"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Ciudad Real, Castela-A Mancha, drenado polo río Jabalón, ao S de Valdepeñas (3.189 h [2001]). A agricultura, a gandaría e a elaboración de viño son a base da súa economía.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do estado de Coahuila, México (529.512 h [2000]). Situado preto dos ríos Nazas e Aguanaval, no altiplano setentrional, forma unha conurbación coas cidades de Gómez Palacio e Lerdo. É o centro dunha comarca agrícola e mineira.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio situado na provincia de Cáceres, Extremadura (1.609 h [2001]). A súa economía baséase na gandaría lanar e no cultivo de cereais.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Jaén, Andalucía, que limita ao SL co río Guadalquivir (7.464 h [2001]). Destacan as actividades agropecuarias e a industria alimentaria.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Vilarmaior baixo a advocación de san Xorxe.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio situado na provincia de Jaén, Andalucía (1.804 h [2001]). A súa economía baséase na agricultura e na gandaría.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Compositor e pianista, curmán de Marcial del Adalid. Formado en Londres con I. Moscheles, viaxou por Europa e estableceu amizade con Chopin, Liszt e Rossini. Das súas composicións destacan Seven Waltzes for the Piano Forte, Bagatela campestre e Tres bagatelas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto e historiador da arte. Especializouse na restauración arquitectónica. Foi arquitecto conservador da Alhambra de Granada (1923) e técnico conservador do patrimonio arquitéctonico nacional (1929). Dirixiu innumerables restauracións, ata que ganou a cátedra na Escuela Superior de Arquitectura de Madrid (1931) e se concentrou na investigación e o ensino da arte, principalmente de arquitectura árabe.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Avogado e asesor xurídico. Doutor en Dereito polas universidades de Valladolid e Sarre (Alemaña) e diplomado de Altos Estudos Europeos, foi director do Servizo Xurídico da ONU e secretario xeral (1980-1986) do Tribunal Internacional de Xustiza, do que é xuíz ad hoc. Doutor honoris causa da Universidad de Alcalá de Henares, recibiu, entre outros galardóns, a Gran Cruz del Mérito Civil e a Gran Cruz de la Orden de Mayo (Arxentina).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Foi director xeral da UNESCO (1948-1952) e membro numerario da Academia Mexicana de la Lengua. Da súa obra poética destaca Fervor (1918), El corazón delirante (1922), Biombo (1925) e Sin tregua (1957), e dos seus ensaios Contemporáneos (1928) e El escritor en su libertad (1953). Tamén publicou novelas, narracións e as memorias Tiempo de Arena (1955).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Capitán da mariña mercante e político. Foi deputado autonómico polo PP (1981-1982, 1985-1989) e director xeral de Pesca e Marisqueo da Xunta de Galicia (1982-1985). Alcalde de Ribeira desde 1991, foi presidente da FEGAMP (1991-1995) e da Deputación da Coruña (1999-2003).
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio de Murcia, situado no val do Segura (16.450 h [2001]). Destaca na súa economía a agricultura e a gandaría. É representativa a industria alimentaria.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio de Madrid, situado ao L da capital (4.791 h [2001]). É importante a agricultura e a gandaría. A industria predominante é a de materiais para a construción.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Lleida, Catalunya (1.838 h [2001]). Destacan os cultivos de árbores froiteiras, cereais e forraxe. Ten importancia a cría de gando e o avecío.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio de Nafarroa, situado no Camiño Francés de Peregrinación a Santiago, entre Los Arcos e Viana (172 h [2001]). Do seu patrimonio arquitectónico destaca a capela románica do Santo Sepulcro, de planta octogonal cuberta por unha bóveda de cruzaría de estilo mudéxar.