"Az" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2426.

  • Recursos teatrais que utilizaban os actores da commedia dell’arte, normalmente xogos corporais ou verbais de carácter cómico, que se adaptaban moi ben ás partituras interpretativas baseadas na improvisación e que adoitaban ter como finalidade provocar a risa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Paleontólogo. Explorou extensas zonas de África oriental e, coa axuda técnica da súa muller Mary e do seu fillo Richard, atopou na gorxa de Olduvai un gran número de restos de Australopithecus e de homes primitivos. Nas rexións estudiadas de Kenya e Tanzania estableceu tres liñas evolutivas independentes: a do Zinjantropus, a dos devanceiros do Homo erectus e a do Homo habilis. Escribiu The Progress and Evolution of Man in Africa (1961).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Trasmonte (Ames). Está formado por unha torre de planta cadrada dos ss XV-XVI no corpo máis estreito, á que se engadiu un corpo que lle dá ao conxunto a forma dun L. Consérvase un escudo do s XVIII. Ten capela, pombal e outras construcións adxectivas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista. Foi reitor da Universidade de Santiago de Compostela (1942-1960), profesor da Universidad Complutense de Madrid desde 1961, director da Revista de Estudios Políticos (1969) e do Instituto de Estudios Políticos (1970-1974), e tradutor de numerosos libros. Escribiu Filosofía del Derecho (1953), Humanismo, estado y derecho (1960) e Introdución al pensamiento marxista (1961).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio de Gipuzkoa, Euskadi, situado ao L de Arrasate e regado polo río Urola (8.741 h [2001]). É un centro industrial cunha grande actividade nos sectores metalúrxico, químico e do papel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Miguel López de Legazpi.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Soesto (Laxe). No seu solar estivo a casa onde residiron o Rei Afonso IX e a Raíña Berenguela. Construído ao redor de 1570, ten planta rectangular, con baixo e piso, e cun pequeno corpo en forma de torre de tres plantas. As fachadas son sinxelas e nunha delas só destaca o escudo coas armas dos Leis. Está rodeado dun xardín, onde se atopa o pombal, pechado por un muro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Lens (Ames). A súa orixe remóntase ao s XVI, ligada aos Ardeleiros. Ten planta rectangular pero os muros non forman un ángulo recto, ten unha galería orientada ao N, e na fachada atópase un escudo que alude aos Santiago, aos Ardeleiros e aos Mariño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador de Oriente (775-780). Sucedeu o seu pai Constantino V e, favorable ao culto das imaxes, volveuse despois iconoclasta. En 778 derrotou os árabes en Xermanicea da Comaxene.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Dodro. Erixida no s XVI como lugar de recreo dos arcebispos composteláns, sufriu reformas en época posterior, entre as que destaca a mandada facer por Bertomeu de Rajoy no s XVIII. Ten planta en forma de U cun patio interior. Nun lateral da fachada sitúase unha capela dedicada ao Anxo da Garda. Diante da fachada atópase un patio pechado con muros e con dependencias adxectivas, onde se sitúa unha fonte do s XVIII, cun gran pilón e tres alturas, e coroada por unha figura de Santiago peregrino. O edificio foi cedido polo arcebispado para fins turísticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rrethi de Albania, situado na rexión de Elbasan-Berat (1.013 km2; 75.300 h [estim 1993]). A capital é Librazhd (5.300 h [1990]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Informe da Unesco que se realiza desde 1993, en que se evalúa o estado das linguas do mundo, tanto das linguas xa mortas como das linguas en perigo de extinción ou das linguas máis ou menos estabilizadas. Segundo este documento, só 45 das 94 linguas europeas están fóra de perigo de ser substituídas. Neste informe o galego aparece como unha lingua potencialmente en perigo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Unión ou relación forte e estreita entre persoas ou entre persoas e cousas.

    2. Relación lóxica entre dúas ou máis cousas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos albaneis que corresponde á voz ‘botellazo’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Liñares (Santiso). Presenta forma de escuadro, que alberga un patio, e ocupa un terreo onde houbo unha torre. O portón de entrada forma arco de medio punto e frontón triangular enriba do que se inscribe unha pedra de armas con brasóns dos Varela, Ulloa e Montenegro. A capela atópase fóra do muro e estivo unida ao pazo por un pasadizo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Prado (Lalín). Está formado por un corpo de planta rectangular e outro en forma de L. A fachada principal presenta unha porta sinxela, ventás con montante e balcóns e, sobresaíndo un pouco, o escudo dos Taboada, con remates de esferas pétreas, como nas chemineas. A fachada posterior ten unha galería con cinco arcos de medio punto e escudos no peitoril. A capela é de planta rectangular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Semente do liño, que se emprega como primeira materia para a obtención do aceite de liñaza. En po, constitúe a fariña de liñaza, de alto contido en aceite, que se denomina tamén fariña de liño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Salvaterra de Miño. Ten planta en forma de L e presenta no ángulo unha torre de tres plantas con ameas e cuberta a catro vertentes. Engadiuse un pequeno anexo nun lateral e quedou conformada así unha planta en forma de U. A torre é a parte máis antiga e arredor dela naceu a casa. A capela dedícase ao Santísimo Sacramento e conserva a data de 1530.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Armeses (Maside). Datado a comezos do s XIX, ten planta en forma de escuadro e dúas alturas, cun patio no ángulo que está configurado pola vivenda e o muro. Próximo a el atópase a capela de Santa Mariña, que puido ser da súa propiedade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e médico. Foi elixido secretario xeral do Partido Comunista de Asturias (PCA) e coordinador xeral de Izquierda Unida na mesma comunidade (1988-2000). En outubro de 2000 foi elixido coordinador xeral de Izquierda Unida.

    VER O DETALLE DO TERMO