"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Boiro. Ten planta en forma de U, aínda que na parte posterior adopta a forma de L. Os balcóns nos laterais da fachada son dunha reforma posterior á construción da vivenda, o mesmo que a cheminea e a galería.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Membrana que separa os ósos do neurocranio dos mamíferos placentarios nos primeiros estadios de vida e que permite o seu crecemento. No caso dos humanos, os ósos do cranio permanecen separados ata os 12 ou 18 meses de vida e, posteriormente, a medida que se desenvolven, fusiónanse, de xeito que desaparecen as fontanelas. As principais son a anterior, que está na unión das suturas frontal coronal e saxital, e a posterior, que se localiza na unión das suturas lamboide e saxital.
-
-
Oficio que ten como misión resolver os problemas relacionados coa condución e distribución da auga.
-
Conxunto de instalacións por onde se conduce e se distribúe a auga.
-
Establecemento onde se venden pezas que usa o fontaneiro ou taller onde traballa.
-
-
PERSOEIRO
Poeta francés. Representante do didactismo que imperaba no s XVIII. Entre as súas obras salientan: Le poeme de verger (O poema do verxel, 1788) e Essai sur l´Astronomie (Ensaio sobre a Astronomía, 1789). Fixo apoloxía de Napoleón nalgunhas das súas obras. Traballou como ministro e foi membro do consello privado de Luís XVIII de Francia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fotógrafo. Foi un dos fundadores e redactor da revista Photovision (1980), ademais de colaborador e crítico fotográfico en diversas revistas europeas. Traballou como profesor na facultade de Belas Artes da Universitat de Barcelona (1979-1986) e imparte estudios de comunicación audiovisual na Universitat Pompeu Fabra. Expuxo, entre outros, en The George Eastman House de Rochester (1985), no Museo de Arte Moderna de Nova York (1988), na III Fotobienal de Vigo (1988), no Art Institute de Chicago (1990). Publicou Estética Fotográfica: una selección de textos (1984), Fotografía: conceptos y procedimientos (1990), El beso de Judas. Fotografía y verdad (1997) e Ciencia y frición (1998). Foi distinguido como Chevalier de l’Ordre des Arts et des Lettres polo ministerio de ministerio de Cultura (1998). Foi distinguido como Chevalier de l´Ordre des Arts et des Lettres polo ministerio de Cultura en Francia (1994) e recibiu o Premio Nacional de Fotografía...
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte da Serra do Fial das Corzas que serve de límite ás parroquias (e concellos) de Camba (Laza) e Pradoalbar (Vilariño de Conso). O seu cumio acada os 1.372 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Vilagarcía de Arousa. Construída en estilo románico entre os ss XII e XIII, ten nave e ábsida de planta rectangular con cuberta de madeira. O arco de triunfo é de medio punto peraltado e arranca dunha liña de imposta decorada con billetes que se apoia en semicolumnas pegadas. Na ábsida destacan as pinturas murais dispostas en dous corpos separados pola liña de impostas. Datadas no s XVI, representan no testeiro a Anunciación, na parte superior, e os apóstolos Pedro e Paulo na inferior; nas paredes represéntase a santa Elena e, posiblemente, o Apóstolo Santiago. As figuras caracterízanse por ter un canon próximo ao natural e pola súa composición inmersas nun escenario paisaxístico.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Palas de Rei. De orixe románica, ten unha soa nave de planta rectangular e ábsida con dous tramos, un recto cuberto cunha bóveda de canón e o outro semicircular con bóveda de forno. O arco triunfal é de medio punto, cunha arquivolta interior en aresta e outra exterior cunha moldura axadrezada, que se apoia en columnas pegadas de bases tóricas. No lado N da nave engadiuse un corpo. Conserva un retablo neoclásico. A porta principal está formada por unha arquivolta con doelas en aresta; o tímpano apenas está decorado. A espadana é de dous vans.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Amoeiro. Trátase dunha construción románica, de transición ao gótico, de finais do s XII. Consagrouna no 1200 o bispo Afonso I. Ten unha soa nave e ábsida rectangular cuberta con bóveda de canón. O arco triunfal é apuntado. A fachada reconstruíuse utilizando materiais antigos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada na Rúa. Fundouna no s XVIII Bernaldo de Quiroga, pero tivo que ser reconstruída trala destrución que sufriu durante a Guerra da Independencia. Ten planta cadrada e patio interior. As fachadas caracterízanse por ter todas elas balcóns. A finca está amurallada e ten a entrada polo O.
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada no Corgo. De orixe románica, ten unha nave e ábsida con tramo recto cuberto con bóveda de canón e tramo curvo con bóveda de forno. Na ábsida consérvanse pinturas murais cunha representación do Xuízo Final.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Empresario. Conselleiro delegado da empresa familiar Construciones Fontenla, ocupou diversos cargos en organizacións do ramo como presidente da Federación Galega da Construción (1986-2001), da Confederación Europea da Construción (1994) e vicepresidente da Confederación Nacional da Construción. No ámbito empresarial galego foi presidente da Confederación de Empresarios de Coruña (2000), da Confederación de Empresarios de Galicia (2001) e vicepresidente da Cámara de Comercio da Coruña. Desde o 2002 foi membro do comité executivo da xunta directiva da Confederación Española de Organizaciones Empresariales (CEOE).
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Baleira. Ten planta de nave única coa capela maior, cuberta a catro augas, á que se lle engadiu un corpo que funciona de sancristía. O arco de triunfo é de medio punto. Na fachada destaca a espadana dun só van.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Enxeñeiro e político. Durante a Regeneração (1851-1869) foi ministro de Mariña e Ultramar, de Obras Públicas e de Facenda. Foi líder do Partido Regenerador, presidiu o consello de ministros en varias ocasións (1870-1877, 1878-1879, 1881-1886). Introduciu o ensino industrial e organizou o ensino agrícola.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Médico e político. Estudiou medicina na Universidade de Santiago de Compostela e doutorouse na de Madrid. Tras especializarse en pediatría, puericultura, radioloxía infantil e paidopsiquiatría, volveu a Pontevedra onde exerceu a profesión. Foi deputado provincial, vicepresidente e presidente da Deputación de Pontevedra. Ocupou tamén a presidencia do Padroado do Museo Provincial de Pontevedra, da Sociedade de Pediatría de Galicia e da Academia Médico-Cirúrxica de Pontevedra. Publicou artigos científicos en distintas revistas médicas e foi membro do consello de dirección da Revista Médica de Galicia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Coas súas sátiras, en verso ou prosa, e comedias satíricas, manifestouse como un dos ideólogos da Ilustración rusa. Da súa produción destacan Lisica Kaznodej (1762), Brigadir (1766) e Nedorosl (1782).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo federal da administración estadounidense encargado de fixar os parámetros técnicos dos alimentos e dos fármacos, de autorizar os compoñentes químicos, como aditivos ou principios activos farmacolóxicos, e de velar polo cumprimento da lexislación vixente.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘enfermidade’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
San Martiño Pinario.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo mosteiro situado fóra das murallas de Santiago de Compostela. Non se sabe a súa data de fundación, mais xa existía en 1117. Os Reis Católicos e o Papa Inocencio VIII unírono ao mosteiro de San Martiño Pinario en 1487, feito que se confirmou por unha bula de Alexandre VI en 1493. As súas ruínas demoléronse en 1839.