"ues" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 481.

  • GALICIA

    Relixiosa. Pertenceu á orde da Compañía da Nosa Señora. En 1923 foi elixida provincial de México e, tralas persecucións ás que foi sometida, a orde á que pertencía fundou unha serie de conventos en Cuba e nos EE UU. En 1936 foi elixida xenerala da súa orde.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma de relevo caracterizada por unha leve inclinación dos estratos, nunha serie sedimentaria integrada por rochas de comportamento moi diferente ante os axentes da meteorización, dos que resulta un relevo disimétrico no que os estratos máis duros constitúen o denominado dorso da cuesta, mentres que os estratos brandos forman o noiro da fronte da cuesta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teólogo e bispo de León. Doutor en Teoloxía pola Universidad de Alcalá de Henares, foi catedrático de Teoloxía nesta universidade desde 1545 a 1557, ano no que foi nomeado bispo de León. En 1555 Carlos I encargoulle a redacción das primeiras constitucións da universidade compostelá co fin de darlle continuidade ao Estudio creado polo arcebispo Fonseca. En 1561 volveu ser reclamado por Carlos I para asistir como teólogo ao Concilio de Trento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Produtor e director cinematográfico. Fundou, cara ao 1905, a produtora Hijos de Blas Cuesta. Rodou películas, como El tribunal de las Aguas (1905) e El ciego de la aldea (1907). Creou un arquivo de documentais sobre as principais figuras taurinas do seu tempo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo de Ourense. Ocupou a coenxía en Salamanca, ata que en 1866 foi designado polo rei, como bispo de Ourense, cargo que ocupou ata a súa morte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Impresor. Encargouse da primeira edición de El ingenioso hidalgo Don Quijote de la Mancha (1605), que foi distribuída polo libreiro Francisco Robles. Foi rexente da imprenta de Pedro Madrigal en Madrid.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cantante e actriz. Coñecida co sobrenome artístico de Ana Belén, iniciou a súa carreira profesional co filme Zampo y yo (1965). Dirixiu a película Cómo ser mujer y no morir en el intento (1981) e participou como actriz en Españolas en París (1970), La colmena (1982), Demonios en el jardín (1982), Sé infiel y no mires con quién (1984), La corte del Faraón (1985), Divinas palabras (1987), La casa de Bernarda Alba (1987), Rosae Rosa (1993), La pasión turca (1996), Libertarias (1996), El amor perjudica seriamente la salud (1996), e nas series televisivas, Fortunata y Jacinta e Petra Delicado. Na súa discografía destaca La paloma de vuelo popular (1976), Ana (1979), Con las manos llenas (1980), Rosa de amor y fuego (1989), Ana en Río (1992), Géminis (1992), Querida Ana (1993), Veneno...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Piragüista. Participou nos Xogos Olímpicos de México 1968 en K-4 1.000 m.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de acontecementos políticos de mediados do s XIX que culminaron coa ocupación e supresión dos Estados Pontificios por Víctor Manuel II de Italia (1870). A Revolución de 1848 proclamou a República Romana (1849); sen embargo, restaurado o poder papal, Pío IX adoptou unha política reaccionaria, hostil á posibilidade de que a unificación italiana se producise baixo a Coroa de Savoia; isto fíxoo depender da protección de Napoleón III de Francia. O problema agravouse coa proclamación do Reino de Italia (1861). Ao retirarse as tropas francesas e caer Napoleón III (1870), os italianos tomaron Roma. Non obstante, ningún papa aceptou os feitos ata 1929, cando se asinaron os Pactos de Letrán.

