"CIO" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4772.

    1. Acción de continuar.

    2. Cousa coa que se continúa outra anterior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Medida proteccionista de control do comercio internacional, segundo a que só pode importarse unha cantidade determinada dunha mercadoría durante un período fixado. Provoca unha distorsión das correntes naturais do comercio internacional, a elevación dos prezos interiores, e favorece a formación de monopolios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acusación do acusado contra o acusador.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Acción e efecto de contraer ou contraerse.

      2. Diminución das dimensións transversais dun corpo sometido a un esforzo de deformación por tracción.

      3. Fase de flutuación económica caracterizada pola redución ou diminución dos prezos, lucros, produción, emprego, consumo e investimentos.

      4. contracción cardíaca

        Movemento das fibras musculares do corpo que fan que se contraia e que impulse o sangue cara ás diferentes portas do corazón. O impulso sanguíneo no tubo cardíaco embrionario efectúase a partir dos movementos peristálticos que se propagan regularmente a partir do seo venoso. Mentres progresa o desenvolvemento, diferéncianse os aneis musculares seo-atrial, atrio-ventricular e ventrículo-bulbar, dos que saen unha parte das fibras miocárdicas. Nos peixes, anfibios e réptiles non hai un sistema especializado condutor da contracción cardíaca. Só nos mamíferos hai unha separación real entre os músculos contractores e as fibras neuromusculares condutoras que constitúen o tecido nodal.

      5. contracción muscular

        Propiedade que teñen as fibras musculares de diminuír a lonxitude nunha das súas dimensións e aumentala nas outras. Pódense contraer mediante excitacións mecánicas, térmicas, químicas e eléctricas, pero, en condicións fisiolóxicas normais, o músculo excítase exclusivamente mediante o impulso nervioso. Existe unha contracción isométrica, cando o músculo debe vencer unha resistencia tan grande que non lle permite acurtarse, e unha contracción isotónica, cando o músculo pode acurtarse e realizar un traballo. O músculo estriado en repouso recibe normalmente estímulos nerviosos que o manteñen nun certo grao de contracción ou ton muscular. Gracias ao ATP, que actúa sobre a actomiosina das fibras musculares, e ao glicóxeno muscular, a enerxía química transfórmase en enerxía mecánica. A contracción muscular realízase tanto en condicións aeróbicas como anaeróbicas; neste último caso, o glicóxeno desdóbrase e fórmanse ácido pirúvico e ácido láctico.

      6. contracción uterina

        Contracción das fibras musculares do útero. Aparecen no transcurso da xestación, do parto e do puerperio. Mentres dura o embarazo son febles e indoloras. As que aparecen durante o parto teñen como obxectivo impulsar o feto e son involuntarias, intermitentes, rítmicas, totais, dolorosas e progresivas na súa duración e intensidade. Durante a contracción, o útero endurécese e o seu corpo vólvese cilíndrico. Logo da expulsión do feto aparecen contraccións que orixinan o desprendemento da placenta e a formación do globo uterino. Nos primeiros días do puerperio tamén se producen contraccións dolorosas e intermitentes do útero. A intensidade da contracción uterina caracterízase sempre por unha fase ascendente, unha culminación e unha fase descendente.

      1. Redución dun elemento lingüístico, a miúdo en combinación con outro elemento. Por exemplo, o ditongo latino [oe] deu lugar á vogal galega [e] (lat POENA > pena). En galego pódense citar, entre outras, as contraccións ó (a prep + o art) e co (con prep + o art); en catalán, l’home (le art + home subst); en castelán, del (de prep + el art); en inglés, I’m (I

      2. Palabra que resulta desta redución.

    1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de evitar a fecundación e, polo tanto, o embarazo. Entre os medios empregados están os métodos de barreira (preservativos, diafragmas e tapóns vaxinais), os espermicidas químicos vaxinais, o dispositivo intrauterino, que impide a implantación do óvulo fecundado no útero, e os fármacos que inhiben a ovulación (anovulatorios) ou os que interfiren na espermatoxénese. Outros métodos contraceptivos de escasa eficacia son o coito interrompido, que consiste en evitar que os espermatozoides penetren no aparato xenital feminino, e o método de Ogino-Knaus, que intenta evitar que o fagan no período do ciclo feminino propicio para a fecundación. Outro método posible é a esterilización temporal ou definitiva do home (vasectomía) ou da muller (ligadura de trompas).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Declaración contraria á que xa fixo outra persoa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de contradicir ou contradicirse.

