"Sem" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 381.
-
-
Situación de quen carece de ocupación e ten a intención de empregarse e dispoñibilidade efectiva para o traballo. Pode deberse a causas de tipo estrutural, cando as vacantes laborais non coinciden co perfil dos traballadores dispoñibles, ou fricional, orixinada polos cambios ocorridos no mercado. A situación de desemprego cíclico ten a súa orixe no estancamento ou na redución das formas de produción de bens e servicios, característicos dos períodos de depresión económica. A protección ao desemprego contempla dous niveis: o contributivo, que proporciona unha prestación substitutiva das rendas salariais do traballador que se deixan de percibir como consecuencia da perda do traballo ou da redución da xornada; e o nivel asistencial, que garante a protección dos traballadores que se atopan en circunstancias especiais, como a superación dos cincuenta e dous anos ou o esgotamento da prestación por desemprego, tendo responsabilidades familiares.
-
Protección dispensada en España aos parados que se atopan en situación de desemprego contributivo e que ten por obxecto substituír as rendas salariais que se deixan de percibir, como consecuencia da perda dun emprego anterior ou da redución da xornada de traballo. A duración máxima da protección da prestación estendese a 720 días.
-
Prestación outorgada aos individuos que se atopan nunha situación de desemprego asistencial, caracterizados por unhas circunstancias específicas que dificultan a súa reinserción no mercado de traballo para garantir a súa protección. O desemprego asistencial desenvolve políticas de formación, perfeccionamento, orientación e reconversión profesional en favor dos traballadores desempregados. Inicialmente, o subsidio de desemprego ten unha duración de seis meses, prorrogables, en función das peculiaridades propias do desempregado, por períodos semestrais.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Deixar de empuñar algo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Separar unha emulsión nas súas fases líquidas ou sólidas inmiscibles.
-
PERSOEIRO
Político. Foi membro do Partido Liberal, alcalde da cidade de Panamá (1910-1912) e presidente da Asamblea Nacional (1932). Elixido presidente en 1948, ocupou o cargo durante dez meses.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Acción de diseminar ou diseminarse.
-
Dispersión natural das diásporas dun organismo.
-
Depósito constituído por grans finos de mineral dispersos polas rochas.
-
Difusión ou extensión dun proceso patolóxico ou de xermes dentro dun organismo.
-
Concepto procedente da teoría da deconstrución que alude á condición ilimitada da interpretación, posto que todo texto presenta infinitas posibilidades de lectura.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
de diseminar ou diseminarse.
-
-
Facer que un conxunto de cousas ou persoas, ou algo que forma un todo, se estendan en distintas direccións ou se separen.
-
Estender opinións ou ideas.
-
Estenderse as persoas ou as cousas, ou algo que forma un todo, en distintas direccións.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Órgano que pode producir un novo individuo igual ao que o xerou.
-
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico ruso. Conseguiu un considerable recoñecemento coa súa versión da trioloxía autobiográfica de M. Gor’kij: Dectvo Gor’kogo (A infancia de Gor’kij, 1938), Vl’ud’akh (Entre a xente, 1939) e Moi Universitety (As miñas universidades, 1940).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Obra publicada en 1934 que constitúe a única novela de Castelao, formada por corenta e catro capítulos breves, con cadansúa ilustración do autor, dotados de certa autonomía malia manter o fío argumental a través do desenvolvemento dos episodios vitais dos seus dous protagonistas, Pedriño e Rañolas, representacións de dous modos de entender a vida e de comportarse nela. O autor intégrase na novela como autor real no prólogo e no colofón, e actúa cunha omnisciencia autorial ao longo das súas páxinas con constantes apelacións ao lector que chaman a atención sobre as condutas dos personaxes e os acontecementos da trama. O paralelismo e o contraste son os dous eixes esenciais da novela. Pedriño é un personaxe ridículo, ignorante, inepto e dotado dun enorme apetito que se vai degradando pouco a pouco ata perder a súa dignidade. Rañolas é, pola contra, un ser eivado fisicamente que ten unha personalidade e un sistema de valores ben definidos, pero que tras unha dura etapa de aprendizaxe, da que...
-
XACEMENTOS
Xacemento arqueolóxico de Mesopotamia, escavado a partir de 1925, que deu nome ao último período no que se dividiu a protohistoria desa rexión. Está considerado como unha continuidade urbana de Uruk e está datado a finais do IV milenio e comezos do III. Localizáronse, entre outros vestixios, restos dun palacio, táboas con inscricións, selos cilíndricos e restos cerámicos.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Presencia anormal de aire ou de gas nos tecidos orgánicos, o que provoca a distensión dos mesmos.
-
Enfermidade do pulmón que se caracteriza por unha dilatación moi grande e permanente dos alvéolos pulmonares, con atrofia e destrución dos mesmos. Esta lesión provoca un incremento do espazo aéreo do pulmón, co que diminúe a superficie total de contacto do aire co sangue e, xa que logo, dificulta o intercambio gasoso. A sintomatoloxía clínica a miúdo vai acompañada de bronquite crónica, co que se orixina o que se coñece co nome de enfermidade pulmonar obstrutiva crónica.
-
Presencia de aire ou de gas entre o tecido conxuntivo subcutáneo, que se recoñece facilmente pola tumefación e a crepitación que se produce ao palpar cos dedos a zona afectada. Pode ser consecuencia de lesións traumáticas, intervencións cirúrxicas ou infeccións por xermes produtores de gas, como é o caso da gangrena gasosa.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao enfisema.
-
-
Pequeno signo vertical que, na notación pneumática, colocado sobre un pneuma, modifica o seu sentido de maneira non totalmente determinada.
-
Signo rítmico adoptado pola escola de Solesmes de canto gregoriano. Cando é vertical indica o ictus e cando é horizontal o alongamento dunha nota.
-
Raios, coroas, estrelas e outras imaxes que decoraban o escudo dos soldados romanos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Significado do tagmema, unidade mínima de significación dunha forma táctica gramatical, é dicir, dunha disposición gramatical convencional mínima. Así, a orde SN-V (forma táctica) ten significado (episemema) de actante-acción en galego.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Signo (ς) que representa o número seis. Críase derivado do grego, pero é, sen dúbida, a ligadura cursiva dos dous numerais romanos VI.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación aparecida en Vigo o 21 de decembro de 1988. Subtitulouse “Semanario de actualidad”. Tratábase dunha guía de televisión con información sobre sucesos, sociedade, cociña, moda, concursos e un horóscopo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Concentración de fosfatases no sangue.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Produción cinematográfica estadounidense realizada en 1921. Foi dirixida por Rex Ingram e interpretada por Rodolfo Valentino, Alice Terry e Pomeroy Cannon, entre outros. O filme foi prohibido en Alemaña polo seu carácter antixermano, pero en EE UU tivo un éxito sen precedentes grazas á figura de Rodolfo Valentino, que creou o prototipo do latin lover.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asemblea constituínte reunida en Frankfurt (1848-1849) para dar unha constitución á Confederación Xermánica. Despois dos movementos revolucionarios de 1848, un grupo de liberais formou unha comisión (Vorparlament) para organizar as eleccións, que se fixeron por sufraxio universal. A Constitución, votada en marzo de 1849, estableceu o imperio hereditario da pequena Alemaña, excluíndo Austria, e ofreceu a coroa a Federico Guillerme IV de Prusia. Este rexeitouna e a asemblea trasladouse entón a Stuttgart, pero foi disolta en xuño de 1849.