      1. Asunto que presenta un problema ou unha dificultade que hai que resolver.

      2. Elemento puntual do que hai que ocuparse.

      1. Pregunta que hai que contestar nun cuestionario.

      2. Interpelación a un suxeito coa intención de opter algunha resposta.

    2. Disputa entre dúas ou máis persoas.

    3. Cada unha das exposicións, orais ou escritas, que integran un curso ou as diversas partes dun tratado sistemático da escolástica, como a Summa theologica de san Tomé de Aquino. Simple ampliación, inicialmente, da lección (lectio), ou lectura glosada dun texto, e establecida posteriormente como xénero independente (quaestio), a cuestión quedaba determinada, na súa modalidade oral, como resultado das disputas previas (disputatio). Denominouse tamén estado da cuestión (status quaestionis) na escolástica posterior. Derivación desta foron a cuestión disputada (quaestio disputata) e a cuestión cuodlibetal ou cuodlibeto.

    4. Cuestión de competencia.

    5. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Asunto que presenta un problema ou unha dificultade que hai que resolver.

      2. Elemento puntual do que hai que ocuparse.

      1. Pregunta que hai que contestar nun cuestionario.

      2. Interpelación a un suxeito coa intención de opter algunha resposta.

    1. Disputa entre dúas ou máis persoas.

    2. Cada unha das exposicións, orais ou escritas, que integran un curso ou as diversas partes dun tratado sistemático da escolástica, como a Summa theologica de san Tomé de Aquino. Simple ampliación, inicialmente, da lección (lectio), ou lectura glosada dun texto, e establecida posteriormente como xénero independente (quaestio), a cuestión quedaba determinada, na súa modalidade oral, como resultado das disputas previas (disputatio). Denominouse tamén estado da cuestión (status quaestionis) na escolástica posterior. Derivación desta foron a cuestión disputada (quaestio disputata) e a cuestión cuodlibetal ou cuodlibeto.

    3. Cuestión de competencia.

    4. Cuestión de confianza.

    5. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de acontecementos políticos de mediados do s XIX que culminaron coa ocupación e supresión dos Estados Pontificios por Víctor Manuel II de Italia (1870). A Revolución de 1848 proclamou a República Romana (1849); sen embargo, restaurado o poder papal, Pío IX adoptou unha política reaccionaria, hostil á posibilidade de que a unificación italiana se producise baixo a Coroa de Savoia; isto fíxoo depender da protección de Napoleón III de Francia. O problema agravouse coa proclamación do Reino de Italia (1861). Ao retirarse as tropas francesas e caer Napoleón III (1870), os italianos tomaron Roma. Non obstante, ningún papa aceptou os feitos ata 1929, cando se asinaron os Pactos de Letrán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se pode cuestionar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que cuestiona.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Poñer en dúbida unha cousa.

    2. Contemplar a posibilidade de que algo non se axuste á norma ou non sexa lexítimo.

    3. Ter unha dúbida puntual sobre a cousa expresada.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Conxunto de preguntas, organizadas segundo un criterio, que se fan sobre un ou máis temas para acadar un fin determinado.

      2. Serie de preguntas, xeralmente escritas, nas que o suxeito ten que responder ou ben contestando si ou non, ou ben escollendo entre un grupo a resposta que cre máis conveniente. As preguntas fan referencia ás opinións, gustos, intencións, sentimentos, hábitos, prácticas ou outras cuestións do suxeito, e emprégase para obter datos sobre trazos da personalidade. Este método ofrece exclentes características metrolóxicas e permite facer enquisas e sondaxes de opinión.

    1. Folla ou impreso que contén unha lista coas preguntas ou cos temas que se queren tratar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Maxistratura dobre, de rango inferior ao do cónsul, e dotada, durante a época republicana, da potestas. Orixinariamente eran elixidos polo cónsul como os seus axudantes e durante o s V a C o seu número aumentou ata catro; distinguíanse unha parella de cuestores urbanos, que se ocupaban da xestión do tesouro, e outra de cuestores militares, que desenvolvían unha función económica similar entre as tropas en campaña, pero que tiñan a facultade de dirixir os exércitos. Durante o s III a C creáronse catro novos cuestores para as tropas da Mariña, e na ditadura de Sila o seu número aumentou ata vinte; dende ese momento pasaron a ocuparse da supervisión dos gastos dos gobernadores nas provincias senatoriais. Durante o Imperio perderon a maior parte das súas atribucións en favor dos funcionarios nomeados directamente polo emperador e encargáronse da organización dos xogos.

