"Asti" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 460.
-
PRAIAS
Praia da beira setentrional da ría de Arousa, situada no litoral da parroquia de Castiñeiras, concello de Ribeira.
VER O DETALLE DO TERMO -
LAGOAS
Lagoa da península do Morrazo, situada no límite entre as parroquias e concellos de Marín, ao O, e Vilaboa, ao L, no parque de Coto Redondo.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que trae como armas un escudo partido: primeira partición, en campo de azul, con tres estrelas de ouro; segunda partición, en campo de ouro, con cinco panelas de sinople; bordo de goles con oito aspas de ouro.
-
GALICIA
Poeta. Coñecido como o poeta da Mahía, estudiou maxisterio en Santiago de Compostela e exerceu como ATS en América, onde colaborou en diversas publicacións como Galicia e Opinión gallega. Entre outras obras, publicou: Estampas gallegas (1955), Mi tierra (1962), Del corazón al lector. Poemas, odas e cantares (1968), Os do meu tempo (1971), Frorilexio poético (1987) e Os cabeiros refolgos (1990).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Historiador da arte. Licenciado en Arte (1987), doutorouse en 1993 coa tese La iconografía de los meses en el arte medieval hispano, siglos XI-XIV e ampliou estudios en Italia e nos EE UU. Profesor titular de Historia da Arte na Universidade de Santiago de Compostela e codirector no proxecto de investigación Corpus de Iconografía Medieval Galega desde 1997. Colaborou, entre outras publicacións, en Brigantium e Compostellanum; ademais foi asesor internacional da Enciclopedia dell’Arte Medievale e secretario de redacción da revista Semata. Escribiu as obras Os traballos e os días na Galicia medieval (1995), Introdución al método iconográfico (1995, edición ampliada en 1998) e El Pórtico de la Gloria (1999). Foi coautor do CD-Rom Historia del Arte (2000) e dos libros Arte Galega. Estado da cuestión (1991), El rostro y el discurso de la fiesta (1994) e Santiago, la catedral y la memoria...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escultor. Formouse na Escola de Artes e Oficios Mestre Mateo de Santiago de Compostela. Entre os monumentos públicos que realizou na Coruña destacan os dedicados a Wenceslao Fernández Florez, Casares Quiroga, María Pita e aos Surfistas. Entre os premios que recibiu cómpre destacar o primeiro premio de escultura Cidade da Coruña (1980) e o premio Tomás Francisco Prieto (1985).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Deseñador gráfico, ilustrador e debuxante de historietas coñecido como Fausto Isorna. O seu traballo no eido do deseño vincúlase con proxectos editoriais e culturais: cartelerías e promocións para grupos de teatro como Chévere, Teatro do Aquí ou Ollomoltranvía; imaxe corporativa e divulgación da Sala Nasa; cubertas para libros e catálogos de artistas plásticos, así como discos para grupos como Milladoiro, Fuxan os Ventos ou Cristina Pato. Director artístico da revista Golfiño, creou e editou a revistas Valiundiez e Das Capital. Colaborou nos xornais El Correo Gallego e El Mundo e nas revistas Tintimán, Aula Aberta, Coordenadas. Como historietista colaborou en Aula Aberta, Tintimán, Coordenadas, Valiundiez, Das Capital, Golfiño e Animal+L, e publicou, entre outros, os libros Os viaxeiros do tempo, A irmandade dos lectores tristes, Flores dende...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor e dobrador. Participou como actor de teatro en diversos traballos do grupo Itaca e colaborou con Producións do Noroeste no espectáculo Rei Lear (1990). Traballou tamén nos filmes Divinas palabras (1987) e Era unha vez (1999).
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Santiago de Compostela. Incluída estatisticamente na cidade de Santiago, non constou como parroquia nas distintas divisións administrativas, nin do Antigo Réxime nin nas constitucionais. O seu carácter parroquial, exclusivamente eclesiástico, debeuse producir por mor do desenvolvemento demográfico que experimentou o lugar como arrabaldo do S da cidade compostelá, e pola súa localización na confluencia das estradas que se dirixen a Ourense e á Estrada.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Árbore do xénero Castanea, da familia das fagáceas, propia das rexións temperadas do hemisferio Norte, que se caracteriza por producir froitos comestibles, as castañas. As árbores, como o Aesculus hippocastanum, que teñen sementes semellantes, tamén se denominan castiñeiros.
-
castiñeiro americano
Nome que reciben as especies Castanea dentata e Castanea pumila, propias de áreas de montaña dos Apalaches, na costa oriental dos EE UU.
