"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
-
Relativo ou pertencente aos ganoideos.
-
Peixe da orde dos ganoideos.
-
Orde de peixes fósiles da subclase dos osteitios que se caracterizan por ter o corpo recuberto con escamas ganoideas (formadas por un estrato óseo e un de ganoína) ou con placas óseas e raramente espido.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Substancia dura e amorfa, semellante ao esmalte, que recobre as escamas ganoides.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mestura de aceite, cera e colorantes que se aplicaba ás estatuas de mármore na Antigüidade para colorealas ou lucilas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte superior da traquea que se une coa larinxe.
-
-
Arco de madeira ou ferro sobre o que entra a parte superior da couzoeira dunha porta ou cancela e sobre a que se move.
-
Pao en que se colga a gramalleira.
-
-
-
Ave da familia dos anátidos e da orde dos anseriformes, das que se describiron quince especies. Trátase dun animal voador de moito tamaño e peso, de complexión robusta, pescozo relativamente longo, peteiro forte e groso, dentado, e patas adaptadas para camiñar. Aliméntanse de herbas e gran. A maior parte das especies son gregarias e migradoras, e voan longas distancias a grandes alturas. Algunhas especies de presenza moi escasa en Galicia son o ganso campestre, o ganso pequeno e o ganso carinegro.
-
Ave duns 79 cm de longo e 155 cm de envergadura, que presenta cor parda grisácea no dorso, máis clara no ventre; as partes superiores das ás teñen un gris pálido, co bordo negro. A cola é branca cunha banda parda. As patas rosadas e o peteiro alaranxado. Trátase dunha especie invernante, en pequeno número en Galicia.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Poboación do municipio maragato de Brazuelo (na provincia de León), situada á beira do Camiño Francés de peregrinación a Santiago (49 h [2001]).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sheng de China, na rexión do Noroeste, situada fronte a Mongolia (454.000 km2; 25.190.000 h [estim 1999]). A súa capital é Lanzhou. En 1954 foille anexionada a provincia de Ningxia (66.400 km2). É unha rexión montañosa de clima continental, con invernos moi rigorosos. Distínguense diversas rexións: a oriental, que se estende polo curso medio do Huang He, formada por altiplanos de loess, onde se cultiva trigo, arroz, millo, algodón e tabaco, e onde está Lanzhou; e a occidental, rexión semidesértica que se estende ao pé das montañas de Nan Shan, con ricos oasis, onde se concentra a poboación. Gansu prolóngase cara ao N na rexión de Ningxia, chaira aluvial ben regada. É rica en recursos minerais, petróleo ao SO, sal e sosa ao N, no deserto. Propios de Lanzhou son os depósitos de carbón, ferro, bauxita e xofre.
-
CAPITAIS
Capital da provincia de Flandres Oriental, Bélxica, situada na confluencia dos ríos Escalda e Leie (224.074 h [1998]). A través de canais navegables a cidade enlaza con Bruxas e Ostende. O porto únese ao mar do Norte a través do canal de Terneuzen. É unha cidade industrial, con fábricas téxtiles, metalúrxicas, químicas, alimentarias, automóbiles e unha refinería de petróleo. A orixe de Gante remóntase ao 630 coa fundación por parte de santo Amando de Maastricht da abadía de Bavó. No s IX o conde de Flandres construíu alí o seu castelo ao redor do que se desenvolveu a vila. Convertido nun importante centro téxtil, durante a Guerra dos Cen Anos o tribuno Jacob van Artevelde recoñeceu o rei de Inglaterra como o señor lexítimo e instaurou un goberno democrático. As guerras relixiosas (ss XVI-XVII) causaron a decadencia da cidade, pero a partir de 1750 a economía volveu recibir un novo pulo grazas á produción de téxtiles de fío e á introdución do algodón. A mecanización da industria téxtil e...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Prateiro. De orixe flamenga, traballou en Santiago de Compostela. Realizou, entre outras obras, unha cruz de prata para Santa Eulalia de Arca (O Pino, 1561), diversas obras para o convento de San Francisco de Viveiro (1562), unha cruz para a igrexa de Santiago de Pontedeume (1563), unha cruz para o mosteiro de Santa María de Oseira (1564-1566) e unha vasilla para a auga bendita acetre co seu hisopo para San Salvador de Celanova (1565). Por motivos que se descoñecen foi desterrado de Santiago en 1566. Ao seu regreso realizou, entre outras obras, unha cruz para Santiago de Franza (Mugardos, 1568), dous candelabros de prata (1571) e un cáliz de prata (1574) para a catedral de Tui, unha custodia para a capela da Corticela (1578) e unha lámpada de prata para San Martiño Pinario.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Acordo asinado o 8 de novembro de 1576 na cidade de Gante entre as provincias protestantes do N e as católicas do S, por mor do saqueo de Anveres realizado polos tercios casteláns amotinados. No pacto, recoñecido por don Xoán de Austria mediante o Edito Perpetuo (1577), pediuse a retirada inmediata dos tercios de Flandres, proclamouse a tolerancia relixiosa e esixiuse a devolución de todos os bens confiscados durante o goberno do duque de Alba. O acordo foi roto pola Unión de Arrás (1759) na que as provincias católicas volveron recoñecer a autoridade de Filipe II.
