"BRU" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 267.
-
-
Calidade de brusco.
-
Acción ou procedemento brusco.
-
-
-
Tipo de viño espumoso que contén ata 15 gramos por litro de azucre residual. É o tipo de cava natural.
-
Denominación que algu-nhas marcas comerciais aplican a cavas que segundo a normativa son Extra Brut, a calidade máis alta.
-
-
PERSOEIRO
Arqueólogo e historiador francés. Foi profesor de paleografía e arqueoloxía na Université de Bordeos. Publicou diversos traballos, entre os que salientan L’archéologie du Moyen Âge et ses méthodes (A arqueoloxía da Idade Media e os seus métodos, 1900) e Précis d’archéologie du Moyen Âge (Elementos de arqueoloxía medieval, 1908).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que é propio de bruto.
-
Que carece de delicadeza ou consideración.
-
Que comporta violencia ou crueldade.
-
-
-
Calidade de bruto.
-
Acción brutal ou falta de prudencia ou medida.
-
Acción ou dito desagradable ou ofensivo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Corrente arquitectónica iniciada polos arquitectos ingleses Alison e Peter Smithson, creadores da escola Hunstanton, construída con ladrillos e aceiro, en Norfolk (1954). Na década dos cincuenta os arquitectos vangardistas do racionalismo deixaron sen revestir os materiais e as conducións exteriores; cultivaron tamén un severo formalismo que ofreceu un aspecto funcional axiña internacionalizado e relacionado co informalismo pitórico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen non ten educación ou cultura tanto nos seus ditos como nos seus feitos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
brucio.
-
-
Que carece de intelixencia e de educación.
-
Que actúa utilizando a forza física.
-
Que realiza accións faltas de prudencia ou medida.
-
Aplícase á cantidade de diñeiro á que aínda non se lle aplicou ningún tipo de desconto. OBS: Tamén se utiliza a construción en bruto.
-
Aplícase ás cousas que se conservan en estado natural sen ter sufrido ningunha modificación e aos produtos industriais que non foron purificados ou refinados. OBS: Tamén se utiliza a construción en bruto.
-
Animal irracional, especialmente os cuadrúpedes.
-
Denominación creada por Jean Dubuffet para definir os obxectos creados ou pintados por primitivos, nenos e dementes que non recibiran formación artística e que presentaban unhas características de inmediatez inxenua e de curiosidade casual. Dubuffet iniciou en 1947 unha colección con este tipo de obxectos, que presentou en Lausanne en 1972 e, en 1976, no Château de Beaulieu. Así mesmo, Dubuffet deu valor ao obxecto, como xa llo deran Duchamp e Picasso.
-
Peso total de algo incluíndo a tara, os envases, o desperdicio, etc. OBS: Tamén se emprega a construción en bruto.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
o Albino
-
VER O DETALLE DO TERMO
o Galaico
-
PERSOEIRO
Patricio romano, sobriño de Tarquinio o Soberbio. Segundo a lenda, despois do suicidio de Lucrecia, violada por Tarquinio, alzou o pobo en armas e derrocou a monarquía, decretando o exilio da familia real. Trala creación do consulado, Bruto foi un dos primeiros en exercer esta maxistratura.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político, escritor e patricio romano. Foi educado polo seu tío Catón de Útica e gozou da amizade de Cicerón. Participou na Batalla de Farsalia no bando dos pompeianos e, trala derrota, César permitiulle marchar a Atenas, onde continuou os estudios de filosofía. Axudado por César, no 45 a C accedeu ao cargo de pretor urbano. Participou na conxura anticesariana pensando que así se salvaría a República; sen embargo, debido á sublevación popular contra os conxurados fuxiu e morreu na Batalla de Filipos.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade da Lusitania. Suponse que foi fundada por Décimo Xunio Bruto o Galaico na campaña que emprendeu polo Occidente peninsular entre os anos 138-134 a C. Podería ser o primitivo nome de Valencia de Alcántara.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta zimbabwés en lingua inglesa. A súa primeira escolla de poemas, Sirens, Knuckles, Boot (1963), apareceu cando cumpría prisión por oposición ao apartheid. Tamén no cárcere escribiu Letters to Martha (Cartas a Marta, 1968), e máis tarde publicou Stubborn Hope (Ilusión tenaz, 1978) e Salutes and Censures (Saúdos e censuras, 1980).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Muller que, segundo as crenzas populares europeas, ten pauto co demo, do que recibe poder para realizar meigallos, adiviñar o futuro, etc. En Galicia, representa un personaxe fronteirizo entre a superstición e a relixión, tratado con simpatía e respecto, nunca con odio. Ademais, coma no resto de Europa, a bruxa voadora é o símbolo da mala persoa. Nunha cultura como a tradicional, na que cristián equivale a persoa cabal, a bruxa, a mala persoa mítica, é a imaxe en negativo do cristián. Así como o cristián imita a Deus, a bruxa imita o Demo; así como o cristián é servo de Deus, a bruxa é a serva de Satán. Por iso, todas as características atribuídas ás bruxas son as mesmas ca as do demo. E por iso, a relación entre a bruxa e o demo é a copia, tamén en negativo, da relación entre os cristiáns e Deus. No bautismo o cristián renega de Satán e faise fillo de Deus; no seu bautismo a bruxa renega de Deus e da relixión e faise serva do demo. O cristián adora a Deus, mentres que a bruxa adora o demo....
