"Gad" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 472.

  • PARROQUIA

    Parroquia baixo a advocación de santa María que dá nome ao concello de Cortegada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Sarreaus baixo a advocación de san Xoán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Silleda baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca do Ribeiro, situado na provincia de Ourense no S da Comunidade Autónoma de Galicia. Limita ao N cos concellos da Arnoia e Ribadavia, ao L co de Gomesende (Terra de Celanova), ao S co de Pontedeva (Terra de Celanova) e ao O co de Crecente (A Paradanta). Abrangue unha superficie de 26,9 km 2 cunha poboación de 1.328 h (2007), distribuídos nas parroquias de Cortegada, Louredo, Meréns, Rabiño, Refoxos, Valongo e Zaparín. A capital municipal é o lugar de Cortegada, na parroquia homónima, situada a 42° 12’ de latitude N e 8° 10’ de lonxitude O, 130 km ao SL de Santiago de Compostela e 43 km ao SO de Ourense. Está adscrito ao partido xudicial de Ribadavia e á provincia e diocese de Ourense.
    Xeografía física
    O termo municipal de Cortegada encádrase nunha área de transición entre os dominios climáticos oceánicos: húmido das Rías Baixas, mediterráneo da beira do Miño e continental da Terra de Celanova. Situado no val do río Miño, xa preto...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Club de baloncesto feminino fundado en 1987 no seo do Instituto de Bacharelato do Carril (Vilagarcía de Arousa). O seu equipo, que viste uniforme de color celeste e xoga os partidos como local no pavillón de Fontecarmona, ascendeu á máxima categoría da Liga española na tempada 1996-1997, competición que disputou nas tempadas 1997-1998, 1998-1999, 1999-2000, 2000-2001 e 2001-2002.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa da costa nororiental da ría de Arousa, no litoral da parroquia do Carril (concello de Vilagarcía de Arousa). Litoloxicamente, componse de xistos e paragneises do precámbrico-silúrico e granitos hercinianos, pertencentes ao denominado “complexo de Noia”, que se prolonga ao N e ao S en dirección NO-SL. A súa máxima cota son os 25 m de altitude, que se acadan no S da illa. A distancia coa liña de costa é de 175 m; neste espazo aséntanse varios parques para o cultivo da ameixa. Entre as peculiaridades naturais máis interesantes, cómpre mencionar a presenza do bosque de loureiros máis meridional do continente europeo, circunstancia que xustifica a demanda de elaboración e aplicación dunha normativa e de medidas especifícas para a súa conservación. En agosto de 1907, a corporación municipal do Carril fixo doazón da illa ao Rei Afonso XIII para que construíse nela unha residencia real.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Sarreaus. De estilo románico, destaca a portada principal formada por tres arquivoltas apoiadas sobre pares de columnas e rematada nunha espadana de dous corpos, engadida na época barroca. No exterior sobresae tamén a colección de canzorros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Cortegada. Construíuse en 1898 en estilo neogótico, seguindo a traza de Daniel Vázquez Gulías. No interior destacan os retablos neogóticos. Financiouna o indiano Guillermo Álvarez Pérez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Silleda. De orixe medieval, pertenceu probablemente ao mosteiro de San Lourenzo de Carboeiro no ano 910. Do primitivo templo románico, construído a finais do s XII, só se conservan os muros laterais da nave: no lado sur destaca unha estreita fiestra e os canzorros, e no norte dúas seteiras e canzorros decorados cun carneiro, unha aguia, un can con dúas volutas e un home collendo os xeonllos, todo deteriorado. A igrexa reedificouse no s XVII, nun lugar próximo á súa situación orixinal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida en 1972 editada por Ediciós do Castro. Inclúe diversos traballos sobre cultura material en Galicia e sobre arte e industria. No seu número 88, de xuño de 2001, realizouse unha homenaxe á figura de Lois Tobío.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de delegar.

      1. Persoa na que se delega unha facultade ou poder.

      2. delegado de persoal

        Órgano extrasindical ao que lle corresponde a representación mancomunada dos intereses dos traballadores nas empresas ou centros de traballo que teñan máis de dez traballadores fixos e menos de cincuenta, ou naquelas que, contando entre seis e dez traballadores, así o decidiran estes por maioría. Teñen as mesmas competencias ca os comités de empresa, e están obrigados a gardar idénticas normas sobre o sixilo profesional.

      3. delegado de prevención

        Delegado dos traballadores con funcións específicas en materia de prevención de riscos no traballo.

