"Cid" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 848.
-
-
Acción de balbucir.
-
Forma imperfecta e vacilante de falar propia dos nenos.
-
icio de pronuncia que consiste nunha articulación imperfecta e titubeante das palabras.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade bancaria constituída en Verín no ano 1948 como sociedade regular colectiva. Foi absorbida en 1967 polo Banco de Santander.
-
-
Alga da subclase das banxiofícidas.
-
Subclase de algas da clase das rodofíceas de aparello vexetativo sinxelo como láminas ou filamentos con medra non localizada, células non relacionadas por sinapse, reprodución asexual por esporulación de células vexetativas ou sexual por aplanogametos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Familia cartaxinesa. Algúns dos seus membros tiveron un papel histórico moi importante nos ss III e II a C, especialmente Amílcar, Asdrúbal e Aníbal.
-
-
Rickettsia da familia dos bartonelácidos.
-
Familia de rickettsias parasitos endocelulares vertebrados, que son transmitidos por artrópodos. Teñen aspecto bacteriano e son sensibles aos antibióticos.
-
-
-
Nun ácido, número de átomos de hidróxeno substituíbles por metais ou radicais positivos.
-
Calidade dunha substancia con pH superior a 7.
-
Capacidade de neutralizar os ácidos.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ácido forte, moi soluble en auga e en alcohol, descuberto en 1834 por Eilhard Mitscherlich. Obtense por sulfonación do benceno con ácido sulfúrico. Emprégase como intermediario na síntese de fenol, de resorcinol e doutros compostos orgánicos.
-
-
Composto básico, que se presenta en forma de pos brancos ou lixeiramente avermellados. Obtense a partir do hidrazobenceno. Emprégase na fabricación de colorantes azoicos e na análise química cualitativa. É tóxica.
-
Proba utilizada para comprobar a presenza de sangue oculto nas feces.
-
-
-
Relativo ou pertencente á bencidina.
-
Transposición intramolecular do hidrazobenceno ou dos seus derivados substituídos, que ten lugar ao quentar solucións destes en presencia de ácidos fortes, e que dá bencidina ou os seus correspondentes derivados substituídos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
de bendicir.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estado da India (88.752 km2; 73.600.000 h [estim 1994]). A capital é Calcuta. Ocupa a parte occidental da rexión de Bengala. A maior parte da poboación activa dedícase á agricultura, sobre todo ao cultivo do arroz. Os núcleos urbanos principais son Calcuta, Howrah, Garden Reach, Bhātpāra, Kharagpur, Burdwān e Asansol. O bengalí é a lingua máis falada. A relixión predominante é o Hinduísmo, pero hai unha minoría islámica. O estado, creado canda a indepedencia da India (1947), inclúe a maioría das rexións hindús da antiga provincia de Bengala. Posteriormente foi ampliado coa anexión de diversos territorios: en 1950 o estado de Koch-Bihār, en 1951 a cidade de Chandernagor e no 1956 algunhas áreas de fala bengalí de Bihār.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe galega que se estableceu na casa de Pedreira en Soutomaior. Leva como armas un carballo con dúas serpes aladas, un lebreiro sinistrado ao seu pé e un home collendo as serpes coas súas mans en actitude de afogalas.
-
PERSOEIRO
Conde de Barcelona, Girona e Ausona (1076-1097). Fillo primoxénito de Ramón Berenguel I. Por testamento do seu pai gobernou xunto ao seu irmán Ramón Berenguel II, Cap d’Estopes. Chegaron a un acordo de goberno que foi efectivo ata o asasinato de Ramón Berenguel II, o 6 de decembro do 1082. No 1085 foi nomeado titor, por un período de once anos, do seu sobriño Ramón Berenguel III. No 1079 colonizou os chans de Urgell e repoboou Espluga de Francolí. Aliado do Rei taifa de Lleida e Tortosa, al-Mundsir, ante os ataques do Cid e do Rei da taifa de Zaragoza, al- Muta’min, foi vencido polo Cid en Almenar. Continuou apoiando a taifa de Lleida ante a conquista de València e foi novamente vencido polo Cid no 1090. Trala morte de al-Mundsir, o seu fillo Suleymán aliouse co Cid e o conde de Barcelona atacou Tortosa (1092). Renunciou ao condado en 1097 ao cumprirse o período de titoría do seu sobriño e parece ser que morreu na primeira cruzada en 1097 ou 1099.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Peixe da familia dos berícidos.
-
Familia de peixes da orde dos bericiformes que abrangue poucos xéneros pero ben repartidos polo mundo. Os individuos da familia presentan ollos moi grandes coa boca oblicua e mandíbula prominente. Teñen grandes escamas ctenoides con crista lonxitudinal. Pertence a esta familia o xénero Beryx.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo sector occidental da cidade de Berlín que constituíu un land da República Federal de Alemaña entre 1949 e 1990. Abranguía unha superficie de 480 km2 e estendíase polos tres sectores da cidade ocupados ao remate da Segunda Guerra Mundial polos exércitos francés, británico e estadounidense. A Constitución do primeiro de outubro de 1950 estableceu unha cámara dos deputados e un senado, que exercía as funcións executivas. O goberno de ocupación interaliado continuou exercecendo a súa xurisdición nas materias de seguridade e nas relacións de Berlín coas autoridades estranxeiras. No ano 1990 o Berlín Occidental fusionouse co Berlín Oriental, co fin de constituír o novo Berlín reunificado e converterse en capital de Alemaña.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Composto químico empregado, principalmente en agricultura, para matar organismos vivos que interfiren nas actividades humanas. Segundo o grupo ao que afectan, fálase de herbicidas, insecticidas, rodenticidas e funxicidas. Dependendo da súa especificidade, os biocidas poden afectar a outros seres contra os que, en principio, non ía dirixida a súa acción; por outra banda os non biodegradables persisten na cadea trófica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Electricidade xerada nos seres vivos por causa da desigual distribución dos ións no seu corpo. En particular establécense as diferencias de potencial máis importantes, entre o interior e o exterior das súas membranas celulares, nos tecidos nervioso e muscular. Nos fenómenos de relación que se dan, por exemplo, nalgúns peixes, a produción de descargas eléctricas emprégase amodo de mecanismo de orientación, de defensa ou mesmo de ataque.
-
-
Toxinas específicas sintetizadas, principalmente por bacterias, contra unha especie ou un xénero de insectos, sen efectos contaminantes para o medio ambiente.
-
Microorganismo sintetizador de toxinas insecticidas específicas e inocuas para o medio ambiente.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de biunívoco.