"car" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3676.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Danza europea medieval na que os bailadores, que forman unha ringleira circular, aberta ou pechada, avanzan collidos das mans ou dando voltas, seguindo o paso do bailarín principal ao ritmo dunha canción. O texto desta canción, normalmente de tema amoroso ou satírico, compúñase de varias estrofas precedidas por un retrouso inicial que repetían despois de cada estrofa os bailaríns a xeito de coro. O baile podía completarse cunha balerie, monólogo ou diálogo entoado polos danzaríns ao tempo que bailaban no medio do círculo. A carola coñécese desde o s VII e a súa orixe cómpre buscala nos antigos bailes dos Maios e nos antigos coros gregos. Estendeuse por Europa durante o s XII e o seu declive tivo lugar durante o s XIV.
-
-
Persoa que vende noces.
-
nogueira.
-
-
CIDADES
Cidade de Puerto Rico a 25 km de San Juan (177.806 h [1990]). Os cultivos son propiamente tropicais, como a cana de azucre e o tabaco, e constitúen a base do mercado. Tamén están desenvolvidas industrias de confección, quimicofarmacéuticas, metalúrxicas e de derivados da cana de azucre.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Colonia británica que correspondía aos actuais estados norteamericanos de Carolina do Norte e Carolina do Sur. O seu territorio descubriuno en 1512 Juan Ponce de León e en 1584 Isabel I de Inglaterra concedeullo a sir Walter Raleigh. No s XVII establecéronse os primeiros asentamentos no territorio. Cara ao 1665 Carlos II de Inglaterra entregouno a unha compañía de nobres ingleses que lle chamaron Carolina en honor do seu monarca. En 1729, a compañía concesionaria do territorio vendeulle os seus dereitos á coroa británica por mor dos problemas ocasionados polos ataques da tribo dos fuscarolas. Foi nesa data cando o goberno británico dividiu o territorio nas colonias reais de Carolina do Norte e Carolina do Sur.
-
PERSOEIRO
Raíña de Inglaterra e neta de Xurxo III de Inglaterra. Casou no 1795 co príncipe de Gales que ao pouco tempo se separou dela e a expulsou da corte. Cando o seu marido accedeu ao trono, como Xurxo IV, rexeitouna como raíña mais ela regresou a Londres e foi recibida triunfalmente.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Estado do SL dos EE UU (136.413 km2; 7.425.183 h [estim 1997]). A súa capital é Raleigh. Esténdese desde o Blue Ridge (Montes Apalaches) ata o litoral atlántico e ocupa o Piedmont e a chaira costeira. A súa costa é baixa e areosa, con numerosas lagoas e cordóns litorais. O clima é subtropical, cunha pluviosidade media anual superior aos 1.000 mm e unha temperatura media anual duns 15°C. Drenan o estado os ríos Roanoka, Tar, Neuse e Cape Fear. A cuberta vexetal predominante é o bosque de coníferas. A poboación afroamericana representa case a cuarta parte do total. Charlotte e Greensboro son as cidades máis destacadas. A agricultura e a explotación forestal son importantes fontes de ingresos do estado, o mesmo que a pesca. A industria baséase principalmente na elaboración dos derivados do sector primario. A finais da década dos oitenta Charlotte converteuse nun dos mercados financeiros máis activos dos EE UU. O estado fundouse no 1729, ao ser dividido o territorio de Carolina nas...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estado do SL dos EE UU (80.582 km2; 3.760.181 h [estim 1997]) A súa capital é Columbia. Distínguense no seu relevo tres zonas: a montañosa ou setentrional, a intermedia e a da costa. As montañas dos Apalaches, ao O, son baixas e prolónganse a través dunha suave inclinación de superficie de bosque ata que se unen coa plana costeira. Atravesan este territorio numerosos ríos, moitos deles navegables, como o Santee, formado polos ríos Saluda, Congaree, Catawba e Wateree. O clima é subtropical húmido, con precipitacións medias anuais superiores aos 1.100 mm e temperaturas medias de 17,6°C en Columbia. O sector primario é o máis desenvolvido da economía do estado grazas á gandería, mentres que e a minería está exclusivamente dedicada á explotación de minerais utilizados na construción. Destacan as industrias de elaboración de fibras téxtiles e de pasta de papel. O cultivo de algodón, en decadencia dende a crise de 1929, comezou a substituírse polo tabaco, a soia e as hortalizas. As...
-
PERSOEIRO
Raíña de Inglaterra. Casou en 1705 con Xurxo Augusto, quen accedeu ao trono inglés como Xurxo II. Contribuíu á renovación da Igrexa Anglicana co nomeamento de bispos de tendencia liberal.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Jaén, Comunidad Autónoma de Andalucía, na comarca de La Sierra (15.048 h [1996]). Está na vertente meridional de Sierra Morena e coincide cunha chaira entre as vertentes do río La Campana. É importante a actividade agrícola e gandeira pero predomina a industria alimentaria, a téxtil e a dos metais. Tradicionalmente foi lugar de explotación mineira (chumbo, prata). Fundouse durante a colonización de Sierra Morena, levada a cabo por Olavide (1767) en tempos de Carlos III.
VER O DETALLE DO TERMO -
ILLAS
Conxunto de illas e atois de Micronesia, no Océano Pacífico, de orixe coralina e volcánica. As principais illas son Ponape, Truk, Kosrae e Palacio. Descubriunas Toribio Alonso Salazar en 1526 e foron anexionadas á coroa castelá en 1686. En 1899 España vendeullas a Alemaña e permaneceron baixo o seu dominio ata 1914, ano en que foron anexionadas a Xapón. Despois da Segunda Guerra Mundial a ONU confiou a súa administración aos EE UU, en réxime de fideicomiso, dentro do grupo designado como Illas do Pacífico en Administración Fiduciaria.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome co que se coñecían os teólogos anglicanos do s XVII, especialmente os que viviron en tempos de Carlos I (1625-1649) e de Carlos II (1660-1685).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da xerga das palilleiras que corresponde á voz ‘anaco pequeno de encaixe’.
