"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Pintor, debuxante e gravador. Formouse na École des Beaux-Arts. Recibiu a influencia de Manet e Degas e participou nas exposicións impresionistas. Dedicouse á caricatura e foi un precursor do expresionismo. Nas súas augafortes cultivou un misticismo relixioso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que provén de fóra ou é alleo a algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Manuel Santiago Fernández Álvarez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento agrícola formado por un pau longo con dúas ou máis puntas ou gallas de madeira ou ferro e que serve, entre outras cousas, para coller esterco, cargar o carro de toxo, mover os feixes de herba ou meter o pan no forno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Forcarei. Construída no 1697, reedificouse en 1787 baixo a dirección dos canteiros Pedro Varela e Pedro Gutiérrez, e ampliouse no s XX ao engadirse unha nave transversal ao muro S. Ten planta de cruz latina con ábsida e sancristía cadradas, cóbrese con bóveda de aresta. Na fachada, a porta é arquitrabada e sitúase baixo un pórtico con arco semicircular; sobre ela ábrese unha fornela coa imaxe da Virxe. A torre, situada nun dos lados da fachada, está composta por dous corpos, un rectangular e outro octogonal coroado por unha pequena lanterna.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa automobilística filial ao 100% de Ford Motor Company e con sede en València.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa estadounidense fundada en 1903 por Henry Ford en Dearborn (Michigan) para a construción de automóbiles. En 1919 produciu un millón de automóbiles. Durante a Segunda Guerra Mundial levou a cabo unha transformación das súas actividades a favor das necesidades militares aliadas. En 1985 era a segunda empresa americana do sector do automóbil. En 1920 construíu en Cádiz a Ford Motor Company, SAE, que en 1923 foi trasladada a Barcelona e en 1954 converteuse en Motor Ibérica SA. En 1976 foi constituída a compañía Ford España SA.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico polaco. Cun gran dominio da técnica, dirixiu películas da categoría de Ulica Graniczna (O camiño de fronteira, 1948) e Piatka Zulicy Barskiej (Os cinco da rúa Barskiej, 1954), premiada en Cannes. Abandonou o seu país posteriormente e traballou intermitentemente na República Federal de Alemaña e nos EE UU, onde dirixiu obras como Angeklagt nach, 218 (Acusado segundo o artigo 218, 1966).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Guionista e realizador cinematográfico norteamericano. Foi perseguido polo maccarthismo a raíz da súa participación en guións como Champion (Campión, 1949) e en High Noon (Alto mediodía, 1952). Trasladouse posteriormente a Inglaterra, onde escribiu o guión de The Bridge over the Kwai River (A ponte sobre o río Kwai, 1957).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Director de escena. Estivo vinculado á experimentación vangardista dos anos sesenta, e traballou desde a compañía Ontological-Hysteric Theatre, creada en 1968. A súa proposta parte das correntes minimalistas e de formas teatrais e artísticas como o happening ou a performance, eliminando a dimensión interpretativa e potenciando outros elementos escénicos como os obxectos, a música e as imaxes. Tamén é autor de diversos estudios teóricos e de textos literarios creados a partir das anotacións escritas nos seus diarios. Espectáculos seus foron The Book of Splendors (O libro dos esplendores, 1976), Egyptology (Exiptoloxía, 1983), Africanis Instrutus (1986), Pearls for Pigs (Margaridas para os porcos, 1997), ou Maria del Bosco (2002). Tamén dirixiu óperas e espectáculos a partir de obras de autores clásicos e contemporáneos para diversas compañías dos EE UU e Europa. A súa achega ao desenvolvemento das artes escénicas de finais do s XX foi fundamental, sobre todo no apartado da busca de novas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro e inventor. Contribuíu de forma decisiva ao desenvolvemento do motor de explosión para automóbiles. Patentou un motor de gasolina de 4 ciclos e 4 cilindros (1891) e inventou o acendido por magneto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político italiano. Secretario xeral do partido Democratici Cristiani (1969-1973), ocupou o ministerio de Defensa (1974-1976), o de Asuntos Exteriores (1976-1979) e o cargo de primeiro ministro (1980-1981), do que dimitiu a raíz do escándalo da loxia francmasónica P-2. Foi viceprimeiro ministro no goberno de Bettino Craxi (1983-1987).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico. Introduciu novos métodos na terapéutica da tuberculose e das enfermidades do tórax coa construción do pneumotórax artificial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador checo. Estudiou na escola de cine de Praga, mentres escribía guións e traballaba como axudante de dirección. Na década de 1960 creou un estilo de comedia baseado na vida cotiá, a naturalidade dos actores e o desenvolvemento de escenas longas en películas como Cerny Petr (O as de picas, 1963), Lásky jedné plavovlásky (Os amores dunha loura, 1965) ou Hori, ma panenko! (Ó lume bombeiros!, 1967). Coa invasión soviética en 1968 emigrou a EE UU, onde rodou diversas películas con bastante éxito como One Flew Over the Cukoo’s Nest (Alguén voou sobre o niño do cuco, 1975), coa que gañou varios Oscar, Amadeus (1984), coa que consegue tamén moitos Oscar, Valmont (1989), The People vs. Larry Flynt (1996), ou Man on the Moon (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que forma.

