"ISM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1586.

  • Movemento político belga fundado en 1935, por L. Degrelle. Inspirábase no integrismo relixioso e defendía un sistema político autoritario e corporativista. Colaborou cos ocupantes nazis e, ao rematar a Segunda Guerra Mundial, foi ilegalizado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Exceso de rigor.

    2. Sistema ou doutrina moral que tende a asegurar a validez da obriga en calquera situación. Así, segundo o rigorismo, en caso de dúbida sobre a licitude dunha acción ou dunha omisión, hai que absterse de realizala ou de incorrer na omisión, aínda que a opinión máis probable sexa favorable á súa licitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Excesiva importancia do rito nas cerimonias oficiais ou relixiosas.

    2. Movemento nacido cara a 1850 baixo o impulso de Pusey en Reino Unido, dentro do movemento de Oxford. Pretendía restablecer na práctica da Igrexa anglicana os principais ritos utilizados pola Igrexa católica. O movemento prosperou na High Church, pero non na Low Church.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema óptico que consiste nun romboedro de espato de Islandia, composto por dous prismas unidos con bálsamo de Canadá ao longo dunha das diagonais do romboedro. No primeiro prisma, a cara que vai recibir o raio de luz está cortada perpendicularmente ao eixe óptico, e o segundo paralelamente. O raio de luz divídese en dous, o raio ordinario e o raio extraordinario. Este é refractado ao pasar dun prisma a outro, pero o primeiro non sofre ningunha desviación e xorde aliñado co raio incidente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de doutrinas, leis ou valores que proveñen da cidade de Roma.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de romántico.

    2. Movemento artístico e espiritual que, nos últimos decenios do s XVIII e durante o s XIX, se estendeu por Europa e determinou unha renovación profunda, sobre todo na literatura, pero tamén noutras manifestacións da arte e da vida. O termo romántico apareceu primeiro en Inglaterra durante o s XVII, e a complexidade dos aspectos da vida e das actitudes que revestiu o romanticismo, xunto á diversidade das tradicións nacionais en que se inseriu, dificultan unha definición. Así, aparece ás veces como un movemento revolucionario e outras veces como un movemento de restauración. Tamén se estableceu unha distinción entre o romanticismo da primeira xeración e o da segunda, e fíxose constar que a evolución seguiu direccións diferentes en Alemaña e no resto de Europa occidental. Mentres o romanticismo alemán partiu dunha actitude revolucionaria e foi parar a unha posición reaccionaria, o europeo occidental partiu desde unha posición conservadora e monárquica e evolucionou cara a unha actitude puramente...

    VER O DETALLE DO TERMO
  •   Fenómeno fonético que consiste en articular como [r] o /ªs/ implosivo en posición interior de palabra, ou por fonética sintáctica, ante consoante sonora, e en menor medida ante as xordas /f/ e /θ/ (lesma [‘lεrma], os dedos [or’»ðe»ðoªs], os feos [or’feoªs]). No territorio galego é frequente este fenómeno ante consoante sonora, especialmente na zona suroriental: hai zonas compactas de rotacismo no sur de Lugo, interior de Pontevedra (zona de Lalín, Silleda, etc) e gran parte de Ourense. No galego exterior só se rexistrou nalgún punto do galego do Bierzo. Diante de consoantes xordas fricativas dáse excepcionalmente. Este fenómeno fonético, que rematou cara a 330 a C, obsérvase particularmente en latín antigo, en posición intervocálica (lat GENERIS provén dun anterior *GENESIS; os infinitivos AMARE, AUDIRE, LEGERE presentan rotacismo, por ser se a desinencia de infinitivo). Algunhas linguas románicas tamén coñecen, en parte, o rotacismo. Así...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Delito que consiste en obter beneficio económico da protección e cooperación coa prostitución.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de rural.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Descanso que se toma despois dun traballo asiduo.

    2. Santificación ou celebración do sábado entre os xudeus e algunhas igrexas protestantes, entre elas, a Igrexa Cristiá Adventista do Sétimo Día.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relixión dos sabeos que proclamaba a adoración aos astros, á tríade babilónica e a outros deuses con cabeza de animal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina modalista sostida polos partidarios de Sabelio, herexe do s III, que negaba a Trindade de Deus.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Modalidade de comportamento sexual caracterizada polo feito de que o exercicio e satisfacción erótica e sexual é provocada polo sufrimento físico infrinxido a outro. O termo, introducido por Richard von Krafft-Ebing (1840-1902), alude ao marqués de Sade, algúns de cuxos personaxes literarios tipifican este comportamento. Psicoloxicamente o sadismo considérase por algúns como un comportamento primario -reacción, vinculada ao estadio anal, de impulso, de destrución e da agresividade do suxeito (secundariamente dirixida, no masoquismo, contra el mesmo)-, mentres que outros a teñen como a derivación dun primitivo masoquismo. A relación entre sadismo e masoquismo é tal que a miúdo aparecen asociados.

    2. Compracencia no sufrimento dos demais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Coexistencia, nunha mesma persoa, de pulsións sádicas e masoquistas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • lesbianismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina e movemento formado polos seguidores do conde de Saint-Simon, despois da súa morte e baseándose nas súas últimas obras, que pretendían fundar unha relixión secular da sociedade. Estendeuse principalmente por Francia e algúns países europeos. Por defender a clase máis numerosa e máis pobre, viuse a miúdo como precursor do marxismo. O seu socialismo, chamado utópico, pretendía ser non só un substituto da Igrexa senón incluso unha relixión. Defendían a convicción de que a Revolución Francesa e a sociedade industrial que xurdía representaban a superación da vella moral cristiá como aglutinador social e que era necesaria unha moral baseada na ciencia, é dicir, na socioloxía entendida como ciencia dos costumes ou da moralidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de cultos hindús que conciben a divindade suprema como feminina, baixo diversas formas, coa denominación común de Śakti. Xunto ao culto de Shiva, os śakta constitúen unha das seitas principais do hinduísmo. Os textos relixiosos referentes a estes cultos son os Śaktagama ou Tantra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento modernista e renovador do Islam que xurdiu en Exipto a finais do s XIX baixo o impulso de Ǧ amāl al-Dīn al-Afġanī e de Mu ḥ ammad ‘Abduh. Preconizou a revalorización do Alcorán fronte á rixidez das catro escolas ortodoxas do Islam, superando a poligamia e permitindo imposicións bancarias con xuros, entre outras disposicións. O principal difusor foi Mu ḥ ammad Rašīd Ridá a través da publicación da revista al-Manar (1898-1935).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade ou estado de salvaxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento político revolucionario nicaraguano iniciado por Augusto César Sandino. Á morte deste (1934), o movemento mantívose arraigado no pobo e cristalizou cara a 1960 no Frente Sandinista de Liberación Nacional (FSNL), que tomou o poder en 1979, ao derrocar a ditadura de A. Somoza, e en 1986 introduciu a primeira constitución do período. Foi derrotado en 1990 pola Unión Nacional Opositora (UNO) encabezada por Violeta Chamorro.

    VER O DETALLE DO TERMO