"Anda" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 490.

  • PUBLICACIÓNS

    Publicación que xurdiu en Ourense, en abril de 1922. Na portada do primeiro número “O conselleiro supremo”, Vicente Risco expuña as bases da organización nacionalista, tamén mencionaba as entidades que prestaron a súa ratificación a todos os acordos da IV Asambreia Nazonalista: a Irmandade da Fala do Ferrol, Mocedade Galeguista d’Ourense, Irmandade Céltiga de Madrid, Grupo Nazonalista de Bayona, Irmandade da Fala de Santiago e Mocedade Galeguista de Vigo. Todas estas entidades constituíronse en delegacións da Irmandade Nazonalista galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora. Pertenceu ao grupo fundador da revista Távola redonda. A súa obra encádrase no Existencialismo. En 1960 obtivo o Premio Camilo Castelo Branco pola novela A gata e a fábula; en 1971 con Lourenço é nome de jogral obtivo o Premio Nacional de Literatura e en 1987 o Premio da Crítica con Esta noite sonhei com Brueghel. Escribiu tamén a colección de poesías As coordenadas líricas (1951), O engima de sete alíneas (1956), Terra sem música (1969) e Festa em casa de Flores (1991).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma clásica na cociña francesa de preparar o bacallau que consiste en ligar o peixe, posto previamente en remollo con allos, con aceite de oliva para conseguir unha pasta á que se lle engade leite.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe orixinaria de Ribadeo. As súas armas levan, en campo de azul, sobre ondas de azul e prata, un barco de vela cun cabo groso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Prenome masculino procedente do celta Brenainn, nome dun santo irlandés do s VI, latinizado baixo as formas Brendanus e Brandanus. Como antropónimo presenta a variante Barandán. San Brandán é un heroe fabuloso de aventuras marítimas, compiladas no s X baixo o título de Navigatio Sancti Brendani. Na mitoloxía popular galega Brandán vén a ser un descendente dos fillos de Breogán que poboaran Eirín. Precursor de Cristovo Colón, embarcou dende Irlanda con catorce monxes para ir predicar ás terras do oeste. No medio da travesía, levantouse unha violenta tempestade que non amainou ata o día de Pascua e que deixou o navío desfeito, sen mastros nin velame. De súpeto, os navegantes arribaron nunha curiosa illa sen árbores e sen pedras. Brandán púxose a celebrar unha misa e a illa tremou; foi daquela cando se decataron de que o que pisaban, era realmente unha xigantesca balea durmida. O santo bispo pregou a Deus para que mantivese a flote aquel monstro...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Precursor da literatura do absurdo, que promoveu fundamentalmente coas novelas A farsa (1903), Os pobres (1906), Humus (1917) e O pobre de pedir (1931). Tamén escribiu teatro de vangarda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello da Vila de Cruces baixo a advocación de san Miguel.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Apelido que ten a súa orixe no topónimo galego do mesmo nome. Este é un antropotopónimo que remite ao xenitivo do nome persoal latinizado de orixe xermánica brandericus, composto pola raíz *brand(a) ‘espada’ e a terminación -ricus, formada a partir do xermánico *rikaz ‘poderoso’.

    2. Antiga liñaxe de orixe xermánica, que fundou casa en Ortigueira. As súas armas levan, en campo de azul, un monte de sinople con dúas fogueiras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mosteiro que estivo situado en Vila de Cruces. As primeiras fontes documentais datan do 1087 cando a infanta dona Elvira, filla de Fernando I, doou á igrexa de Santiago a metade deste cenobio. Afonso VI, o seu irmán, completou a doazón no ano 1100. A Historia Compostellana cítao como unha das adquisicións feitas pola Igrexa de Santiago. O Papa Pascual II contou con este mosteiro entre as súas posesións na sé compostelá.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mariño de guerra. Despois de ser gardamariña en Cádiz ascendeu a alférez de fragata en 1778. Combateu contra os ingleses no Canal da Mancha, no bloqueo de Xibraltar e contra o almirante Howe no propio estreito. Participou na defensa de Ferrol en 1800 e na Batalla de Trafalgar contra os ingleses (21.10.1805). Cando dirixía a Comandancia de Mariña de Vilagarcía participou no enfrontamento contra os franceses, en 1806. Mandou a Comandancia do Tercio de Vigo (1809) e, ao ano seguinte, a de Ferrol. Ascendeu a brigadier, encargouse do goberno militar de Ferrol e do mando dos tercios navais do norte. En 1839 foi nomeado tenente xeneral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor cinematográfico austríaco. Comezou traballando no teatro coa compañía do Teatro Nacional de Austria. Foi coñecido internacionalmente a raíz da súa interpretación en Mephisto (1981), gañadora dun Oscar á Mellor Película estranxeira. Foi nominado ao Oscar como Mellor Actor secundario por Out of Africa (Memorias de África, 1985). Participou tamén en Never say never again (Nunca digas nunca xamais, 1983), The Russia house (A casa Rusia, 1990) e Two deaths (Dúas mortes, 1995)

