"rei" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1485.

  • Antropónimo feminino hispano, frecuente na Idade Media, que tiña como forma primitiva Tarasia, de orixe escura, que evoca os xentilicios gregos Tarasía/Tarasios, o topónimo itálico Taranto, o nome do adiviño Tiresias e a illa exea de Thera (Santorino). Aínda así, non é seguro que sexa grega a súa raíz última. O que si parece probable é que este nome se difundise por Europa a partir da Península Ibérica. As formas galegas están documentadas desde moi antigo e a popularidade de Tareixa de Ávila axudou á súa difusión por boa parte de Europa. Presenta as variantes Tereixa e Teresa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de León (960-966), filla de Ansur Fernández, conde en Monzón de Campos. A súa alianza matrimonial con Sancho I de León facilitou a derrota de Ordoño IV e a restauración de Sancho I. Ao morrer este en 966, asumiu a rexencia durante a minoría de idade de Ramiro III, xunto coa súa cuñada Elvira de León, e, tras a razzia de Almanzor, retirouse a un convento en 985.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pensadora alemá. De nome Edith Stein, foi filla dun comerciante xudeu e discípula de Husserl. Converteuse ao catolicismo e en 1934 ingresou na orde carmelita. Morreu nun campo de concentración. Na súa obra póstuma Endliches und ewiges Sein (Ser finito e eterno, 1950) tentou fundamentar fenomenoloxicamente a concepción tomista. Escribiu tamén Eine Untersuchung über den Staat (Unha investigación sobre o estado, 1924), Das Ethos der Frauenberufe (O ethos da vocación feminina, 1931), Kreuzeswissenschaft (Ciencia da cruz, 1950) e Welt und Person (Mundo e persoa, 1962). Beatificada en 1987, a súa festividade celébrase o 9 de agosto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tareixa de Xesús.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Agnes Gonxha Bojaxhiu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Condesa (1097-1113) e rexente de Portugal (1114-1128), filla ilexítima de Afonso VI de Castela. Casou con Enrique de Borgoña, a quen entregou como dote o territorio comprendido entre os ríos Miño e Tajo que en 1095 se converteron no condado Portucalense. Enfrontouse á súa irmá Urraca I de Castela, aproveitando as loitas dinásticas, e derrotouna e anexou as comarcas de Ourense e Tui pero caeu prisoneira en Lombrosos (1121), e tivo que recoñecer a soberanía da súa irmá en León e Castela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de León (1191-1194), filla de Sancho I de Portugal. Casou en 1191 con Afonso VIII, rei de Galicia e León, pero o Papa Celestino III anulou o matrimonio por razóns de parentesco. Á morte do rei (1230), participou coa segunda dona deste, Berenguela I de Castela, no problema sucesorio, e acadou a renuncia ao trono das súas fillas Sancha e Dulce, que Afonso VIII nomeara herdeiras, e a proclamación de Fernando III de Castela, fillo de Berenguela I, como rei de León.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixiosa carmelita. De nome Teresa de Cepeda y Ahumada, en 1535 entrou no convento de La Encarnación (Ávila). Propúxose reformar a orde do Carmelo para facela retornar ao antigo rigor. En 1562 fundou o primeiro convento reformado, o de San José de Ávila. Despois realizou, en medio de dificultades e mesmo persecucións, moitas outras fundacións. A tarefa renovadora e as súas experiencias místicas ata a fundación do primeiro convento narrounas en Vida, da que se conserva só a segunda redacción, pois a primeira foi requisada pola Inquisición. Os azares das fundacións posteriores explicounos en Libro de las fundaciones. Estes dous documentos autobiográficos compleméntanse coas Cartas. Entre as súas obras de carácter doutrinal destacan Camino de perfección (1562-1564) e o tratado ascético-místico Moradas del castillo interior (1577). O seu estilo é coloquial, cheo de formas da lingua viva da época, de locucións populares e de comparacións tiradas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixiosa carmelita. Ingresou con 15 anos no convento de Lisieux, ofrecía as súas enfermidades para o ben das misións. Morreu de tuberculose. Escribiu, por orde da súa superiora, Historia dunha alma (1897). Canonizada en 1923, o Papa Pío XI proclamouna patroa das misións e en 1997 o Papa Xoán Paulo II Doutora da Igrexa e da Santa Faz. Represéntase con hábito carmelita, crucifixo con rosas entre as mans como atributo persoal, xa que cando estaba a morrer dixo que faría chover rosas e grazas do ceo. A súa festividade celébrase o 1 de outubro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Cerralleiro e mestre da forxa. Entre as súas numerosas obras destacan os farois da praza do Obradoiro ou do convento de San Paio de Antealtares e a balconada do Salón Teatro. O seu fillo Rafael Tarrío Díaz (Santiago de Compostela 1921), continuou co obradoiro e realizou, entre outras obras, a reixa que pecha o acceso á furna do Apóstolo Santiago na catedral compostelá e a adaptación da obra de forxa do Panteón de Galegos Ilustres en San Domingos de Bonaval.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Preito documentado en 1526 que constitúe a principal fonte de información sobre as Guerras Irmandiñas. Foi levado a cabo por iniciativa de Juan Pardo Tavera, arcebispo de Santiago de Compostela, para ponderar o dano feito nas revoltas dos irmandiños, inventariar as posesións da mitra compostelá e buscar responsabilidades sobre a desaparición dalgunhas delas ao seu antecesor, Alonso III de Fonseca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Músico militar e compositor. Autor de numerosas composicións para instrumentos de pulso e puga, das súas pezas musicais destacan a zarzuela Amor na cume, estreada en 1925 no Círculo de las Artes de Lugo, e a rapsodia Unha festa na aldea, en que trata temas populares galegos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor portugués. Coñecido como Teixeira de Pascoaes, foi inspirador do grupo Renascença Portuguesa e do seu voceiro, a revista A Águia, que dirixiu entre 1912 e 1917. Romántico serodio, a súa cosmovisión baséase no sentimento da saudade, elevada a teoría metafísica (saudosismo). Exerceu unha profunda influencia na lírica galega de principios de século. Destacan os seus libros Senhora da noite (1909), Marânus (1911), O doído e a morte (1913), Elegia da solidão (1920) e Versos pobres (1949). Escribiu tamén ensaios e biografías.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ferro de tear que tensa a tea.

