"CIA" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3047.
-
PERSOEIRO
Rei de Francia (1179-1223), fillo de Luís VII e de Adela de Champagne. O seu reinado caracterizouse polos enfrontamentos constantes con Inglaterra, a súa participación na terceira cruzada (1191) e na cruzada contra os albixenses, e pola ampliación dos territorios do reino coas terras gañadas aos ingleses e aos condes de Flandres. Ademais, aumentou a autoridade real ao reducir o poder dos señores feudais, ao crear un consello asesor formado por membros da burguesía e ao reorganizar xudicial, financeira e administrativamente o goberno. Casou con Isabel de Hainaut, herdeira do condado de Artois e nai do seu herdeiro Luís VIII, e trala morte desta casou con Ingeborg de Dinamarca, de quen se divorciou, o que lle valeu o enfrontamento co Papa Inocencio III. Situou a capital do reino en París, onde fundou os Archives de France e construíu os primeiros edificios do Louvre.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Francia (1270-1285), fillo de Luís IX o Santo e de Margarida de Provenza. Participou en Tunisia na oitava cruzada, na que morreron o seu pai e o seu irmán. A morte dos condes de Toulousse en 1271 permitiulle engadir aos territorios da coroa Poitou, Auvernia, Aunis, o N de Saintonge, o condado de Tolousse e o señorío de Albi. Non obstante , cedeu ao papado o condado de Venaissin e a Inglaterra o Agenais e o S de Saintonge, a cambio de que o soberano inglés se declarase vasalo do rei de Francia. En política exterior apoiou ao seu tío Carlos I de Nápoles no seu enfrontamento co rei aragonés Pedro o Grande e casou ao seu fillo, o futuro Filipe IV de Francia, con Xoana I de Navarra. En 1284 enfrontouse no Rosellón e no Ampurdá a Pedro o Grande, que o acabou batendo no Coll de Panissars.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Francia (1285-1314) e de Navarra (Filipe III; 1284-1305), fillo de Filipe III de Francia e Isabel de Aragón. Casou en 1284 con Xoana I de Navarra e en 1286 foi coroado rei de Navarra. Polos tratados de Tarascó (1291) e Anagni (1295) concluíu as loitas cos aragoneses, que herdara do seu pai. Entre 1294 e 1296 enfrontouse aos ingleses e recuperou Guyenne e Gascogne, e no 1300 ao conde de Flandres, que foi liberado polos seus exércitos trala Batalla de Courtrai (1303). Estableceu unha pugna co Papa Bonifacio VIII por causa da bula Clericis Laicos (1296), que prohibía o pago de impostos ao poder civil por parte do clero. Impediu a saída das rendas francesas do papado e a entrada do clero nos Estados Xerais, ao que lle valeu a excomuñón. En 1312 obrigou ao papado a suprimir a orde militar dos Templarios e confiscou os seus bens.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Francia (1316-1322) e de Navarra (Filipe III; 1316-1322), segundo fillo de Filipe IV de Francia e de Xoana I de Navarra. Nomeado rexente trala morte do seu irmán Luís X (1316), foi consagrado rei en Reims (1317), ao morrer o fillo póstumo deste. Someteu os borgoñóns e os champañeses (1318), e detivo a Guerra de Flandres (1320). Realizou reformas da administración e intentou unificar, sen éxito, as cuñacións e o sistema de pesas e medidas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Francia (1328-1350), fillo do conde Carlos de Valois e de Margarida de Nápoles, e neto de Filipe III de Francia. Nomeado rexente á morte de Carlos IV o Fermoso (1328), foi proclamado rei pola corte e os baróns e con el iniciouse a dinastía Valois, liña secundaria dos Capetos. Durante o seu reinado comezou a Guerra dos Cen Anos, na que foi derrotado en Esclusa (1340) e Crécy (1346), perdeu Calais (1347) e adquiriu o Delfinado (1343) e Montpellier (1349). No eido económico devaluou a moeda e introduciu un novo imposto sobre o sal co fin de facer fronte aos elevados custos da guerra.
VER O DETALLE DO TERMO -
DIARIOS
Diario inglés fundado en 1888 en Londres, especializado en información política, económica e financeira. Ademais de analizar as principais economías mundiais e os negocios das grandes compañías, inclúe información sobre os mercados bursátiles máis importantes do mundo, cunha especial atención a Wall Street (Nova York) e Londres. Nos seus diferentes apartados, “Themes & Topics”, “News & Comment” e “Comment & Respond” engade reportaxes e comentarios sobre política internacional, lexislación e empresas, deporte, cultura e comentarios dos propios lectores.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Acción de financiar. Segundo a súa procedencia, clasifícase en interno, cando se recorre a fontes provenientes da actividade habitual ou da unidade económica (autofinanciamento), ou achéganas individuos pertencentes a esta unidade; e externo, se se recorre a algunha das institucións do sistema financeiro, circunstancia que representa un endebedamento.
-
Financiamento no que se renunciou ao dereito de cobro preferente fronte a outros acredores.
-
-
-
Proporcionar os fondos necesarios para a constitución, desenvolvemento e xestión dun proxecto ou dunha actividade económica.