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Santa nacional de Irlanda que veu substituír a antiga divindade Brigantia, deusa da fertilidade, das artes e da ciencia. Bautizada por un discípulo de san Patricio, fundou o convento de Kildare, onde foi abadesa. Esta santa labrega acadou sona pola súa vaca: repartía entre os mendigos penlas de manteiga que ela mesma facía; un día visitárona tres bispos, e deulles leite a fartar muxindo tres veces no mesmo día a súa única vaca. O seu culto está moi espallado entre os países celtas como Gales, Bretaña armoricana, etc. Os irlandeses asimílana á propia Virxe, de feito é coñecida como a “Señora de Eirín”. En iconografía represéntase con vestiduras de abadesa, hábito branco e veo negro, e, como atributos persoais, leva un cirio na man e unha chama sobre a cabeza; ás veces tamén aparece como unha leiteira batendo a manteiga ou unha labrega coidando dunha vaca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cantante, músico e letrista. Coñecido como Chico Buarque. Despois de residir en São Paulo trasladouse a Italia en 1954, onde comezou a compoñer as súas primeiras cancións. De volta ao Brasil, na década dos sesenta principiaron as súas actuacións e as colaboracións con expoñentes do tropicalismo como Caetano Veloso ou Gilberto Gil. En 1969 exiliouse a Italia para volver ao seu país un ano máis tarde. Da súa discografía destacan os títulos: Chico Buarque de Holanda (1966), Meus caros amigos (1976), Gota d’água (1977), Show 1º de Maio (1980), Almanaque (1981), Paratodos (1993) e Chico ao vivo (1999), entre outros. Na súa faceta literaria publicou as novelas Fazenda modelo (1973), Estorvo (1991), e o libro infantil Chapeuzinho amarelo (1979). Como actor participou nos filmes Garota de Ipanema (1967), Quando o carnaval chegar (1972) e O mandarim (1995).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Gándaras de Budiño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peza de roupa, alongada, feita con la, seda ou outro tecido que se usa para abrigar o pescozo ou a boca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo reino de Uganda, ao NO do lago Victoria. A disgregación do grande estado de Kitara deu lugar, a principios do s XVII, á formación dos reinos hima do actual territorio de Uganda: Bunyoro, Ankole, Toro e Buganda. O reino de Buganda, composto etnicamente polos baganda e os invasores hima, foi gobernado polo kabaka ou rei; o primeiro deles chamouse Kinton. Despois de dous séculos de hexemonía de Bunyoro, Mutesa I, chegado ao poder en Buganda en 1860, estableceu o predominio de Buganda sobre a rexión. En 1862 chegaron a Buganda os exploradores John Hanning Speke e David Grant e, en 1875, David Livingstone. En 1880 o Tratado de Helgoland situou o país baixo a influencia británica, en 1894, converteuse en protectorado e, en 1897, integrouse no protectorado de Uganda. O predominio de Buganda mantívose durante todo o s XX e reflectiuse na organización administrativa e política da Uganda independente, dominio reforzado pola doazón de terras feita polas autoridades coloniais aos señores...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Construtora e manipuladora de bonecos. Estudiou marionetas no Institut del Teatre de Barcelona. Realizou diversos espectáculos entre os que destacan A guerra das Galíxias de Jorge Rey e Agasallo de sombras co Centro Dramático Galego. É tamén autora, xunto con Rafael Vázquez, de Maltraste, que estreou en 1992 co grupo Trécola, no que traballa habitualmente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Teruel, Aragón, na marxe esquerda do río Guadalope, afluente do Ebro (3.596 h [1996]). Atópase nunha chaira ao NL do Sistema Ibérico. Posúe unha economía agrícola baseada na produción de cereal, oliveira, viña, froitas e hortalizas, e na gandería lanar e porcina. No sector industrial destacan os tecidos e as industrias alimentarias. É de destacar a igrexa parroquial, de finais do s XVII. Unha das características da súa cultura é o uso dos tambores na Semana Santa. Segundo a tradición, que se remonta ao s XVIII, cando o reloxo da igrexa do Pilar marca as doce da mañá do Venres Santo, comezan os redobres dos tambores que se converten nunha forma de linguaxe. Cando dous grupos de tambores diferentes se atopan, prodúcense duelos de redobres.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión de Aragón, na provincia de Teruel. Caracterízase pola secura do seu clima e a grande erosión do solo. O seu centro rexional é a vila de Calanda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Complexo húmido, formado por pequenas lagoas, marismas e carrizais, orixinado pola acción da dinámica litoral sobre a desembocadura do río Valdebois, no extremo setentrional da praia de Carnota, no lugar de Caldebarcos da parroquia de San Mamede de Carnota, pertencente ao concello de Carnota.

    VER O DETALLE DO TERMO