    2. Cuña que suxeita o temón do arado.

    3. Fibela da parte traseira do pantalón.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen exerce un traballo temporalmente.

    2. Aplícase ao funcionario da administración destinado transitoriamente a exercer un cargo público subalterno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • aca que acaba de parir.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • LIÑAXES

    Liñaxe de orixe galega que trae por armas, en campo de azul, un piñeiro de sinople, perfilado de ouro, resaltado o tronco cunha tenreira da súa cor cunha manta de prata no lombo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cría da vaca desde que deixa de mamar ata que cumpre dous anos. A súa alimentación baséase no leite materno, que pode suplirse con produtos naturais, como millo, patacas, nabos e forraxes, pero nunca se deben utilizar derivados de animais nin produtos para aumentar o crecemento deste. Sacrifícanse, normalmente, con menos de 10 meses de idade, nunhas instalación en que estean separadas as reses de Ternera Gallega do resto de animais que van ser sacrificados.

    2. Primeiro leite que dá a vaca que acaba de parir.

    3. Tenreiro que aínda está mamando.

    4. Tenreiro que se alimenta de pasto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor e arquitecto, fillo de Antonio Tenreiro Rodríguez. Recibiu clases de debuxo de Jesús Fernández Jesito, completou a súa formación pictórica na Escola de Artes e Oficios da Coruña e realizou os estudos de arquitectura en Madrid (1945-1951). Cultivou o óleo (Peirao do carbón, 1941; Carrusel, 1947), a acuarela (Madrid antigo, 1944) e a augada (Costureira, 1946; Paisaxe da Alcarria, 1951) e recibiu influencias de Lago Rivera, X. M. Labra e B. Palencia. Despois das obras pitóricas dos primeiros anos, viaxou a Francia, onde desenvolveu traballos ao natural como París (1951). A mediados da década de 1950 regresou a Galicia e simultaneou a pintura con diversos traballos de arquitectura como o local Boite Marux, na Coruña, de aspecto vangardista. Viaxou a Suíza e a Escandinavia, e interesouse pola obra de Alvar Aalto e ao seu regreso á Coruña, na década de 1960, sumiuse nunha depresión que se reflectiu na súa pintura na...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arquitecto. Arquitecto municipal da Coruña (1930) e do Ministerio de Educación durante a Segunda República Española, formouse na Escuela Técnica Superior de Arquitectura de Madrid (1913-1919). Estableceu o seu despacho profesional na Coruña, asociado con Peregrín Estellés. Xuntos realizaron o edificio do Banco Pastor da Coruña (1921) e proxectaron a Casa Barrié (1926), tamén na Coruña. Xunto coas súas obras inseridas no estilo art decó (edificio para a Sociedade de Seguros Mutuos da Coruña, 1929; Cine Savoy, 1930), destacaron as obras de corte modernista e racionalista (Casa-Biblioteca Municipal Menéndez Pidal, 1933; Mercado de Santo Agostiño na Coruña, 1932, que realizou xunto con Santiago Rei Pedreira). Despois da Guerra Civil Española o seu talante vangardista decaeu en favor do tradicionalismo, que se manifestou en proxectos como a Ciudad Cultural “Generalísimo Franco”, o edificio do Arquivo do Reino de Galicia ou a Biblioteca Pública no xardín de San Carlos da Coruña. A derradeira...

    VER O DETALLE DO TERMO