"URA" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1529.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cortar a herba ou os cereais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de selar.
-
DEPARTAMENTOS
Departamento que se creou en Madrid, liderado por Bautista Álvarez, dentro do Club de Amigos de la Unesco (CAUM) a finais da década de 1960, e ao que estivo ligado a organización da Unión do Pobo Galego (UPG) nas súas primeiras andainas fóra de Galicia, que tiña como fin saír do illamento político e cultural e renovar a loita contra a ditadura franquista.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Seminario creado en 1977 na Università degli Studi di Perugia como iniciativa do profesor Paolo Cauci von Saucken para manter un contacto máis concreto coa realidade cultural galega. Os cursos, teses, seminarios, conferencias e demais eventos que se realizaron no seu ámbito mostran a amplitude do seu campo de actuación (lingua e literatura galegas e a temática xacobea). Das publicacións que saíron destes estudos, destacan La Via gagliega al fantastico: (dai Romantici a Cunqueiro) (1981), de Gianni Ferracuti, Don Ramón del Valle-Inclán tra la letteratura e luoghi natali (1982), de Daniella Gambini, Il galego (1984) tradución de Giovanna Scalia Rössler sobre un texto de Constantino García González, Introduzione alla linguistica galega (1986) de Daniella Gambini, e Cousas e Retrincos (1987), tradución de Isabel González da obra de Afonso Daniel Rodríguez Castelao.
-
PERSOEIRO
Político, escritor e guionista. Exiliado a Francia en 1939, participou na Resistencia Francesa e foi deportado a Buchenwald. Militante do Partido Comunista de España, foi membro do comité central (1954) e trasladouse clandestinamente a Madrid. Con Fernando Claudín, protagonizou un enfrontamento coa liña política mantida pola dirección do partido, que se solucionou coa expulsión dos disidentes (1964), proceso que explicou en Autobiografía de Federico Sánchez (1977, Premio Planeta). Foi minitro de Cultura (1988-1991) no goberno de Felipe González. Da súa obra, ademais de diversos guións cinematográficos, destacan Le grand voyage (1963), La deuxième mort de Ramón Mercader (1969), Quel beau dimanche (1980), L’algarabie (1981), Montand, la vie continue (1983), Federico Sánchez se despide de ustedes (1993) e Las aventuras prodigiosas (2004).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Acción de sepultar.
-
Lugar de enterramento dun ou máis cadáveres.
-
Conxunto de actos e cerimonias que acompañan o enterramento dun fiel defunto. Comprende o traslado do cadáver á igrexa, o funeral dentro da igrexa e o acompañamento ao cemiterio ou ao lugar de sepultura. Están excluídos os non bautizados, apóstatas, herexes e os excomungados e, antigamente, tamén os suicidas e os que dispuñan ser incinerados.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Industria que ten por obxecto a produción da seda.
-
MONTAÑA
Aliñación montañosa do extremo oriental de Galicia, limítrofe coa comarca do Bierzo, que no seu sector galego se estende polas parroquias de Oulego, O Robledo da Lastra, Biobra e Covas, no concello de Rubiá. Conta cunha superficie de 1.723 ha e a súa maior altitude é o monte Tara, que acada os 1.112 m. Xeoloxicamente correspóndese cunha gran dolomía, o que a converte nun fenómeno excepcional en Galicia. A súa localización nunha área baixo un dominio climático con características mediterráneas, a fragmentación topográfica que produce o río Sil e a destacable litolóxica, outórganlle a este pequeno espazo unha enorme biodiversidade. En canto á flora pódese atopar sabinas, castiñeiros comúns, aciñeirais e varios endemismos (Petrocoptis grandiflora, Rhamnus legionensis), algún deles confinado nesta serra. En canto á fauna existe un gran número de especies de vertebrados terrestres, especialmente aves rapaces, como a aguia real e o falcón peregrino; de réptiles, como o lagarto das silvas; e de...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de partículas producidas ao serrar madeira ou outros materiais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
SEPRONA.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo dependente do ministerio de Agricultura, creado en 1953 co nome de Servicio Nacional de Concentración Parcelaria. Mantivo este nome ata 1963. Os seus obxectivos pretenden superar o fraccionamento do campo español. En 1971 integrouse no Instituto de Reforma y Desarrollo Agrícola (IRYDA), substituído en 1996 pola Secretaría General de Desarrollo Rural y Conservación de la Natureza.