    2. Relixioso, eclesiástico ou laico, que recadaba esmolas para unha obra piadosa ou de beneficencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dignidade ou cargo de cuestor.

    2. Época e duración da maxistratura dun cuestor.

    3. Corpo da Administración constituído polo cuestor e por todos os seus subalternos.

    4. Edificio no que está a sede dos cuestores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor brasileiro. Formouse co pintor alemán Hantv e con Augusto José Marques Júnior na Escola Nacional de Belas-Artes de Rio de Janeiro (1930). Foi un dos fundadores do Núcleo Bernadelli (1931). Viaxou por Europa e participou en exposicións na Royal Academy of Arts de Londres (1944) e no Salon des Indepéndants de París (1947). Cultivou o retrato e a paisaxe e realizou litografías e serigrafías. A súa obra evolucionou dende o academicismo ata a pintura de vangarda; esta última achegouse ao cubismo, ao construtivismo e á abstracción. Empregou os campos de cor plana onde primaron os ocres e os vermellos. Entre outras mostras, participou na XXV Bienal de Venecia (1950), na I Bienal de São Paulo (1951) e na mostra da arte brasileira no s XX (1975); e, entre outras exposicións individuais, destacan as realizadas en Rio de Janeiro, Londres, París e Lisboa. Recibiu, entre outros galardóns, a medalla de bronce do Salão Nacional de 1939, a de prata no de 1944 e o Prémio do Governo do Estado no I...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Inventor, fotógrafo e pintor. Estudiou arquitectura e traballou como decorador en montaxes de óperas. En 1882, xunto con Bouton, inaugurou en París o diorama, un amplo decorado de varios planos e cun xogo de luces que lle ofrecía ao espectador unha sensación de perspectiva. Entre 1829 e 1833 traballou con Joseph Nicéphore Nièpce no perfeccionamento do proceso heliográfico para fixar as imaxes. En 1835 descubriu o revelado da imaxe mediante a exposición da placa aos vapores de mercurio, cunha redución do tempo de exposición. En 1837, despois de somerxer a proba nunha solución de cloruro de sodio, desenvolveu un método para fixar a imaxe. Trala morte de Nièpce, en 1839 foi presentado o invento diante da Academia das Ciencias de Francia por parte do físico François Arago. Nese mesmo ano, cedeulle o seu método, bautizado co nome de daguerrotipia, ao Estado francés e publicou un manual.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REPUBLICAS

    República da Federación Rusa situada ao NL do Cáucaso, na fronteira co Mar Caspio ao L, o territorio de Chechenia ao O, a República dos Calmucos ao N e Acerbaixán e Xeorxia ao S (50.300 km2; 2.074.000 h [1999]). Esténdese entre os 43° e 45° de latitude N e os 47° e 50° de lonxitude L. A capital é Makhačkala.
    Xeografía
    Xeografía física
    O seu relevo está formado por profundos vales ao N, nos contrafortes da cordilleira do Cáucaso, mentres que ao L, de N a S, se estende unha ampla chaira que bordea o Mar Caspio. Estas características fan de Daguestán unha rexión de moi difícil acceso, con dificultades de comunicación entre as diferentes cidades e aldeas. A rede hidrográfica é ampla, con numerosos ríos, entre os que destacan o Karakoysu, o Samur, o Terek e o Viura, que, cunha dirección xeral O-L, desembocan no Mar Caspio. Tamén son importantes os lagos, como o Sevan, o Van e o Urmia. O clima é continental con invernos rigorosos que se prolongan entre...

    VER O DETALLE DO TERMO