    2. Cada unha das diferentes realizacións dun morfema, segundo a glosemática. Por exemplo, -s e -es son formantes dun mesmo morfema de plural (alpendre/alpendres, útil/útiles).

    3. Conxunto de sons harmónicos que, en fonética acústica, determina unha concentración de enerxía como característica de emisións vocais nunha frecuencia específica. A definición do timbre ou a localización das vocais extráese do exame dos dous primeiros formantes, o bucal e o farínxeo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Chantada. De orixe románica, foi construída na segunda metade do s XII. Ten planta de nave única e ábsida rectangular. O arco triunfal é de medio punto con decoración axadrezada. O corpo da sancristía, de planta rectangular, é un engadido posterior. Nos muros da capela maior consérvanse pinturas murais do s XVI. A porta principal está formada por unha dobre arquivolta, a exterior decorada con billetes e apoiada en columnas acobadeladas e a interior de aresta viva.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Exerceu como fiscal e foi presidente da Academia de Derecho. Publicou Sátira contra los abusos introducidos en la poesía castellana (1782), La cautiva (1784), Oración apologética por España y su mérito literario (1786), glosada en Discursos filosóficos sobre el hombre e Discurso sobre el modo de escribir la historia (1787), La escuela de la amistad o el filósofo enamorado (1795) e Exequias de la lengua castellana (1844).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Anta de corredor situada na Moruxosa (Toques), no alto da Serra do Bocelo. Presenta unha cámara poligonal constituída por sete ortostatos, asentados verticalmente e cubertos por unha lousa de dimensións medias, e un corredor que non presenta cuberta e do que só se conservan dúas lousas. No seu interior apareceron restos de pintura vermella e negra sobre fondo branco que representa zigzags.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Certame anual de artes plásticas creado en 1996 polas asociacións profesionais de galerías galegas e portuguesas. Celébrase alternativamente nunha cidade galega e nunha portuguesa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista aparecida no verán de 1992 no concello de Nigrán. Na súa edición participaron a Asociación de afectados do Ceán, a Asociación de veciños O Outeiro de Parada, a Asociación de afectados de Parada, a Asociación de veciños de Panxón e Aprodeval. Trátase dunha publicación reivindicativa e crítica coas administracións públicas. Serviu como medio para a denuncia da situación da comarca, tanto no que se refire a aspectos económicos, como a vertidos e contaminación, dereitos e deberes dos veciños, etc, acompañados de referencias á prensa galega.

    VER O DETALLE DO TERMO