autoridades locais.
-
Persoa que mata reses.
-
Persoa que non ten piedade e goza matando ou facendo sufrir.
-
Aplícase ao cirurxián ou outro médico que opera de forma descoidada.
-
-
PERSOEIRO
Escritor, lingüista e crítico. Doutor en Filosofía e Letras, da súa produción destacan, entre outras obras, os ensaios Vida e obra de Pablo Piferrer (1963), Entre la ciencia y la magia, Mariano Cubí (1969), Donde las Hurdes se llaman Cabrera (1964), Nuevas reflexiones sobre el lenguaje (1972) e Gracias y desgracias de Castilla la Vieja (1976).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor. Realizou estudios en Barcelona e ocupou a cátedra de Composición do conservatorio de Madrid dende a súa creación en 1830. Compuxo as óperas Elena e Malvina (1829) e Cristoforo Colombo (1831) e escribiu tamén música relixiosa, cancións populares e o himno nacional de Chile, titulado Dulce patria (1828).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mestre. Case toda a súa vida profesional estivo dedicada á educación en Galicia. En 1929 iniciou unha Biblioteca Popular Circulante a cargo da Asociación do Maxisterio de Viveiro, e en Ortigueira impulsou unha granxa de experimentación agrícola. A partir de 1930 accedeu á praza de mestre do Pósito de Pescadores de Cangas, onde fomentou a dinamización da educación arredor da escola primaria do Pósito marítimo de Cangas e do xornal Galicia Marítima. Logo, en 1933, creou unha pioneira e innovadora Escola de Pesca en contraposición ao modelo único escolar. Durante a Segunda República estivo vinculado á FETE-UGT.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar carlista. Participou na Guerra da Independencia contra os franceses, e chegou ao grao de coronel. En 1833 organizou as partidas carlistas do Baixo Aragón. Actuou a miúdo en combinación con Ramón Cabrera. Ascendido a xeneral, foi nomeado comandante do Baixo Aragón e do Maestrazgo. En 1835 marchou a Navarra para entrevistarse co pretendente Carlos V, pero foi capturado e fusilado polos liberais.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Establecemento onde se vende carne despezada para o consumo.
-
Mortaldade de xente causada por unha guerra ou calquera outro feito violento.
-
Destrozo ou lesión na carne ou na pel, xeralmente con profusión de sangue.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á carne destinada ao consumo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de carnificarse.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Transformarse anormalmente un tecido, especialmente o parénquima pulmonar, noutro que se asemella ao tecido muscular.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rocha sedimentaria dolomítica que presenta elementos calcarios de diferentes tamaños, que van dende uns poucos milímetros ata algúns centímetros de diámetro. Estes elementos a miúdo están disoltos polas augas de filtración, total ou parcialmente, e neste caso a rocha adquire un aspecto cavernoso.
-
VER O DETALLE DO TERMO
[esloveno: Kranjska] Rexión do N da Península Balcánica, incluída na súa maior parte na República de Eslovenia. De relevo montañoso, preséntase accidentada ao N e ao NO polos Alpes de Karawanken e polos Alpes Xulianos, e ao S polas montañas de Uskok. A cidade máis importante e Ljubljana, capital de Eslovenia. Carniola formou parte da provincia da Panonia durante a dominación romana e foi ocupada polos eslovenos no s VI, que iniciaron a súa colonización. Máis tarde permaneceu sucesivamente baixo o dominio dos patriarcas de Aquilea (1077-1228), dos duques de Carintia e dos condes de Gorizia e Tirol. Anexionada á coroa dos Habsburgo no 1335, Rodolfo IV de Austria converteuna en ducado no 1365. Formou parte das Provincias Ilirias entre o 1809 e o 1813. En 1918 repartiuse o territorio entre Serbia, Croacia e Eslovenia, e desde o 1947 incorporouse á República Federal Socialista de Eslovenia, onde permaneceu ata o 1991, agás o seu extremo meridional que foi anexionado a Croacia. Despois da independencia...