    2. Relación entre palabras ou feitos que se contradín.

    3. Oposición formal con alguén ou con algunha cousa.

    4. Oposición absoluta entre dous termos.

    5. Principio da lóxica aristotélica coñecido tamén como principio de non-contradición. Na tradición escolástica constituíu o primeiro principio ontolóxico: é imposible que unha cousa sexa e non sexa ao mesmo tempo e baixo o mesmo aspecto. Na lóxica moderna enténdese como o teorema do cálculo proposicional: non poden ser certos simultaneamente A e non A [~(A~A)]. A tradición do principio lóxico e metafísico, que parte da filosofía da inmutabilidade do ser de Parménides, foi constante ao longo da historia. Modernamente, tanto Hegel (no sentido idealista) coma Marx (no sentido materialista) constitúen a súa antítese e o punto de partida de diversas correntes de pensamento actuais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Episodio dunha fuga que segue á exposición. Cada un dos seus elementos preséntase nunha voz diferente da que se amosou na exposición.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Adorno situado nunha fachada que adopta a forma de escamas en oco.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de contraindicar.

    2. Circunstancia que impide a aplicación dun tratamento determinado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de contrapoñer ou contrapoñerse.

    2. Relación entre cousas contrapostas.

    3. Procedemento indirecto para efectuar a conversión dunha proposición particular negativa. Un exemplo sería: Algúns animais non son capaces de voar; algúns animais son incapaces de voar; logo algúns seres incapaces de voar son animais.

    4. Oposición de tons de cor para conseguir unha diferenciación entre as figuras, os planos ou outros elementos compositivos dunha representación pitórica. Empregouse moito na pintura dos ss XVII e XVIII.

      1. Nunha representación heráldica, alteración dalgunha das características dunha peza, escudo ou figura, respecto das consideradas como simples ou primitivas, coa finalidade de crear cos elementos resultantes unha determinada oposición.

      2. contraposición de medias figuras

        Nunha partición dun campo, oposición obtida colocando cada unha das metades dunha figura desprazadas tanxencialmente respecto da liña do partido, o cortado, o trinchado ou o truncado, unha nunha partición e a outra na oposta (contrapartido, contracortado, contratrinchado e contratruncado).

      3. contraposición por desprazamento

        Oposición que resulta de desprazar lonxitudinalmente un dos dous perfís dunha peza. A finalidade é que resulten simetricamente opostos, se orixinariamente eran asimétricos (contraentado, contrafloronado, contraamosegado, contranubrado, contraondeado e contrapotenzado), ou viceversa (contraacanalado, contrabretesado, contraengrelado e contrademoucado).

      4. contraposición por desprazamento de esmaltes

        Nos forros heráldicos potenzados veiro e veirado, oposición das potenzas de igual esmalte ou das pezas de veiro, respectivamente, dúas a dúas, polas súas bases (contrapotenzado e contraveirado).

      5. contraposición por inversión

        Oposición que resulta de invertir a colocación de esmaltes (contraarmiños), de elementos (contraflordelisada, contrapalmado) ou do sentido de paso (contrapasante).

      6. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Prestación coa que cada parte contratante corresponde á outra parte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estratexia televisiva que consiste en non facer pública a programación prevista. Deste xeito, pódese cambiar para ofrecer mellores propostas ca as das outras cadeas e así restarlles audiencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Retroacción negativa que consiste en tomar unha fracción do sinal de saída dun amplificador e enviala á entrada, de xeito que chegue en oposición de fase co sinal de entrada. Diminúe a ganancia do amplificador, pero introduce unha serie de vantaxes: mellora a curva de resposta, reduce a distorsión, aumenta a estabilidade, etc. Emprégase a miúdo nos amplificadores de alta fidelidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento político orientado a combater unha revolución ou a neutralizar os seus efectos. A miúdo busca unha restauración das institucións e os privilexios anteriores, e comporta a represión dos elementos revolucionarios.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á contrarrevolución.

    2. Que ou quen é partidario da contrarrevolución.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Método de illamento de cepas mutantes que consiste en provocar a morte das células que expresan o fenotipo parental, polo que aumenta a fracción de células mutantes presentes na poboación sobrevivente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de contratar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Proceso de movemento desconcentrador de persoas e actividades económicas dende as áreas urbanas cara ás áreas rurais e dende as metrópoles e cidades cara ás vilas e aldeas.
    Desenvolvemento conceptual
    O concepto de contraurbanización xurdiu nos EE UU na década de 1970 para denominar un proceso contrario ao da urbanización tradicional: fronte á urbanización clásica definida por movementos centrípetos de poboación e fluxos económicos cara ás principais cidades e grandes áreas metropolitanas, apareceu un proceso de sentido contrario, de movementos centrífugos dende as grandes cidades cara a pequenos asentamentos urbanos e rurais. Representa unha inversión do sentido dos fluxos demográficos e económicos nos sistemas de asentamento dos países máis desenvolvidos, que a partir dela se verifican fundamentalmente en sentido descendente, dende os asentamentos de poboación de maior volume cara aos menores. Os fluxos de poboación urbana cara ás áreas rurais caracterízanse pola...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liña defensiva construída diante das posicións dun exército invasor.

    VER O DETALLE DO TERMO