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Profesor. Doutorado en Filoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela (1996), dirixiu o Grupo GALABRA de investigación da USC e foi vicepresidente da Associação Internacional de Lusitanistas e membro do Comité Científico da Casa-Museu de Camilo Castelo Branco. Fixo estadas de investigación e ditou conferencias en diversas universidades portuguesas, brasileiras, españolas e francesas, con diversas publicacións no ámbito da teoría da literatura, e da literatura en lingua portuguesa. Vicepresidente da Mesa pola Normalización Lingüística (1989-1993), primeiro presidente das asociacións xuvenís e socioculturais Itaca e a Nau Catrineta e coordinador de Candeia Editora, organizou diversas reunións científicas e culturais, entre elas o Encontro Galego no Mundo-Latim em Pó (2000). Das súas obras destacan os seus traballos sobre metodoloxía de análise literaria e cultural e sobre as relacións galego-portuguesas. É autor tamén de Lisboa, passagem de poetas e escritores estrangeiros (2000) e...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritora. Integrante da Xeración das Festas Minervais e incluída no movemento da Nova Narrativa, foi alumna de R. Carballo Calero en Ferrol, quen a iniciou no coñecemento da literatura galega e no gusto pola escrita. Tras a consecución do Premio de Poesía da Asociación da Prensa de Vigo con “Nuestra primavera, tojos” (1958) e a súa participación en diversos recitais poéticos, incluíu algunhas composicións en diversas publicacións periódicas, como Aturuxo, Vida Gallega e Vieiros. No eido teatral foi actriz do grupo vangardista Teatro-Estudio de Ferrol e escribiu os dramas A outra banda do Iberr (1965) e Un hotel de primeira sobre o río (1968, Premio Castelao de Teatro). Creadora do primeiro programa radiofónico presentado integramente en galego desde a Guerra Civil española, Raíz e Tempo (1963), participou na gravación de discos sobre Castelao e Cunqueiro. Da súa obra lírica, en que reivindica o papel da muller e a súa loita por Galicia, e que...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e retórico da arte. Formouse en Barcelona, onde participou na decoración do Palau da Generalitat. Como pintor ao óleo e debuxante tendeu progresivamente ao esencialismo, e acusou unha influencia futurista. Residiu en Nova York (1920-1922) e en París (1926-1932), desde onde realizou unha salientable tarefa de aglutinador de artistas de vangarda organizando a exhibición da obra de pintores rexeitados polo Salon d´Automne (1926) e do grupo abstracto Cercle et Carré. Formou parte tamén do grupo Abstraction-Création. En Madrid (1932-1934), impulsou a formación do Grupo de Arte Construtivo. En París a súa pintura desprendeuse do primitivismo e dun esquematismo de raíz cubista para combinar as formas xeométricas coas alusións á realidade virtual, concepto plástico que chamou construtivismo ou universalismo construtivo e que continuou aplicando ata o remate da súa vida. De novo en Montevideo, difundiu os principios teóricos da súa última modalidade pitórica. Escribiu Historia de mi vida...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Mestre. Exerceu a docencia de ensino primario en Vigo, onde foi director da Escola Graduada do Arenal. Desde 1927 dirixiu a “Página Pedagógica” de El Pueblo Gallego e impulsou a Asociación de Trabajadores de la Enseñanza na zona viguesa, que despois de maio de 1936 pasou a denominarse Federación Gallega de Trabajadores de la Enseñanza e da que foi presidente. Foi un personaxe de extrema importancia na renovación escolar durante a década de 1920. Durante a República foi secretario xeral da Federación Socialista de Vigo e morreu fusilado por formar parte do Comité de defensa da República nos primeiros dias da sublevación. Publicou varios traballos na “Página Pedagógica” do Faro de Vigo e colaborou na revista pontevedresa Escuela Vivida.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(Bayarque, Almería 28.10.1937) Xeógrafa. Doutora en Xeografía pola Universidad de Navarra (1967), en 1968 incorporouse á Universidade de Santiago de Compostela e en 1981 converteuse en catedrática de Xeografía de España. As súas principais liñas de investigación son a xeografía rexional do mundo, a xeografía de Galicia, a xeografía social e das relixións e a xeografía dos asentamientos humanos. Membro dos comités científicos de Estudios Migratorios, Nimbus e A Estrada, das súas obras destacan La Navarra húmeda del Nororeste. Estudio geográfico de la ganadería (1971), Un modelo de encuesta rural para Galicia (1981), Las Parroquias de Galicia: Cartografía y estadísticas (1985), A Montaña galega: o home e o medio (1993), Parroquias y arciprestazgos de Galicia (1994), Geografía de Galicia (2000-2002), que dirixiu, e Estudio Geográfico del Atlas de Lázaro Luis del año 1563. Códice de la Academia...