      4. delegado do goberno

        Cargo político e administrativo encargado de dirixir e coordinar a administración do Estado no ámbito territorial dunha comunidade autónoma e de coordinala, cando sexa procedente, coa administración autonómica. Noméao por decreto o consello de ministros a proposta do presidente. A sede da delegación do goberno establécese na cidade onde estea o consello do goberno da comunidade autónoma, agás que o consello de ministros ou o estatuto de autonomía decidan outra cousa.

      5. delegado sindical

        Delegado dun sindicato ou central sindical con presenza no comité de empresa, naquelas empresas que superan os douscentos cincuenta traballadores. Os compoñentes das seccións sindicais poden elixir un número de delegados sindicais variable en relación á porcentaxe de votos obtidos nas eleccións do comité de empresa e ao número de traballadores desta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo empregado no xénero lírico medieval da cantiga de amigo como designación da “amiga”, voz feminina protagonista destas composicións. Procede da súa utilización como adxectivo en sintagmas como corpo delgado ou senhor do corpo delgado (tamén propios da cantiga de amigo).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade ou estado de delgado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Apelido que ten a súa orixe nun alcume aplicado a individuos que posuían a característica física de seren fracos. Documéntase no s XIII, aínda que antes desta data xa se atesta empregado como nome: “Delgada” (doc ano 967 en J. Mª Andrade Cernadas, O tombo de Celanova, 1995, p 232), “Pedro Eanes dito Delgado” (doc ano 1289 en Emilio Duro Peña, Catálogo de los documentos privados en pergamino del Archivo de la Catedral de Orense (888-1554), 1973, p 140). Unha variante culta deste apelido é Delicado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CABOS

    Cabo do NL de Moçambique, no Océano Índico, situado preto da fronteira con Tanzania.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Que ten pouco grosor.

      2. Que ou quen ten pouca carne.

    1. Parte dos extremos da proa e da popa dun barco na que se estreita o pantoque.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político e avogado. Foi secretario adxunto da Cámara Oficial de Comercio e Industria de Ourense e secretario da Fundación de Feiras e Exposicións da mesma cidade. Foi deputado do PP por Ourense na quinta lexislatura (1997-2001), nela ocupou tamén a vicepresidencia 1ª da mesa do Parlamento. Ademais de numerosos artigos en revistas especializadas publicou El reto de la unión económica y monetaria (1998), Lecturas de política económica española (1999) e Comprender la globalización (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mercedario galego. Foi asistente xeral da súa orde en Roma, fundador do colexio da Mercede xunto co marqués de Valdivia, vigairo provincial da orde e comendador do mosteiro de Poio. Colaborador en numerosos xornais e revistas, entre outras obras, publicou: Estudio histórico de la acción de los mercedarios en Chile (1919), Apostolado social del clero (1922), La escuela laica ante el tribunal de la razón y de la historia (1922), La cuestión social (1923), Prejuicios contra el catolicismo (1924), El problema del niño en el Ecuador (1925) e El apostolado seglar en los tiempos presentes (1933).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político. Participou na revolta de 1929 contra o presidente Gómez e exiliouse a París ata 1936. Foi ministro de Defensa (1945-1948) e tralo golpe de Estado de 1948 asumiu o poder como presidente da Junta Militar. Foi secuestrado e asasinado en novembro de 1950.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Sacerdote. Doutor en Arqueoloxía Cristiá e profesor, estudiou a carreira eclesiástica no Seminario Diocesano de Lugo e ordenouse sacerdote en 1958. Trasladouse a Roma e estudiou no Pontificio Istituto de Archeologia Cristiana. Dende 1977 foi profesor no Seminario Diocesano de Lugo. Foi comisario artístico do patrimonio arqueolóxico e histórico de Lugo (1983), asesor cultural da Comisión Territorial do Patrimonio Histórico-Artístico de Lugo (1985) e desde 1987 pertence ao grupo Francisco de Moure de Ourense. Colaborou, entre outras publicacións, en Brigantium, Lucensia, Boletín del Seminario Fontán-Sarmiento, Boletín del Museo Provincial de Lugo e Rivista di Archeologia Cristiana. Participou na redacción do Inventario Arquitectónico de Lugo y su provincia (1975-1983). Entre outras obras, escribiu La crucifixión de la iglesia del Hospital de Incio: una muestra de arte indígena paleocristiano de Galicia (1987), El camino francés de Santiago en su tramo lucense (1993),...

    VER O DETALLE DO TERMO