-
Muller mala que causa dano ou provoca conflitos de maneira intencionada.
-
Curandeira que emprega esconxuros.
-
Muller vella e fea.
-
bicuda.
-
-
Conxunto de medidas inquisitoriais destinadas a localizar e castigar as persoas sospeitosas de bruxería.
-
Expresión extraída da obra de Arthur Miller The Crucible (As bruxas de Salem, 1953), que pasou a designar o período de represión política nos EE UU (1950-1954) dirixido polo senador MacCarthy.
-
-
-
CIDADES
Cidade de Flandres, capital da provincia de Flandres Occidental, Bélxica (115.500 h [1997]). Está unida ao mar do Norte por diversos canais, como o Brugge Zeekanal. Centro industrial, turístico e comercial, o seu porto esténdese ata Zeebrugge. Constitúe unha encrucillada de estradas e de ferrocarril. O seu nome procede das numerosas pontes (brug, en flamengo) que atravesan os seus canais. Desde 1950 desenvolve as súas actividades na cidade o Collège d’Europe, centro internacional de estudios europeos. Bruxas xurdiu dun burgo, no s IX, situado no desaparecido golfo de Zwing, protexido no s X por un castelo do conde de Flandres. No s XI converteuse nun centro comercial de certa importancia, e a mediados do s XII iniciouse a promoción que a converteu nun dos grandes centros de produción e exportación da industria do pano flamengo. No s XIII era xa o primeiro centro financeiro permanente de Europa occidental. O conde de Flandres concedeulle feira (1200), que perdurou ata o s XVIII....
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital da provincia de Brabante e do estado de Bélxica, sede das institucións executivas da Unión Europea (133.800 h [1997]). Situada á beira do río Seine e do canal de Anveres-Charleroi, é un centro comercial, administrativo, cultural e de comunicacións de primeira orde en Europa. A cidade, que constitúe un núcleo bilingüe dentro da área de fala flamenga, é o crucamento das culturas flamenga e valona e, a escala europea, dos mundos latino e xermánico. É sede do goberno, da Bolsa e de numerosas organizacións e organismos internacionais: OTAN, consello de ministros e comisión da Unión Europea, etc. Tamén é centro de ensino superior: Universidade Libre de Bruxelas, fundada no ano 1834, entre outras. Pouco tempo antes da independencia, Bruxelas era unha cidade demograficamente flamenga, pero xa culturalmente francofalante. Foi unha colonia romana fundada antes do s VII pero adquiriu verdadeira importancia no s XI, cando os condes de Louvain estableceron alí a súa residencia. Pola súa localización...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Aglomeración urbana do interior da provincia de Brabante, que pola súa condición de capital de Bélxica constitúe unha entidade administrativa independente (162 km2; 953.157 h [estim 1998]).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Convocada por Leopoldo II en 1889, rematou o 2 de xullo de 1890 coa sinatura dunha acta pola que os asinantes se comprometían a reprimir de xeito efectivo a trata de negros.