-
VER O DETALLE DO TERMO
[γ-trimetil-β-hidroxibutirobetaína: (CH3)3N+-CH2-CHOH-CH2-COO-]
-
-
Que se alimenta de carne, especialmente os animais de hábitos predadores, como os das ordes dos carnívoros e dos pinnípedos, que capturan fundamentalmente presas vertebradas.
-
Aplícase á planta que atrapa pequenos animais, principalmente insectos, que lle proporcionan nutrientes. Son exemplo de plantas carnívoras as familias sarraceniácea, nepentácea, droserácea (sobre todo os xéneros Dionaea e Drosera) e lentibulariácea (os xéneros Pinguicula e Utricularia). Os tres últimos xéneros están presentes en Galicia.
-
-
Mamífero da orde dos carnívoros.
-
Orde de mamíferos caracterizados por unha dentición na que destaca o gran tamaño dos caninos, de función punzante, e a aparición de moas carniceiras, cortantes, como especialización do cuarto premolar superior e do primeiro molar inferior. Tamén son características dos carnívoros: as mandíbulas, que só permiten movementos verticais de grande abertura; as clavículas atrofiadas, que preveñen problemas articulares; o aparato dixestivo sinxelo, pola facilidade de asimilación da súa dieta fronte aos animais herbívoros; o encéfalo desenvolvido, que coordina os reflexos e a intelixencia que precisa a vida depredadora; a vista desenvolvida, incluso para condicións de pouca luz; o oído notable; as glándulas odoríferas, dispostas na rexión anal e que están especialmente desenvolvidas nos mustélidos e nos vivérridos, e que nalgunhas especies como as mofetas e os touróns poden expelir substancias fétidas a distancia e servir de defensa;...
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
carnicería.
-
-
-
Dinosauro da infraorde dos carnosauros.
-
Infraorde de dinosauros do Xurásico e do Cretáceo que comprende as familias dos alosáuridos, ceratosáuridos, espinosáuridos, megalosáuridos e dos tiranosáuridos. Moitos carnosauros eran de gran tamaño e de hábitos preeiros ou depredadores.
-
-
-
Excrecencia ou eminencia carnosa, a miúdo patolóxica, localizada na superficie dunha estrutura anatómica.
-
Grosor excesivo da carne nalgunha parte do corpo.
-
-
-
Que está formado por carne.
-
Que presenta carne en abundancia.
-
Aplícase ao órgano vexetal brando, suculento e con moito zume.
-
Que ten a cor e a consistencia da carne muscular, como consecuencia da carnificación.
-
Aplícase ao viño que ten corpo e firmeza.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proceso cíclico simple realizado por unha máquina térmica ideal, chamada máquina de Carnot, creada por Nicolas Léonard Sadi Carnot en 1824. Consta de catro partes: na primeira, o sistema efectúa unha expansión isotérmica ao tomar calor dunha fonte e producir traballo exterior; despois pasa por unha expansión adiabática, que xera traballo exterior coa conseguinte diminución de temperatura; a continuación experimenta unha compresión isotérmica, expulsa calor ao exterior e recibe traballo; finalmente sofre unha compresión adiabática, recibe traballo e o conseguinte aumento de temperatura. É o ciclo teórico ideal no que se basean todas as máquinas térmicas, e calquera ciclo pode reducirse a unha combinación de ciclos de Carnot infinitesimais. A miúdo, o ciclo de Carnot utilízase percorrido en sentido inverso, como o realizado pola máquina frigorífica de Carnot.
-
PERSOEIRO
Pintor. De orixe cubana, reside en Vigo. Autodidacta de formación, dedícase principalmente á acuarela e a súa temática céntrase nas mariñas. Entre as súas obras destacan Puerto e Tarde de lluvia.
VER O DETALLE DO TERMO