-
PERSOEIRO
Pintor. Formado na École des Beaux-Arts de París (1878-1880), estudou a teoría do contraste simultáneo das cores de Michel-Eugène Chevreul, que tratou de aplicar á pintura, e creou o neoimpresionismo. A súa obra La Baignade à Asnières, rexeitada no Salon de 1884, provocou a fundación do Salon des Indépendents. Destacan Un dimanche après-midi à l’ille de la Grande Jatte (1884-1886) e Le cirque.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Manufactura real de porcelana fundada en Vincennes en 1738, trasladada a Sèvres en 1756 e nacionalizada por Luís XV en 1860. Baixo a dirección de J. J. Bachelier iniciou unha valiosa produción orixinal, con porcelanas decorativas deseñadas por Duplessis con escenas galantes e de xénero, e figuriñas en biscoito modeladas por E. M. Falconet. En 1781 introduciu os temas clásicos. A Convención converteu a manufactura en establecemento nacional (1793).
-
CIDADES
Cidade da provincia de Punjab, Paquistán, situada nunha liña de terra á beira do canal de Chenab (271.875 h [1998]).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Cultivo das árbores forestais.
-
Ciencia que estuda o cultivo dos bosques e o seu aproveitamento racional. Ocúpase de previr os incendios forestais e de limitar os seus efectos, regular os pastos, defender os bosques naturais e impedir as explotacións abusivas.
-
-
-
-
Nome, apelido e xeralmente rúbrica, autógrafos, cos que se subscribe un documento para certificar quen é o seu autor, quen aproba o seu contido, quen interveu nel ou quen estivo presente na súa redacción. Nun principio indicaba o sinal autógrafo anteposto á subscrición e que adoitaba substituíla, pero a partir do uso do selo (s XII) caeu en desuso. Designou despois a marca profesional do notario, que se ía adornando ata chegar a facer debuxos complicados (ss XIII-XIV) chamados signo maior, aos que, para facilitar a súa identificación, se lles engadían en cursiva algunhas letras do nome ou todo o nome, seguidas da rúbrica ou signo menor, orixe da sinatura actual. Desde un punto de vista xurídico, a sinatura ten que incluír o nome patronímico e os apelidos, aínda que se admite tamén a media sinatura, en que se omite o nome de pía. No caso das persoas que non saben escribir, a validez é acreditada pola impresión dixital do dedo índice ou, nalgunhas actas notariais, pola mención expresa do...
-
Nome do autor dunha obra de arte, inscrito nunha parte visible ou non visible dela, como constancia da súa paternidade.
-
-
Acción de asinar.
-
-
Serie ordenada de símbolos, expresados polo xeral mediante cifras ou letras, que corresponden normalmente ás materias das que tratan os libros ou á cronoloxía ou topografía dos documentos. Serve para ordenalos en bibliotecas e catálogos, de acordo cos diversos sistemas de clasificación.
-
Indicación da signatura no lombo dos libros, e moitas veces no frontispicio ou noutra páxina, e que consta tamén nas fichas do catálogo.
-
-
-
Sinal posto ao pé da primeira páxina de cada prego dun libro que serve para indicar como hai que pregalo e a orde en que hai que colocar os pregos durante o alzado. A signatura adoita consistir nunha sigla, que indica a obra á que pertence o prego, seguida do número de orde de cada prego.
-
Cada un dos pregos que compoñen un volume.
-
-
...
-
-
-
Cargo de síndico.
-
Oficina do síndico.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cargo retribuído que non causa ningún ou case ningún tipo de traballo.
-
-
-
Distancia que percorre unha embarcación nun día civil, é dicir, en vinte e catro horas, contadas de mediodía a mediodía. É sempre un pouco maior ou menor de vinte e catro horas a causa da diferenza de lonxitude adquirida na súa duración.
-
Rumbo que leva unha embarcación.
-
Intervalo de vinte e catro horas, que xeralmente empeza a contarse desde o mediodía.
-
-
Rumbo ou camiño que percorre algo ou alguén.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cubrir cunha capa de ouro un metal, especialmente a prata.