-
-
Relativo ou pertencente ás illas Carolinas ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante das illas Carolinas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente aos reis que levan o nome de Carlos.
-
-
Relativo ou pertencente a Carlomagno e á súa dinastía.
-
Relativo ou pertencente á época dos soberanos carolinxios.
-
Membro da dinastía carolinxia.
-
Familia franca que dominou a Galia, a Xermania occidental e a Italia do norte entre mediados do s VIII e finais do s IX. Os carolinxios, descendentes da familia austrasiana dos Pipínidas, orixinarios de Liexa, consolidáronse no cargo de mordomo de palacio dos reis merovinxios e acumularon máis poder ao frear a expansión musulmá e erixirse en renovadores do Imperio de Occidente, apoiados pola institución eclesiástica. O fillo ilexítimo de Pipino de Héristal, Carlos Martel (714-741), detivo os musulmáns en Poitiers no 732 e, desde o 737, gobernou sen a autoridade superior do soberano merovinxio. Con Pipino o Breve (751-768) produciuse o destronamento do último rei merovinxio (751) e Pipino, recoñecido pola nobreza e consagrado polo arcebispo Bonifacio (legado do Papa Zacarías), foi elixido rei de todos os francos. Trala morte do seu fillo Carlomán, a herdanza foi recollida integramente por Carlos que, convertido en Carlomagno (768-814), foi coroado emperador no Nadal do 800 polo...
-
Arte da corte imperial que floreceu principalmente entre os reinados de Carlomagno (morto no 814) e Carlos o Calvo (823-877). Caracterízase polo retorno ás formas clásicas, pola persistencia de temas merovinxios, pola adaptación de temas irlandeses e pola asimilación de ideas orixinarias de Bizancio e de Oriente chegadas polo norte de Italia. A arquitectura carolinxia introduciu as igrexas con pórtico e torres frontais como a de Corvey (885), as criptas situadas case ao mesmo nivel que a nave como a de Saint-Germain de Auxerre, os deambulatorios e os piares cruciformes que sosteñen a bóveda. Destacan a capela redonda de Aquisgrán e as basílicas de Saint-Denis (775), Fulda (819) e Centula (799). Non se conservan mostras da escultura monumental. Os capiteis empregados son corintios ou compostos, e os motivos decorativos forman entrelazados de orixe oriental ou irlandesa. O único ciclo completo de pinturas murais conservadas, con escenas do Antigo Testamento e do Novo...
-
ciclo carolinxio.
-
Tipo de escritura minúscula que caracterizou a reforma cultural do Imperio Carolinxio. A súa xénese foi o resultado dun longo proceso de estilización das escrituras que estaban en uso, proceso realizado polos copistas dos mosteiros situados entre o Rin e o Loire durante os ss VIII e IX. Co impulso da chancelería carolinxia, a nova letra espallouse durante o s IX por todo o Occidente. A época clásica da escritura carolinxia estendeuse desde a segunda metade do s IX ata a primeira metade do s X, período no que se empregou indistintamente para redactar libros e documentos. Posteriormente, sufriu o efecto de dous fenómenos paralelos: a transición cara ao gótico e a cursivización. A escritura xenuína recuperárona os humanistas, que lle deron o estilo que, con lixeiras variacións, chegou ata a actualidade.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Formación políticoterritorial xurdida trala coroación do rei franco Carlomagno en decembro do ano 800, polo Papa León III, nunha cerimonia que consagraba a renovatio imperii romanorum. Estendíase por Francia, Alemaña, os Países Baixos, Suíza e a maior parte de Italia, e tiña sometidos unha serie de protectorados no Danubio medio. A estrutura dos órganos de goberno do Imperio non é outra que a que prevalecera no reino franco e que Carlomagno e o seu pai herdaran dos reis merovinxios, e estes, á súa vez, do Baixo Imperio, adaptándoa ao espírito e ás tradicións xermánicas. O poder do soberano pretendía ser absoluto e unificaba na súa persoa funcións administrativas, fiscais, xudiciais e militares; mesmo a Igrexa era submisa a el, en gran parte debido ao control que exercía sobre os bispos. Ao redor do emperador estaba o palacio, integrado polos altos funcionarios. Administrativamente, o país estaba dividido en condados, rexidos por un conde, representante da autoridade imperial...
-
-
Parte central da espiga do millo despois de quitarlle os grans.
-
Parte central das froitas que carecen de carabuña.
-
-
Anaco de pan duro con codia.
-
Parte superior da codia do pan.
-
Bola de pan que se lles ofrecía aos rapaces e aos pobres nos convites mortuorios.
-
-
Casca que recobre algúns froitos.
-
Noz verde que aínda ten a casca de fóra.
-
Fariña grosa do millo para facer papas.
-
ulto que se forma na cabeza como consecuencia dun golpe.
-
...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rama da botánica que se ocupa do estudo das carofíceas.
-
-
Casca esfarelada do gran moído e separada da fariña.
-
Parte da castaña que se pode comer.
-
Corazón da pataca ou parte que queda despois de lle sacar os anacos con ollos para sementar.
-
-
-
Ó lado da persoa ou cousa que se expresa. OBS: Tamén se utiliza a expresión ó carón de.
-
Tocando, ou case, a superficie que se expresa. OBS: Tamén se utiliza a expresión ó carón de.
-