-
PERSOEIRO
Militar e político inglés, duque de Lancaster e de Aquitania (1390-1399), fillo de Enrique III de Inglaterra. Casado desde 1359 con Branca de Lancaster, de quen herdou o título ducal, apoiou o exército de Pedro I o Cruel que derrotou a Enrique de Trastámara na Batalla de Nájera (1367). Tras casar en segundas nupcias cunha filla de Pedro I, converteuse nun dos pretendentes ao trono castelán e tentou en varias ocasión invadir Castela coa axuda de Pedro IV de Aragón, Carlos II de Navarra e Fernando I de Portugal. Tras someter ao control inglés o S de Francia, as súas tropas desembarcaron na Coruña e ocuparon Santiago de Compostela e Ourense (1387), pero foron derrotadas polos exércitos casteláns. En 1388, tras asinar o Tratado de Baiona, renunciou ás súas pretensións ao trono castelán e concertou o casamento da súa filla Catarina de Lancaster co futuro Enrique III de Castela.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente a Gante ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Gante.
-
-
PERSOEIRO
Enxeñeiro estadounidense. Continuador da obra de F. W. Taylor, especializouse nos aspectos sociais dos sistemas de organización. Ideou un sistema de planificación e de control da produción denominado gráficas de Gantt.
VER O DETALLE DO TERMO -
RIOS
Río da India. Nace na vertente S do Himalaia e desemboca no golfo de Bengala despois de percorrer un curso de 2.700 km de lonxitude. Formado pola unión de dous ramais (o Alaknanda e o Bhāgīrathi), atravesa o Himalaia e penetra na gran chaira indoganxética, por onde transcorre a maior parte do seu curso. Durante o percorrido recibe numerosos afluentes: o Ghāghra, o Gandak, o Kosi e o Jamuna desde a esquerda, e o Son desde a dereita. Estes ríos, alimentados pola fusión da neve do Himalaia, experimentan grandes enchentes, que aumentan coa aparición das choivas do monzón, o que fai que o caudal do Ganxes siga irregular e que provoque inundacións catastróficas. No golfo de Bengala divídese nun bo número de brazos: o Bhāgīrathi, o Hooghly e o Padma, o principal, que penetra en Bangladesh, onde se une ao Brahmaputra e forma o gran delta común que constitúe a rexión de Bengala. O cultivo intensivo do arroz (un 80% das terras deltaicas) favorece unha gran concentración de...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor cinematográfico e teatral. Traballou cos dramaturgos Botho Strauss e Peter Handke. Desde 1970 a súa carreira estivo unida á Schaubhüne de Berlín, onde colaborou co director Peter Stein e interpretou moitos papeis protagonistas, entre os que destaca Hamlet. Participou en películas como Die Marquese von O (1975), de E. Rohmer, Die linkshändige Frau (1977) de P. Handke, Nosferatu (1979) de W. Herzog, La faussaire (1983), Himmel über Berlín (1987) de W. Wenders, e The Last Days of Chez Nous (1991) de G. Armstrong.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do sheng de Jiangxi, na rexión do Centro-sur, China (220.129 h [1990]). Sitúase na confluencia de diversos sistemas fluviais. Desde 1949 experimentou unha expansión demográfica paralela ao desenvolvemento industrial. Ten construción de maquinarias e motores, manufacturas de madeira, produción de papel e refinería de azucre. É un centro comercial.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Pao delgado e seco que se emprega para facer lume.
-
Pao de urce ao que se lle unta sebo e que se utiliza para alumear.
-
-
DEPARTAMENTOS
Departamento de Burkina Faso (4.087 km2; 223.555 h [estim 1991]). A súa capital é Zorgho (11.721 h [1985]).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Arame dobrado por un extremo que serve para abrir pechaduras.
-
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘chave’.
-