"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
PERSOEIRO
Compositor e crítico musical. En 1952 creou o grupo Nueva Música. Foi director musical de Radio Madrid e de Radio Nacional de España, onde creou Segundo Programa (denominado posteriormente Radio 2 e Radio Clásica). Crítico musical de El País. Autor de música incidental para cine e teatro, da súa produción destacan Canciones, sobre textos de R. Alberti, Burgalesas, para canto e piano, e Retablo de Navidad, con texto de Luis Rosales. Das súas publicacións destacan Montsalvatge (1971), Manuel de Falla y su obra (1976), Claudio Prieto (1991) e Falla, Gerhard y su época (1996). Galardoado coa Medalla de Ouro da Fundación Isaac Albéniz e coa Medalla de Ouro ás Belas Artes, recibiu, entre outros premios, o Premio Ondas e o Premio Nacional de Periodismo Rodríguez Santamaría.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Arquitecto. Foi secretario do Partido Liberal de Vigo (1909) e concelleiro (1910). Representante do modernismo, entre as súas obras destacan a casa de J. Pérez Boullosa na praza de Compostela (1910), a casa para os irmáns Suárez na avenida de Montero Ríos (1920), a capela e a residencia das Servas de Xesús de Vigo e a igrexa parroquial da Ramallosa.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Arquitecto. Doutor en Arquitectura, especializouse en urbanismo. Foi profesor na Escola Superior de Arquitectura da Coruña e administrador único de Arqdis, SL. Colaborador do Boletín Académico da ETSA da Coruña, Obradoiro e Revista da Comisión Galega do V Centenario, escribiu Los orígenes de Compostela (1987), Fragmentos renacentistas (1997) e Voces de la ciudad (1998). Foi finalista do Premio de Periodismo Arquitectónico e do Premio Planeta 1993.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Arquitecto. Catedrático da Escola Superior de Arquitectura da Coruña, da que foi director (1975-1986). Doutor en Arquitectura, especializouse en urbanismo e restauración de monumentos. Entre as súas obras destacan o Casino da Coruña (1982), o edificio de servicios múltiples da Radio Televisión de Galicia (1990) e o pavillón de Galicia na Exposición Universal de Sevilla (1992). Colaborador no Boletín Académico da ETSA da Coruña, Abrente e Obradoiro, foi autor de As catedrais de Galicia: descrición gráfica (1999) e A Arquitectura do Camiño de Santiago: descrición gráfica do Camiño Francés en Galicia (2000).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista e escritor. Como crítico teatral colaborou na Radio Galega e en diversas publicacións como Galicia Internacional, Revista Galega de Teatro e La Voz de Galicia, xornal no que desenvolveu a súa carreira profesional como responsable da delegación de Vilagarcía de Arousa. Da súa produción destaca A lúa no cénit (1988), Ribadavia (1993), En malos pasos (1995), Guía da provincia de Ourense (1997), en colaboración con Francisco Fernández Naval, e Galicia (2002). En internet, ten as obras narrativas Por conto alleo e Necesariamente X e participou nos volumes colectivos Paralelo 42, Narradores de Cine e Unha liña no ceo.
VER O DETALLE DO TERMO -
DUCADOS
Título concedido polo Rei Xoán Carlos I, o 26 de novembro de 1975, a María del Carmen Franco Polo Bahamonde y Martínez-Valdés, marquesa de Villaverde.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Militante do Partido Regenerador, foi ministro de Facenda (1890), Obras Públicas (1891-1892) e do Reino (1893-1897). En 1903 fundou o Centro Regenerador Liberal e foi xefe do goberno (1906-1908).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico. Comezou como axudante de dirección do seu tío Jesús Franco e con pequenas curtametraxes como El desastre de Annual (1970). Dirixiu a película Pascual Duarte (1976), baseada na obra de Camilo José Cela. Outras películas destacadas da súa produción son Los restos del naufragio (1978), El sueño de Tánger (1986), Oh, cielo! (1994) e La buena estrella (1997), que recibiu varios Goya.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poetisa. Da súa produción destaca Terze rime (1575), de liña petrarquista e as epístolas Lettere familiari a diversi (1580).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Guitarrista. Residiu en La Habana algún tempo e deu numerosos concertos en América. Publicou Método para el estudo de la guitarra.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Forma prefixada que se emprega na formación de palabras co significado de ‘francés’.
-
Forma prefixada que se emprega na formación de palabras co significado de ‘libre’.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conflito armado entre Francia e Prusia que durou desde xullo de 1870 ata maio de 1871. A rivalidade entre os dous estados foi agravada pola temeraria diplomacia francesa e o imperialismo de Bismark. O 19 de xullo de 1870 Francia declarou a guerra. En agosto, o exército prusiano, ao mando de Moltke, derrotou a Napoleón III en Froeschwiller e cercouno en Estrasburgo e Metz. O 1 de setembro o exército francés capitulou trala Batalla de Sedan. O 10 de maio de 1871 o goberno de Thiers asinou a Paz de Frankfurt, pola que Francia perdeu Alsacia e Lorena.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase aos canadenses de fala francesa que no s XIX se estableceron nos EE UU, fundamentalmente en Nova Inglaterra. Unha parte dos seus descendentes conservan actualmente a lingua francesa e teñen unha literatura propia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Reserva de flotabilidade dunha embarcación, determinada pola liña de máxima carga fixada por algunha das entidades oficiais aseguradoras. O francobordo é un elemento de seguridade para a flotabilidade e a defensa contra o mar posto que evita que entre auga na nave cando escora. Obtense por medio da distancia que queda entre o nivel de auga e a parte superior da cuberta principal, no centro da eslora. O francobordo diminúe inversamente o calado da nave se a carga desta aumenta.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que simpatiza con Francia e cos franceses.
-
-
Relativo ou pertencente aos francófonos.
-
Aplícase á persoa ou colectividade que ten o francés como lingua habitual.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fosfato de calcio carbonatado, de fórmula Ca5F (PO4CO3OH)3. Pertence á familia do apatito.
-
-
Relativo ou pertencente a Franconia ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Franconia.
-
-
REXIÓNS
Rexión do N de Baviera, Alemaña. Esténdese polo val do Main ata os contrafortes do macizo de Bohemia e chega polo S ata o Danubio. Está formada por unha degradación de terrazas que alternan con elevacións de terreos ricos en bosques e pastos. O clima é continental suave. Carece de recursos mineiros, a excepción de augas mineromedicinais. Ten abundantes cultivos de cereais, froiteiras, produtos de horta, lúpulo e, nas vertentes dos vales, viña. A industria concéntrase en Fürth e en Nuremberg.
VER O DETALLE DO TERMO -
DUCADOS
Territorio feudal constituído no ano 840 polo testamento do Emperador Luís o Piadoso, o que provocou unha longa loita entre os leopoldinos e os conradinos pola súa posesión. Conrado I de Xermania tomou posesión do ducado no 906 que pasou ao seu irmán Eberard no 918 e rebelouse contra o rei de Xermania Otón I o Grande. Á súa morte en Andernach (939), o rei apropiouse do ducado e repartiu unha parte entre o bispo de Würzburg e a abadía de Fulda. O resto dividiuse en dous ducados, o oriental e o occidental, que pasaron ao rei, despois emperador, Conrado II o Sálico e aos seus sucesores ata Enrique V. Dende o s XVI o nome aplicouse ás dúas provincias bávaras de Bayreuth e Würzburg.
VER O DETALLE DO TERMO