"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • Aquilo que ten tres espiñas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Novela de Víctor F. Freixanes publicada en 1982 e gañadora do Premio Blanco Amor, o Premio da Crítica e o Premio de la Crítica Española. Trátase dunha obra de grande extensión, entre novela de aventuras e crónica histórica, provista dunha gran riqueza léxica e unha prosa moi elaborada. Ambientada nas cidades imaxinarias de Santiago e Vilanova de Alba, ao longo da obra reflíctese o continuo enfrontamento de elementos diversos, a terra e o mar, o poder e a loita pola liberdade, o ben e o mal ou a razón e os soños.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tribunal supremo eclesiástico de casación constituído por seis cardeais elixidos polo papa, que xulga normalmente cuestións sobre violación do segredo por parte de auditores da Rota ou sospeitas sobre a súa actuación, nulidade das súas sentenzas, conflitos de competencia entre tribunais eclesiásticos menores e outras causas. A súa denominación provén da sinatura que estampaba o papa nos documentos de resposta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tribunal eclesiástico colexiado, ordinario, con sede en Madrid, constituído principalmente para recibir as apelacións contra as sentenzas eclesiásticas pronunciadas en España. Tivo a súa orixe no Tribunal del Nuncio que,a instancia de Carlos V, o Papa Clemente VII concedeu a España en 1529 como tribunal de apelación onde, amodo de privilexio, puideran terminarse as causas españolas sen necesidade de acudir a Roma. Este tribunal reformouno Clemente XIV en 1771 mediante a constitución Administrandae iustitia zelus e concedeulle unha organización similar ao da Rota Romana, polo que a partir de entón se denominou Rota de la Nunciatura Apostólica ou Tribunal de la Rota de la Nunciatura Apostólica. No s XIX suspendeuse en 5 ocasións, a causa das persecucións políticas contra a igrexa española. Pío XI suprimiuno o 21 de xuño de 1932, debido ás circunstancias particularmente antieclesiais creadas durante a Segunda República. Pío XII restableceuno o 7 de abril de 1947 mediante o motu...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • inquisición.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo, con sede en Estrasburgo, creado polo Consello de Europa para garantir o libre exercicio dos dereitos políticos e cívicos. Poden recorrer a el tanto os individuos como os estados asinantes da Convención Europea para a Salvagarda dos Dereitos do Home, creada en Roma en 1950. Antes de recorrer a el cómpre esgotar todas as instancias nacionais e ter presentado o caso perante a Comisión Europea dos Dereitos do Home.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Carga continua ou obriga que impón o uso ou a posesión dalgunha cousa.

      2. Exacción forzosa esixida polos poderes públicos para recadar os ingresos públicos ordinarios que serven como instrumento da política económica xeral, para atender as esixencias de estabilidade e progreso sociais e procurar unha mellor distribución da renda nacional. Os tributos divídense en taxas, contribucións especiais e impostos.

    1. Mostra de cariño, agradecemento ou respecto cara a alguén.

      1. Cantidade de diñeiro ou especie que un vasalo lle entregaba ao señor, á Igrexa ou ao soberano como compensación pola explotación dun dominio, durante a Idade Media.

      2. Contribución que unha nación pagaba a outra como recoñecemento da submisión, como prezo da paz ou protección, en virtude dun tratado.

    2. Carga que se ten que pagar ou soportar para poder gozar de algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de réptiles fósiles do Cretáceo, da orde dos ornitisquios, cunha cabeza provista dunha expansión occipital e as extremidades curtas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Quiste que ten pelos no seu interior.

    2. Cada un dos bastóns fusiformes dos protozoos ciliados e dalgunhas algas flaxeladas que se disparan fóra do organismo, con finalidade defensiva ou ofensiva, ao recibiren determinados estímulos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fungo parasito que pertence ao xénero Tricophyton.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Enfermidade dos cabelos que está producida por fungos.

    2. plica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • División en tres partes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á tricotomía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se divide en tres partes ou en tres ramas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Estrutura elemental en forma de portal constituída por tres pedras, dúas verticais cravadas no chan e a terceira colocada horizontalmente sobre estas como arquitrabe.

    2. Monumento megalítico formado por dous bloques de pedra verticais fincados na terra que sosteñen un elemento horizontal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Avogado. Licenciado en Dereito (1958), foi avogado e asesor xurídico de COREN e Caixa Galicia. Pertenceu a UCD e a Coalición Galega. Foi conselleiro político da Xunta Preautonómica de J. Quiroga Suárez e deputado por UCD no Congreso de los Diputados (1977-1982).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos trilobitomorfos.

    2. Artrópodo do subtipo dos trilobitomorfos.

    3. Subtipo de artrópodos fósiles, co corpo subdividido en cabeza, tórax e pixidio, cada unha delas constituída por un eixe central e unhas pleuras laterais. Todos son fósiles e viviron desde o Cámbrico ata o final do Pérmico, en augas mariñas profundas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Quimioterápico de síntese que se presenta en forma de pos brancos de gusto amargo, que se emprega en medicina no tratamento da malaria cerebral e como antibacteriano de amplo espectro asociado ao sulfametoxazol.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten tres motores.

    2. Avión que vai provisto de tres motores, dispostos xeralmente dous nas ás e un no morro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Estado insular da América do Sur, nas pequenas Antillas (5.128 km2; 1.114.772 h [2000]). A capital é Port-of-Spain.
    Xeografía
    A república está constituída por Trinidad, a máis meridional das illas do Caribe, e por Tobago, que está a uns 32 km ao NL de Trinidad. Esta illa, situada na costa norte de Venezuela, representa o 94% da superficie total do país. A economía foi profundamente transformada nos últimos decenios, e pasou dunha estrutura agrícola a unha fase de expansión, por razón da explotación de ricos xacementos de petróleo (SO de Trinidad e golfo de Paria), gas natural e asfalto (Pitch Lake), elaborados integramente no país. Os cultivos principais son o da caña de azucre, o café, o cacao e os cítricos. A pesca, malia ser a pequena escala, é importante polo consumo interno. Hai refinarías de petróleo en Pointe-à-Pierre, Point Fortin e La Brea, cuxa capacidade obriga a buscar petróleo bruto en América do Sur e no Golfo Pérsico....

    VER O DETALLE DO TERMO