-
Achegar os cartos necesarios para comprar algo a crédito.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Doutrina do pensamento económico aparecida en Francia na segunda metade do s XVIII como reacción fronte ao mercantilismo imperante. Achegaba a primeira teoría socioeconómica global, especificada na Tableau économique (Tabla económica, 1758) de François Quesnay. Os fisiócratas consideraban a terra como fonte orixinal de toda riqueza; a agricultura era o único sector capaz de producir un excedente ou unha riqueza (produto neto), mentres que a industria e os servicios eran sectores exclusivamente transformadores. Foi o primeiro modelo económico que definiu a interdependencia entre as diferentes clases sociais, que dividiron en tres grupos: agricultores, propietarios e a que denominaban clase estéril. Afirmaban a existencia dunha orde natural que consistía na liberdade e na propiedade e que non debía ser alterada con normas ou regulamentos; teoría expresada na famosa frase “Laissez faire, laissez passer, le monde va de lui-même”. Foron outros fisiócratas destacados,...
-
-
Que non é real ou é falso.
-
Que ten un valor acordado por convención.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ciencia que estudia os produtos e os preparados que se empregan para a protección dos vexetais contra as súas enfermidades e parasitos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de flagrante.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Indisposición ou molestia provocada pola acumulación de gases no estómago ou intestino.
-
CAPITAIS
Capital da Toscana e da provincia de Florencia, Italia, situada nunha ampla chaira aluvial ao pé dos derradeiros contrafortes da cadea subapenina, na beira dereita do Arno (413.069 h [1991]). Importante centro artístico, cultural e turístico, conserva en rúas e pazos un carácter renacentista sobre un fondo medieval. O seu desenvolvemento moderno iniciouse durante a época na que detentou a capitalidade do Reino de Italia (1865-1870), pero foi desde 1900 en diante cando tivo un grande incremento. Na actualidade é un gran centro comercial e de servicios, onde a artesanía ocupa aínda unha posición importante dentro da actividade económica, e un núcleo industrial destacado. Fundada polos romanos no 59 a C co nome de Florentia, non tivo grande importancia ata a Idade Media, cando pasou a formar parte do marquesado de Toscana. Trala morte da condesa Matilde de Canossa (1115), consolidou a súa autonomía e converteuse nunha república gobernada por cónsules que pertencían á aristocracia e eran sostidos...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia da Toscana, Italia, (3.514 km2; 967.437 h [1991]). A capital é Florencia. En 1993 Prato separouse e converteuse nunha provincia nova.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Décimo sétimo concicilio ecuménico, iniciado en 1431 en Basilea, trasladado a Ferrara en 1437, a Florencia en 1439 e a Roma en 1443, onde rematou tres anos máis tarde. Tivo como tema central a unión entre as igrexas de Oriente e a latina. As dificultades económicas do papa obrigaron a trasladar o concilio a Florencia. Os temas sucesivamente estudiados foron a doutrina sobre a orixe do Espírito Santo e o engadido do filioque, o valor da epíclese grega, o primado do bispo de Roma e algunhas cuestións referentes ao purgatorio. En xullo de 1439 foi asinada polos presentes a bula de unión Laetentur coeli, e despois os decretos de unión con outras igrexas de Oriente: armenios, en novembro de 1439, coptos, en febreiro de 1444, sirios, en abril de 1444, e maronitas de Chipre, en agosto de 1445. Ás moitas dificultades para facer aceptar o concilio, engadiuse, en 1453, a caída de Constantinopla, que deu forza aos antiunionistas, que refusaron o concilio en 1848.
-
REPUBLICAS
Entidade política xurdida no s XII ao redor da cidade de Florencia, independizada de calquera outra xurisdición. Liberada do dominio nobiliario trala morte da condesa Matilde de Canossa (1115) e despois de derrotar o vicario imperial, constituíuse unha república dirixida por un goberno de cónsules, elixidos entre a aristocracia, e apoiados pola Igrexa e os membros destacados da burguesía mercantil que formaban as Arti Maggiori. A súa expansión territorial comezou coa conquista de Fiesole (1125) e estableceu unha alianza comercial con Pisa. Promoveu a liga güelfa toscana (1197) co obxectivo de liberar as cidades do Imperio Xermánico. Entre 1191 e 1196 ensaiaron a substitución dos cónsules polo goberno dun podestá. Os enfrontamentos con Pisa polo dominio da Toscana comezaron no 1218 e mesturáronse coa loita entre o Emperador Federico II e o papado. O triunfo dos xibelinos, que se fixeron co poder entre 1248 e 1250, provocou a reacción da burguesía, que conquistou o poder co apoio...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
flordelisado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo derivado do latín Florentius, e este de florens, florentis ‘que florece, que está en flor’, cognome romano formado a partir do participio presente do verbo floreo ‘florecer’. Por mor do seu carácter augural, usárono moito os primeiros cristiáns; así, entre os mártires e santos que o levaron, destacan o bispo africano san Florencio (s V) ou san Florencio de Estrasburgo (s VII), celebrado o 3 de xaneiro. Tamén houbo en Galicia un san Florencio que foi abade de Carracedo e que se celebra o 10 de decembro.
-
-
Acción de florecer.
-
Momento ou época da abertura do abrocho floral.
-