-
castiñeiro asiático
Nome que reciben as especies Castanea crenata, de Xapón, Corea e China Nororiental; Castanea mollisima, de China oriental e meridional; e Castanea henryi, da conca do río Iang-Tsé en China.
-
castiñeiro común [Castanea sativa, Fam das fagáceas]
Árbore corpulenta e frondosa, que pode acadar unha altura de 30 m. As follas caducas son grandes, lanceoladas, fortemente dentadas, glabras, lustrosas e coriáceas. As flores masculinas dispóñense en amentos e as femininas, en número de 1 a 3, sitúanse no medio dun involucro de brácteas soldadas. Os seus froitos, as castañas, reúnense en grupos de tres como máximo dentro dun ourizo coriáceo e espiñento. Vive en terreos profundos, ricos en materia orgánica e pouco arxilosos. O castiñeiro constitúe en Galicia unha especie autóctona, aínda que o seu cultivo se promoveu coa entrada en Galicia dos romanos no s I a C, que, á vez que traían variedades procedentes dos Balcáns e de Oriente Medio, introduciron novas técnicas de aproveitamento e cultivo, como muíños especiais, secado dos froitos e ordenación das plantacións. Estas melloras converteron o castiñeiro nunha árbore primordial dentro da economía familiar, de feito chegouse a denominar árbore do pan. Nos foros recóllese, mesmo, a...
-
castiñeiro da India [Aesculus hippocastanum, Fam das hipocastanáceas]
Árbore de ata 25 m de altura, de copa densa. Ten follas caducas palmicompostas. As flores, brancas e lixeiramente tinguidas de amarelo e vermello, están dispostas en panículas piramidais. Os froitos ábrense por tres valvas e conteñen 1 ou 2 sementes semellantes ás castañas, con acción antiinflamatoria. A madeira é pouco apreciada e unicamente serve para leña e para a elaboración de caixas. Natural da Península Balcánica, plántase a miúdo como árbore ornamental e de sombra en Galicia.
-
-
Extracto acuoso da madeira e da cortiza do castiñeiro, moi empregado para o adobe de peles.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proceso de selección de modelos, figurantes ou actores para unha campaña de publicidade ou para participar na realización dun programa de televisión, dun espectáculo ou dunha película.
-
VER O DETALLE DO TERMO
castiñeiro común.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Porco semental.
-
-
Fecundar un animal macho a femia para a reprodución, especialmente o porco.
-
Cruzar unha raza con outra para obter exemplares de mellor calidade.
-
Procrear os animais, especialmente o porco.
-
olver(se) castiza unha persoa ou cousa.
-
-
-
Que é de boa raza e que, polo tanto, serve para a reprodución da mesma.
-
Que é propio e específico dun país ou dunha rexión, como a lingua, as tradicións ou os costumes e que non se encontra mesturado con nada.
-
Porco semental.
-
Acción ou efecto de castizar.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á rocha que sufriu catáclase ou que presenta unha estrutura que evidencia tal fenómeno.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Adega situada en Perelada, Girona, fundada en 1923 e adscrita ás Denominacións de Orixe Empordá-Costa Brava e Cava, especializada en viños de liña moderna (con castes de uvas francesas) e en cavas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de plantas da familia das cariofiláceas, de ata 30 cm de longo. Presenta follas sen pecíolo e pilosas, flores pentámeras de pétalos bífidos de cor branca e froitos como cápsulas cilíndricas. En Galicia son comúns as especies: C. diffusum, en praias e ambientes salinos; C. fontanum, en lugares húmidos e nas beiras de cursos de auga; e C. glomeratum, en cultivos e beiras de camiños.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Arte de modelar en cera. Practicada polos exipcios, gregos e romanos, especialmente en máscaras funerarias ou figuras con finalidade rememorativa, acadou certa importancia na Idade Media grazas aos exvotos, ás imaxes de santos e aos cirios decorados. Durante o Renacemento destacou en Florencia Andrea del Verrochio. No s XVI e, sobre todo, no s XVII cobrou un novo impulso, especialmente coa elaboración de medallóns, entre os que destaca o retrato de Luís XIV, obra de Antoine Benoist. No s XVIII as exhibicións de figuras de cera chegaron a ser populares en Francia. Philippe Curtius estableceu en París en 1761 un museo de figuras de cera que foi o núcleo do museo que a súa sobriña Marie Grosholtz, coñecida como Madame Tussaud, trasladou a Londres en 1802. Logo creáronse outros museos semellantes, entre eles, o de París, fundado en 1882 polo caricaturista Alfred Grévin. O éxito popular destes museos, nos que o kitsch ten un papel importante, procede do atractivo exercido sobre...